Última revisión
17/09/2017
Sentencia CIVIL Nº 137/2020, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 757/2019 de 11 de Mayo de 2020
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 13 min
Orden: Civil
Fecha: 11 de Mayo de 2020
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 137/2020
Núm. Cendoj: 36057370062020100134
Núm. Ecli: ES:APPO:2020:674
Núm. Roj: SAP PO 674:2020
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00137/2020
Modelo: N10250
C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO
Teléfono:986817388-986817389 Fax:986817387
Correo electrónico:
Equipo/usuario: BN
N.I.G.36057 42 1 2017 0013353
ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000757 /2019
Juzgado de procedencia:XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 9 de VIGO
Procedimiento de origen:ORD PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0000782 /2017
Recurrente: Casimiro
Procurador: JORGE SUAREZ GARAYO
Abogado: JOSE MANUEL NIETO RAMILO
Recurrido: Julia, Noelia , Constancio , Leticia
Procurador: MARIA DEL CARMEN LOPEZ DE CASTRO, JOSE ANTONIO FANDIÑO CARNERO , MARIA DEL CARMEN LOPEZ DE CASTRO , MARIA ROSA MARQUINA TESOURO
Abogado: MANUEL PERALTA FERNANDEZ, JOSE LUIS MARTINEZ-PAUL DOMINGUEZ , MANUEL PERALTA FERNANDEZ , SALUSTIANO GONZALEZ-LOJO SAEZ
A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistrados D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, Presidente, Dª MAGDALENA FERNÁNDEZ SOTO e D. JOSÉ FERRER GONZÁLEZ,pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
S E N T E N Z A Nº 137/20
Vigo, once de maio de dous mil vinte.
VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 782/17 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 9 de Vigo ós que correspondeu o rolo 757/19, nos que aparece como parte apelante e demandado D./D.ª Casimiro, representada polo/a procurador/a D./D.ª JORGE SUAREZ GARAYO e asistida do/da letrado/a D./D.ª JOSE M. NIETO RAMILO,como parte contra da que se apela e demandada D. Constancio e D.ª Julia, representada polo/a procurador/a D./D.ª CARMEN LÓPEZ DE CASTRO e asistida do/da letrado/a D./D.ª MANUEL PERALTA FERNÁNDEZ. Como parte contra da que se apela e demandada D./D.ª Noelia, representada polo/a procurador/a D./D.ª JOSE ANTONIO FANDIÑO CARNERO e asistida do/da letrado/a D./D.ª JOSE LUIS MARTÍNEZ-PAUL DOMÍNGUEZ. E como parte contra da que se apela e demandante D./D.ª Leticia, representada polo/a procurador/a D./D.ª Mª ROSA MARQUINA TESOURO e asistida do/da letrado/a D./D.ª SALUSTIANO GONZÁLEZ-LOJO SAEZ.
É o maxistrado relatorD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.
Antecedentes
Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 9 de Vigo, con data do 1 de marzo de 2019, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:
'Declaro el derecho de la actora a exigir el otorgamiento de escritura notarial de división horizontal del edificio situado en la CALLE000 nº NUM000 de Vigo al tomo NUM001 de Bouzas, folio NUM002, inscripción 4ª, finca NUM003.
Deberá de otorgarse ante en la forma establecida en el artículo 5 de la Ley de Propiedad Horizontal con el siguiente contenido mínimo:
1) Identificación de elementos comunes y privativos descritos en el informe pericial aportado de acuerdo con la descripción realizada en las escrituras aportadas, atribuyendo su propiedad en la forma establecida en el expediente de reanudación del tracto previo, si bien especificando que la propiedad del ' NUM004' pertenece a Dª Noelia.
2) Establecimiento de los coeficientes de participación señalados en el informe pericial.
3) Las 'normas ESTATUTARIAS' recogidas en el documento privado de fecha 28/11/1998.
Todo ello sin que proceda hacer especial pronunciamiento en cuanto a costas.'
Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª JORGE SUAREZ GARAYO, en representación de D./D.ª Casimiro, presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).
Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 26 de marzo de 2020.
Fundamentos
Primeiro: A Sala, compartindo a liña argumental da sentenza de instancia, estima sen embargo que cómpre facer ata cinco advertencias previas, fondamente vencelladas co postulado dispositivo. A primeira delas estriba en que, das catro partes demandadas, dúas delas se conforman coa demanda, outra non compareceu e foi declarada en rebeldia, e a cuarta é a única que se opón á demanda. A segunda consiste en que este último demandado, e hoxe recurrente, non rexeita realmente a que se proceda practicar a correspondente inscrición no Rexistro da Propiedade, pero defende no escrito de contestación á demanda, que como xa se fixer a división horizontal en documento privado de 28 de novembro de 1988, resultaría dabondo, engádese, con protocolizar este documento para acceder ao Rexistro. A terceira das advertencias está relacionada coa anterior, pois sostendo igualmente o apelante a innecesariedade de outorgar escritura notarial de división horizontal, postula agora, no escrito de apelación, que o documento privado elévese a escritura pública aos mesmos efectos rexistrais. A cuarta puntualización radica en que, con independencia das anteriores invocacións, que podemos calificar de formais, do demandado recurrente, o que verdadeira e unicamente latexa no seu posicionamento de fondo é a súa discrepancia con que coa escritura pública de propiedade horizontal se modifiquen as cotas de participación dispostas no documento de 1998 no que, dito en síntese, se fixaban sendas cotas, do cincuenta por cento, para cadanseu dos dous predios, dereito e esquerdo, no que dividíase o inmoble. Finalmente, e fronte ao criterio, realmente único, seguido polo perito xudicial para a determinación das cotas de cada vivenda e local, da superficie dos mesmos, os litigantes non invocan os outros criterios legais distintos (emprazamento, aproveitamento dos servizos...), polo que este tribunal de apelación, no transo de resolver sobre este extremo, debe suxeitarse estrictamente, de estimar a demanda, ao ditame pericial.
Segundo: A liña argumental do demandado é, en definitiva, moi simple: Dado que xa realizouse a división horizontal, non podería efectuar outra nova, senón co consenso unánime de todos os copropietarios, o que non é do caso, ao oporse el. Ainda máis, e de non darse plena validez e eficacia a ese documento privado, atoparíamos ante unha propiedade horizontal de facto, legal e xurisprudencialmente admitida.
Terceiro: O recoñecemento das comunidades en réxime de propiedade horizontal de facto aparecía sancionado dende antiguo pola doutrina xurisprudencial, e hoxe esta postura aparece sancionada normativamente.
En expresións da sentenza do Tribunal Supremo de 17 de xullo de 2006, considerouse que «no cabe confundir el nacimiento con la constitución formal en régimen de propiedad horizontal, dado que la Comunidad existe desde que coinciden en un edificio, urbanización, complejo o construcciones similares, por un lado, varias propiedades privadas y, de otra parte, elementos comunes, a partir de cuyo momento nacen los derechos y obligaciones de todos los comuneros'. E engade que «en consecuencia, antes de la existencia misma del título constitutivo y de su inscripción registral, puede haber lo que la propia jurisprudencia llama ( STS 11.2.95 ) 'propiedades horizontales de hecho', las que estarán regidas por su propia normativa (estatutos) en cuanto no contradigan las normas de derecho necesario contenidas en la legislación especial (LPH)'. Igualmente, a recente sentenza de 21 de xaneiro de 2020.
Pola súa banda, o vixente (reforma introducida pola Lei de 6 de abril de 1999) artigo 2 da L. P. H. establece na letra b) que a mesma será de aplicación ás comunidaes que reunan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código Civil e non tivesen outorgado o título constitutivo da propiedade horizontal. Advirtindo, en fin, que estas comunidades rexiranse, en todo caso, polas disposicións desta Lei no relativo ao réxime xurídico da propiedade, das súas partes privativas e elementos comúns, así como en canto aos dereitos e obligacións recíprocas dos comuneiros.
Cuarto: O posicionamento do demandado recurrente carece da necesaria consistencia xurídica xa que, por unha banda, o documento privado de 28 de novembro de 1988 non colmaba todas as exixencias legais para consideralo como escritura de propiedade horizontal, e por outra, atopámonos hoxe ante unha realidade material moi diferente á existente ao tempo daquel documento, que fai en todo caso necesario unha escritura de tal natureza.
En efecto, e primeiramente, consideramos que, propiamente, non existiu unha división horizontal a partir do documento de 1998 porque a división non foi correcta: A) Primeiramente, no documento omítese o baixo cuberta, á postre dividido en dúas vivendas independentes. B) Tamén esquécese o terreo anexo (xardín e taller). C) Dividido o edificio verticalmente,en dúas partes, dereita e esquerda, cunha cota do cincuenta por cento entre elas, non se especifica, en cambio, que en cada parte hai realmente tres vivendas -catro, incluido o faiado- e o baixo. D) Non se asigna un número correlativo nin unha cota de participación específica ou individualizada a eses elementos do inmoble, nin hai unha descripción, nin tan siquera mínima, dos mesmos, tal como require imperativamente a L. P. H.
O artigo 5 da L. P. H. dispón que o título constitutivo da propiedade por pisos ou locais describirá, ademáis o inmoble no seu conxunto, cadanseu daqueles aos que asignarase número correlativo. A descripción do inmoble haberá de expresar as circunstancias exixidas na lexislación hipotecaria e os servizos e instalacións con que conte o mesmo. A de cada piso ou local expresará a súa extensión, lindeiros, ándar no que se atopara e os anexos, tales como garaxe, faiado ou soto. No mesmo título fixarase a cuota de participación que corresponde a cada piso ou local, determinada polo propietario único do edificio ao iniciar a súa venda por pisos, por acordo de todos os propietarios existentes, por laudo ou por resolución xudicial. Engade o precepto que para a súa fixación -das cotas- tomarase como base a superficie útil de cada piso ou local en relación co total do inmoble, o seu emprazamento interior ou exterior, a súa situación e o uso que se presuma racionalmente que vai efectuarse dos servizos ou elementos comúns.
A exixencia da determinación da cota de cada vivenda ou local aparece refrendada polo artigo 3: 'A cada piso ou local atribuirase unha cota de participación con relación ao total do valor do inmoble e referida a centésimas do mesmo. Dita cota servirá de módulo para determinar a participación nas cargas e beneficios por razón da comunidade'.
Quinto: No documento privado de 1988 non se contén unha relación individualizada e separada de cada vivenda e local, que xa existían ese ano, nin, conseguintemente, a cota de participación en gastos e dereitos de cada copropietario, o que constituían requisitos dos máis esenciais para todo réxime de propiedade horizontal, pois sen eses presupostos o réxime non sería obviamente viable, operativo, máxime se, como sucede no caso contemplado, os pisos e locais foron obxecto de diferentes actos dispositivos.
A inexistencia dun réxime de propiedade horizontal en virtude do documento privado de 1998 aparece ademáis deducible dos actos das partes, tanto nese documento como posteriores ao mesmos.
Así, e en primeiro termo, e a diferencia do edificio litixioso, verbo do ubicado nas RUA000 e DIRECCION000, descríbense individualmente os pisos e locais e ata se lles asigna -aquí si- as cotas correspondentes (20, 19 e 4%). O tratamento desigual é xa inicialmente revelador de que non está acordarse propiamente un réxime de propiedade horizontal naquel documento.
Existe, en segundo termo, un acto, este do demandadorecurrente e da actora, plasmado na escritura pública de 'constancia', de 21 de decembro de 2005, expresivo igualmente da carencia dunha división horizontal. En efecto, nesa escitura se expresa 'que se obligan a que no momento en que se formalice documentalmente a escritura pública de división horizontal, daquela mitade do edificio completo, para a súa inscrición do Rexistro da Propiedade, se complete o andar baixo con inclusión, formando parte do mesmo, do xardín posterior e da construcción existente ao final; e a descrición dos pisos NUM005 e NUM006 coa expresa mención de que lles corresponde como anexo o faiado ou trasteiro existente na parte superior do piso NUM007'. A formalización anunciada e futura, dunha escritura de propiedade horizontal, é expresiva do recoñecemento da inexistencia dunha anterior, e encerra, en último termo, un acordo expreso e en firme entre os outorgantes, demandante e apelante, ao que terán que suxeitarse obligatioriamente ambos. O actual posicionamente do recurrente entra en contradicción co seguido nese documento e viola o postulado pacta sunt servanda.
E en terceiro e último lugar, na escritura notarial de compravenda de 26 de abril de 2004, na que figura como comprador da vivenda NUM006 do edificio de lite un dos demandados, se advirte expresamente que 'non está configurado en réxime de propiedade horizontal'(folio133).
Con independencia das claras e insuperables carencias iniciais ou de base, observadas no documento privado de 1988, a realidade actual do edificio fai inexcusable, por outra banda e definitivamente, un réxime de propiedade horizontal adaptado a esa realidade: Hai dous novos elementos no baixo cuberta, agora necesitados de individualizacion, ou hai que describir o taller e o xardín, coa súa atribución a un dos copropietarios. E tomando como necesario punto de partida esa realidade física, hai que describir cada vivenda e local mediante os datos identificativos, entre outros, da súa ubicación, superficie e cota de participación.
Sétimo: A xeito de recapitulación, o documento privado de 28 de novembro de 1988, nin contiña xa inicialmente os presupostos requeridos pola L. P. H. para poder falar deste réxime -en esencia, falta de individualización dos locais e vivendas e indeterminación das cotas respectivas-, nin menos ainda resulta agora satisfactorio atendendo á realidade actual do inmoble. O que fai inevitable o outorgamento da escritura de división horizontal, e así poder ter acceso ao Rexistro da Propiedade, tal como pretenden todos os litigantes, o demandado apelante tamén.
O recurso rexéitase.
Oitavo: Non apreciamos que concurra algunha circunstancia de excepción para deixar de aplicar o criterio xeral do vencimento obxectivo, que para as custas procesuais desta alzada sanciona o artigo 398 da L. A. C..
Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,
Fallo
Que rexeitamos o recurso de apelación formulado por D. Casimiro representado polo Procurador Sr. Suarez Garayo contra a sentenza ditada polo Xulgado de 1ª Instancia nº 9 de Vigo o día 1 de marzo de 2019, con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á parte apelante.
Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.
Notifíqueselles ás partes a presente resolución.
MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC, debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC. Asímesmo cabe interpoñer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguintes a súa notificación na forma establecido no artº 479 da LAC.
Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.
NOTA INFORMATIVA:Conforme á D.A. Décimo quinta da L.O.P.J., para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.
O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no BANCO SANTANDER, sucursal r/ Coruña, na conta deste expediente 0915000012075719, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local e organismo autónomo dependente. Se o ingreso se efectúa a medio de transferencia o núm. de conta IBAN é o seguinte: ES55 3569 9200 0500 1274 facendo constar, no campo concepto e observacions no xustificante de ingreso e como concepto o número de conta expediente antes salientado

