Última revisión
17/09/2017
Sentencia CIVIL Nº 156/2019, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 493/2018 de 29 de Marzo de 2019
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 9 min
Orden: Civil
Fecha: 29 de Marzo de 2019
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 156/2019
Núm. Cendoj: 36057370062019100136
Núm. Ecli: ES:APPO:2019:623
Núm. Roj: SAP PO 623:2019
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00156/2019
N10250
C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO
Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387
BN
N.I.G.36057 42 1 2017 0008878
ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000493 /2018
Juzgado de procedencia:XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 10 de VIGO
Procedimiento de origen:PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0000586 /2017
Recurrente: Celsa , Pedro Enrique
Procurador: MARIA AUXILIADORA RUIZ SANCHEZ
Abogado: MANUEL ALBERTO IGLESIAS FERNANDEZ
Recurrido: C.P. DIRECCION000
Procurador: PATRICIA CABALEIRO BARCIELA
Abogado: ESTHER ALVAREZ PEREZ
A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistradosD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, Presidente, D. JULIO PICATOSTE BOBILLO e D. EUGENIO FRANCISCO MÍGUEZ TABARÉS,pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
S E N T E N Z A Nº 156/19
Vigo, vinte e nove de marzo de dous mil dezanove.
VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 586/17 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 10 de Vigo ós que correspondeu o rolo 493/18, nos que aparece como parteapelante e demandante D. Pedro Enrique e D.ª Celsa , representada polo/a procurador/a D./D.ª AUXILIADORA RUIZ SÁNCHEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª MANUEL IGLESIAS FERNÁNDEZ,e comoparte contra da que se apela e demandada COMUNIDADE PROPIETARIOS DIRECCION000 , representada polo/a procurador/a D./D.ª PATRICIA CABALEIRO BARCIELA e asistida do/da letrado/a D./D.ª ESTHER ÁLVAREZ PÉREZ.
É o maxistradorelatorD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.
Antecedentes
Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 10 de Vigo, con data do 17 de xullo de 2018, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:
'APRECIANDO LA EXCEPCION DE FALTA DE LEGITIMACION ACTIVA DEBO DESESTIMAR Y DESESTIMO LA DEMANDA interpuesta por D. Pedro Enrique Y DÑA. Celsa , frente a la COMUNIDAD DE PROPIETARIOS ' DIRECCION000 '.
Se impone el pago de las costas a los demandantes.'
Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª AUXILIADORA RUIZ SÁNCHEZ, en representación de D. Pedro Enrique e D.ª Celsa , presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).
Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 27 de marzo de 2019.
Fundamentos
Primeiro:Os actores formulan demanda contra a Comunidade de Propietarios de locais comerciais da que forman parte, pedindo a nulidade do acordo aprobado pola Xunta Extraordinaria de Propietarios o día 27 de xullo de 2016. A sentenza ditada en primeira instancia, aceptando a invocación da parte demandada, rexeita a demanda, ao estimar que non concurre o presuposto disposto polo artigo 18.2 da Lei de Propiedade Horizontal , de atoparse os actores, ao tempo da presentación da demanda, ao corrente no pagamento das cotas da comunidade. Recurrida a sentenza polos demandantes, a primeira cuestión que temos que resolver, por obvias razóns metodolóxicas, é a de se os apelantes acataron ou non efectivamente esa norma, partindo, claro é, da interpretación restrictiva que debe facerse da mesma, non só porque o propio precepto xa delimita o seu xogo, senón tamén porque o mesmo representa unha limitación ao dereito de todos os comuneiros a impugnar os acordos da Comunidade de Propietarios cando concurra causa legal para iso.
Segundo: Existen dúas versións entre os litigantes sobre a cuestión. Por unha banda, a comunidade demandada mantén que os hoxe recurrentes debían cotas, ao marxe do acordo adoptado, que facían inviable a acción. E por outra, estes últimos sosteñen que o adebedado era precisamente a diferenza entre as cotas resultantes do novo acordo comunitario e do criterio seguido anteriormente. A controversia temos que resolvela á luz das probas achegadas á lite.
Terceiro: Segundo as contas da propia comunidade aprobadas no acordo da Xunta de Propietarios de 8 de marzo de 2017, a débeda dos demandantes ascendería a 587,30 euros, dos que 549,15 euros corresponderían á aplicación da cota segundo o acordo agora impugnado, 'recibos de xullo de 2016 e xaneiro de 2017', e os 38,15 euros restantes a gastos de devolución de agosto de 2014 a febreiro de 2015. A demandada advirte igualmente ao contestar á demanda que despois desa Xunta Xeral do mes de marzo, 'devengáronse obviamente máis cantidades, ascendendo a débeda actual a 891,52 euros' (feito A da contestación). A diferenza entón entre esta última suma e aquela primeira é de 304,22 euros.
Pois ben, partindo das propias cifras e explicacións da comunidade recurrida, non apreciamos en absoluto que os demandantes se econtraran en mora ao tempo da formulación á demanda xa que: A) Da cifra total adebedada, de 891,52 euros, haberá que descontar evidentemente a de 549,15 euros, que a comunidade recoñece na propia xunta como correspondente 'á cota extraordinaria en base ao aprobado na Xunta Extraordinaria celebrada o 27 de xullo de 2016, recibos de xullo de 2016 a xaneiro de 2017', o que levaríamos xa á cantidade de 342,37 euros tan só. En efecto, eses sete meses, multiplicados pola suma mensual de 78,45 euros -diferenza entre os 128,68 euros segundo a comunidade, e os 50,23 euros dacordo cos demandantes- danos a cantidade de 549,15 euros, reseñada pola apelada. B) Se a comunidade segue aplicar entón o mesmo criterio, como é presumíbel, tamén entre febreiro de 2017 e xullo do mesmo ano, mes este da formulación da demanda, ou sexa, durante sete meses -ou alomenos durante seis-, seis meses multiplicados por 78,45 euros, pola diferenza de criterio, ao mes, danos a suma de 470,70 euros, cifra esta superior e que absorvería aquela 342,37 euros, así como incluso a de 38,15 por gastos de devolución. C) Non estimamos en todo caso xustificado suficientemente este último concepto. D) Derradeiramente, e a xeito de recapitulación, se a diferenza mensual entre as partes litigantes radica na suma de 78,45 euros (aplicación do novo criterio e do anterior), eses 78,45 euros multiplicados polos doce meses transcurrido entre a adopción do acordo impugnado, xullo de 2016, e a formulación da demanda, xullo de 2017, daríamos a cifra de 941,40 euros, que rebasaría a denunciada pola demandada, de 891,52 euros.
Cuarto: O rexeitamento da excepción nós leva a entrar na seguinte cuestión, concretamente en se a acción estaría prescrita. Excepción de prescrición que igualmente debemos rexeitar dado que: A) A demanda formúlase o día 20 de xullo de 2017, e o acordo impugnado é de 27 de xullo de 2016. B) Estamos ante o prazo dun ano pois oa acordo adóptase con vulneración da L. P. H. alomenos en dous puntos. Dunha parte, en que o acordo -alomenos en parte- tómase sen estar incluido na Orde do Día, dado que esta estaríase circunscribindo á derrama extraordinaria por obras de impermeabilización -que se acorda que sexa por metros lineais de fachada-, mentres que se decide igualmente que as cotas futuras se calculen, agora por metros cadrados de cada local. E doutra, porque non temos constancia certa de que os demandantes foran correctamente citados á Xunta Extraordinaria. Neste extremo, nin as cartas certificadas co aviso de recibimento, nin os correos electrónicos nin, en fin, as declaracións da testemuña. Administradora da comunidade, resultan satisfactorios, e todo iso nun contexto que obrigaba á comunidade a esmerarse no acatamento da norma, dada a trascendencia do acto convocado, en canto que implicaba unha palmaria e significada modificación dun acordo tomado pouco tempo antes, e que ía prexudicar seria e claramente aos hoxe demandantes.
Quinto: En conxunción coas precedentes reflexións e entrando xa na cerna propiamente dita do asunto, procede estimar o recurso e a demanda, declarando a nulidade do acordado na Xunta Extraordinaria de Propietarios de 27 de xullo de 2016 pois: A) Conforme ao dito, non realizouse a convocatoria dacordo coa lei. B) Como por igual reseñamos, parte do decidido non estaba incluido na Orde do Día. C) Non constan na lite os estatutos da comunidade, o que lévamos entender, a falta de proba en contrario, que as cotas son igualitarias. D) A anterior reflexión aparecería por igual avalada polo o acordo anteriormente adoptado, de data 30 de maio de 2016. E) Ante estes factores, aparecía obrigado que o acordo se adoptara por unanimidade, o que nin poido ter lugar, pola nulidade da convocatoria, nin tivo á postre efectividade, dado que un dos copropietarios concurrentes á Xunda de Propietarios (propietario do baixo 5), votou en contra do acordo.
Sexto: A acollida do recurso e da demanda conduce a impor á demandada as custas procesuais da primeira instancia, e a non facermos unha especial declaración sobre as desta alzada (artigos 394 e 398 da L. A. C.).
Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,
Fallo
Que con estimación do recurso de apelación e da demanda formulados por D. Pedro Enrique e Dª Celsa representados pola Procuradora Sra. Ruiz Sánchez, declaramos a nulidade do acordado na Xunta Extraordinaria de Propietarios de data 27 de xullo de 2016, impondo á demandada as custas procesuais da primeira instancia e sen facermos unha especial declaración sobre as desta alzada.
Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1 , 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1 , 2 , 6.3 , e 7.2 e 3 da Lei 3/1983 , do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.
Notifíqueselles ás partes a presente resolución.
MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC , debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC . Asímesmo cabe interpoñer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguintes a súa notificación na forma establecido no artº 479 da LAC.
Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.

