Sentencia CIVIL Nº 183/20...io de 2018

Última revisión
17/09/2017

Sentencia CIVIL Nº 183/2018, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 470/2017 de 05 de Junio de 2018

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 8 min

Orden: Civil

Fecha: 05 de Junio de 2018

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 183/2018

Núm. Cendoj: 36057370062018100244

Núm. Ecli: ES:APPO:2018:996

Núm. Roj: SAP PO 996:2018

Resumen:
MATERIAS NO ESPECIFICADAS

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00183/2018

N10250

C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO

Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387

BN

N.I.G.36057 42 1 2014 0018126

ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000470 /2017

Juzgado de procedencia:XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 10 de VIGO

Procedimiento de origen:PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0000942 /2014

Recurrente: Juan María

Procurador: EVA MARIA MARTINEZ PAZ

Abogado: MARIA JESUS RODRIGUEZ RIVADA

Recurrido: Pedro Antonio

Procurador: PAULA LIMA CASAS

Abogado: DAVID ALONSO ALONSO

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistradosD. Jaime Carrera Ibarzal, Presidente,D. Juan Manuel Alfaya Ocampo,D. Julio Picatoste Bobillopronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA Nº 183/18

Vigo, cinco de xuño de dous mil dezaoito.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo ORDINARIO 942/2014 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 10 ós que correspondeu o rolo 470/17, nos que aparece como parteapelante D./D.ª Juan María , representada polo/a procurador/a D./D.ª EVA MARIA MARTINEZ PAZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª MARIA JESUS RODRIGUEZ RIVADA,e comoparte contra da que se apela D./D.ª Pedro Antonio representada polo/a procurador/a D./D.ª PAULA LIMA CASAS e asistida do/da letrado/a D./D.ª DAVID ALONSO ALONSO.

É o maxistradorelatorD. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 10 de Vigo, con data do 4.10.16 ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

'ESTIMANDO INTEGRAMENTE LA DEMANDA interpuesta por D. Pedro Antonio , frente a D. Juan María , DEBO CONDENAR Y CONDENO a éste a abonar al actor la cantidad de 8.437 euros más los intereses legales desde la reclamación judicial y costas.'

Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª EVA MARIA MARTINEZ PAZ en representación de D./D.ª Juan María , presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 8.02.18.

Terceiro:Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.


Fundamentos

Primeiro.-Con independencia da crítica que á parte apelante realiza da valoración de probas contida na sentenza de instancia, fai a esta resolución ata tres reproches, a extemporaneidade do documento de recoñecemento de débeda, a inadmisión da pericia que propuxo, e a falta de motivación. Reproches que sen necesidade de complexas e extensas reflexiós procede rexeitar porque: A) A sentenza está dabondo motivada, facéndose en efecto pola xulgadora a quo unha valoración dos distintos instrumentos de proba que hai na lite, e extraíndose deles unhas conclusións coherentes, que certamente compartimos. B) O documento achegado polo demandante ten acubillo no artigo 265. 3 da L. A. C., que permite ao actor a traída de documentos á audiencia previa ao xuizo, ou ao xuizo verbal, cando o interese do documento póñase de manifesto a consecuencia das alegacións do demandado na contestación á demanda, na que négase categoricamente a realidade da débeda. B) O achegamento da pericia pola parte apelante, no intre no que o fai, carece, pola contra, de apoio normativo.

Segundo.-En realidade, todo o discurso argumental esencial do demandado, e hoxe recurrente, xira sobre a mesma cuestión: O erro na valoración da proba por parte da xulgadora a quo, ao dar por probada a existencia da débeda litixiosa.

O prantexamento da parte apelante lévamos loxicamente a analizar novamente as diversas probas que existen na causa, revisión do material probatorio imposta pola propia natureza, de segunda instancia, do recurso de apelación.

Examinamos coa debida separacioón os distintos instrumentos de proba, dos que coleximos -xa adiantámolo-, en coincidencia con aquela xulgadora, e en unión da postura procesual do demandado, a realidade da versión ofrecida pola parte demandante.

En primeiro lugar, o demandado foi citado para o acto do xuizo ao obxecto de ser interrogado, e non compareceu, sen que tiñamos constancia da concurrencia dalgunha causa que llo impedira. E a xulgadora fixo entón uso da facultade que lle outorga o artigo 304 da L. A. C., de ter admitido o demandado -tacitamente- os feitos da demanda, dos que se colixe a débeda reclamada.

Pero é que, ao carón desa admisión de feitos, existen probanzas que conducen á mesma conclusión. Así, e en segundo termo, o ditame pericial sobre o documento privado de recoñecemento de débeda conclúe que existe unha probabilidade media alta de que a sinatura dubitada sexa do demandado. E se o perito móvese simplemente dentro dese grao de probabilidade é porque o demandado non formou corpo de escritura, como advirte reiteradamente o técnico, pese ser citado aquel ata en tres ocasións. E esa desviada e inxustificada postura do demandado non pode obviamente favorecerlle. Esta carencia, en unión dos espazos diversos nos que aparecen as sinaturas, dubitada por unha banda, e indubitadas por outra, son as circunstancias -únicas pois os rasgos esenciais entre as sinaturas contrastadas son coincidentes- que levaron a perito a prantexarse as dúbidas.

Consideración especial merece, en terceiro termo, e en liña coa anterior reflexión, a negativa do demandado a formar corpo de escritura. En efecto, o demandado foi citado ata en tres ocasións para dita dilixencia, sen que comparecera. E dende logo as causas que alegou non demostran en absoluto a imposibilidade sedicentemente postulada. O achegamento dun parte médico de asistencia a un centro hospitalario nada útil aporta pois, dunha parte, a asistencia faise ás vinte e unha horas, mentres que o demandado foi citado no xulgado para a mañán, e doutra, resulta asistido dun suposto padecimento que en ningún caso aparece xustificado. E o achegamento dun certificado de empadronamento noutra localidade distinta da de Vigo tampouco xustifica en absoluto a inasistencia. E o mesmo sucede coa terceira citación, carecendo da debida probanza a residencia de O Ferrol, así como, e moi especialmente, a demostración dunha relación laboral ou outro motivo serio que obstaculizara a comparecencia. Ante tales circunstancias resulta correcto, e ata obrigado, proceder do xeito determinado polo artigo 350. 3, inciso segundo, da L. A. C., que dispón que se á parte négase formar o corpo de escritura, o documento impugnado considerarase recoñecido.

Contamos, en cuarto lugar, coas declaracións prestadas pola testemuña, D. Javier , que non poden descartarse polo feito de que fora noivo da irmán do demandante. A testemuña é coherente, sólida e espontanea no seu discurso, e polo tanto creible. E non fai máis que corroborar a tese da parte actora. E desbotamos, en cambio, a testemuña, Dona Covadonga , pois ademáis de nai desta última, fai un relato vago, ambiguo e claramente interesado a favor do seu fillo quen, en fin, non vive con ela.

Finalmente, e se o dito non for dabondo -que sí palmariamente o é- existirían, en quinto lugar, unhas conversas telefónicas nas que o demandadado ven admitir a existencia da débeda, rematando por asinar o documento de recoñecemento da mesma, de data 7 de marzo de 2015, que damos por auténtico.

Por todo o dito, o recurso non se acepta.

Terceiro.-Non apreciamos que concurra algunha circunstancia de excepción que poida levarmos a non aplicar o criterio xeral do vencimento obxectivo, que para as custas procesuais desta alzada dispón o artigo 398 da L. A. C..

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Que desestimamos o recurso de apelación formulado por EVA MARIA MARTINEZ PAZ na represetacion de Juan María contra a sentenza ditada polo Xulgado nº 10 de Vigo o día 4/10/16, con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á parte apelante.

Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1 , 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1 , 2 , 6.3 , e 7.2 e 3 da Lei 3/1983 , do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución, facéndolles saber que contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC , debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC . Asímesmo cabe interpoñer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguintes a súa notificación na forma establecido no artº 479 da LAC.

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.