Sentencia Civil Nº 143/20...zo de 2016

Última revisión
21/09/2016

Sentencia Civil Nº 143/2016, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 903/2015 de 20 de Marzo de 2016

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 15 min

Orden: Civil

Fecha: 20 de Marzo de 2016

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 143/2016

Núm. Cendoj: 36057370062016100134

Resumen:
CUMPLIMIENTO OBLIGACIONES

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00143/2016

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6 de PONTEVEDRA

N01250

C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO

Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387

BN

N.I.G. 36057 42 1 2014 0016747

ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000903 /2015

Juzgado de procedencia:XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 5 de VIGO

Procedimiento de origen:FAML.GUARD,CUSTDO ALI.HIJ MENOR NO MATRI NO C 0001471 /2014

Recurrente: Martin

Procurador: ESTELA VEIGA CAMPO

Abogado: NIEVES SOLLA NOGUEIRA

Recurrido: MINISTERIO FISCAL, Evangelina

Procurador: FRANCISCO JAVIER SOAJE RENARD

Abogado: NIEVES SOLLA NOGUEIRA

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistrados D. JAIME CARRERA IBARZÁBAL, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e D. JULIO PICATOSTE BOBILLO,pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

S E N T E N Z A Nº 143/2016

Vigo, vinte e un de marzo de dous mil dezaseis.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo More Uxorio 1471/14 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 4 de Vigo ós que correspondeu o rolo 903/15, nos que aparece como parte apelante e demandante D./D.ª Martin , representada polo/a procurador/a D./D.ª ESTELA VEIGA CAMPO e asistida do/da letrado/a D./D.ª LUIS MARÍA TINOCO LAVADO, e como parte contra da que se apela e demandada D./D.ª Evangelina , representada polo/a procurador/a D./D.ª JAVIER SOAJE RENARD e asistida do/da letrado/a D./D.ª NIEVES SOLLA NOGUEIRA . O MINISTERIO FISCALé parte nesta apelación.

É o maxistrado relatorD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 4 de Vigo, con data do 1 de setembro de 201º5, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

'En la demanda interpuesta por la Procuradora de los Tribunales Dña. Estela Veiga Campo, en nombre y representación de D. Martin , como demandante, contra Dña. Evangelina , representada por el Procurador de los Tribunales D. Javier Soaje Renard en el que ha intervenido el Ministerio Fiscal, hago los siguientes pronunciamientos:

Primero.- Se atribuye la guarda y custodia de la hija menor a Doña. Evangelina , siendo la patria potestad compartida entre ambos progenitores.

Segundo.-. Don. Martin podrá comunicar y tener en su compañía a su hija en los términos establecidos en el fundamento de derecho tercero de la presente resolución.

Tercero.- Don. Martin satisfará en concepto de alimentos a favor de su hija la cantidad de 180 euros mensuales que serán ingresados dentro de los cinco primeros días de cada mes en la cuenta corriente que al efecto designe la madre y que será actualizada anualmente conforme la variación del Índice de Precios al Consumo que indique el Instituto Nacional de Estadística, pensión que ha de entenderse exigible desde el mes de octubre de 2014.

Cuarto.- Ambos progenitores satisfarán por mitad los gastos extraordinarios de su hija, teniendo esta consideración entre otros, los gastos médicos (tratamientos quirúrgicos, ortopédicos, odontológicos, psicológicos u ópticos...) y farmacéuticos no cubiertos por la Seguridad Social, y no teniendo esta consideración los libros de texto, material escolar, matrícula, uniformes, trasporte escolar ni actividades extraescolares.

No se hace especial pronunciamiento en cuanto a las costas.'

Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª Estela Veiga Campo, en representación de D./D.ª Martin , presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 17 de marzo de 2016.


Fundamentos

Primeiro: O actor recurrente fai unha serie de reproches á sentenza ditada en primeira instancia, uns de orde constitucional, e procesual ou de forma, e outros referidos á cerna propiamente dita do asunto. E dentro daqueles primeiros imputa á resolución apelada unha falta de motivación e o vicio de incongruencia omisiva, denuncias que procedemos examinar coa debida separación.

Segundo: Sen necesidade de complexos comentarios procede rexeitar o vicio de incongruencia invocado pois, ainda no suposto de que o xulgado tiver efectivamente omitido algunha toma de decisión sobre as distintas peticións que se tiver formulado polo agora apelante, o propio comportamento do mesmo, ao non facer uso do mecanismo solutorio, do complemento das sentenzas, impídelle alegar o defecto. En efecto, e como proclama a sentenza do Tribunal Supremo de 20 de xullo de 2015 '...en estos supuestos de incongruencia omisiva la necesidad de la denuncia previa de este defecto a través del mecanismo subsanatorio previsto en el artículo 215 LEC . De no efectuarse así, el motivo podrá ser inadmitido por no haberse agotado previamente todos los medios posibles para la denuncia o subsanación de la infracción ( artículo 470.2 LEC , en relación con el artículo 469.1, del mismo texto legal )'. E en idéntico sentido, a máis recente sentenza de 3 de febreiro de 2016 incide en que 'es doctrina de esta Sala que para que pueda ser planteada la incongruencia omisiva mediante el recurso extraordinario por infracción procesal es preciso que se haya intentado ante el Tribunal que dictó la resolución la subsanación del defecto de conformidad con lo previsto en el art. 215 LEC , solicitando la aclaración o complemento de la Sentencia, de tal modo que no cabe suscitar en el recurso extraordinario lo que se pudo corregir con anterioridad al mismo, subsanación que en el presente caso no fue intentada por la parte ahora recurrente, con lo que ninguna incongruencia omisiva puede producirse ( STS de fecha 5 de mayo de 2009, recurso de casación nº 786/2004 )'.

O motivo debe rexeitarse.

Terceiro: A motivación das setenzas é un dereito fundamental derivado dos postulados constitucionais de dereito á tutela xudicial efectiva, de seguridade xurídica e da interdicción da indefensión. Pero en ningún caso pode confundirse esa carencia coa discrepancia da parte co razoamento xurídico do órgano xudicial nin coa valoración que do acervo probatorio o mesmo fai. En efecto, e como lembra tamén a sentenza do Tribunal Supremo, anteriormente citada, de 20 de xullo de 2015 'respecto a la motivación de la sentencia, también con carácter general, se ha declarado que, como derecho incluido en el derecho a la tutela judicial efectiva del artículo 24 CE , es un requisito de la sentencia que exige que se haga saber a las partes o se exterioricen cuáles son las razones que conducen al fallo de una resolución, con independencia de su acierto y su extensión, de forma que este razonamiento pueda someterse a control a través de los correspondientes recursos. Por esta razón, la denuncia por falta de motivación no puede confundirse con una mera discrepancia con las conclusiones que obtiene una sentencia'.

Pola súa banda, a sentenza do mesmo tribunal, de 27 de decembro de 2013 reseña, no que agora ten interese, e con cita da sentenza do Tribunal Constitucional de 12 de novembro de 2012 , que 'se ha venido declarando que la tutela judicial efectiva del art. 24.1 CE incluye el derecho a obtener de los órganos judiciales una respuesta razonada, motivada y congruente con las pretensiones oportunamente deducidas por las partes. La razón última que sustenta este deber de motivación reside en la sujeción de los jueces al Derecho y en la interdicción de la arbitrariedad del juzgador ( art. 117.1 CE ), cumpliendo la exigencia de motivación una doble finalidad: de un lado, exteriorizar las reflexiones racionales que han conducido al fallo, potenciando la seguridad jurídica, permitiendo a las partes en el proceso conocer y con vencerse de la corrección y justicia de la decisión; de otro, garantizar la posibilidad de control de la resolución por los Tribunales superiores mediante los recursos que procedan, incluido el amparo. Por ello, nuestro enjuiciamiento debe circunscribirse a la relación directa y manifiesta entre la norma aplicable y el fallo de la resolución, exteriorizada en la argumentación jurídica; sin que exista un derecho fundamental a una determinada extensión de la motivación, cualquiera que sea su brevedad y concisión, incluso en supuestos de motivación por remisión '( SSTC 108/2001, de 23 de abril , y 68/2011, de 16 de mayo ). De este modo, 'deben considerarse suficientemente motivadas aquellas resoluciones que vengan apoyadas en razones que permitan invocar cuáles han sido los criterios jurídicos esenciales fundamentadores de la decisión, es decir, la ratio decidendi que ha determinado aquélla' ( Sentencia 294/2012, de 18 de mayo ).'

Pois ben, os postulados anteriores, aplicados á sentenza de primeira instancia, conducen a desestimar, por inconsistente, a alegación de falta de motivación que se formula. Pola contra, esa resolución contén unha valoración das probas que debemos calificar como dabondo, con independencia, claro é, de que o material probatorio sexa máis ben escaso, dado que ao carón das alegacións dos litigantes, na demanda e na contestación, e dos seus respectivos interrogatorios, e da proba testemuñal (de escaso ou nulo valor, polas razóns que seguidamente expresaranse), alegacións das partes que a xuiza a quo contempla, atopámonos exclusivamente cunha proba documental, realmente cativa na súa extensión, pero importante, igualmente referida e apreciada por esta última, instrumentos de proba que lle bastan para dar probada o alcoholismo do recurrente, como un feito de influencia decisiva, loxicamente, de ser certo o feito, para decidir sobre a pernocta da menor co pai. Cuestión diversa é que a parte recurrente discrepe do tratamento xudicial das probas, da liña argumental e, en fin, das conclusións acadadas.

O motivo da apelación non se acepta.

Cuarto: Certamente, se resulta improbado o alcoholismo do agora apelante, faltaría un dos pilares que serverían de alicerce á eliminación da pernocta. Pero ainda así, é dicir, se non houber ese padecimento, tamén poderíamos chegar á mesma pronuncia, se concurriran outras circunstancias que así o acosellasen igualmente, partindo do Norte, en fin, de que a toma de decisión debe ser sempre o ben da filla menor de idade. Pois ben, nunha nova revisión por parte deste tribunal de apelación do material probatorio achegado aos autos, chegamos a dar igualmente por demostrado o feito en discusión, e, por outra banda, consideramos que existen outros datos que converxen no mesmo senso.

Efectivamente, e en primeiro termo, atopámonos coas declaracións, en interrogatorio, da parte demandada, insistindo, por unha banda, nos problemas de alcoholismo, de antiguo, da súa exparella, e por outra, na deixadez (e ata na falta de recoñecemento do problema) por parte desta última. E se ben é certo que o interrogatorio ten uns limitados efectos a favor da tese do interrogado, non é menos verdade que este medio de proba pode -e debe- ponderarse, especialmente cando aparece refrendado por outros (en esencia, artigo 316. 2 da L. A. C.).

O interrogatorio do demandante, en segundo lugar, coas naturais evasivas e renuencias sobre o feito a contrastar, conduce igualmente a preciar nel o padecimento. Admite o apelante a inxesta de alcohol, ainda que a califique de puntual. Pero engade que lle gusta ir de festa, cos amigos, e toma 4 ou 5 cubalibres, ou que algún día se pasa, así como que tivo asuntos penais (en plural) no 2008, e tamén no 2014, malia que neste suposto refira que entrou en prisión por quebrantamento de condena.

Os problemas co alcohol son reais, e serios se, en terceiro lugar, engadimos a estes dous instrumentos de proba a proba documental, dado que: A) No informe clínico da Unidade Asistencial de Alcoholismo (folio 80) certifícase, e citamos literalmente, que 'das entrevista e probas realizadas despréndese o seguinte diagnóstico, segundo DSM-IV: abuso de alcohol'. B) Se engade nese informe que o actor acudiu ao centro durante dous meses cunha reduccción de consumo importante, descoñecéndose a súa situación con posterioridade. C) Coleximos do documento que a ausencia do actor foi por propia incitiva, e non por decisión do centro. D) Na certificación da Dirección Xeral de Tráfico figuran ata catro executorias, unha, no Xulgado do Penal número dos de Vigo (executoria número 33/09 ), e outras tres, procedentes do Xulgado do Penal número tres (executorias números 242 e 549/08 , e 67/14 ), executorias que teñen que ser polos ilícitos de alcoholemia, dado o rexistro practicado por quel organismo administrativo, e ante a falta doutra aletrnativa ilícita, que en realidade non se propón.

A alcoholemia resulta así demostrada, o que fai razoable non conceder a pernocta dado que, en último termo, a mesma ía desenvolverse fundamentalmente nas fins de semana e periodos vacacionais, onde por lóxica e costume o actor ía consumir máis frecuentemente alcohol.

Pero é que, en cuarto e último lugar, esa circunstancia e desfavorábel non é a única a valorar e tomar en consideración na disxuntiva da pernocta. Pola contra, existen outras dúas. A primeira estriba en que é un feito indiscutido a estreita relación da filla, de cinco anos, coa súa irmá -doutra relación da recurrida-, agora de dezaseis anos. E o propio apelante recoñece no seu interrogatorio o 'sufrimento' da primeira, de separala da segunda, por mor da pernocta. E a segunda, que se a nena nunca pernoctou co pai, como este igualmente admite, non atopamos razón nin dase explicación atendible por parte deste último sobre o seu cambio de criterio.

A xeito de recapitulación, todas as probanzas expresadas levan hacia a mesma banda, e tales probas non poden verse desvirtuadas, lóxica a derradeiramente, polas declaracións da testemuña, Dona Montserrat , nai do apelante quen, cun discurso evasivo, carecente de espontaneidade, e en definitiva, interesado e non creible toma partido polo fillo.

A supresión -inicial- da pernocta aparece xa que logo xustificada, denegación que debemos facela extensiva, naturalmente, aos distintos períodos de comunicación que se postulan.

Quinto: De xeito subsidiario, o apelante insta a ampliación do réxime de visitas das fins de semana. Concretamente, interesa que a comunicación exténdase igualmente aos venres, e a estancia coa menor ata as 22 horas dese día e dos sábados, así como certas variacións nas vacacións que se lle conceden.

A pretensión tampouco pode ser admitida, dada a amplitude da relación paterno-filiais disposto pola sentenza. Efectivamente, esta resolución establece un sistema por enriba do normal ou estandarizado xa que, ademáis de distribuir equitativamente as fins de semana, as vacacións e os días especiais que expresa, concede a comunicación todos os martes e xoves. Ante tan extenso réxime non se acada comprender o obxectivo real da petición nun pai, en fin, que nin preocupouse nunca da marcha escolar da menor, acudindo ao centro escolar a tal fin, nin da asistencia médica da mesma, segundo confesa, e todo iso nun contexto laboral, que como intermitente e escaso, non lle impedía, precisamente, realizar eses naturais e ata obrigados cometidos.

Sexto: Non atopamos circunstancia ningunha de excepción para prescindir do criterio xeral do vencimento obxecttivo, disposto en materia de custas procesuais desta alzada polo artigo 398, en relación co artigo 394, ambos da L. A. C.

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Que desestimamos o recurso de apelación promovido por D. Martin representado pola Procuradora Sra. Veiga Campo contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia nº 5 de Vigo o día 1 de setembro de 2015, con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á parte apelante.

Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1 , 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1 , 2 , 6.3 , e 7.2 e 3 da Lei 3/1983 , do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC , debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC . Asímesmo cabe interpoñer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguintes a súa notificación na forma establecido no artº 479 da LAC.

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.