Última revisión
29/02/2012
Sentencia Civil Nº 149/2012, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 3362/2010 de 29 de Febrero de 2012
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 20 min
Orden: Civil
Fecha: 29 de Febrero de 2012
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 149/2012
Núm. Cendoj: 36057370062012100116
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00149/2012
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6 de PONTEVEDRA
N01250
C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO
L25688E9
Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387
N.I.G. 36038 37 1 2010 0600979
ROLLO: RECURSO DE APELACION (LECN) 0003362 /2010
Juzgado de procedencia: JDO. PRIMERA INSTANCIA N. 9 de VIGO
Procedimiento de origen: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0000692 /2009
Apelante: Aurelia
Procurador: EMILIO JOSE ALVAREZ PAZOS
Abogado: ANTONIO ALVAREZ PUIG
Apelado: CELTAMOTOR S.L.
Procurador: JOSE VICENTE GIL TRANCHEZ
Abogado: JAIRO FERRERAS VALLADARES
A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, Presidente, D. Eugenio Francisco Míguez Tabarés, e Dña Belen María Fernández Lago, pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
SENTENZA NUM.149/2012
Vigo, vinte e nove de febreiro de dous mil doce.
VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 629/09 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 9 de Vigo ós que correspondeu o rolo 3362/2010, nos que aparece como parte apelante e demandante D./D.ª Aurelia , representada polo/a procurador/a D./D.ª Emilio José Alvarez Pazos e asistida do/da letrado/a D./D.ª Antonio Alvarez Puig, e como parte contra da que se apela - demandado e impugnante CELTAMOTOR,S.L., representada polo/a procurador/a D./D.ª José V. Gil Tranchez e asistida do/da letrado/a D./D.ª Jairo Ferreras Valladares .
É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.
Antecedentes
Primeiro: O Xulgado de 1.ª Instancia Núm.9 de Vigo, con data do 18/2/2...010, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:
"Estimo parcialmente las pretensiones de la parte actora y condeno a Celtamotor,S.L. a pagar a Dª Aurelia la cantidad de 500 euros más el interés del artículo 576 de la Ley de Enjuiciamiento Civil ; sin especial pronunciamiento en cuanto a las costas."
Segundo: Contra a dita sentenza o/a Procurador/a D./D.ªEmilio José Alvarez Pazos, en representación de D./D. Aurelia, presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos , consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC ).
Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 16/2/2012.
Terceiro: Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.
Fundamentos
Primeiro.- O día 29 de abril de 2003 a actora, e hoxe apelante, comprou á sociedade demandada un vehículo marca BMW, modelo 320, polo prezo de 36.158,97 euros , aboando igualmente outros 149,40 euros por recambios e accesorios. Referido vehículo tivo as seguintes incidencias: A) Como consecuencia de que sufrise lixeiros tiróns ao circular en marchas cortas, o día 31 de outubro de 2003 a demandante o leva ao taller, onde procédese codificar a central de comunicación de luces (LSZ). B) O día 4 de novembro do mesmo ano, ao fallar o vehículo en frio ("tironea" segundo expresión da orde de reparación achegada ao folio 113), se leva novamente ao taller, comprobándose o funcionamento da electrónica dixital diesel, e procedéndose substituir a unidade ou dispositivo de mando do motor (DDE). C) Como o vehículo seguise fallar , o día 2 de decembro entra de novo no taller da demandada , onde se procede a comprobar o funcionamento da electrónica dixital diesel, os sensores actuadores, os inxectores e a instalación eléctrica do motor, substituíndose, ademáis de outras pezas menores (tubos e xuntas), o convertidor de presión, os inxectores e a bomba de inxección. D) Ante o encendido do chivato do DSC e do freo de man , o día 19 de maio de 2004 se revisa a avaría no DSC , se cambia a bomba en liña e se borran os fallos (en esencia, folio 138 volto). E) No mes de xullo de 2004 o vehículo presenta unha avaría do grupo hidráulico , con fuga de líquido de freos, cambiándose o grupo hidráulico do ABS (segundo o documento do folio 144 volto) , ou do DSC (documento do folio 146). F) O día 29 de xullo de 2005, e cando o vehículo tiña circulado 62.670 euros, se substitúen as pastillas e os discos dos freos dianteiros. E chegados a este punto damos por acreditado, que así como o desgaste das pastillas foi produto do paso do tempo e daquel kilometraxe, os discos dos freos dianteiros sufriron o desgaste (ou queimado segundo a documentación do taller) , non por esas circunstancias, nin por un uso anormal -absolutamente improbado- dos freos por parte da demandante, senón por un defecto do propio deseño ou sistema, sen que poda aceptarse a afirmación do perito que depuxo a instancia da parte demandada, de que entraba na normalidade ese desgaste dada a condición de automática do vehículo, pois de ser certa esa conclusión, a mesma sería indicativa , precisamente, dunha solución insatisfactoria por parte da marca para o sistema de freos, sistema que vería incumprida entón a súa importantísima función na seguridade do vehículo cando o mesmo tan só tiña circulado sobre 63.000 kilómetros, e sen haxa constancia, finalmente, de algunha previsión ou advertencia nas instruccións e publicidade da parte da demandada sobre a necesidade desa substitución, a todas luces prematura. G) O día 29 de novembro de 2006 , e cando o vehículo circulara 99.047 kilómetros, a actora veuse obrigada a levalo de novo ao taller ao presentar no motor un ruido molesto, a xeito de asubío , consecuencia da folgura dos rodamentos do eixo (de conformidade coa pericia achegada pola propia demandada), sendo preciso, para por couto a ese defecto, cambiar o turbocompresor para os gases de escape e a unidade de purga de aire ou catalizador. H) Finalmente, o día 29 de maio de 2007 procedeuse substituir a batería do coche, cando o mesmo recorrera 107.962 kilómetros, sen que resulte suficientemente demostrado (as periciais se contradín) que o cambio obedecese a un fallo da batería ou, pola contra , ao seu desgaste natural. En conclusión, e agás da anterior incidencia, e do desgaste das pastillas de freos, damos por acreditado, á luz da documentación que obra nas actuacións e dos ditames periciais, que as avarías habidas no vehículo traen a súa causa -única- dos vicios de orixe das correspondentes pezas, que obrigaron substituilas por outras, defecto tamén observado na bomba en liña. Neste punto, non é de recibimento a afirmación do perito proposto pola parte demandada , e de este litigante , de que o cambio de ese elemento obedeceu a unha campaña emprendida polo fabricante. Ou por decilo doutro xeito, a substitución de esta peza no vehículo de lite se fixo ante as anomalías concretas apreciadas no mesmo, e ás que fixemos alusión na letra D de este razoamento, sen prexuizo -claro é- da recomendación do fabricante neste senso, recomendación que non suporía máis, loxicamente, que o recoñecemento da xeralización desa deficiencia para esa marca e modelo.
Segundo.- Facemos as reflexións que de seguido expoñemos, de utilidade para centrar e resolver adecuadamente a controversia.
Por elementais postulados dispositivo , de contradicción e de congruencia da sentenza, temos forzosamente que estar á pretensión indemnizatoria e á razón de pedir.
Non hai dúbida , en canto ao petitum, que a actora reclama unha indemnización por dous dous conceptos claramente diferenciados, un deles, por importe de 1.500 euros , por danos morais, e o outro, que se contifica explícitamente en 10.847 euros, por prexuizos materiais - é dicir, un total de 12.347 euros, que son os peticionados no suplico da demanda-.
E tampouco poden existir dúbidas sobre a procedencia -inicial- de esa reclamación dado o grao de incumprimento da vendedora demandada. As múltiplas avarías habidas -ata sete- nun vehículo de alta gama , e polo que que satisfizo a suma, nada despreciábel, superior aos trinta e seis mil euros, e o que resulta máis importante e determinante, a gravedade das avarías, en canto afectantes a elementos esenciais e decisivos para a propia marcha do vehrículo e para a seguridade dos seus ocupantes, implican palmariamnete un incumprimento contractual, que non pode verse salvado ou superado pola asunción por parte da demandada vendedora do custe da substitución das pezas -case todas en garantía certamente- pois tal solución non pode convertise nunha especie de patente de corso universal e indiscriminada, e tamén para un caso , como o presente, de multiplicidade de avarías , incumprimento que debe traer entón como corolario obrigado unha indemnización dos prexuizos a favor da compradora consumidora, que cumpridora estricta, contrariamente a aquela, das súas obrigas, sufre paciente e repetidamente os incumprimentos alleos, e que lle dan o lóxico dereito a esixir tal indemnización.
Terceiro.- Maiores problemas atopamos sobre a causa petendi, pois se examinamos a demanda observaremos nela unha certa dose de erraticidade , confusionismo e incoherencia interna, na fixación de este segundo elemento identificador do obxecto do proceso. Estámonos referir a que, despois de narrarse nos antecedentes de feito da demanda as distintas carencias e avarías do vehículo, e de optar a demandante, non pola resolución do contrato, senón polo cumprimento con indemnización , en apoio de esta indemnización se están invocar (en esencia, fundamento de dereito IV), por unha banda, os artºs. 1.124 e 1.101 e seguintes do Código Civil ; por outra, os artºs. 114 a 127 do RDL. 1/2007 ; por outra , os artºs. 1.445 e seguintes de aquel primeiro código ; e ata, por último, o artº. 1.902 do mesmo, relativo á culpa extracontractual , certamente extrana, obviamente, ao caso axuizado, paradigma dun incumprimento contractual. E a falta de precisión semella se acentuar cando, despois da alegación daqueles dous primeiros preceptos, se engade a expresión "alternativamente", en referencia á aplicabilidade dos restantes.
Máis esa mestura de preceptos non é obstáculo insalvable para que non podamos centrar a razón de pedir ou os feitos que amparan a pretensión indemnizatoria, e que non son outros que o incumprimento do contrato de compravenda por parte do vendedor, referido á entrega da cousa vendida. E máis concretamente , a compradora demandante considera que o obxecto vendido adolecía, non de puros vicios menores que o fixesen desmerecer simplemente, senón de defectos de tal envergadura que acarreaban inexorablemente a absoluta inidoneidade da funcionalidade e seguridade do vehículo. A inhabilidade do obxecto estaría frustrar, en definitiva, a finalidade do contrato. Por iso se invocan, primeira e preferentemente , os artºs. 1124 e 1101 e seguintes do código civil . E só de xeito subsidiario -así entendemos a expresión "alternativamente"- as restantes normas, e entre elas, as relativas ao contrato de compravenda dos artºs. 1445 e seguintes, sen cita específica do artº 1486, previsor da acción quanti minoris, que a parte demandante non exercita, en fin, realmente.
A opción indemnizatoria, que atopa entón o seu acubillo nos artºs. 1101 e 1124 do código civil -en lugar da acción sancionada polo artº 1486 - aparecería , polo demáis, respaldada pola doutrina xurisprudencial sobre eses dous grupos de normas.
En efecto , e como lembra a sentenza do Tribunal Supremo de data 7 de abril de 1993 "es Jurisprudencia constante de esta Sala la que declara que debe entenderse que se está en presencia de la entrega de una cosa diversa o aliud pro alio, cuando existe pleno incumplimiento del contrato de compraventa, por inhabilidad del objeto vendido para cumplir la finalidad para la que se vendió, y consiguientemente se ha producido la insatisfacción del comprador, lo que en estos casos permite acudir a la protección que dispensan los arts. 1101 y 1124 CC ; ya que los arts. 1480 y 1486 CC , como reguladores de las acciones «redhibitoria» y quanti minoris, resultan inaplicables en aquellos supuestos en que la demanda no se dirija a obtener las reparaciones provenientes de los vicios ocultos, sino los derivados del defectuoso cumplimiento del contrato, al haberse hecho la entrega de cosa distinta. En el caso de autos, no obstante la invocación que se hace en los fundamentos de derecho de la demanda de los arts. 1480 y 1486 CC, el relato histórico que hemos resumido al principio es el constitutivo de la causa de pedir, y el petitum contenido en el suplico permite afirmar que la actora no está ejercitando realmente ninguna de las acciones citadas en el art. 1486 CC, sino una acción de resarcimiento de los daños y perjuicios, derivados del incumplimiento por el vendedor de su obligación de entregar la cosa pactada , que aunque fuera de segunda mano o usada, evidentemente que lo convenido era que funcionara; razones por las que son de aplicación los referidos arts. 1101 y 1124 CC, sin que pueda hablarse de incongruencia de clase alguna, a virtud del principio da mihi factum, dabo tibi ius". Igualmente, a sentenza de 1 de xullo de 2002 proclama, no que agora ten interese, que «...al distinguir los supuestos de incumplimiento por prestación diversa, de los atinentes vicios , radicando el incumplimiento pleno cuando se da inhabilidad del objeto y consiguiente insatisfacción del comprador, que posibilita la sanción de los arts. 1124 y 1101 CC, mientras que los demás desperfectos encajan en la calificación de los arts. 1484 y ss. del Código Civil » ( S 27 Nov. 1999 , con cita de anteriores)".
En resumo, a actora está promover, non a acción do artº 1486, senón a do artº 1124, e dentro de este último precepto, a alternativa do cumprimento con indemnización. Por outra banda , xa o indicamos sen necesidade de máis reflexións, que a excepción de prescripción alegada pola parte demandada non pode, conseguintemente, prosperar.
Cuarto: Cuestión diferente é a relativa á solución indemnizatoria por prexuizos materiais que se pregona. A parte actora circunscribe este capítulo a un prexuizo concreto, que estribaría na disminución do valor do vehículo no ano 2003 (no que celebrouse o contrato e entregouse aquel), por mor das avarías e vicios reseñados, comparativamente co prezo que tería de non producirse aqueles eventos, é dicir , co prezo que pagou. E en apoio da súa reclamación propón a solución indemnizatoria da rebaixa do prezo , prevista nos artºs. 6 e 7 da Lei 23/2003, de 10 de xullo, de garantías na venda de bens de consumo (hoxe, artºs. 122 e 123 do RDL 1/2007, de 16 de novembro, que aproba o texto refundido da Lei xeral para a defensa dos consumidores e usuarios). Pois ben, a normativa proclamada - e as premisas de feito de que parte esa norma- non resultan aplicables ao caso presente e deben descartarse: A) Porque celebrado o contrato de compravenda o día 23 de abril de 2003 , o principio de irretroactividade das normas impide aplicar a ese contrato unha lei posterior. B) Porque o remedio análóxico que se propugna pola apelante tan só é conceptualmente predicable , lóxicamente, respecto dunha norma existente ao tempo da celebración do contrato. C) Porque a previsión do lexislador se circunscribe a que a deficiencia se manifeste ao tempo da perfección do contrato e da entrega da cousa , mentres que no caso examinado os vicios xurxiron con posterioridade. A solución legal, de rebaixa no prezo , proporcional entre o valor da cousa conforme e o da cousa efectivamente entregada -ou non conforme-, se predica en referencia a aquel momento concreto, da entrega da cousa, o que fai de imposíbel aplicación esa solución ao suposto axuizado, ao manifestarse os vicios con posterioridade á entrega. Por conseguinte , non podería accederse á reclamación dos 10.847 euros, resultante da porcentaxe do 30% do prezo pagado, de 36.158,97 euros, porcentaxe aquela na se estima, en fin, pola recorrente "a merma do valor" do vehículo "sobre o valor venal ao día da data" , é decir, da compra no ano 2003 (folio 11).
Quinto: Resta por examinar se cabería outra solución indemnizatoria por danos materiais, distinta da proposta pola actora recorrente. Podería pensarse, en principio, que os postulados "iura novit curia" e "da mihi factum dabo tibi ius" vedarían unha segunda posibilidade, diversa da propugnada -diferenza do prezo da cousa ao tempo da entrega-. Máis non consideramos que sexa así. Pola contra, estimamos que o Tribunal podería dispor para este capítulo indemnizatorio de outro parámetro distinto do defendido pola demandante , dado que, si así o fixésemos, estaríamos respectar , tanto o pedimento, é dicir, a pretensión indemnizaotia por danos materiais, como a causa do mesmo, e que non é outro que o incumprimento da vendedora, incumprimento xa reseñado e pormenorizado. Pero malia que estimásemos probado o prexuizo, así como que a Sala podese contificar a indemnización de outro xeito distinto do proposto, a acollida da pretensión sería igualmente improcedente ante a insoslaliable e insuperada carencia padecida pola parte demandante. Explicámonos.
É certo que os graves e repetidos fallos e vicios habidos no vehículo litixioso supoñen un feito que disminúe obxectivamente o seu valor normal ordinario , ou con abstracción feita de que o futuro comprador coñeza ou ignore aquelas anomalías, e de que o vendedor as manifeste ou oculte. Ou por expresalo de outra maneira, semella indubidable que se pagaría unha suma menor polo vehículo de lite, ao padecer as anomalías indicadas, que por outro de exactas características e sen esas anomalías. Ou se se prefire, e conseguintemente, habería certamente unha especie de lucro cesante, integrado pola ganancia deixada de obter por mor do incumprimento contractual da vendedora demandada. En definitiva, a minusvaloración do vehículo resulta algo necesariamente certo , obxectivo e contrastábel , e como tal, indemnizábel. Na disxuntiva, da compra do vehículo litixioso, e de outro, sen os problemas de aquel, é indiscutíbel que un comprador optaría por este segundo, ainda que se lle asegurase a bondade última daquel primeiro.
Pero se resultaría inicialmente acreditado o prexuizo alegado, da disminución de valor , restaría agora por contificalo. E a contificación non podemos facela -polas razóns xa apuntadas- atendendo á data da celebración do contrato de compravenda, como propón a actora. Pero tampouco podemos realizala tomando como referencia o ano 2007 , no que deixaron de se producir as últimas avarías, e procedeuse vender, finalmente, pola demandante o vehículo. E é que chegados a este punto do discurso atopámonos con un obstáculo insalvable: o prezo obtido pola demandante coa venda , que efectivamente recoñece ter feito. Invocado o prexuizo, doado lle sería á actora acreditar concretamente a súa contía, aportando precisamente ao proceso o correspondente contrato de compravenda, expresivo do prezo, ou chamando, alomenos , ao litixio ao comprador para que declarase sobre este extremo. Falta entón un dos elementos imprescindibles para facer a correspondente comparativa, como é o prezo efectivamente pagado polo adquirinte, fronte ao valor venal de outro de idénticas características segundo o mercado, valor en venta este último que o ditame pericial achegado pola actora fixa en 21.402,50 eros (folio 35), mentres que o perito proposto pola demandada o determina en 19.720,00 euros (folio170). Por pechar definitivamente a liña argumental, como a parte demandante procedeu vender o vehículo, a ganancia deixada de obter pola disminucion do seu valor non aparecería incerta na súa contía , senón que sería perfectamente determinable, ao resultar , exactamente, da diferenza entre algún de aqueles valores venais, segundo as pericias, e o prezo efectivamente recibido do comprador. En conclusión, a carencia probatoria observada - inexplicable e inexplicada- impide ao Tribunal saber se houbo realmente unha diferenza de prezo, entre o venal e o obtido, e , de habela, a súa contía, diferenza que constituiría á postre o prexuizo material.
Sexto: Non pode a parte actora interesar agora, no seu escrito de recurso de apelación contra a sentenza de primeira instancia, que se lle concedan os importes por ela pagados, e relativos -por expresalo de maneira resumida- ao cambio dos discos de freos e de batería , pois estes pedimentos son novidosos en canto ignorados na primeira instancia. A formulación da parte recorrente neste extremo non pode, por conseguinte, aceptarse.
Setimo: A actora apelante combate a pronuncia da sentenza de primeira instancia, ao concederlle por dano moral cincocentos euros, e non os mil cincocentos euros que reclama por este concepto.
Pois ben , resulta realmente innegábel que a demandante, e hoxe recorrente, padeceu prexuizos de esa índole por mor dos múltiplos defectos e fallos do vehículo, co que a impugnación da sentenza realizada pola demandada , tamén apelante, negando aqueles e estes, debe rexeitarse sen máis.
Efectivamente, non son necesarias especiais e complexas consideracións, nin de orde probatoria, nin de índole propiamente xurídica, para dar por sentado o dano moral. A fileira -ata sete- e importancia dos vicios e avarías, tiveron que orixinar forzosa e notoriamente na demandante, ademáis das consabidas e inevitables perdas de tempo e demáis molestias propias de estes casos , un estado de zozobra, incomprensión e desesperación, ao non solventarse definitivamente os defectos que se viñan manifestando no obxecto comprado, defectos polo demáis impropios de todo vehículo en xeral, e moi destacadamente para un vehículo como o de lite, calificable de os de alta gama.. E atendendo a eses moitos defectos , a súa prolongación durante anos, e moi especialmente, á gravidade de case todos, en canto afectantes ao funcionamento normalizado, e ata á seguridade mesma dos usuarios do vehículo (pénsese, por exemplo, no desgaste prematuro dos discos de freos, na perda de líquido de freos, ou nas repetidas incidencias da marcha a tiróns na delicada e perigosa coxuntura dunha manobra de adiantamento) , todas esas circunstancias fan ponderada, cando non cativa , a cifra reclamada, de mil cincocentos euros. Se acolle entón o recurso da demandante e se rexeita o da demandada.
Oitavo: A acollida parcial no recurso de apelación promovido pola demadante e a desestimación da impugnación formulada pola demandada conlevan non facer unha especial declaración sobre as custas de esta alzada, orixinadas polo primeiro recurso, e impoñer á demandada as custas de esta segunda instancia, orixinadas pola súa apelación ( artº. 398 , en relación co artº 394, ambos da L. A. C .).
Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución o e pobo español,
Fallo
Que con estimación parcial do recurso de apelación formulado pola actora Dña Aurelia , e con rexeitamento da impugnación promovida pola demandada CELTAMOTOR, S.L. contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia núm. 9 de Vigo o día 18/02/2010, condenamos á demandada a satisfacer á demandante a suma de mil cincocentos euros, cos xuros legais do artº 576 da L. A. C .. Non facemos unha especial declaración sobre as custas procesuais da primeira instancia, nin sobre as de esta alzada, orixinadas estas últimas polo recurso de apelación formulado pola demandante. E impoñemos á demandada as custas de esta segunda instancia, causadas polo seu recurso.
Esta é a nosa sentenza, que asinamos , e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983 , do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.
Notifíqueselles ás partes a presente resolución, facendolles saber que contra a presente Resolución cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art. 477 da LAC debendo interpoñerse dentro dos vinte días seguintes a súa notificación na forma establecido no art. 479 da LAC .
Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.
