Última revisión
17/09/2017
Sentencia CIVIL Nº 119/2018, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 543/2017 de 10 de Mayo de 2018
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 41 min
Orden: Civil
Fecha: 10 de Mayo de 2018
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 119/2018
Núm. Cendoj: 36057370062018100138
Núm. Ecli: ES:APPO:2018:484
Núm. Roj: SAP PO 484:2018
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00119/2018
N10250
C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO
Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387
BN
N.I.G.36057 42 1 2015 0004283
ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000543 /2017
Juzgado de procedencia:XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 1 de VIGO
Procedimiento de origen:PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0000242 /2015
Recurrente: ABANCA CORPORACION DIVISION INMOBILIARIA, S.L.
Procurador: PAULA LLORDEN FERNANDEZ-CERVERA
Abogado: JOSE ANTONIO BALLESTERO YAÑEZ
Recurrido: JABE 2006 SL, Doroteo , Hugo , Norberto , Jose Luis , TECONSTRUR SL
Procurador: MARIA TAMARA UCHA GROBA, MARIA TAMARA UCHA GROBA , MARIA TAMARA UCHA GROBA , , GLORIA QUINTAS RODRIGUEZ , GISELA ALVAREZ VAZQUEZ
Abogado: MARIA ISABEL GARCIA DE DIOS GARCIA, CARLOS ALBERTO GONZALEZ-NOVO MARTINEZ , CARLOS ALBERTO GONZALEZ-NOVO MARTINEZ , , ANTONIO AMADO DOMINGUEZ , ALVARO MARTINEZ GARCIA
A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistrados, D. JAIEMA CARRERA IBARZÁBAL Presidente, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, D. JULIO PICATOSTE BOBILLO,pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
S E N T E N Z A Nº 119/18
Vigo, dez de maio de dous mil dezaoito.
VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordianrio 242/15 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 1 de Vigo ós que correspondeu o rolo 543/17, nos que aparece como parteapelante e demandante D./D.ª ABANCA CORPORACIÓN DIVISIÓN INMOBILIARIA S.L., representada polo/a procurador/a D./D.ª PAULA LLORDÉN FERNÁNDEZ-CERVERA e asistida do/da letrado/a D./D.ª JOSE A. BALLESTERO YÁÑEZ,e comoparte contra da que se apela e demandados JABE 2006 S.L., D. Doroteo , D. Hugo , representadas polo/a procurador/a D./D.ª TAMARA UCHA GROBA e asistidas dos/das letrados/as Dª ISABEL GARCIA DE DIOS GARCÍA o primeiro e D. CARLOS ALBERTO GONZÁLEZ-NOVO MARTÍNEZ o segungo. Comoparte contra da que se apela e demandada D. Jose Luis , representada polo/a procurador/a D./D.ª GLOIRA QUINTAS RODRÍGUEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª ANTONIO AMADO DOMÍNGUEZ.Comoparte contra da que se apela e demandada, non persoada nesta instancia TECONSTRUR S.L., representada en primeira instancia polo/a procurador/a D./D.ª GISELA ÁLVAREZ VÁZQUEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª ALVARO MARTÍNEZ GARCÍA. E como parte demandada declarada en rebeldía procesual D. Norberto
É o maxistradorelatorD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.
Antecedentes
Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 1 de Vigo, con data do 22 de febreiro de 2017, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:
'Desestimando íntegramente la demanda promovida por la representación de Abanca Corporación División Inmobiliaria S.L. contra Jabe 2006 S.L., Doroteo y Hugo , debo absolver y absuelvo a los demandados de las pretensiones contra ellos deducidas; con expresa imposición a la actora de las costas procesales derivada de dicha acción.
Estimando parcialmente la demanda promovida por la representación de Abanca Corporación División Inmobiliaria S.L. contra Teconstrur S.L., Norberto y Jose Luis , ACUERDO:
- declarar la existencia de los vicios constructivos descritos en la demanda, en las parcelas nº NUM000 , NUM001 , NUM002 , NUM003 , NUM004 y NUM005 de la URBANIZACIÓN000 ;
- condenar a la demandada Teconstrur S.L. a abonar a la actora la cantidad de 45.063'12 euros, más intereses;
- condenar a los demandados Norberto y Jose Luis a abonar solidariamente a la actora la cantidad de 45.063'12 euros, más intereses;
- no hacer expresa imposición de las costas procesales derivadas de la acción dirigida contra los citados demandados.'
Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª PAULA LLORDÉN FERNÁNDEZ-CERVERA, en representación de ABANCA CORPORACIÓN DIVISIÓN INMOBILIARIA S.L., presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).
Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 1 de marzo de 2018.
Fundamentos
Primeiro: Aquietándose os demandados coa sentenza ditada en primeira instancia, recurre a mesma, exclusivamente, a parte actora, interesando, por unha banda, que se condene á demandada absolta, Jabe 2006, S.L., antigua promotora e vendedora dos once predios, e por outra, que a condena dos restantes demandados o sexa polas sumas totais expresadas na demanda, e non do xeito parcial, como faino a sentenza impugnada. Pois ben, antes de entrar na cerna propiamente dita do asunto cómpre determinar cal ou cales son as pretensións da parte apelante, en íntima e inseparable relación cos feitos nos que as alicerza.
Segundo: Non hai dúbida ningunha de que a actora fundamenta a demanda formulada contra todos os demandados, incluida a antiga promotora, Jabe 2006, S. L., na condición común de todos eles, de axentes interviñentes no proceso construtivo, ex artigos 17 e 18 da LOE . En cambio, observamos no escrito de demanda unha certa erraticidade na segunda razón de pedir da demandante verbo daquela primeira promotora.
A parte actora fala no fundamento de dereito sexto -de carácter procesual- da demanda, de que, ao carón da acción que lle corresponde contra Jabe 2006, S. L., como axente que intervén no proceso construtivo, acumula 'as accións de natureza contractual que lle asisten ao abeiro do contrato de compravenda de 21 de maio de 2010'.
No fundamento de dereito previo -de carácter xurídico material- se puntualiza que ademáis da normativa da LOE, se invocan, por unha banda, 'as normas xerais en materia de cumprimento e responsabilidade contractual, fundada nos artigos 1089 , 1091 , 1101 , 1124 , 1137 , 1166 e 1258 do CC e a doutrina 'aliud pro alio' no contrato de compravenda ao haberse entregado cousa diferente da acordada entre as partes'. E por outra, 'e especialmente os artigos 1445 e 1461 do CC e a xurisprudencia que os interpreta, que establecen a obligación do vendedor de entregar a cousa obxecto do contrato nos termos pactados, e apta para o fin que lle é propio'. E se engade nese fundamento xurídico que dita promotora responde 'tanto no marco do contrato... como consecuencia de telo incumprido... ao ter entregado unhas vivendas nas que apareceron unha serie de defectos que incumpren os requisitos de habitabilidade..., como no marco da LOE...'.
Finalmente, no fundamento de dereito -material- segundo, letra a), en referencia específica á responsabilidade da promotora Jabe 2006, S. L., se reseña primeiramente que 'a entrega da cousa é unha obligación do vendedor; así o din os artigos 1445 e 1461 do CC ; e non debe entregar unha cousa calquera cando e como quera, senón que está obrigado entregar a cousa que pactouse (requisito da identidade, artigo 1166 CC ) en condicións aptas para servir ao fin para o que foi concebida'. E, en segundo termo, que ademáis da responsabilidade ex lege por defectos da construcción 'existe unha responsabilidade civil contractual da codemandada como consecuencia de ter incumprido o contrato subscrito o día 21 de maio de 2010, ao ter entregado na súa condición de promotora-vendedora unhas vivendas onde apareceron, e seguen aparecer unha serie de defectos. E iso fundada na doutrina de aliud pro alio por inhabilidade e nos artigos 1089 , 1091 , 1101 , 1124 , 1258 e concordantes do CC '.
Terceiro: Do exame conxunto desas invocacións normativas (en esencia, artigos 1101 , 1124, doutrina do aliud por alio, e defectos que afectan á habitabilidade), así como da omisión, elocuente, doutros preceptos (os artigos 1484 e seguintes do CC , reguladores do saneamento por vicios ocultos) inferimos: A) A alegación da LOE, dada a condición de axente interviñente na construcción da promotora demandada. B) E a invocación do contrato de compravenda de 21 de maio de 2010, para exercitar a acción de cumprimento sobre a base da existencia nas vivendas vendidas, non de estrictos e limitados vicios ocultos, senón de vicios ruinóxenos propiamente ditos, en canto afectantes á habitabilidade das vivendas, e que presupoñen entregar cousa distinta da pactada, ou en aliud por alio. En definitiva, a profusa cita daqueles preceptos, por unha banda, e a omisión, en cambio, por outra, das normas reguladoras do saneamento poñen de relevo que estase excluir esta última normativa como fundamento da pretensión.
Pois ben, como consecuencia desta exclusión, por vontade da parte actora, e por aplicación dos principios dispositivo e de congruenza, non resulta xuridicamente procedente a cita que a sentenza ditada en primeira instancia fai, en apoio da súa decisión de rexeitar a demanda formulada contra a primitiva promotora, Jabe 2006, S. L., dos preceptos relativos ao saneamento por vicios ocultos en xeral e, en particular, do prazo de prescrición de seis meses, sancionado polo artigo 1490 do CC , normas que ademáis de estar descartadas, insistimos, pola parte demandante como base da súa formulación, non resultarían, en todo caso, de aplicación, dada condición ruinóxena dos defectos e, en fin, a preferencia entón, por razón do postulado de especialidade, das normas reguladoras da ruina ( artigos 1591 do CC e 17 e 18 da LOE ), preferencia normativa sancionada en último termo pola doutrina xurisprudencial.
En efecto, e como establece a sentenza do Tribunal Supremo de 10 de outubro de 1994 'es doctrina reiterada de esta Sala la inaplicabilidad de las normas reguladoras del saneamiento por vicios ocultos a los supuestos de responsabilidad por ruina de edificios en que es aplicable art. 1.591 del Código Civil ; así la Sentencia de 12 de febrero de 1985 dice que 'los vicios o defectos de que aquí se trata son específicamente derivados de la ruina del edificio, por vicios de la construcción, del suelo y de la dirección, que tienen una normativa particular, expresamente contenida en el art. 1.591 del Código, que excluyen las que sin fundamento se pretenden', y la Sentencia de 16 del mismo mes y año afirma que: 'los defectos de que adolece la construcción constituyen, no simples vicios ocultos, cuya acción de saneamiento se extingue a los seis meses, sino defectos constructivos tipificables en el mencionado art. 1.591'.
En igual sentido se pronuncian as sentenzas de 20 de xuño de 1986 , 17 de maio , 25 de novembro e 12 de decembro de 1988 , 30 de novembro de 1993 e 23 de abril de 1999 . Concretamente, esta última resolución reseña que '... el artículo 1484 se refiere a la compraventa y el contrato que relaciona a las partes es de empresa o de ejecución de obra, respecto a lo cual ha decretado esta Sala, con reiteración, la inaplicabilidad de las normas reguladoras del saneamiento por vicios ocultos, a los casos del artículo 1591, que se aplica a los supuestos de defectos en la construcción, pues sus imperfecciones constituyen no simples vicios ocultos, cuya acción de saneamiento se extingue a los seis meses, sino defectos edificativos tipificables en dicho artículo 1591 y que no impiden que integren situación de incumplimiento contractual'.
Cuarto: Delimitados os termos do debate (invocacións de vicios ruinóxenos e incumprimento contractual), por razóns metodolóxicas comezamos por analizar un primeiro problema, referido á natureza dos danos aparecidos nas sete vivendas de lite, quer se atopámonos ante vicios ruinóxenos propiamente ditos, quer ante meros vicios ocultos ou puros danos menores, cuestión que, tal como xa adiantamos, ten indubidablemente unha especial trascendencia xurídica xa que, primeiramente, pode ser determinante para declarar, no seu caso, as posibles responsabilidades dos demandados, segundo as súas respectivas calidades, de contratantes ou/e de axentes interviñentes no proceso construtivo, e en segundo termo, porque a resolución da interrogante nun ou noutro sentido será igualmente decisiva para resolver sobre se a acción ou accións estarían prescritas.
Quinto: A Sala, discrepando da postura da sentenza de primeira intancia, considera -xa se adianta- que estamos ante un caso de ruina, ou na nova terminoloxía, de danos que afectan á habitabilidade das vivendas. E o problema lévamos facer dúas reflexións. Unha primeira, sobre o concepto de ruina ou de vicios ruinóxenos -en comparación co instituto dos vicios ocultos-. E a segunda, e á luz das diversas probas achegadas á causa, en cal efectivamente dos dous supostos encontrámonos.
Sexto: O artigo 1591 do CC expresa que o edificio 'se arruinase por vicios da construcción'. E a Lei de Ordenación da Edificación de 5 de novembro de 1999, aplicable ao suposto axuizado, e que fuxe do vocablo ruina, fala no artigo 17 de danos materiais -e tamén de vicios ou defectos-, clasificándoos, dito moi en resumo, en danos afectantes a elementos estruturais, resistencia mecánica e estabilidade da edificación; en danos afectantes á habitabilidade, entendéndose por tales, en definición auténtica, conforme ao artigo 3. 1 c) desta última Norma, e polo que agora ten para nós interese, os relacionados coa hixiene e saúde, de maneira tal que se alcancen as condicións aceptables de salubridade e estanqueidade no ambiente interior do edificio; e de vicios ou defectos de execución que afecten a elementos de terminación ou acabado.
Pola súa banda, a xurisprudencia, na interpretación do artigo 1591 do CC , viña manter un concepto de ruina flexible, laxo e abarcante, indo máis alá da ruina física ou en sentido puramente literal. Así, a sentenza de 5 de xuño de 2008 , con cita das de 5 de xuño e 10 de setembro de 2007 distingue 'junto a las hipótesis de derrumbamiento total o parcial (ruina física) y de peligro de derrumbamiento o deterioro progresivo (ruina potencial), en las que se destaca el valor físico de la solidez, la denominada ruina funcional, que tiene lugar en aquellos supuestos en los que los defectos constructivos inciden en la idoneidad de la cosa para su normal destino, y, por consiguiente, afecta al valor práctico de la utilidad, como exigencia, junto a la seguridad, de una adecuada construcción. Se aprecia la ruina funcional cuando los defectos tienen una envergadura o gravedad que exceden de las imperfecciones corrientes haciendo inútil o impropia la cosa para su finalidad, así como aquellos otros que, por esa misma razón, constituyen una violación del contrato o inciden en la habitabilidad del edificio'. E engade aquela primeira resolución, con remisión á sentenza de 15 de decembro de 2000 , que 'la ruina funcional responde a un concepto superador del significado riguroso y estricto de arruinamiento total o parcial de la obra hecha, que configura un auténtica violación del contrato'.
Na mesma liña, a sentenza de 27 de maio de 2011 proclama que 'el concepto de ruina funcional gravita en torno a la idoneidad de la cosa para su normal destino y al valor práctico de la utilidad y seguridad de una adecuada construcción. Los desperfectos y deficiencias existentes trascienden de meras imperfecciones corrientes, y hacen difícil o penosa la normal utilización y habitabilidad del inmueble, convirtiendo su uso en irritante o molesto...'. Ou como reseña a sentenza de 7 de xuño de 2010 atopámonos ante ese instituto cando oas defectos 'hacen a la edificación inútil o básicamente insuficiente para su finalidad propia'.
Ese posicionamento xurisprudencial amplo, na interpretación e aplicación do artigo 1591 do CC , aparece á postre e en grande medida recollido na actual LOE de 1999, tal como xa reseñamos, ao contrapoñer os danos de pura terminación ou acabado, antes imperfeccións correntes e menores, aos afectantes a elementos estruturais, e aos que inciden na habitabilidade do inmoble, suposto este último no que se incardina paladinamente o caso contemplado pois as probas periciais, reportaxes fotográficas (documentos 18 e 19 achegados co escrito de demanda) e orzamentos de obra, son reveladores da existencia de importantes focos de humidade nos sotos de sete das once vivendas -causados polos vicios construtivos aos que logo aludiremos-, humidades que como xeralizadas naqueles sete predios, importantes, e de sucesiva e progresiva aparición, afectaban loxicamente á salubridade, á saúde dos seus moradores, e impedían unha habitabilidade normalizada e sen pena, obrigando a emprender, en fin, unhas obras de reparación custosas, de máis de cen mil euros, que non fan máis que confirmar a gravidade dos danos, e que serían moito maiores evidentemente co paso do tempo, se non se puxese couto aos defectos, burdos e graves, de impermeabilización habidos. Atopámonos, non ante puros e xenéricos vicios ocultos, senón ante auténticos vicios ruinóxenos, que repercuten moi negativamente na habitación por parte dos donos dos sotos, e que se rexirán entón, segundo a data da construcción, ora polo artigo 1591 do CC , ora polo réxime dos artigos 17 e 18 da LOE , pero non polas normas de saneamento dos artigos 1484 e seguintes do CC -acción de saneamento que, debemos reiteralo, a parte actora non exercita en ninún momento-. E é que, como lembra a sentenza do Tribunal Supremo de 12 de maio de 2003 , nun suposto que garda igualdade xurídica esencial co axuizado por nón (vicios consistentes en cuantiosas humidades por capilaridade ascendente do solo, que tiñan aparecido varios años despois de procederse á venda do inmoble) 'es evidente que los defectos que hacen inhabitable el inmueble adquirido no son meras imperfecciones que no lo impiden, sino que frustran la finalidad perseguida por la compraventa, y así lo ha declarado reiteradamente esta Sala (S.S. 6 de marzo 1.985 y 6 abril 1.989, entre otras muchas). Engadindo que 'sería enormemente injusta la aplicación del art. 1.484 a unos vicios que está probado que se ponen de relieve con el tiempo, no dentro del reducido plazo de seis meses que concede el Código civil para la acción de saneamiento por vicios ocultos (art. 1.490), y que son causa de una ruina potencial del inmueble, que tiene su tratamiento diferenciado'.
Sétimo: O artigo 17 da LOE dispón os prazos de garantía de dez, tres e un ano, para cadansúa das tres categorías, de danos estruturais, afectantes á habitabilidade, e de pura terminación ou acabado, respectivamente. E o artigo 18 o prazo para o exercicio da acción de dous anos, a contar dende que se produzan os danos, sen prexuicio das accións que poidan subsistir para exixir responsabilidades por incumprimento contractual. Finalmente, o parágrafo segundo deste último artigo sanciona que a acción de repetición que poider corresponder a calquera dos axentes que interveñen no proceso de edificación contra os demáis (ou aos aseguradores contra eles), prescribirá no prazo de dous anos dende a firmeza da resolución xudicial que condene ao responsable a indemnizar os danos, ou a partir da data na que se tiver procedido á indemnización de forma extraxudicial.
Oitavo: Analizamos agora a problemática relativa á lexitimación pasiva da demandada, Jabe 2006, S. L..
A sentenza ditada en primeira instancia, para apreciar a carencia de lexitimación de devandita demandada, e en relación con esa carencia, para estimar igualmente a ausencia de lexitimación da parte demandante, parte dos seguintes razoamentos. O primeiro, porque a actora non ostenta lexitimación activa, ao abeiro do parágrafo primeiro do artigo 17 da LOE , ao proceder á venda das vivendas. O segundo, porque o dereito de repetición que o parágrafo segundo do artigo 18 da LOE concede aos que interveñen no proceso construtivo, e que son condenados por sentenza, ou que pagan extraxudicialmente aos prexudicados pola ruina, queda circunscrito na súa vertente pasiva aos 'demáis' que interveñen nese proceso, entre os que non se atoparía quen, ostentando inicialmente calidade de promotora, a tiver perdido, dise, a través do contrato de compravenda -de 21 de maio de 2010-, ao terse transmitida esa condición, precisamente, á parte demandante. E a terceira, porque podendo encauzarse a lexitimación da demandada polo canle, exclusivamente, do incumprimento contractual, como estamos, sen embargo, ante puros vicios ocultos, non ante vicios ruinóxenos nin englobables no instituto do aliud por alio, decaería a lexitimación por aquel concepto pois, por unha banda, a condición profesional da demandante presupuña que tiña que detectar os vicios, de actuar coa dilixencia que lle era exixible, e por outra, a acción de saneamento estaría prescrita. Pois ben, como xa descartamos que nós encontremos ante un suposto de vicios ocultos, circunscribimos o discurso a aquelas dúas primeiras cuestións, que pola conexión que existe entre elas facemos obxecto dun tratamento unitario.
Noveno: Fronte ao mantido pola sentenza de instancia, consideramos que asiste lexitimación, tanto ao actor para accionar, como á demandada para padecer a acción. Lembrermos as normas atinentes a esta materia.
O artigo 17 da LOE de 1999 sanciona, dunha parte, a responsabilidade das persoas físicas ou xurídicas que interveñen no proceso da edificación fronte aos propietarios e os terceiros adquirintes dos edificios ou parte dos mesmos. Doutra, a exixencia da responsabilidade civil en forma persoal e individualizada. Doutra, a responsabilidade solidaria dos axentes que participan na construcción cando non poidera individualizarse a causa dos danos materiais, ou quedase debidamente probada a concurrencia de culpas sen que poidera precisarse o grao de intervención de cada axente no dano producido. Por último, e como unha cláusula de peche e de garantía última a favor dos adquirintes, o artigo dispón a responsabilidade do promotor. E derradeiramente, o artigo 18 da LOE fala da acción de repetición que poidese corresponder a calquer dos axentes que interveñen no proceso de edificación contra os demáis.
Décimo: Certamente, unha interpretación puramente literal da norma conduciríamos a descartar a lexitimación activa e pasiva dos litigantes, promotoras nova e inicial. Dende esta prespectiva interpretativa, a acción directa competería unicamente aos 'propietarios ou aos adquirintes das vivendas ou locais', condicións das que carecería a promotora, ao vender as edificacións. E a acción de repetición do axente da construcción pagador, ou condenado xudicialmente a pagar, en canto debe promoverse fronte aos 'demáis axentes', non cabería contra a demandada, o ter perdido a condición de promotora, que asumíu a sucesora da promoción, é dicir, a hoxe demandante e recurrente.
Pero unha lectura da norma, partindo dos criterios racional e teleolóxico, e unión do analóxico, condúcenos á tese contraria da mantida pola resolución de instancia.
En primeiro termo, é de toda lóxica estimar que a responsabilidade das persoas físicas ou xurídicas que participan no proceso construtivo non pode desaparecer polo feito de que se aparten dese proceso, se os vicios xurxiron, precisamente, durante a súa intervención, e máxime se o cambio prodúcese no axente promotor. As modificacións operadas na cadena de interviñentes na construción (dirección facultativa, construtor, promotor...), por renuncias ao cargo, por decisións da propiedade ou, en fin, por negocio xurídico, non poden eximir de responsabilidades propias. E sendo verdade que a norma non prevé os supostos, como o contemplado, de que sexan varios e sucesivos os Arquitectos Superiores, ou os Arquitectos Técnicos, ou os construtores ou os promotores, o criterio ten que ser o mesmo por aplicación do remedio analóxico do artigo 4 do CC .
En segundo termo, e en conxunción coa anterior reflexión, os propietraios e os terceiros adquirintes da edificación ou de parte da mesma, poden dirixir a acción de reclamación de danos ruinóxenos , tanto contra os axentes culpables dos vicios, se se poideran individualizar as culpas como, en caso contrario, contra todos eles en solidaridade, incluido o promotor. E moi especialmente contra o promotor único, ou, no seu caso, contra o promotor de quen adquire.
E en terceiro lugar, se o promotor satisface os danos ruinóxenos aos adquirintes das edificacións, non por un acto de pura liberalidade ou condescendencia, senón en acatamento do mandato imposto polo artigo 17. 3, inciso segundo, da LOE , tal como fixo a parte actora, debemos considerar que esta está asistida do dereito de repetición contra os outros axentes da edificación, e máis concretamente, e polo que para nós ten interese, contra a promotora inicial, responsable, por responsabilidade propia, da ruina, en canto que acontecida cando era promotora, sen que esa responsabilidade cese polo feito de que formalmente non teña agora a calidade de axente participante na edificación, nunha interpretación da expresión legal de 'os demáis', tan estrictamente literal, como abxurda, afastada dos criterios de xustiza e equidade, e, en fin, xeradora dun enriquecimento inxusto para a promotora demandada a custa do empobrecimento da demandante, ao facer fronte esta última a unha obriga de resarcir uns danos ruinóxenos, cuxo cumprimento correspondía a aquela primeira, pois baixo o seu domino cometéronse os danos.
A xeito de conclusión, non ten ningún sentido que se elimine a lexitimación para soportar o exercicio da acción de repetición daqueles que foron axentes da edificación, pero que deixaron de selo antes de rematada a construción, por vicios a eles, precisamente, imputables. E a expresión 'os demáis' temos, xa que logo, que superala, fuxindo da súa literalidade, e comprendendo por igual na norma, por aplicación da solución analóxica, aos que deixaron de ser axentes, pois a razón do precepto é idéntica, a responsabilidade dos mesmos pola ruina da edificación fronte aos propietarios ou terceiros adquirintes, condicións estas últimas das que gozou ademáis a promotora demandante, ao ter adquirido a obra en construción en virtude do contrato de compravenda de 21 de maio de 2010. E sen que, en derradeiro lugar, a conseguinte lexitimación da actora para proceder contra a primitiva vendedora véxase empañada polo feito de que tiver xa vendido as construcións a terceiros, tal como proclama a doutrina xurisprudencial que procedemos citar.
Décimo Primeiro:O criterio mantido a este respecto polo Trinbunal Supremo é o de outorgar lexitimación activa ao promotor para proceder contra os restantes interviñentes na construción -e non temos que excluir entón a promotores, construtores ou direccións facultativas anteriores, na medida que sexan culpables dos danos ruinóxenos-, tanto se aquel primeiro segue ser propietario do inmoble, como se procedera a súa venda a terceiros, ora nestes casos, por ter feito xa fronte aos danos, procedendo a reparalos ora, incluso, a prevención, ante as máis que probables reclamacións contra el dos compradores.
Como indica a sentenza de 9 de xuño de 1989 'la evolución jurisprudencial propende a fortalecer la tutela judicial efectiva de la parte más débil, los propietarios compradores de viviendas frente a quienes no se permite invocar que no contrataron con los constructores, que no pusieron reparos al recibir el objeto o que han transcurrido los plazos legales para el saneamiento por vicios ocultos. Pero de toda la línea jurisprudencial no se deriva la consecuencia de que el círculo de los legitimados activamente se reduzca a los propietarios ni que éstos se vean necesariamente obligados a litigar contra todo el círculo de posibles obligados solidarios. Su legitimación adquirida por subrogación, junto con el piso, no borra la legitimación de los promotores que contrataron con los constructores y técnicos y conservan acción para exigir el correcto cumplimiento del contrato con base en el vínculo nacido precisamente del mismo. Que los promotores no asuman frente a los propietarios de los pisos el ejercicio de acciones para reparar lo mal hecho puede generar que sean ellos mismos demandados y condenados con el constructor y los técnicos, pero no se impone que deban siempre figurar en los litigios como demandados; cuando como en este caso actúan en defensa del interés propio de que la prestación sea correctamente cumplida, aunque ello redunde en beneficio de los propietarios que también tienen acción en juicio'.
En igual sentido, a sentenza de 28 de xuño de 2006, discrepando do argumento da parte recurrente de que 'no cabía la utilización de esta acción por la promotora en atención a que, tras la venta de las viviendas a personas ajenas al contrato inicial, perdió cualquier interés jurídico que pudiera tener al ser sustituido por los propietarios en todos sus derechos y obligaciones', proclama que 'esta Sala tiene declarado que 'la responsabilidad solidaria de constructor y promotor frente a los terceros adquirentes de los pisos, trae derivativamente su causa del contrato de obra ( SSTS de 22 de marzo de 1986 y 1 de diciembre de 1984 ); doctrina que de ningún modo contradice, sino más bien reafirma, la legitimación de los propietarios posteriores para reclamar del promotor y constructor la reclamación solidaria de los daños; de ahí que el promotor- arrendador trate, legítima y legalmente, de eludir esa responsabilidad, demandando anticipadamente al arrendatario-ejecutor material, para que éste, se responsabilice de su conducta incumplidora, origen del defecto constructivo' ( STS de 7 de julio de 1990 ); y, asimismo, que 'toda la evolución jurisprudencial propende a fortalecer la tutela judicial efectiva de la parte más débil, los propietarios compradores de viviendas frente a quienes no se permite invocar que no contrataron con los constructores, que no pusieron reparos al recibir el objeto o que han transcurrido los plazos legales para el saneamiento de los vicios ocultos. Pero de toda la línea jurisprudencial no se deriva la consecuencia de que el círculo de los legitimados activamente se reduzca a los propietarios, ni que éstos se vean necesariamente obligados a litigar contra todo el círculo de posibles obligados solidarios. Su legitimación adquirida por subrogación junto con el piso, no borra la legitimación de los promotores que contrataron con los constructores y técnicos y conservan acción para exigir el correcto cumplimiento del contrato con base en el vínculo nacido precisamente del mismo. Que los promotores no asuman frente a los propietarios de los pisos el ejercicio de las acciones para reparar lo mal hecho puede generar que sean ellos mismos demandados y condenados con el constructor y los técnicos, pero no se impone que deban siempre figurar en los litigios como demandados' ( STS de 8 de junio de 1992 )'.
En expresión da sentenza de 10 de febreiro de 2004 'la legitimación activa para reclamar viene atribuida, según a quién se repute como perjudicado (al promotor, antes de vender los pisos, o respecto a los que se reserve o no haya vendido, o en cuanto haya abonado o reparado los desperfectos; y al comprador, una vez que los haya adquirido y le afecten los daños), pudiendo coexistir ambas legitimaciones'.
No mesmo sentido, as sentenzas de 28 de febreiro de 2011 , 21 de xuño de 1999, 7 de novembro de 2005 e 20 de decembro de 2007 . Como reseña esta última resolución 'la legitimación activa del promotor frente a contratista y técnicos intervinientes en el proceso constructivo ha sido reconocida por la doctrina, siempre que se anticipe a la reclamación de los dueños de las viviendas).
En conclusión, a lexitimación pasiva da demandada, Jabe 2006, S. L., fronte á actora, ten a súa causa en que os danos ruinóxenos xurxiron por mor de defectos construtivos a aquela imputables. Mentres que a lexitimación activa da demandante arrinca de dous feitos invocados por este litigante. O primeiro, da súa condición de axente interviñente no proceso construtivo, que fixo fronte aos danos soportados polos adquirintes dos predios. E o segundo, da súa calidade de compradora, e como tal, co dereito a dirixirse contra a vendedora por incumprimento contractual desta última, ex artigos 1101 e 1124 do CC . E como á primeira das cuestións xa dimos adecuada resposta, examinamos seguidamente esta última.
Décimo Segundo:Tanto a LOE de 1999 como a doutrina xurisprudencial sentada anteriormente a ela, poñen de relevo, primeiramente, a diferencia entre as distintas clases de accións, de responsabilidade ex lege, contra os distintos axentes participantes no proceso construtivo, e as derivadas, no seu caso, do contrato de compravenda que pode ligar a algún daqueles cos propietarios ou adquirintes das edificacións; e en segundo lugar, a compatibilidade do seu exercicio.
A LOE non pode ser máis clara cando emprega no número 1 do artigo 17 a expresión 'sen prexuizo das súas responsabilidades contractuais', e no número 9 'sen prexuizo das responsabilidades que alcanzan ao vendedor dos edificios ou partes edificadas fronte ao comprador conforme ao contrato de compraventa suscrito entre eles, aos artigos 1484 e seguintes do CC e demáis lexislación aplicable ao contrato de compravenda'.
Pola súa banda, a sentenza do Tribunal Supremo de 5 de maio de 2015 , ditada en interpretación do artigo 1591 do CC , recolle a diferenza entre unhas e outras accións, ao indicar que 'una cosa es el daño o vicio constructivo y otra la falta a las condiciones del contrato. El daño es el resultado que origina las consecuencias que prevé la norma, mientras que la falta a las condiciones del contrato no da lugar a la responsabilidad decenal, sino a acciones y a responsabilidades distintas, que afectan a la relación propia del contrato entre compradores y vendedores con proyección jurídica que no viene dada por el artículo 1591 del Código Civil , sino por los artículos 1101 y 1124 del mismo Cuerpo Legal , puesto que no derivan de la construcción propiamente dicha, sino de las obligaciones convenidas en el contrato, ni merecen por tanto el calificativo de dañosos en el sentido de la norma'.
E a coexistencia de responsabilidades e conseguinte posible exercicio acumulado de accións diversas aparecen sancionados, en referencia ao promotor, por numerosa doutrina xurisprudencial, da que é expresión a sentenza de 22 de outubro de 2010 , que propugna que 'se puede articular la responsabilidad del promotor tanto desde el cauce contractual de la relación de compraventa efectuada, como de la responsabilidad en lege que sitúa al promotor como responsable último y solidario de los defectos constructivos'. Ou a de 2 de febreiro de 2012, ao afirmar que 'esta Sala tiene declarado que la responsabilidad de quienes intervienen en el proceso constructivo que impone el artículo 1591 del Código Civil es compatible con el ejercicio de acciones contractuales cuando, entre demandante y demandados, media contrato, de tal forma que la 'garantía decenal' no impide al comitente dirigirse contra quienes con él contrataron, a fin de exigir el exacto y fiel cumplimiento de lo estipulado, tanto si los vicios o defectos de la construcción alcanzan tal envergadura que pueden ser incluidos en el concepto de ruina, como si suponen deficiencias que conllevan un cumplimiento defectuoso... admitiendo de forma expresa, la coexistencia de la responsabilidad derivada del contrato o contratos que vinculan a las partes y la que impone la Ley especial ( SSTS 2 de octubre 2003 , 28 de febrero y 21 de octubre de 2011 )'.
En definitiva, e tal como salienta a sentenza do Tribunal Supremo de 25 de febreiro de 2010 'ante el incumplimiento, concretamente, de la obligación de entregar de la cosa vendida, en este caso, un edificio de locales y viviendas, en el sentido expuesto como hecho probado, los compradores tienen opción de utilizar diversas vías para resarcirse. La primera, la acción de responsabilidad decenal que les brindaba el artículo 1591 del Código civil (anterior a la Ley de Ordenación de la edificación de 5 de noviembre de 1999) que efectivamente fue ejercitada en la jurisdicción contencioso- administrativa. La segunda, las acciones edilicias, inviables si ha transcurrido el breve plazo de caducidad de seis meses, que impone el artículo 1490 del Código civil. La tercera, la acción tendente a exigir el cumplimiento correcto, que prevé explícitamente el artículo 1124 del mismo cuerpo legal . La cuarta, conforme al mismo artículo 1124, la resolución siempre que el incumplimiento sea esencial. La quinta, la indemnización de daños y perjuicios que contempla el artículo 1101'.
Décimo Terceiro:En inseparable relación cos criterios xurisprudenciais precedentemente reseñados o Tribunal Supremo admite por igual o exercicio da acción resarcitoria por incumprimento contractual aplicando, cando for procedente, o instituto do aluid pro alio. Neste senso, declara a sentenza xa citada, de 25 de febreiro de 2010 , que ás accións que se relatan 'se suma la doctrina de aliud pro alio que contempla una doble situación: que se haya entregado cosa distinta a la pactada o que se haya entregado cosa que, por su inhabilidad, provoque una insatisfacción objetiva, es decir, una completa frustración del fin del contrato (éste es el caso producido aquí)...E con respecto a la entrega de locales y viviendas, la sentencia de 10 de mayo de 1995 expresa que se ejército acción de 'responsabilidad derivada de incumplimiento de contrato, por los defectos constructivos con que la entidad promotora- constructora y vendedora, aquí recurrente, entregó el edificio litigioso, pues tiene declarado esta Sala (Sentencias de 30 noviembre 1972 , 29 enero y 23 marzo 1983 , 20 febrero 1984 , 12 febrero 1988 y 12 abril 1993 , entre otras) que se está en presencia de entrega de cosa diversa o «aliud pro alio» cuando existe pleno incumplimiento por inhabilidad del objeto y consiguiente insatisfacción del comprador, que le permite acudir a la protección dispensada en los artículos 1101 y 1124 del Código Civil y, por consiguiente, sin que sea aplicable el plazo semestral que señala el artículo 1490 para el ejercicio de las acciones edilicias, porque dicho artículo y el 1484 del mismo Cuerpo Legal resultan inaplicables en aquellos supuestos en que la demanda no se dirija a obtener las reparaciones provenientes de los vicios ocultos, sino las derivadas de defectuoso cumplimiento al haber sido hecha la entrega de cosa distinta o con defectos que hagan impropio el objeto de la compraventa para el fin a que se destina'.
E para remachar o discurso xurisprudencial a sentenza de 8 de febreiro de 2003 advirte que 'al comprador de bienes inmuebles de carácter urbano le asisten frente al promotor-constructor, además de las acciones específicas del contrato de compraventa ( arts. 1484 y siguientes del Código Civil ) las genéricas tendentes al íntegro cumplimiento de la prestación y con plazo de prescripción de quince años. No debe olvidarse que como ha señalado la sentencia de este Tribunal de 29 de abril de 1994 que la jurisprudencia aclara, se está en el supuesto de entregar una cosa diversa (aliud pro alio) ( art. 1124) y no ante un vicio de la cosa ( art. 1484) cuando existe pleno incumplimiento con la consiguiente insatisfacción del comprador.... los artículos 1504 y 1124 del C.c . son compatibles y resulta así aplicable en las ventas de inmuebles cuando la otra parte ha cumplido todas las obligaciones que le incumbían, le permite pedir la resolución o el cumplimiento del contrato. Como se señaló en la sentencia de este Tribunal de 10 de mayo de 1985 , no se ha ejercitado en autos ninguna acción de saneamiento por vicios ocultos, sino la de responsabilidad derivada de incumplimiento del contrato por los defectos constructivos con que la entidad promotora, constructora y vendedora, ahora recurrente, entregó el edificio'.
Décimo Cuarto:Este tribunal de apelación, despois de revisar as probas achegadas á lite, función revisora das probas imposta pola propia natureza, de segunda instancia, do recurso de apelación, proclama, en contraposición coa sentenza de primeiro grao, que as vivendas, por mor das graves e progresivas deficiencias habidas nelas, se veían seriamente afectadas na súa habitabilidade, resultando inhábiles para poder morarse nelas de xeito normalizado, de tal maneira entón que tan só mediante as tarefas reparadoras emprendidas pola demandante, cun custe nada desdeñábel, de máis de 112.000 euros (por termo medio, arredor de 16.000 euros para cada construcción), non se frustrou a relación negocial, pois de non emprenderse esas reparacións, e persintindo e incrementándose irremediablemente entón as humidades nos sotos das casas unifamiliares, resultaría máis que probable e presumible que non se conseguiría vender as edificacións, ou que se venderían a prezos moito menores, co conseguinte e grave quebranto da economía do contrato para a compradora, agora demandante.
En resumo: A) Atopámonos ante danos afectantes a habitabilidade das vivendas -os sotos-, que se adquiren a través do contrato de compravenda de 21 de maio de 2010, e que se reciben cuns defectos de tal envergadura que, de ser coñecidos pola actora compradora, non houber celebrado o contrato, ou o celebraría mudando esencialmente o seu contido, cunha rebaixa considerable do prezo, acorde coa importancia dos vicios. B) Actora e promotora demandada están lexitimados para exercitar e soportar, respectivamente, tanto a acción por responsabilidade ex lege (no noso caso, artigos 17 e 18 da LOE ), como a acción por incumprimento contratual, ex artigos 1101 e 1124 do CC , co común corolario indemnizatorio que se postula. C) Esas accións non estarían prescritas verbo da promotora, pois para as mesmas existen os prazos, tamén respectivamente, de dous e quince anos. Incluso o Tribunal Supremo admite nese exercicio dual, a prescrición da acción por responsabilidade ex lege, e non verbo da acción por responsabilidade contratual. En efecto, a sentenza de 15 de xuño de 2016, con cita da de 27 de decembro 2013 , despois de puntualizar que na propia demanda distinguíronse dous clases de accións exercitadas -como no presente caso-, as baseadas na LOE e as de natureza contractual, declara que 'en las pretensiones basadas en la LOE no recayó condena porque respecto de unos defectos había prescrito la acción, y respecto de otros, habían aparecido una vez extinguido el plazo de garantía, pero, sin embargo, si condenó a las demandadas vinculadas con la actora por una relación contractual, ya que en el cumplimiento de las obligaciones asumidas en sus respectivos contratos con la demandante, habían contribuido a causar los perjuicios. El supuesto de hecho no es coincidente con el que aquí se enjuicia, pero la doctrina fundamento de las pretensiones si es la misma. Precisamente esta sentencia sirve para dar respuesta a una de las objeciones que hizo la promotora recurrida al oponerse al recurso de apelación, por alegar que las deficiencias denunciadas no integran el concepto de ruina que jurisprudencialmente se ha creado respecto del artículo 1591 CC . Declara la sentencia en relación a la LOE que «esta norma no ha venido a superponer al régimen anterior de responsabilidad por ruina del art. 1591 CC , el previsto en el art. 17 LOE para los llamados agentes de la edificación, sino a sustituirlo, sin perjuicio de la subsistencia de las acciones de responsabilidad civil contractual. Más adelante aclara que esta responsabilidad contractual tiene su justificación al amparo de los artículos 1101 y concordantes del Código Civil , por lo que sería irrelevante si la sentencia menciona el artículo 1591 CC '.
Décimo Quinto:Por todo o dito procede acoller a pretensión da parte actora, de condena da promotora demandada, Jae 2006, S. L.. Pero non queremos pechar o círculo argumental sen facer referencia ás outras cuestións prantexadas na lite.
En primeiro termo, non hai dúbida de ningún tipo, e así colíxese de xeito esencialmente contexte dos informes que obran na causa, de que as patoloxías dos sotos das edificacións son debidas a unha incorrecta execución da drenaxe perimetral dos terreos, a que as tuberías están rotas ou atascadas, a unha igualmente incorrecta canalización ás arquetas, á ausencia de material drenante, así como á defectuosa impermeabilización dos muros de contención.
En segundo lugar, tampouco albergamos ningunha incerteza de que as patoloxías son anteriores ao contrato de compravenda de 21 de maio de 2010, ou se estase preferir, son imputables aos axentes -tamén á promotora demandada- que ata aqueles intres interviñeron no proceso construtivo, e que resultaron condenados na primeira instancia, nunha pronuncia firme en canto non impugnada por ningún dos litigantes.
E en terceiro lugar, que contrariamente ao sostido pola sentenza impugnada, non apreciamos ningunha actuación culposa por parte da actora, que se faga merecente da compensación que a sentenza acorda, con fundamento en que atopámonos cun profesional no eido inmobiliario e construtivo, e que como tal, debía advertir os defectos ou, alomenos, esgotar a dilixencia para detectalos, nunha argumentación moi próxima á prevista no artigo 1484 do CC , que exclúe a responsabilidade do vendedor por defectos cando o comprador sexa un perito que, por razón da súa profesión ou oficio, debía facilmente coñecelos. E é que esta liña argumental non resulta sostible se temos en conta os seguintes datos: A) Que a norma é aplicable ao saneamento por vicios ocultos, e a acción de saneamento non se exercita pola parte actora. B) Que o lexislador non creou a mesma excepción para os casos de danos ruinóxenos, contemplados polo artigo 1591 daquel código, e na LOE . C) Que o promotor vendedor pode non ser unha persoa propiamente perita na materia en discusión. D) Que ao tempo da celebración do contrato de compravenda a obra recibíu o visto e pracet, precisamente, da Dirección Facultativa da obra, tal como declara o perito designado xudicialmente e resulta da oportuna certificación (folio 69). E) Que non semella exixible loxicamente á promotora adquirinte a comprobación da bondade das obras, se para estes mesteres se precisa, tal como igualmente afirma ese perito, un desembolso aproximado 2.900 euros por cada edificación, o que faría un montante total, polas once edificacións vendidas, superior aos 30.000 euros. F) Que, en fin, a única actuación culposa que apreciamos na execución da obra é a dos axentes que interviñeron na construcción.
Imponse, xa que logo, a estimación do motivo do recurso da parte actora.
Décimo Sexto:O pedimento da promotora demandante, de que se condene igualmente aos que sairon fiadores da operación no contrato de compravenda de 21 de maio de 2006, condúcenos necesariamente a examinar o contido e alcace desa resoponsabilidade, partindo do teor da correspondente cláusula.
A cláusula novena do contrato de compravenda 'con subrogación de hipoteca', de 21 de maio de 2010, proclama a asunción de responsabilidade dos fiadores demandados 'polo íntegro e puntual cumprimento da totalidade das obligacións derivadas da presente escritura, e por calesquera conceptos establecidos no presente documento dos que se deriven obligacións para a transmitente'.
A remisión que devandita cláusula fai ás obligacións asumidas por este último obríganos acudir á cláusula oitava, que reseña exactamente esas obrigas. Pois ben, se examinamos esta última estipulación, e especialmente as letras d) e i), únicas paraxes que poderían amparar a tese da parte demandante, non podemos colexir en absoluto que como obriga expresamente asumida pola vendedora estaba responder dos vicios ruinóxenos. Ou por expresalo doutra maneira, e dado o criterio restrictivo seguido polo lexislador en canto á forma e alcande da fianza (en esencia, artigos 1826 e 1827 do CC ), sería preciso para afirmar a responsabilidade que se propugna, que explicitamente se recollera no contrato de compravenda a obligación do vendedor de responder dos vicios ruinóxenos, de tal xeito entón que ante a ausencia desa expresa previsión contractual (ainda que logo for responasable o vendedor de conformidade coa norma legal), non cabe afirmar unha responsabilidade tácita dos garantes en virtude do contrato.
Existe derradeiramente, outro argumento que polo seu peso específico fai inconsistente a formulación da actora. Estámonos referir a que mal podía pensarse que era designio común das partes contratantes, e máis concretamente, de vendedor, comprador (ou sexa, debedor e acredor), e fiadores facer extensiva a responsabilidade postulada por defectos que eran naqueles intres ignorados e impensables, por non manifestos.
O motivo do recurso non se acepta.
Décimo Sétimo:O custe das reparacións elevouse a 112.657,80 euros, deducidos os 265,60 euros. Por outra banda, a condena por estirpes ou gremios, construtora e Arquitectos Técnicos, que a sentenza recurrida proclama, non resultou oportunamente impugnada pola demandante recurrente. Conseguintemente, debe manterse esa pronuncia, ainda que agora pola mitade daquela primeira suma. Por último, a promotora debe ser condenada na totalidade, tal como se insta pola apelante, e resulta conforme ao artigo 17. 3, inciso segundo, da LOE .
Décimo Oitavo:De conformidade cos artigos 394 e 398 da L. A. C.:
A estimación substancial do recurso e da demanda formulados contra a promotora demandada conleva impor a esta última as custas procesuais da primeira instancia, e non facer unha especial pronuncia sobre as desta alzada, derivadas de dito recurso.
A desestimación do recurso de apelación, interesando a condena dos fiadores, conduce a impoñer ao apelante as custas padecidas por aqueles por mor de devandito apelación.
Finalmente, a acollida en parte do recurso verbo da construtora -pois se eleva a contía da súa condena, ao non apreciarse culpa concurrente no apelante- conduce igualmente a non facer unha especial declaración sobre as custas deste recurso.
Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,
Fallo
Que estimando substancialmente o recurso de apelación e a demanda formulados por ABANCA CORPORACIÓN DIVISIÓN INMOBILIARIA S.L. representada pola Procuradora Sra. Llordén Fernández-Cervera, condenamos á promotora demandada, Jabe 2006, S. L., a que indemnice á parte demandante na suma total de 112.657,80 euros, máis xuros, en solidaridade cos demáis condenados.
Que desestimamos integramente o recurso de apelación formulado pola demandante contra os fiadores demandados, D. Doroteo e D. Hugo .
Que estimando en parte o recurso de apelación promovido pola parte actora, condenamos á construtora demandada, Teconstrur, S. L., a que satisfaga á aquela primeira a suma de 56.328,90 euros, con xuros.
Que acolléndose en parte o recurso de apelación formulado pola actora, condenamos aos demandados, D. Norberto e D. Jose Luis , a que de xeito conxunto e solidario paguen a aquela a suma de 56.328,90 euros, máis xuros.
Impoñemos ás partes litigantes as custas procesuais nos termos reseñados no fundamento de dereito decimooitavo da presente resolución.
Finalmente, confirmamos a sentenza recurrida nas súas demáis pronuncias.
Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1 , 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1 , 2 , 6.3 , e 7.2 e 3 da Lei 3/1983 , do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.
Notifíqueselles ás partes a presente resolución.
MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC , debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC . Asímesmo cabe interpoñer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguintes a súa notificación na forma establecido no artº 479 da LAC.
Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.

