Sentencia CIVIL Nº 142/20...zo de 2019

Última revisión
17/09/2017

Sentencia CIVIL Nº 142/2019, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 447/2018 de 26 de Marzo de 2019

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 9 min

Orden: Civil

Fecha: 26 de Marzo de 2019

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 142/2019

Núm. Cendoj: 36057370062019100135

Núm. Ecli: ES:APPO:2019:622

Núm. Roj: SAP PO 622:2019

Resumen:
MATERIAS NO ESPECIFICADAS

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00142/2019

N10250

C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO

Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387

BN

N.I.G.36057 42 1 2017 0012605

ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000447 /2018

Juzgado de procedencia:XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 1 de VIGO

Procedimiento de origen:PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0000718 /2017

Recurrente: COMUNIDAD DE PROPIETARIOS DE LA AVENIDA000 NUM000

Procurador: JOSE VICENTE GIL TRANCHEZ

Abogado: JOSE MANUEL CID CID

Recurrido: KPPEL PROFESIONAL, SL

Procurador: MARIA JESUS TOUCEDO GUISANDE

Abogado: EMILIO DE SOLA DIAZ

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistradosD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, Presidente, D. JULIO PICATOSTE BOBILLO e Dª MAGDALENA FERNÁNDEZ SOTO,pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

S E N T E N Z A Nº 142/19

Vigo, vinte e seis de marzo de dous mil dezanove.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 718/17 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 1 de Vigo ós que correspondeu o rolo 447/18, nos que aparece como parteapelante e demandada COMUNIDADE DE PROPIETARIOS AVENIDA000 NUM000 , VIGO, representada polo/a procurador/a D./D.ª JOSE VICENTE GIL TRÁNCHEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª JOSE MANUEL CID CID,e comoparte contra da que se apela e demandante KPPEL PROFESIONAL S.L., representada polo/a procurador/a D./D.ª Mª JESUS TOUCEDO GUISANDE e asistida do/da letrado/a D./D.ª EMILIO DE SOLA DÍAZ.

É o maxistradorelatorD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 1 de Vigo, con data do 11 de xullo de 2018, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

'Estimando en su integridad la demanda promovida por la representación de Kppel Profesional S.L. contra Comunidad de Propietarios AVENIDA000 nº NUM000 de Vigo, debo declarar y declaro la nulidad del acuerdo adoptado en Junta Extraordinaria de Propietarios de fecha 10 de julio de 2017, autorizando a la actora para la realización de las obras necesarias para la instalación de servicios sanitarios en su local, descritas en el informe pericial del Sr. Agustín ; con imposición a la demandada de las costas procesales.'

Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª JOSE V. GIL TRÁNCHEZ, en representación de COMUNIDADE DE PROPIETARIOS AVENIDA000 NUM000 , presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 28 de febreiro de 2019.


Fundamentos

Primeiro: A sentenza ditada en primeira instancia estima a demanda formulada pola propietaria dun local comercial contra a Comunidade de Propietarios AVENIDA000 , nº NUM000 , desta cidade de Vigo, que declara a nulidade do acordo da Xunta de Propietarios de data 10 de xullo de 2017, polo que a comunidade denegáballe a aquela primeira autorización para levar a cabo no local obras que permitiran conectar as augas procedentes do mesmo á baixante xeral do edificio. E recurre esta decisión a comunidade, quen reproduce nesta alzada a mesma argumentación que na primeira instancia, para soster a legalidade do acordo, e que fundamenta sobre catro pilares, fondamente vencellados entre si: A) O primeiro, que estamos ante obras non autorizadas polos estatutos da comunidade. B) Que como se trata de obras que afectan á extrutura do inmoble e, por conseguinte, ao título constitutivo do réxime de propiedade horizontal, precisarían do acordo unánime dos copropietarios, que non se tivo alcanzado, como tampouco o da simple maioría. C) Que as obras non serían viables dente un punto de vista arquitectónico. D) Que causaríanse graves prexuizos aos copropietarios das prazas de araxe, ao reducirse significativamente, por consecuencia da obra, o espazo para maniobrar os vehículos.

Por outra banda, e para centrar adecuadamente a lite, deixamos sentados dous feitos, sobre os que realmente non existe polémica entre os contendentes. O primeiro, que estamos ante un local comercial dedicado a perruquería, estética e formación nesas dúas primeiras materias, o que unión da súa apertura ao público interesado, require inevitablemente, conforme á normativa administrativa, da instalación dos correspondentes sanitarios E o segundo, que a realización das obras, calquera que fora a solución que adoptaramos das dúas propostas no ditame pericial achegado pola parte demandante co seu escrito de demanda, comportará necesariamente afectar a elementos comúns (en esencia, habería que facer un oco no forxado ou forxados e mudaría en certa medida á configuración do edificio).

Segundo: Partindo, xa que logo, de que a Comunidade de Propietarios non autorizou as obras, e que as mesmas afectarían a elementos comúns, tal como deixamos dito, a esencia da controversia radica na interpretación que debamos dar aos estatutos da comunidade, concretamente no punto B) das normas, conforme ao cal, e citamos literalmente, 'os titulares dos fundos números catro a oito, inclusives, poderán levar a cabo, toda clase de obras no seu perímetro, e incluso nas súas fachadas, adaptándoas á clase de negocio que nela se desenvolva, construir altillos, realizar segregacións, divisións, agregacións e agrupacións, comunicalo con outros, incluso lindeiros, instalar tubos e chimeneas de ventilación, e elevándoos ata altura superior do tellado, abrir e pechar ocos na fachada, e instalar letreiros, toldos e marquesiñas, sen rebasar a altura do propio local'.

Terceiro: Malia que na letra da norma non terían acubillo as obras de lite, unha interpretación da mesma con arreglo aos criterios lóxico, sistemático, sociolóxico e teleolóxico, ex artigos 1281 e seguintes do código civil , levan ao entendimento contrario.

En efecto, e en primeiro termo, o criterio de indagación sistemático conduce xa á tese que mantemos. A fórmula empregada na letra A) (toda clase de obras, incluso nas fachadas, as comunicación entre locais, a apertura de ocos na fachada ou, en fin, a instalacións de tubos e chimeneas de ventilación...) resulta moi ampla e aberta, comparativamente coa previsión estatutaria da letra B), que tan só permite para as vivendas obras 'sen danar os elementos comúns'. Esta puntualización, en contraposición aos locais, que poden realizar toda clase de obras, incluso as que precisen da apertura de ocos nun lugar tan visible e afectante á configuración da edificación, como son as fachadas, non ven máis que a por re relevo aquel senso laxo e flexible.

Unha interpretación da norma estatutaria dende as vertentes

sociolóxica, finalística e racional confirma, en segundo lugar, o noso posicionamento. E é que se no edificio se autorizan locais comerciais, sen excepción nin cortapisa de ningún tipo, semella natural que, tanto encontrémonos ante un local lóbrego, como xa construido e en funcionamento, poidan realizarse neles todas as obras, iniciais ou de reforma, que foran mester para poder obter do negocio de que esteamos tratar os consabidos e buscados beneficios. Sería un abxurdo -e como tal non atendible- que nos estatutos se permitan ata cinco locais no soto primeiro e no andar baixo con destino a 'fins industriais e comerciais', e que logo impídase a posta en marcha dos mesmos por non autorizarse a realización neles da obras precisas para o desenvolvimento normalizado do negocio, especialmente nun caso, como o axuizado, onde a instalación dos sanitarios é unha exixencia administrativa - de toda lóxica-. Frustraríase a finalidade da previsión, ao pecharse sen xustificación razoable a posibiidade de explotación do local. Nese contexto xeralizado e indiscriminado, de permisividade comunitaria de toda actividade, comercial e industrial, as facultades concedidas aos donos dos locais para explotalos convenientemente resultarían ilusorias.

Cuarto: Fronte ao sostido pola demandada recurrente, estimamos que as dúas solucións propostas polo peito, D. Agustín , son viables dende o punto de vista da técnica construtiva. É verdade que calquera que sexa a solución que definitivamente se adopte, haberá que facer ocos nos forxados do edificio, pero iso non resulta, por lóxica, imposible. E ante a eventualidade de que a conducción se atope cun elemento extrutural de necesaria conservación, como pode suceder coas vigas ou os pilares, o sistema de cóbados solucionaría o problema, como atinadamente aclara o perito, Sr. Agustín . E iso sen que os cóbados conleven atascamentos, que terían a súa orixe, como o mesmo advirte, non po emprego de cóbados, senón no desviado comportamento, no se caso, dos copropietarios. A existencia de cóbados na construcción é algo notorio e xeralizado. E as pegas que sobre estes extremos pon o outro perito, D. Carmelo , son perfectanmente salvables.

Quinto: Tampouco apreciamos que as solucións ofrecidas prexudiquen os dereitos dos demáis condonos para o correcto aproveitamento das súas prazas de garaxe, e para poder acceder a elas coa suficiente facilidade e comodidade. As afirmacións que sobre estes feitos fai o perito, Sr. Carmelo , carecen de argumentación dabondo, non aparecen contrastadas co achegamento das oportunas probas e, en fin, son xenéricas ou sen concreción do alcance da invasión e a súa negativa repercusión sobre aqueles donos, efectivamente afectados. Pola contra, e salvadas loxicamente os únicos e coxunturais inconvenientes derivados da realización das obras, rematadas estas non observamos os prexuizos que se denuncian.

Sexto: As serias e importantes dúbidas, de feito e xurídicas, xurxidas, dada a redacción dos estatutos, pouco claro para resilver directamente a cuestión de lite, condúcemos a non facer unha especial declaración sobre as custas procesuais de ningunha das dúas instancias (artigos

394 e 398 da L. A. C.).

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Que rexeitamos en esencia o recurso de apelación formulado por COMUNIDADE DE PROPIETARIOS AVENIDA000 NUM000 DE VIGO representada polo Procurador Sr. Gil Tránchez contra a sentenza ditada polo Xulgado de 1ª Instancia nº 1 de Vigo o día 11 de xullo de 2018, sen facermos una especial pronuncia sobre as custas procesuais de ningunha das dúas instancias.

Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1 , 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1 , 2 , 6.3 , e 7.2 e 3 da Lei 3/1983 , do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC , debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC . Asímesmo cabe interpoñer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguintes a súa notificación na forma establecido no artº 479 da LAC.

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.