Última revisión
17/09/2017
Sentencia CIVIL Nº 131/2020, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 717/2019 de 11 de Mayo de 2020
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 11 min
Orden: Civil
Fecha: 11 de Mayo de 2020
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 131/2020
Núm. Cendoj: 36057370062020100129
Núm. Ecli: ES:APPO:2020:666
Núm. Roj: SAP PO 666:2020
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00131/2020
Modelo: N10250
C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO
Teléfono:986817388-986817389 Fax:986817387
Equipo/usuario: BN
N.I.G.36057 42 1 2018 0007515
ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000717 /2019
Juzgado de procedencia:XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 13 de VIGO
Procedimiento de origen:JVH JUICIO VERBAL (DESAHUCIO PRECARIO) 0000460 /2018
Recurrente: Pedro, Antonia , Araceli , Roberto , Asunción , Belen , Romulo , Rubén , Bernarda , Candelaria , Carina , Sergio , Lucio
Procurador: MARIA VICTORIA SOÑORA ALVAREZ, MANUEL CASTELLS LOPEZ , RAQUEL BARREIRO VIÑAS , ISABEL FERNANDEZ NIETO , MARIA VICTORIA SOÑORA ALVAREZ , MARIA CRENDE RIVAS , MANUEL CASTELLS LOPEZ , RAQUEL BARREIRO VIÑAS , ISABEL FERNANDEZ NIETO , MARIA CRENDE RIVAS , MARIA DEL PILAR SANCHEZ ROMERO , MARIA CRENDE RIVAS , MARIA VICTORIA SOÑORA ALVAREZ
Abogado: MARIA TERESA PEREIRA GARRIDO, MARIA MERCEDES SAN MARTIN ALVAREZ , MARIA PATRICIA RAMILO CABRAL , JESUS FERNANDO SILVA PORTELA , MARIA TERESA PEREIRA GARRIDO , MARIO MANUEL SANCHEZ TRIGO , MARIA MERCEDES SAN MARTIN ALVAREZ , MARIA PATRICIA RAMILO CABRAL , JESUS FERNANDO SILVA PORTELA , MARIO MANUEL SANCHEZ TRIGO , EMILIO REY GOMEZ , MARIO MANUEL SANCHEZ TRIGO , MARIA TERESA PEREIRA GARRIDO
Recurrido: GLOBAL FITNESS SPORT SRL
Procurador: PEDRO ANTONIO LOPEZ LOPEZ
Abogado: ANDRES MARTINEZ CEYANES
A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistrados D. JAIME CARRERA IBARZÁBAL, Presidente, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e Dª MAGDALENA FERNÁNDEZ SOTO,pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
S E N T E N Z A Nº 131/20
Vigo, once de maio de dous mil vinte.
VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Verbal 460/18 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 13 de Vigo ós que correspondeu o rolo 717/19, nos que aparece:
Como parte apelante e demandados D. Sergio e D.ª Belen, representada polo/a procurador/a D./D.ª MARÍA CRENDE RIVAS e asistida do/da letrado/a D./D.ªMARIO SÁNCHEZ TRIGO.
Como parte apelante e demandados D./D.ª Carina, representada de oficio polo/a procurador/a D./D.ª PILAR SÁNCHEZ ROMERO e asistida de oficio do/da letrado/a D./D.ª EMILIO REY GÓMEZ.
Como parte apelante e demandados D. Argimiro, D. Pedro e Dª Asunción, representada de oficio polo/a procurador/a D./D.ª VICTORIA SOÑORA ÁLVAREZ e asistida de oficio do/da letrado/a D./D.ª TERESA PEREIRA GARRIO.
Como parte apelante e demandados D. Roberto e D.ª Bernarda, representada de oficio polo/a procurador/a D./D.ª ISABEL FERNÁNDEZ NIETO e asistida de oficio do/da letrado/a D./D.ª JESUS F. SILVA PORTELA.
Como parte apelante e demandados D. Rubén e D.ª Araceli, representada de oficio polo/a procurador/a D./D.ª RAQUEL BARREIRO VIÑAS e asistida de oficio do/da letrado/a D./D.ª PATRICIA RAMILO CABRAL.
Como parte apelante e demandados D. Romulo e D.ª Antonia, representada de oficio polo/a procurador/a D./D.ª MANUEL CASTELLS LÓPEZ e asistida de oficio do/da letrado/a D./D.ªMERCEDES SAN MARTÍN ÁLVAREZ.
Como parte contra da que se apela e demandante GLOBAL FIRNESS SPORT SRL., representada polo/a procurador/a D./D.ª PEDRO A. LÓPEZ LÓPEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª ANDRES MARTINEZ CEYANES.
Como parte apelada-demandada non persoada nesta instancia D.ª Candelaria representada polo/a procurador/a D./D.ª MARÍA CRENDE RIVAS e asistida do/da letrado/a D./D.ªMARIO SÁNCHEZ TRIGO.
É o maxistrado relatorD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.
Antecedentes
Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 13 de Vigo, con data do 31 de xullo de 2019, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:
'Se estima la demanda presentada por el Procurador D. Pedro Antonio López López en nombre y representación de la entidad GLOBAL FITNESS SPORT SRL contra:
1º.- Unidad familiar constituida por D. Romulo y Dña. Antonia representados por el Procurador D. Manuel Castells López. (Chabola nº 1)
2º.- Unidad familiar constituida por D. Rubén y Dña. Araceli representados por la Procuradora Dña. Raquel Barreiro Viñas. (Chabola nº 2)
3º.- Unidad familiar constituida por D. Roberto, Dña. Bernarda representados por la Procuradora Dña. Isabel Fernández Nieto. (Chabola nº 3)
4º.- Unidad familiar constituida por Dña. Candelaria representados por la Procuradora Dña. María Crende Rivas. (Chabola nº 4)
5º.- Unidad familiar constituida por D. Pedro representado por la Procuradora Dña. María Teresa Pereira Garrido. (Chabola nº 5)
6º.- Unidad familiar constituida por Dña Carina representada por la Procuradora Dña. Pilar Sánchez Romero. (Chabola nº 6)
7º.- Unidad familiar constituida por D. Lucio y Dña. Asunción representados por la Procuradora Dña. Victoria Soñora Alvarez. (Chabola nº 7)
8º.- Unidad familiar constituida por D. Sergio y Dña. Belen representados por la Procuradora Dña. María Crende Rivas. (Chabola nº 8)
Se declara el desahucio por precario respecto de los inmuebles, fincas nº NUM000, NUM001, NUM002, NUM003 y NUM004 inscritas en el Registro de la Propiedad nº 3 de Vigo, condenando a los demandados al dejarlas libres y expeditas, desalojando las mismas bajo apercibimiento de lanzamiento.
Se imponen las costas a la parte demandada. '
Segundo:Contra a dita sentenza os/as procuradores/as MARÍA CRENDE RIVAS, PILAR SÁNCHEZ ROMERO, VICTORIA SOÑORA ÁLVAREZ, ISABEL FERNÁNDEZ NIETO, RAQUEL BARREIRO VIÑAS, MANUEL CASTELLS LÓPEZ, presentaron uns recursos de apelación, que foron admitidos en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).
Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 18 de marzo de 2020.
Fundamentos
Primeiro: Como os diversos motivos dos recursos das partes demandadas son en grande medida coincidentes, ao igual que as situacións posesorias das mesmas, procedemos examinar aqueles mediante un tratamento unitario, na medida que sexa xuridicamente posible, e comezando loxicamente coas invocacións de orde formal ou procedimental,e máis concretamente, co análese das excepcións de falta de litisconsorcio pasivo necesario e de inadecuación de procedimento.
Segundo: A excepción de inadecuación de procedimento baséase no seguinte argumento: Dado que a parte actora, demandante de desafiuzamento por precario, interesa na súa demanda que se declare que é propietaria dos fundos litixiosos, esta declaración de dominio excedería do canle procedimental elexido, do xuizo de desafiuzamento, que se circunscribe exclusivamente a situacións puramenmte posesorias, ou abstracción feita da propiedade.
O motivo do recurso non se acepta pois, en coincidencia coa xulgadora a quo, do exame da demanda claramente se colixe que está exercitarse exclusivamente a acción de desafiuzamento por causa da situación de precario dos demandados, sendo o pedimento dominical, posto interesadamente en entredito pola parte demandada, un mero antecedente, a xeito de presuposto formal ou instrumental, proclamado pola parte actora para o logro da súa única, palmaria e inequívoca pretensión de lanzamento dos precaristas dos fundos, por carecer os mesmos en efecto de título que ampare a ocupación. Estamos, en definitiva, ante unha petición puramente redundante, a xeito de mera premisa lexitimadora da acción, e non ante o exercicio dunha acción declarativa de dominio propiamente dita, quedando, en fin, á marxe desta lite as cuestións dominicais, e decidíndose nela soamente o fenómeno posesorio, ou se se quere e ao sumo, o mellor dereito a posuir. Non se pide nin se decide aquí -nin poderíase facer- se a propiedade dos predios pertece á demandante ou, contrariamente, aos demandados.
Terceiro: Non mellor sorte adversa faise merecente correr a excepción de litisconsorcio pasivo necesario. E é que o feito de que un fillo dun demandado non sexa igualmente demandado non pode comportar o defecto procesual que se postula dado que: A) Movémonos nun contexto sociolóxico, de unidades familiares nas que resulta practicamente imposible a identificación exacta dos seus respectivos membros.B) Semella lóxico que nesa desfavorable, por indefinida, coxuntura, resulte dabondo con demandar á unidade familiar, sen que sexa mester reseñar a todos e cada un que a integran, e que van ter, en último termo, un intrerese coincidente e, en fin, unha estratexia procesual común. C) Os ocupantes dos predios foron oportunamente identificados.
Cuarto: A invocación por unha das partes recurrentes -unidade familiar de D. Sergio e Dona Belen-, da falta do presuposto da identificación dos fundos, é novidosa, en canto non realizada oportunamente, ou sexa, na primeira instancia e, por conseguinte, non pode ser nin acollida nin tansiquera examinada.
Quinto: Entrando xa na cerna propiamente dita do asunto, as unidades familiares demandadas, e hoxe apelantes, alegan como título adquisitivo -único- o instituto da prescrición adquisitiva. Segundo os seus respectivos pareceres, se terían dado todos presupostos requeridos pola norma para o xogo da usucapión extraordinaria.
Pois ben, tampouco este alegato pode ser aceptado pois sendo realmente verdade a afirmación das recurrentes, de que para esta modalidade de prescrición non se precisa nin da boa fe nin do xusto título, ex artigo 1959 do código civil, non é menos certo que esta dispensa non pode extenderse ao presuposto, sempre exixible calesquera que sexa a usucapión invocada, da posesión en concepto de dono, conforme ao artigo 1941 do mesmo código. Os demandados nunca posuiron nestes termos, concepto que en canto invocado por eles, e por aplicación igualmente dos postulados de facilidade e dispoñibilidade probatorias, tiña que se acreditado polos mesmos, tal como resulta da aplicación das reglas que sobre a carga da proba establece o artigo 217 da L. A. C. O simple feito do empadronamento non xustifica obviamente a propiedade, nin tampouco o tempo exacto da situación posesoria. O pagamento de certas subministracións de enerxía tampouco. As declaracións testemuñais sobre estes extremos son insatisfactorias. E, en último termo, e tal como atinadamente reseña a sentenza de primeira instancia, tampouco se xustifica o pagamento dos impostos que gravan ordinariamente a propiedade, ausencia moito máis incomprensible se cabe, nunha situación de ocupación como a presente, tan prolongada no tempo.
A usucapión extraordinaria non está probada, como tampouco a usucapión ordinaria.
Sexto: A petición dun dos recurrentes, de que non se impoñan aos demandados as custas procesuais da primeira instancia dado que, se afirma, non se acolleu a pretensión da parte actora, de declarar o dominio dos predios ao seu favor, debe rexeitarse pois, tal como xa expresamos, este pedimento aparece nidiamente como puramente redundante ou accesorio, ou sexa, non se precisaba formular, xa que a demandante non estaba promover unha acción protectora do dominio, é dicir, unha acción declarativa da propiedade, senón exclusivamente unha acción posesoria, de desafiuzamento por precario. A pretensión, esencial e única, da parte actora era o desafiuzamento dos demandados, e esta pretensión foi final e integramente acollida.
Sétimo: A desestimación dos recursos conleva impor as custas procesuais desta alzada aos apelantes (artigo 398 da L. A. C.).
Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,
Fallo
Que rexeitamos os recursos de apelación formulados por los procuradores: Dª MARÍA CRENDE RIVAS, Dª PILAR SÁNCHEZ ROMERO, Dª VICTORIA SOÑORA ÁLVAREZ, Dª ISABEL FERNÁNDEZ NIETO, Dª RAQUEL BARREIRO VIÑAS e D. MANUEL CASTELLS LÓPEZ en las representacines procesales que tiene acreditadas, contra a sentenza ditada polo Xulgado de 1ª Instancia nº 13 de Vigo o día 31 de xullo de 2019, con expresa imposición das custas procesuais desta alzada aos apelantes.
Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.
Notifíqueselles ás partes a presente resolución.
MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC, debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC. Asímesmo cabe interpoñer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguintes a súa notificación na forma establecido no artº 479 da LAC.
Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.
NOTA INFORMATIVA:Conforme á D.A. Décimo quinta da L.O.P.J., para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.
O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no BANCO SANTANDER, sucursal r/ Coruña, na conta deste expediente 0915000012071719, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local e organismo autónomo dependente. Se o ingreso se efectúa a medio de transferencia o núm. de conta IBAN é o seguinte: ES55 3569 9200 0500 1274 facendo constar, no campo concepto e observacions no xustificante de ingreso e como concepto o número de conta expediente antes salientado

