Sentencia CIVIL Nº 114/20...zo de 2017

Última revisión
16/09/2017

Sentencia CIVIL Nº 114/2017, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 367/2016 de 09 de Marzo de 2017

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 11 min

Orden: Civil

Fecha: 09 de Marzo de 2017

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 114/2017

Núm. Cendoj: 36057370062017100120

Núm. Ecli: ES:APPO:2017:565

Núm. Roj: SAP PO 565:2017

Resumen:
OTRAS MATERIAS CONTRATOS

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00114/2017

N10250

C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO

Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387

ML

N.I.G.36057 42 1 2015 0008642

ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000367 /2016

Juzgado de procedencia:XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 14 de VIGO

Procedimiento de origen:PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0000475 /2015

Recurrente: Ignacio

Procurador: PAULA LIMA CASAS

Abogado: DAVID ALONSO ALONSO

Recurrido: COMUNIDAD PROPIETARIOS EDIFICIO000 '

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistradosD. JAIME CARRERA IBARZABAL, PRESIDENTE, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, e D. JULIO PICATOSTE BOBILLO,pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA NUM. 114/2017

En Vigo, nove de marzo de dous mil dezasete.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos de Xuízo Ordinario 475/2015 procedentes do Xulgado de Primeira Instancia núm. 14 de Vigo, ós que correspondeu o rolo 367/2016 nos que aparece como parteapelante-demandante D./ Ignacio , representada polo/a procurador/a D./D.ª Paula Lima Casas e asistida do/da letrado/a D./D.ª David Alonso Alonso e como parte apelada e no persoada nesta instancia COMUNIDADE DE PROPIETARIOS AVENIDA000 , NUM000 .

É o maxistradorelatorD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 14 de Vigo, con data do 10/2/2016, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

'Se estima en parte la demanda interpuesta por don Ignacio frente a la comunidad de propietarios del edificio número NUM000 de la AVENIDA000 de Vigo declarando la nulidad de la junta extraordinaria propietarios celebrada el día 28 de julio de 2014 y de los acuerdos en ella adoptados.

Cada parte abonara las costas causadas a su instancia y la mitad de las comunes.'

Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ªC Paula Lima Casas, en representación de D./D.ª Ignacio , presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 2/2/2017.


Fundamentos

Primeiro.-Pola súa fonda relación analizamos conxuntamente os motivos primeiro e terceiro do recurso de apelación do actor contra a sentenza ditada en primeira instancia, referidos respectivamente á 'falta de lexitimación pasiva da Comunidade de Propietarios na representación do seu Presidente, Dona Enma ', e á 'nova Xunta de Goberno do andar undécimo'. En síntese, o que ven manter o recurrente é, por unha banda, que Dona Enma non ostentaría a condición de copropietario e, por conseguinte, non podería ser presidente, ex artigo 13. 2 da Lei de Propiedade Horizontal , e por outra, que a mesma non gozou da preceptiva autorización da Xunta de Propietarios para contestar á demanda, o que era igualmente exixible de conformidade co artigo 14 da mesma Norma .

Os motivos do recurso non se aceptan polas seguintes razóns: A) Porque a doutrina xurisprudencial que o apelante cita en apoio da súa tese non resulta de aplicación ao caso axuizado, por referirse a supostos de falta de lexitimación activa da comunidade. B) Porque, contrariamente, o acordo previo non pode exixirse cando a comunidade, á que representa o Presidente, é demandada, e este último limítase a opoñerse á demanda, interesando a súa desestimación, seguindo esta Sala o criterio que neste senso ven proclamar a nomeada xurisprudencia menor ( sentenzas da A. P.de Madrid, Sección 20, de 10 de outubro de 2016 , da A. P. de Valencia, Sección 11, de 15 de decembro de 2015 e da A. P. de Huelva, Sección 2, de 22 de outubro de 2015 ). C) Porque a razón de ser de non precisarse esa autorización da Xunta de Propietarios estribaría, non só en que a representación da comunidade, en xuizo e fora del, corresponde de xeito xeralizado, precisamente, ao Presidente, conforme ao artigo 13. 3, senón tamén porque o mesmo vai actuar sempre, presumiblemente, en beneficio daquela, ao oporse á pretensión formulada, agás dos supostos excepcionais nos que conste a oposición formal dalgún copropietario, o que non é do caso, que nin tan siquera alégase polo demandante. D) Porque, con maior razón, carece de consistencia a formulación, pola contradicción que comporta, se o actor expresa no encabezamento da súa demanda que a interpón contra a comunidade, 'a citar na persoa do seu representante legal, Dona Enma '. E)Porque, en fin, o recoñecemento desa lexitimación se funda nunha presunción natural de aceptación e conformidade dos comuneiros, que loxicamente ten asento na previsión dunha sentenza favorable aos intereses comúns.

Segundo.-Nos supostos de contendas xudiciais entre unha Comunidade de Propietarios e un comuneiro, estimada a demanda deste contra aquela, os gastos dos profesionais que defendan e representen á comunidade non poden ser considerados como gastos xerais, a sufragar entón por todos os comuneiros, incluido o copropietario demandante, e vencedor no xuizo, senón que o pagamento desa partida ten que ser asumida exclusivamente polos restantes comuneiros, tal como lembra doutrina xurisprudencial reiterada, citada tanto pola sentenza de primeira instancia como polo actor na presente demanda, e á postre, no escrito de recurso contra esa resolución.

En efecto, di a sentenza do Tribunal Supremo, de data 5 de outubro de 1983 'que la obligación que a cada propietario alcanza de contribuir a los gastos generales, en la necesidad de acudir al adecuado sostenimiento del inmueble o de afrontar las responsabilidades o cargas comunes, con el régimen consiguiente de distribución, es de toda lógica concluir que si la Comunidad de Propietarios no actúa de consuno sino que rota la armonía surge la contienda judicial enfrentándose aquella y uno de sus componentes, los desembolsos impuestos por la situación litigiosa no merecen la calificación de gastos generales con relación al segundo, por lo mismo que han sido causados en conflicto seguido entre el disidente y los propietarios restantes, y en consecuencia si el enfrentado al grupo ha de soportar el pago de las expensas propias, no podrá imponérsele contribución en el de las correspondientes a la otra parte aplicando la cuota de participación, pues de mantener distinto criterio podría llegarse al injusto resultado de que el titular agraviado por un acuerdo de la Comunidad, que se vio en la precisión de combatir judicialmente para restablecer el orden conculcado, tendría que soportar en parte los gastos procesales causados por la Comunidad de Propietarios vencida, a lo que cabe añadir que no obstante las notas de carácter asociativo o comunitario que presenta la propiedad horizontal, no constituye una verdadera comunidad, sino unión de propiedades singulares cuya sustantividad y relevancia permanecen, y por lo tanto la representación que ostenta el Presidente de todos y cada uno de los titulares de los pisos se entenderá que desaparece por lo que respecta al propietario contra el que se litiga, disipando así la paradoja de un autoproceso parcial, ello además de que no se trata propiamente de gastos comunes ocasionados por el ordinario desarrollo de la situación de propiedad horizontal, sino de extraordinarios desembolsos impuestos por un conflicto que lleva ya aparejado para el disidente el pago, por su condición de parte, de las expensas correspondientes».

A anterior resolución aparace trascrita nas sentenzas do mesmo tribunal, de datas 24 de xuño e 17 de novembro de 2011 , que seguen idéntico criterio.

Terceiro.-A sentenza de primeira instancia recolle realmente esa doutrina, ainda que remate por desestimar a pretensión da parte demandante, de que procédase pola comunidade demandada 'a reintegrar os gastos de Avogado e Procurador na conta da Comunidade de Propietarios', cando o procedente, precisamente, por aplicación da doutrina xurisprudencial citada, estribaría unicamente en pedir o actor, en expresión da resolución apelada, 'que se lle resarza no equivalente á parte do gasto que correspondera de maneira proporcionada a súa cota de contribución aos gastos comúns'. Considera, en definitiva, o xulgador de primeiro grao que razóns de congruenza impiden atender o pedimento no xeito formulado.

Pois ben, este tribunal de apelación estima o motivo de discrepancia do recurrente coa sentenza ditada en primeira instancia, discrepancia que xira, non sobre a filosofía a seguir na resolución do conflicto, tal como reseñamos, senón na solución que o xulgador a quo extrae do criterio seguido. E é que sen necesidade doutros e máis complexos razoamentos: A) Os gastos xudiciais derivados da defensa e representación da comunidade representan gastos comúns de todos os comuneiros, con excepción do que con ela litigou. Ou por expresalo doutro xeito, a debedora desa partida son todos os copropietarios da comunidade, en favor dos cales actuaron na correspondente lite os correspondentes profesionais do Dereito, excepto o copropietario demandante, que queda exento de contribuir a ela. B) A idea de que non atopámonos ante gastos xerais, propiamente ditos, da Comunidade de Propietarios, entendida esta como o conglomerado total e indiscriminado de todos os seus compoñentes, senón ante gastos tan só de parte deles, ten que traducirse loxicamente en que a comunidade non pode incluir no seu orzamento os honorarios dos profesionais, como outra partida máis dos gastos xerais a satisfacer polos fondos comunitarios, porque estamos -reiterámolo- ante un capítulo a cargo exclusivamente dos comuneiros da comunidade que se enfrontaron xudicialmente co copropietario disidente. De seguirse a solución contraria, aqueles primeiros condonos estaríanse aproveitar dos fondos xerais da comunidade para cubrir as súas débedas respectivas, lonxe de facelo co seu peculiar patrimonio, como era forzoso, e o copropietario discordante contribuiría igual e inxustificadamente a elas. En resumo, a Comunidade de Propietarios non pode incluir os gastos en litixio como un gasto ordinario e xeral, e os copropietarios deben soportar e aboar entón o impoirte deses servizos profesionais á marxe da comunidade e dos seus fondos.

Cuarto.-A acollida parcial do recurso conleva non facermos unha especial declaración sobre as custas procesuais desta alzada (artigo 398 da L. A. C.).

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Que con estimación parcial do recurso de apelación formulado por D./ Ignacio , representado pola procuradora D./Dª Paula Lima Casas contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia núm. 14 de Vigo o día 10/2/2016, condenamos á Comunidade de Propietarios demandada a excluir a partida de lite, dos honorarios de Avogado e Procurador, da conta ou orzamento da comunidade, partida que deberá ser sufragada exclusivamente polos restantes copropietarios co seu peculio particular. Non facemos unha especial declaración sobre as custas procesuais desta alzada.

Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1 , 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1 , 2 , 6.3 , e 7.2 e 3 da Lei 3/1983 , do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.

MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC , debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC . Asímesmo cabe interponer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguintes a súa notificación na forma establecido no artº 479 da LAC.

NOTA INFORMATIVA: Conforme á D.A. Décimo quinta da L.O.P.J ., para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no BANCO SANTANDER, Sucursal c/ Coruña, na conta deste expediente 0915000012036715, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuita, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local e organismo autónomo dependente. Se o ingreso se efectúa a medio de transferencia o núm. De conta IBAN é o seguinte: ES55 3569 9200 0500 1274 facendo constar no xustificante de ingreso e como concepto o número de conta expediente antes salientado.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.