Última revisión
10/01/2013
Sentencia Civil Nº 189/2012, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 4192/2010 de 08 de Marzo de 2012
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 19 min
Orden: Civil
Fecha: 08 de Marzo de 2012
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 189/2012
Núm. Cendoj: 36057370062012100249
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00189/2012
CIVIL
Rolo: 4192/2010
Procedemento de orixe: Cambiario 1003/09
Órgano de procedencia: Instancia núm. 2 de Vigo
A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, Presidente, D. Eugenio Francisco Míguez Tabarés,e Dª Matilde Ehteldreda García Brea, pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
SENTENZA NUM.189/2012
Vigo, oito de marzo de dous mil doce.
VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Cambiario 1003/2009 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 2 de Vigo ós que correspondeu o rolo 4192/2010 , nos que aparece como parte apelante e demandante CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES,S.A., (COVSA) representada polo/a procurador/a D./D.ª Carmen Hermida Portela e asistida do/da letrado/a D./D.ª Alberto Torreiro, e como parte contra da que se apela e demandada POMBAL DE BORDONS,S.L., representada polo/a procurador/a D./D.ª José A. Fandiño Carnero e asistida do/da letrado/a D./D.ª Angel Piñeiro Nogueira .
É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.
Antecedentes
Primeiro: O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 2 de Vigo, con data do 22/3/2010, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:
"Que estimando íntegramente la oposición formulada por POMBAL DE BORDONS,S.L. contra la ejecución despachada en estos autos a instancia de CONTRUSCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A.,debo declarar y declaro la compensación del crédito cambiario así como el alzamiento de los embargos y demás medidas de aseguramiento que se hubieran acordado con imposición de costas a la ejecutante."
Segundo: Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª Carmen Hermida Portela, en representación de CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES,S.A. ( COVSA), presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).
Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 26/1/2012.
Terceiro: Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.
Fundamentos
Primeiro : Formúlase pola Contratista contra a Promotora demanda de xuizo cambiario con basamento no título consistente nunha obriga de pagamento asinada por esta última, de datas de expedición e vencimento de 31 de xullo e 20 de novembro de 2.008, respectivamente. E fronte a esa acción cambiaria promove a accionada demanda de oposición invocando un único motivo: A compensación, que resultaría da aplicación do clausulado do contrato de obra de 10 de xullo de 2.007 (en esencia, estipulación cuarta), a teor da cal, e para o caso de que non se remate a obra no prazo pactado, de seis meses, a Promotora tería dereito a esixir da Contratista "en concepto de penalización por cada día de retraso a cantidade de 1.202,02 euros/día natural...", engadíndose en referida cláusula que "dita penalización cumpre unha función estrictamente penal, e non como substitución de danos e prexuizos nos termos previstos no artº 1.152 do código civil , de tal xeito que a parte prexudicada poderá esixir, ademáis da sanción económica prevista en esta estipulación, os danos e prexuizos ocasionados". E fronte a esa excepción de compensación a actora inicial alega, primeiramente, a inviabilidade da súa alegación dentro do proceso cambiario; segundo, a súa improcedencia, en todo caso, tamén de fondo, ao non ser o crédito a compensar nin líquido nin esixible, por precisar dunha previa declaración xudicial do retraso na execución da obra por parte do Contratista, o que excedería, en opinión de esta última, do estreito canle de esta clase de xuizo; e por último, que non está acreditado que o retraso lle sexa sexa imputable.
Segundo: A primeira cuestión que suscítase é entón a referida a se, fronte a esa acción cambiaria, pode opoñer o debedor, non só a excepción de contrato non cumprido, ou de incumprimento total e esencial, senón tamén a de incumprimento parcial do contrato causal subxacente. Pois ben, fronte á postura que podemos chamar tradicional, que admite tan só a primeira posibilidade, foi gañando predicamento a segunda, malia que nos seus inicios con certas limitacións, ao establecerse que se ningunha dúbida cabe que en caso de que exista incumprimento absoluto ten que entenderse aceptable no xuizo cambiario a excepción de contrato non cumprido, tamén o é para o caso de que o incumprimento, por máis que apareza parcial, sexa esencial, é dicir, alcance tal grao de intensidade cualitativa ou cuantitativa que poda determinarse que en esencia o contrato non foi cumprido porque non se deu satisfacción ás pretensións da parte contratante, que emitíu o documento que se pretende facer valer no acto do xuizo. E xa é hoxe común -cando non maioritaria- a tese opositora dual, construida ao abeiro da lexislación vixente (art. 826 en relación cos artºs. 440 e 443 da L.A.C.), ao entender que a remisión ás normas reguladoras do desenvolvimento da vista no xuizo verbal transformaría o procedimento cambiario en un proceso declarativo, no que non existe entón limitación ningunha de medios de proba nin de actos alegatorios.
Esta segunda posición é a que ven mantendo esta Sala a partir da sentenza de 29-6-2.006 , na que temos declarado, e a citamos literalmente, que "hay un hecho incontestable, y es que, con arreglo al art. 67 de la Ley Cambiaria y del Cheque, al que se remite el 824.2 de la LEC , el deudor cambiario puede oponer al tenedor de la letra, (en este caso, del pagaré), además de las excepciones netamente cambiarias, aquellas otras basadas en sus relaciones personales con él. De este modo, a través de estas excepciones, podrá traerse al proceso la relación jurídico material o causal subyacente, siempre que tales excepciones afecten al ámbito de las relaciones entre demandado y demandante; en consecuencia, el librado demandado (demandado cambiario) podrá hacer emerger, por encima de la relación cartular, la subyacente y esgrimir las excepciones derivadas de todo el contenido propio de esa relación jurídico material. Siendo así, no cabe entender que, en la actual regulación, no pueda la defensa del obligado desplegar todos los efectos que dimanen del negocio causal y entre ellas la excepción que concierne a una insatisfactoria ejecución o cumplimiento defectuoso del contrato (sea en tiempo, cantidad o calidad); la literalidad del art. 67 de la Ley Cambiaria y del Cheque no contiene restricción alguna al ámbito posible de discusión y debate en torno a la relación jurídico-material en conflicto, en este caso, el contrato de arrendamiento de obra del art. 1544 del CC . A la vista de la redacción del vigente art. 67 de la Ley Cambiaria y del Cheque , no se ve razón alguna para que la excepción de cumplimiento parcial o defectuoso del contrato -"exceptio non rite adimpleti contractus"- quede fuera de las posibilidades de defensa del librado demandado en el ámbito del actual proceso cambiario, cuando la demanda para el pago de la letra (en este caso, del pagaré), es promovida por la otra parte interviniente en la que fue relación jurídico-material subyacente. Ninguna razón hay ya para acudir a las consabidas y tradicionales referencias a la sumariedad y estrechez de cauce procesal, razones admisibles en el anterior juicio ejecutivo, pero no en el actual cambiario en lo concerniente a las excepciones extracambiarias vinculadas al negocio subyacente y esgrimibles en cuanto propias de las relaciones personales librador-librado, (en este caso, tenedor del pagaré- firmante del pagaré) ámbito del que no hay ya inconveniente para entender que estamos ante un proceso declarativo por más que sea de carácter especial".
Terceiro: As pautas anteriores conducen, xa sen necesidade de outras e máis complexas consideracións, a aceptar que se poda invocar, por vía de compensación, o crédito de lite, que resulta da aplicación dunha cláusula prevista, precisa e expresamente, polas partes contratantes para a eventualidade de retraso no remate das obras, xa que: A) Hei un efectivo incumprimento contractual nun extremo, como é o da finalización das obras no termo de seis meses, período que debemos estimar de trascendencia dado, por unha banda, esa previsión específica, e por outra, o propio contido económico desa previsión, coa nada desdeñábel sanción pecuniaria de 1.200 euros por día natural de atraso. A consideración da terminación das obras no prazo reseñado como un dos elementos esenciais do contrato se inferiría, en fin, nunha interpretación integradora do contrato de 10 de xullo de 2.007, da obriga asumida tamén explícitamente pola Contratista, para respectar o ritmo de traballo e cumprir así co prazo, de "realizar horas extraordinarias, traballar en días festivos ou contratar máis personal, se fose necesario, todo iso a súa costa" (cláusula cuarta, parágrafo segundo). B) Estamos ante un crédito perfectamente líquido e determinado, bastando unha simple operación aritmética de multiplicación dos días de demora polos 1.200 euros por día de atraso para conseguir exactamente a cifra resultante a compensar. C) Non se está deixar propiamente en mans do xulgador a fixación do crédito compensable, senón que este aparece xa predito ou anticipado, e contificado con precisión pola previsión contractual das partes, sen posibilidade, por conseguinte, dun certo arbitrio xudicial, ainda que fose mínimo.
Cuarto: A cuestión litixiosa fica agora circunscrita a se o retraso na conclusión da obra é imputábel á Contratista ou, contrariamente, á Promotora ou a terceiros desvencellados daquela primeira. Estamos entón, pura e simplemente, ante un problema de proba, que ten que ser resolto á luz das regras que sobre a carga da proba dispón o artº 217 da L. A. C., precepto que posto en necesaria relación, por outra banda, coa presunción de existencia e licitude da causa, do artº 1.277 do código civil , nos leva a proclamar que incumbe á obrigada cambiaria, é dicir, á Promotora expedidora da obriga de pagamento, a proba da excepción de contrato non cumprido ou de cumprimento defectuoso. Carga probatoria que no caso axuizado se exterioriza e concreta na necesidade de demostrar que o retraso no remate das obras, retraso que ninguén discute, é atribuible ao obrar da Contratista -insistimos-. Pois ben, e xa o anticipamos, a Promotora non deu satisfacción cumprida a ese onus probandi.
É certo que existen certas probas -en esencia, as testemuñais ás que de seguido referirémonos, e a carta de data 11 de febreiro de 2008- que apoiarían, incialmente e nunha primeira ollada, a tese da Promotora, libradora da obriga de pagamento. Pero eses elementos de proba, ademáis de ter unha certa endeblez, se contradín con outros, de tal xeito que se coloca entón a este Tribunal nun estado de incerteza tal, que ten que levar a dar por indemostrado que o retraso sexa atribuible á Construtora.
En efecto, dunha parte, as testemuñas, Avelino , Fructuoso e Íñigo veñen declarar, de xeito en grande medida contexte, que malia que as obras iniciáronse pola Contratista a bo ritmo, ao cabo duns dous meses comenzaron a se ralentizar, que non houbo nin imprevisións nin indefinicións no proxecto de obra, que supuxesen un atranco para a continuidade das obras, que as modificacións de obra levadas a cabo durante a realización efectiva das mesmas (traslado da rotonda, cambios de cotas con novos movimentos de terras, cambios na vial E e principal, do saneamento, do trazado das pluviais, de materiais, como das farolas e dos adoquíns das beirarúas...), foron axustes puntuais e normais nestes casos, que eses cambios, así como as partidas novas ou non previstas inicialmente no contrato e no correspondente orzamento (especialmente, os muros de contención de mampostería) se verían, en todo caso, compensados pola irrealización, pola contra, doutros capítulos de obra comprendidos no proxecto e orzamento (xardineiría, zonas verdes...), e pola realización de partidas menores das pactadas (menor volume de desmonte, acopio de terras no lugar ou para destinalas ás parcelas, co conseguinte aforro de tempo e custe de traslado daquelas...), de tal xeito entón que o resultado final de obras non difería substancialmente do deseñado e, conseguintemente, non era preciso un termo maior do pactado, de seis meses, para concluilas. Porén, referidas manifestacións teñen que ser tomadas con especial cautela e reserva dado os importantes vencellos das testemuñas coa Promotora. Pénsese, por unha banda, que os Sres. Íñigo e e Avelino levaban, nas súas respectivas condicións profesionais de Arquitecto Superior e Técnico, a Dirección Faculativa da obra, sendo o primeiro deles o autor do proxecto; por outra, que o Sr. Avelino figuraba nalgunha documentación, como por exemplo na acta de recepción de obra (folio 126), e nalgunhas actas, actuando en representación da Propiedade; e por outra, que o Inxenieiro Técnico, Sr. Fructuoso , foi o Xefe de Obra, nomeado a tal efecto pola Promotora. Por último, as declaracións da testemuña, Valentín , aparecen en grande medida como baleiras de contido e de utilidade para a decisión da controversia, ademáis de ser unha persoa interesada na mesma, como responsable das obras de parcelación, segundo semella recoñecer.
E doutra parte, a carta remitida pola Promotora á Construtora, de data 11 de febreiro de 2.008 -cando xa tiña transcorrido, por conseguinte, o prazo de execución de seis meses- non é especialmente significativa sobre a etioloxía do retraso que empezaba a se observar. Nesa misiva a Promotora fai saber á Construtora a súa preocupación por ese retraso e lembra simplemente a esta última a existencia da cláusula de penalización, e remata por convocar unha reunión aos efectos, meramente, do análese da demora, das medidas a adoptar para acelerar as obras e da toma do acordo dun novo planning de obra, pero en ningún momento se anuncia a efectividade da cláusula penal nin se imputa, finalmente, á Contratista o retraso, imputación que non se pode inferir coa certeza necesaria e inequívoca da expresión "como quera que descoñecemos calquera causa que podese xustificar o retraso...".
Pero ademáis de que esas probanzas as atopamos xa en se mesmas como febles, figuran na causa outros elementos de proba directos e datos indiciarios que contradín, en definitiva, a versión da Promotora, culpabilizando á Construtora da demora das obras.
Evidentemente, e en primeiro lugar, as declaracións da testemuña, Lidia , non poden ser consideradas con menos prevencións, dados os seus vencellos laborais -e ata parentais segundo confesa- coa Construtora. En todo caso, esas manifestacións entran en franca contradicción coas daquelas outras testemuñas, denunciando indefinicións do proxecto, desencontros co Concello, a realización doutras partidas importantes non previstas inicialmente (muros de contención, algún deles coa altura de once metros, e para as parcelas), variacións de cotas que impedían avanzar nos desterros e viais, ou as modificacións de materiais, da rotonda de entrada, do saneamento ou das pluviais, chegando entón a facerse por dúas veces a mesma partida. En definitiva, mentres esta testemuña semella maximizar os cambios e as indefinicións, as outras testemuñas tenden a minimizalas. E non logramos superar esa contradicción. Por último, e con referencia á fixación das cotas, denunciada pola testemuña, non queremos deixar de facer mención á acta da reunión entre as partes, de data 3 de marzo de 2.008, da que resulta, efectivamente, que a indefinición ou desxuste de cotas ainda estaba darse nesas datas respecto do vial E, advertíndose entón da necesidade de saber as cotas finais dese vial (folio 391).
En segundo termo, nas actas das reuniós períódicas entre a Propiedade e Construtora en ninguha de elas - e contamos ata dezaoito- se denuncia nin se menciona un retraso atribuible a aquela última, o que resulta extremadamente chamativo de darse efectivamente esa circunstancia. E esa ausencia non semella en absoluto lóxica porque esas reunións tiñan por obxectoo exame, precisamente, da marcha e incidencias das obras. Por outra banda, a partir da reunión de 18 de febreiro de2.008 (a carta anteriormente referida era de 11 do mesmo mes e ano) se procede á entrega dun novo plan de obra para a revisión e visto e pracet da Propiedade. E por outra, esa referencia se mantén nas reunións sucesivas ata que na de data 18 de xuño de aquel ano se dispón que "o prazo definitivo para o remate das obras se fixa en catro semanas a pàrtir de hoxe, é dicir, o 14 de xullo de 2.008", novamente sen denuncia de algún incumprimento da Construtora nin reserva ningunha sobre o exercicio da cláusula penal. E non queremos finalizar as reflexións sobre este medio de proba sen aludir ao argumento da Promotora, de que os intervintes nesas reunións carecían de potestade para decidir sobre a prórroga do prazo, argumento que non consideramos con suficiente consistencia. Bastaría para iso con non esquecer: A) Que o propio acordo de concesión do prazo é revelador de que os concorrentes tiñan facultades nese senso ao non condicionarse o mesmo á ratificación da Construtora e Promotora. B) Que ás reunións concorrían, ademáis da Construtora (representada por Lidia ), e da Dirección Facultativa de obra, Avelino , quen o facía como representante da Propiedade ou de Pombal de Bordóns, S. L., segundo expresións distintas e explícitas das actas, quen aparece designado, tamén e finalmente, en tal calidade na acta de recepción de obra, de data 31 de xullo de 2.008 (folio 126), ainda que sen asinar pola Promotora e Dirección Facultativa.
Non queremos pechar o círculo argumental sen facer alusión, en terceiro e último lugar, a dous feitos, que a xeito de actos propios da Promotora, veñen presupoñer un paradoxo coa súa tese, do retraso culpable da Construtora.
Estámonos referir, por unha banda, a que nas distintas certificacións de obra que se foron emitindo non se efectuasen descontos pola demora observada, cando o contrato autorizaba á Propiedade nese senso, tal como se colixe da súa cláusula cuarta, a teor da cal a Promotora podía deducir a cantidade resultante polos días de demora da fianza, "da última certificación presentada" ou de outra cantidade pendente de pagamento por calquera outro concepto. E por outra, a propia emisión da obriga de pagamento, de data 31 de xullo de 2.008, e de vencimento, de 20 de novembro de ese ano, cando as obras xa estaban rematadas e procedía entón efectuar as pertinentes reduccións do prezo pola demora. Realmente, estamos ante dous actos propios da Promotora que entran en aberta, inequívoca e irreconciliable contradicción coa propia demora imputable á Construtora, e coas súas consecuencias económicas, específicamente sancionadas e contificadas no propio contrato.
A consecuencia de todo o razoado non pode ser, conseguintemente, outra que a de estimar o recurso e desestimar a oposición que a Promotora formulou a través da oportuna demanda.
Quinto: A acollida do recurso e da demanda inicial conleva non facermos unha especial declaración sobre as custas procesuais de esta alzada, e impoñer á Promotora demandada as custas da primeira instancia (artºs. 394 e 398 sda L. A. C.).
Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,
Fallo
Que con estimación do recurso de apelación promovido por Construcciones Obras y Viales,S.A. (COVSA), representada polo procuradora Dña Carmen Hermida Portela contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia núm. 2 de Vigo o día 22/03/2010, e rexeitando a oposición formulada pola entidade Pombal de Bordons,S.L., condenamos a esta última a que pague a aquela primeira a suma de 145.756,14 euros, comprensiva do principal, xuros legais incrementados en dous puntos dende o vencimento da obriga de pagamento ata a data da formulación da demanda e gastos de devolución do efecto, máis cantidade de 43.726,84 euros que calcúlanse provisionalmente para xuros e custas do proceso. Todo iso, con expresa imposición das custas procesuais da primeira instancia á Promotora demandada e sen facermos unha especial declaración sobre as de esta alzada.
Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1 , 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1 , 2 , 6.3 , e 7.2 e 3 da Lei 3/1983 , do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.
Notifíqueselles ás partes a presente resolución facendolles saber que contra a presente sentenza cabe interponer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacionál, sobra a base do establecido no art.477 da LAC debendo interpoñerse dentro dos vinte días seguintes a súa ntoificación na forma eStablecida no art. 479 da LAC.
Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cump
rimento.
PUBLICACION.- Dada y pronunciada fue la anterior Sentencia por los Ilmos. Sres. Magistrado/s que la firman y leída por el/la Ilmo. Magistrado Ponente en el mismo día de su fecha, de lo que yo el/la Secretario doy fe.

