Sentencia Civil Nº 176, A...yo de 2000

Última revisión
25/05/2000

Sentencia Civil Nº 176, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 3023 de 25 de Mayo de 2000

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 8 min

Orden: Civil

Fecha: 25 de Mayo de 2000

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 176

Resumen:
    Fronte á devandita sentencia, a parte demandante interpuxo recurso de apelación, solicitando a revogación da mesma, e tras o traslado do devandito recurso ter sido conferido á parte contraria, a parte demandada opúxose ó mesmo, solicitando a confirmación da sentencia recorrida.A sentencia que se recorre en apelación perante esta alzada acolleu a excepción dilatoria de litispendencia (artigo 533.6ª da Lei de Axuizamento Civil) e, xa que logo, abstívose de entrar a analizar o fondo do asunto. Dito coas propias palabras do Tribunal Supremo (sentencia do 31 xullo 1998) "La excepción de litispendencia es una figura procesal cuya interpretación teleológica coincide plenamente con la de la cosa juzgada, pues no se puede olvidar que la litispendencia es un anticipo de dicha figura procesal de la cosa juzgada. A teor do disposto nos artigos 62 do Decreto do 21 de novembro de 1952 e 736 da Lei de Axuizamento Civil, de preceptiva imposición se presentan as custas da presente instancia á parte recorrente en apelación.Achéguese testemuño desta sentencia ó seu rolo de Sala, e devólvanse as actuacións ó Xulgado de orixe con testemuño da resolución dictada, por quen se acusará recibo.   Deste  xeito, por esta sentencia nosa, á fin xulgando, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.  

Fundamentos

AUDIENCIA PROVINCIAL

SECCION SEGUNDA

PONTEVEDRA

 

Rolo: COGNICION 3023 /2000

 

Ilmos. Sres. Maxistrados:

Presidente:

D. JOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO

Maxistrados:

Dª ANGELA-IRENE DOMINGUEZ-VIGUERA FERNÁNDEZ

D. JAIME ESAIN MANRESA

 

S E N T E N C I A N° 176

 

En Pontevedra, o vintecinco de maio do dous mil.

 

No recurso de apelación interposto fronte á sentencia dictada nos autos do proceso civil número 368/96, vindo do XDO. 1 INSTANCIA E INSTRUCCION VILAGARCIA 2, movido entre as partes, dunha banda como apelante e demandante MARIA JOSE, e da outra como apelado e demandado, no xuízo de Cognición, sobre reclamación de cantidade.

 

ANTECEDENTES DE FEITO

 

PRIMEIRO: Nos actos a que este rolo atinxe, na data 3 de abril do 2000, o Xdo. 1 Inst e Instr. VILGARCIA DE AROUSA 2, pronunciou sentencia, a resolución da cal, rigorosamente di: "Que con estimación de la excepción dilatoria de LITISPENDENCIA, debo desestimar y desestimo la demanda interpuesta por la representación procesal de MARIA JOSE ABSOLVIENDO al demandado ANTONIO de los pedimentos formulados contra él en el presente procedimiento".

 

Fronte á devandita sentencia, a parte demandante interpuxo recurso de apelación, solicitando a revogación da mesma, e tras o traslado do devandito recurso ter sido conferido á parte contraria, a parte demandada opúxose ó mesmo, solicitando a confirmación da sentencia recorrida.

 

SEGUNDO: Na tramitación desta instancia cumpríronse as prescripcións e termos legais. Foi  relator o Ilmo. Sr. Maxistrado DON JOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO, quen expresa o criterio da Sala.

 

FUNDAMENTOS XURIDICOS

 

PRIMEIRO.- A sentencia que se recorre en apelación perante esta alzada acolleu a excepción dilatoria de litispendencia (artigo 533.6ª da Lei de Axuizamento Civil) e, xa que logo, abstívose de entrar a analizar o fondo do asunto. Consonte a doutrina xurisprudencial do Tribunal Supremo, para a estimación da excepción de litispendencia esíxese a concorrencia das debidas identidades subxectivas, obxectivas e causais entre o preito pendente e o promovido con posterioridade, sendo ineficaz cando son diversas as cousas litixiosas ou distintos os fundamentos da pretensión, entendéndose por tales os feitos e a súa cualificación xurídica, xustificándose a devandita excepción pola necesidade de evitar resolucións contradictorias, e operando de xeito que a sentencia recaída no preito precedente produce excepción de cousa xulgada no posterior (SSTS do 29 maio 1963, 15 marzo 1964, 10 maio 1971, 22 xuño 1987, 8 marzo 1991, 13 febreiro 1993, e 9 febreiro 1998). Dito coas propias palabras do Tribunal Supremo (sentencia do 31 xullo 1998) "La excepción de litispendencia es una figura procesal cuya interpretación teleológica coincide plenamente con la de la cosa juzgada, pues no se puede olvidar que la litispendencia es un anticipo de dicha figura procesal de la cosa juzgada. Ya que como dice la jurisprudencia de esta Sala, la litispendencia en nuestro derecho procesal, es una excepción dirigida a impedir la simultánea tramitación de dos procesos; es una institución presuntiva y tutelar de la cosa juzgada o de la univocidad procesal y del legítimo derecho de quien la esgrime a no quedar sometido a un doble litigio, según proclama el brocado de "eadem se no bis sit actio", y en tal sentido jurisprudencia reiterada exige que, sin variación alguna de la identidad de ambos procesos, se produzca en cuanto a los sujetos, a las cosas en litigio y a la causa de pedir, de suerte que para su estimación es necesario que entre el pleito pendiente y el promovido después, exista perfecta identidad subjetiva, objetiva y causal (S.S. de 1 de diciembre de 1.952, 10 de diciembre de 1.956, 2 de enero de 1.965, 10 de mayo de 1.971, 19 de diciembre de 1.977, 9 de octubre de 1.981 y 22 de junio de 1.987, entre otras)".

Pois ben, por ningures cuestiona a apelante que se cumpran entre os dous preitos os requisitos que nomeadamente se sinalan no artigo 1252 do Código Civil relativos á perfecta identidade entre as persoas, cousas, accións e causa ou razón de pedir tanto nunha como noutra contenda. SÓ se alega a vulneración do amentado artigo 533.6ª da Lei de Axuizamento Civil, así como do criterio xurisprudencial que o desenrola do xeito que se expresa no único alegado impugnatorio. Sen embargo, non procede acoller a tese da recorrente en apelación por canto que, precisamente o criterio xurisprudencial que por ela se estima conculcado ten permitido, para un casó de notoria semellanza co presente, a adopción de pronunciamentos como o que se combate. Así, a STS do 13 de outubro de 1997 sinala ben significativamente ó respecto que: "El único motivo del recurso -al amparo del artículo 1692.4 de la Ley de Enjuiciamiento Civil por infracción del artículo 533.5 de idéntico ordenamiento, toda vez que, según se manifiesta, cuando se formuló la demanda relativa a este juicio no existía otro que impidiera el pronunciamiento de una sentencia sobre el fondo del asunto-, se desestima por las razones que se expresan seguidamente. Sin repulsa a las condiciones de identidad coincidentes en los dos pleitos en liza, la impugnación casacional se centra en que previamente a la interposición de la demanda frente a la que se alega la excepción de litispendencia no existía otro proceso en tramitación, con lo que plantea la cuestión relativa a si tal medio dilatorio ha de proponerse inevitablemente en el segundo de los juicios iniciados o cabe su formulación asimismo en el primero. Desde una perspectiva teórica rígida, acaso parecería conveniente el planteamiento de esta excepción solo en el procedimiento iniciado con posterioridad, aunque con las limitaciones derivadas del instante del traslado de la demanda, habida cuenta de que la litispendencia habrá de aducirse en el momento de la contestación a ésta; sin embargo, desde una óptica legal, no aparecen cortapisas en este sentido, ya que la ley nada dice al respecto, y así se ha manifestado en esta sede, en sentencia de 25 de mayo de 1982, que "la dicción legal del artículo 533.5 de la Ley Rituaria no hace distinciones y se limita a admitir como excepción dilatoria la litispendencia en otro Juzgado o Tribunal competente, con indiferencia de que el proceso pendiente haya empezado antes o después de aquel otro en que se opone la excepción, aunque necesariamente, al ser ésta alegada, ha de haber ya otro procedimiento pendiente". En la línea de la resolución recién referida, a la que habría que ampliar la factibilidad de la litispendencia en el mismo Juzgado por mor de la reforma introducida por la Ley 34/1984, corresponde sentar la oportunidad de evitar interpretaciones restrictivas en esta materia, pues., cuando el precepto calla la respuesta, procede apreciar la presencia de una alternativa en esta cuestión, que se utilizará singularmente en cada caso, según los condicionamientos de uno y otro juicio. La litispendencia exige que la identidad entre los procesos se produzca en los sujetos, el objeto y la causa de pedir, de manera que entre uno y otro exista igual contenido, y persigue la protección de la cosa juzgada y del legítimo derecho de quién la alega a no quedar sometido a un doble litigio en evitación de la contradicción resolutiva". Evidentemente e, de non ratificármonos a sentencia combatida, caso de entrar a analizar o fondo do asunto, o pronunciamento que se dictase podería entrar en flagrante contradicción co que no seu día recaese (se é que non o fixo xa) na outra contenda mantida entre as partes no xuízo declarativo de menor contia 28/1997, do mesmo Xulgado a quo, e que na instancia rematou por sentencia que ata en sete meses antecedeu á que agora non cabe máis que confirmar.

 

SEGUNDO.- A teor do disposto nos artigos 62 do Decreto do 21 de novembro de 1952 e 736 da Lei de Axuizamento Civil, de preceptiva imposición se presentan as custas da presente instancia á parte recorrente en apelación.

 

Vistos  os artigos de xeral e pertinente aplicación.

 

D E C I D I M O S

 

Que debiamos desestimar e desestimamos o recurso de apelación formulado por dona MARÍA JOSÉ fronte á sentencia dictada o 3 de abril de 2000 pola Sra. Xuíz do Xulgado de Primeira Instancia n° 2 dos de Vilagarcia de Arousa, nos autos de xuízo de cognición 368/1996 que, en consecuencia, debemos confirmar e confirmamos, con expresa imposición das custas da presente instancia á parte recorrente en apelación.

 

Achéguese testemuño desta sentencia ó seu rolo de Sala, e devólvanse as actuacións ó Xulgado de orixe con testemuño da resolución dictada, por quen se acusará recibo.

 

Deste  xeito, por esta sentencia nosa, á fin xulgando, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.