Sentencia CIVIL Nº 187/20...il de 2019

Última revisión
17/09/2017

Sentencia CIVIL Nº 187/2019, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 517/2018 de 15 de Abril de 2019

Relacionados:

Tiempo de lectura: 8 min

Orden: Civil

Fecha: 15 de Abril de 2019

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 187/2019

Núm. Cendoj: 36057370062019100173

Núm. Ecli: ES:APPO:2019:813

Núm. Roj: SAP PO 813:2019

Resumen:
MATERIAS NO ESPECIFICADAS

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00187/2019

N10250

C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO

Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387

BN

N.I.G.36057 42 1 2017 0002147

ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000517 /2018

Juzgado de procedencia:XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 8 de VIGO

Procedimiento de origen:PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0000141 /2017

Recurrente: Ángela

Procurador: MARIA DEL CARMEN SANCHEZ FERNANDEZ

Abogado: SABELA GOMEZ ALVAREZ

Recurrido: Amador , Carmelo

Procurador: MARIA JESUS TOUCEDO GUISANDE, BETANIA ACOSTA VALLADARES

Abogado: RAQUEL DIOS ALMEIDA, JOSE ANTONIO SOMOZA BLANCO

Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistradosD. JAIME CARRERA IBAZÁBAL, Presidente, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e D. JULIO PICATOSTE BOBILLO,pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

S E N T E N Z A Nº 187/19

Vigo, quince de abril de dous mil dezanove.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 141/17 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 8 de Vigo ós que correspondeu o rolo 517/18, nos que aparece como parteapelante e demandada D./D.ª Ángela , representada polo/a procurador/a D./D.ª CARMAN SÁNCHEZ FERNÁNDEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª SABELA GÓMEZ ÁLVAREZ,e comoparte contra da que se apela e demandante D./D.ª Amador , representada polo/a procurador/a D./D.ª Mª JESUS TOUCEDO GUISANDE e asistida do/da letrado/a D./D.ª RAQUEL DIOS ALMEIDA. Como parte queapela e demandado D./D.ª Carmelo , representada polo/a procurador/a D./D.ª BETANIA ACOSTA VALLADARES e asistida do/da letrado/a D./D.ª JOSE ANTONIO SOMOZA BLANCO.

É o maxistradorelatorD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 8 de Vigo, con data do 8 de xaneiro de 2018, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

'Que estimando la demanda formulada en autos de Juicio Ordinario nº 141/2017 por la Procuradora doña María Jesús Toucedo Guisande, en nombre y representación de don Amador , contra doña Ángela y don Carmelo , sobre incumplimiento contractual, debo condenar y condeno a los demandados a pagar solidariamente al demandante la cantidad de DIEZ MIL EUROS (10.000 euros), así como las costas procesales causadas.'

Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª CARMEN SÁNCHEZ FERNÁNDEZ, en representación de D./D.ª Ángela , presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 11 de abril de 2019.


Fundamentos

Primeiro:Dúas son as formulacións que realiza a demandada, e agora recurrente, para pedir que se revogue a sentenza ditada en primeira instancia. Primeiramente, que se declare a nulidade de actuacións, e que se retrotaigan as mesmas ao intre da presentación da demanda. E subsidiariamente, e se rexeita esa invocación e se entrase na cerna propiamente dita do asunto, que se desestime a demanda contra dela formulada. Analizamos ambas cuestións coa debida separación.

Segundo: A irregularilade procesual que se denuncia afecta ao emprazamento que, a xuizo da apelante, non efectuose na forma legalmente prescrita. Na súa tese, e dito de xeito resumido, o emprazamento realizouse no seu antigo domicilio, o familiar, e na persoa do seu exmarido. E como ela mudara de domicilio e, en fin, como aquel non lle fixer chegar a demanda, non poido oporse á mesma nin tivo coñecemento do preito ata o intre final, de notificación da sentenza. Pois ben, como antecedentes dignos de mención, precisos para resolvera a controversia cómpre reseñar os que seguen.

Terceiro: En virtude de sentenza de divorcio ditada en proceso matrimonial de mutuo acordo o día 16 de febreiro de 2016 acordouse o divorcio dos cónxuxes, hoxe demandados.

No convenio regulador atribuíse ao marido o uso do domicilio familiar, sito na rúa DIRECCION000 , nº NUM000 de Saiáns, domicilio que debía abandonar a esposa, a que designou como novo domicilio a rúa DIRECCION001 , nº NUM001 , NUM002 ..

Ao ignorar a parte actora o divorcio dos demandados, e o novo domicilio da codemandada, o emprazamento dela -e do seu exconsorte- realizouse loxicamente naquel primeiro domicilio.

O emprazamento entendeuse soamente coa persoa do codemandado, coa advertencia legal-xudicial ao mesmo de que debía comunicar á codemandada o emprazamento.

Pois ben, o relato anterior podía levarmos entender, nunha primeira ollada, e se o demandado non cumprira con esa advertencia, que o emprazamento no se entendeu coa codemandada apelante, provocándose a súa natural indefensión, e a necesidade, xa que logo, de declarar a nulidade de actuacións interesada.

Máis o pedimento non resulta acollible se temos en conta que non están debidamente acreditadas todas esas premisas, que constitúen precisamente o soporte da pretensión de nulidade.

En primeiro termo, e malia que no convenio regulador do divorcio reseñouse como novo domicilio da codemandada outro distinto do que fora domicilio familiar, tal como deixamos sentado, non temos constancia certa, nin de que esa estipulación se tiver levado a efecto nin menos ainda de que, de non ser así, o codemandado non acatase a obriga de facer chegar ao seu exconsorte a demanda. E dicimos isto porque: A) O codemandado non fixo constar tal circunstancia, do abandono efectivo do domicilio familiar por parte da codemandada, ao tempo do emprazamento, expresándoo así á comisión xudicial e indicándolle entón e nese caso o domicilio propio desta última. B) Na solicitude de xustiza gratuita, de xaneiro de 2018, e no escrito de recurso de apelación, consta outro domicilio, en DIRECCION002 - AVENIDA000 , que non é nin o antiguo da familia nin o designado no convenio regulador. C) O que é máis importante e decisivo, a sentenza que puxo fin a este proceso foi notificada á codemandada 'persoalmente' no antiguo domicilio familiar, na rúa DIRECCION000 (folio 115). D) Por se hai máis confusión, na escritura pública de compravenda de 5 de abril de 2017 se designa como domicilio do codemendado a rúa AVENIDA000 , nº NUM001 , NUM003 , e non o antiguo domicilio familiar.

En definitiva, non sabemos a ciencia certa, nin que a demandada apelante cambiara realmente de domicilio nin que, en caso de facelo, non lle fora notificada a demanda polo seu exmarido. Atopámomos ante unha inactividade probatoria da recurrente que, en canto tendente a xustificar as súas afirmacions, e con basamento por igual nos postulados de falicidade e dispoñibilidade probatorias (por exemplo, probas documentais de empadronamento ou de domiciliacións bancarias, testemuñais ou, mesmo, manifestacións do seu exmarido) tan só a ela pode prexudicar, e non a un terceiro como o actor demandante, que designa na demanda, como domicilio dos demandados, o que se fixo constar do documento privado de 'arras ou sinal', e no que se remata por emprazar aos dous na persoa dun deles.

O motivo da apelación se rexeita.

Cuarto: As cuestións de fondo que a apelante alega non poden ter para ela os efectos liberatorios que pretende. E é que: A) O actor foi descoñecedor do proceso de divorcio e todos os demáis extremos que se relatan no escrito de apelación. B) Os acordos que en todo caso alcanzaran os codemandados nese proceso non poden ter ningún efecto contra o dereito daquel primeiro a exixir, pura e exclusivamente, o convido nese contrato privado, de restitución doblada das arras. C) Igualmente, as supostas ocultacións e mendacidades que a apelante imputa ao seu excónxuxe tampouco poden ter relevancia algunha sobre os dereitos do comprador que veu frustradas as súas expectativas. D) A actitude desviada que se denuncia carece de todo respaldo probatorio (tamén nesta segunda instancia). E) Derradeiramente, mal pode obter unha pronuncia ao seu favor, ou sexa, desestimatoria da demandada, quen, como a agora apelante, a pesar de coñecer a primeira venda -con independencia de que se pactaran as arras ou sinal-, acude ante Notario a outorgar escritura pública de segunda compravenda a favor doutro comprador, sendo consciente da ilegalidade, tal como de xeito claro e inequívoco menciona no escrito de apelación, cando fala de que advirtiu ao seu exmarido 'do lío no que podía meterse' (lio igualmente imputable a ela como sabedora do mesmo).

Polo dito, procede tamén desestimar este motivo de recurso.

Quinto: Non se aprecia que concurra algunha circunstancia de excepción para deixar de aplicar o criterio xeral do vencimento obxectivo, que para as custas procesuais desta alzada sanciona o artigo 398 da L. A. C..

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Que se desestima o recurso de apelación formulado por Dª Ángela representada pola Procuradora Sra. Sánchez Fernández contra a sentenza ditada polo Xulgado de 1ª Instancia nº 8 de Vigo o día 8 de xaneiro de 2018, con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á parte apelante.

Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1 , 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1 , 2 , 6.3 , e 7.2 e 3 da Lei 3/1983 , do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC , debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC . Asímesmo cabe interpoñer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguintes a súa notificación na forma establecido no artº 479 da LAC.

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.