Sentencia Civil Nº 191, A...yo de 2001

Última revisión
09/05/2001

Sentencia Civil Nº 191, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1046 de 09 de Mayo de 2001

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 5 min

Orden: Civil

Fecha: 09 de Mayo de 2001

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: VARELA CASTRO, LUCIANO

Nº de sentencia: 191

Resumen:
Resulta puro misterio é a razón pola que o Xulgador se deixa convencer polo dito por unha desas testemuñas e rexeita o dito pola outra. Outras probas foron acordadas e non practicadas na instancia. Porque esas probas consistían en tentar acreditar que a actora mercou pezas para facer esa reparación. A conclusión é, xa que logo, inevitable: inexistencia de certeza verbo da verdade do feito alegado pola actora. E sendo a carga de proba, que tanto quere dicir como carga de acadar tal certeza, imposta á parte actora por atinxir ao feito constitutivo do seu dereito, a decisión non pode ser outra que non ter por verdade a alegación e, en consecuencia, por infundada a pretensión.

Fundamentos

AUD. PROVINCIAL SECCION N. 1

PONTEVEDRA

 

SENTENCIA: 00191/2001

 

Rolo civil: 1046/00

P. civil: 0448/98

Orixe: XDO. DE 1ª INSTANCIA DE CAMBADOS-1

Tipo asunto: COGNICIÓN

 

 A SECCIÓN PRIMEIRA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, composta por D. LUCIANO VARELA CASTRO, presidente, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e D. JULIO CÉSAR PICATOSTE BOBILLO maxistrados, pronunciou

 

NO NOME DO REI

 

a seguinte

 

SENTENCIA NÚM.191

 

 Pontevedra, o nove de maio do ano dous mil un.

 

 O recurso de apelación interposto fronte á sentencia deitada nos actos do proceso civil núm. 448/98, vindo do Xulgado de 1ª Instancia de Cambados-1, foi movido entre as partes: dunha beira, como apelante e demandada, "N............"; e da outra, como apelada e demandada, "G....(G.....)", a quen representa o procurador Sr. Cid García e dirixe o letrado Sr. Garma Castro (non comparecendo á vista), en xuízo de cognición.

 

ANTECEDENTES DE FEITO

 

 PRIMEIRO. Nos actos a que este rolo atinxe, na data de 30 de marzo do 2000, o Sr maxistrado-xuíz do Xulgado de 1ª Instancia de Cambados-1 pronunciou sentencia, a resolución da cal, rigorosamente, di:

 

 DECISIÓN: "Que estimando la demanda interpuesta por la procuradora Sra. Otero Abella en nombre y representación de G...... G......, debo condenar y condeno a esta última a abonar a la actora la suma de 781.941 ptas más los intereses legales del art. 921 LEC con expresa condena en costas a la parte demandada".

 

E por acto aclaratorio de data 2 de maio do 2000:

 

 "Aclarar la sentencia dictada en fecha 30 de marzo de 2000 en el sentido tan sólo de que en el Fallo debe poner: Debo condenar y condeno a la demandada N................ a abonar a la actora la cantidad de 781.941 pesetas, más los intereses legales del art. 921 LEC con expresa condena en costas a la parte demandada, permaneciendo invariables los demás pronunciamiento dictados en la misma; y firme que sea el presente auto, póngase en ella una nota de referencia de este".

 

 E fronte á devandita sentencia, a parte demandada interpuxo recurso de apelación que foi admitido en ámbolos dous efectos, polo que as actuacións foron elevadas a esta Sala, tras as partes seren emprazadas. Por estas se teren constituido en parte perante ela no tempo e do xeito que acae, tívoselles por comparecidas, entregóuselles aquelas para instrucción por termo de dez días a cada unha e, despois de aviaren o devandito trámite, pasáronselle por igual termo e co mesmo obxecto ao maxistrado relator. A seguir, sinalouse día para a vista do recurso, que tivo lugar na data de vintecinco de abril do ano que andamos, coa asistencia dos letrados das partes.

 

 SEGUNDO. Na tramitación desta instancia, cumpríronse as prescricións e termos legais.

 Foi relator o maxistrado don LU............., quen expresa o criterio da Sala.

 

FUNDAMENTOS XURÍDICOS

 

PRIMEIRO. Obxecto de recurso.

 

 A sentencia apelada estima a demanda rectora que facía unha afirmación fáctica fundamento da súa reclamación:

 

 A actora cumpreu o contrato de obra consistente na reparación dunha máquina da demandada sen que esta teña aboado o importe da reparación.

 

Fronte a esa resolución érguese a demandada apelada que:

 

Nega terse feito a reparación, admitindo a existencia do contrato de arrendamento de obra entre as partes.

 

 Daquela, que o recurso vena agora a esixírno-la avaliación da proba practicada a fin de resolver se aceptamos ou non a conclusión probatoria da recorrida.

 

SEGUNDO. Falta de proba da reparación.

 

 Excluíndo o discurso atinxente á realidade da remisión da máquina á demandante e da devolución desta máquina, que non é debatido, a sentencia apelada, para concluír que tal reparación tivo lugar, expón a seguinte xustificación:

 

A testemuña Sr. O..... afirma terse feito esa reparación.

 

 Pero a sentencia recoñece, asemade, que a testemuña Sr. P......nega que tal reparación tivera sido feita cando a máquina foi devolta.

 

 O que xa resulta puro misterio é a razón pola que o Xulgador se deixa convencer polo dito por unha desas testemuñas e rexeita o dito pola outra.

 

Nin nada manifesta verbo do que inflúe no seu convencemento que as testemuñas sexan cada unha operario de cada parte litigante.

 

 Outras probas foron acordadas e non practicadas na instancia. Fóronno nesta segunda. Pero sen transcendencia. Porque esas probas consistían en tentar acreditar que a actora mercou pezas para facer esa reparación. Pero, amais de que unha das probas de como resultado a negación de tal compra, a outra compra acreditada atinxe a pezas que pola natureza estándar da máquina e das pezas resulta imposible vencellar concretamente coa reparación da litixiosa.

 

 A conclusión é, xa que logo, inevitable: inexistencia de certeza verbo da verdade do feito alegado pola actora. E sendo a carga de proba, que tanto quere dicir como carga de acadar tal certeza, imposta á parte actora por atinxir ao feito constitutivo do seu dereito, a decisión non pode ser outra que non ter por verdade a alegación e, en consecuencia, por infundada a pretensión.

 

 O que implica a un tempo estimación deste recurso e rexeitamento da demanda con imposición a actora das custas da primeira instancia e sen específica imposición das desta segunda.

 

 Cómpre atérmonos a todo o que levamos dito e, desenvolvendo a potestade xurisdiccional que a Constitución española nos outorga,

 

DECIDIMOS

 

 Que é mester nós estimarmos, e de feito estimámolo, o recurso de apelación movido por "N............." fronte á sentencia dictada polo Xulgado de 1ª Instancia de Cambados-1, no xuízo de cognición núm. 448/98, revogando a sentencia apelada, no sentido de absolvermos, como absolvémo-la demandada "N.........." da demanda movida por "G............", con imposición á demandante apelada das custas da primeira instancia e sen especial imposición das desta segunda.

 

Devólvanselle os actos orixinais ao xulgado de procedencia, con testemuño desta resolución para a súa execución e cumprimento. y Deste xeito, por esta a nosa sentencia, cabeiramente xulgando,; pronunciámolo, mandámolo e, asemade, asinámolo.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.