Sentencia Civil Nº 195, A...io de 2001

Última revisión
27/06/2001

Sentencia Civil Nº 195, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 29 de 27 de Junio de 2001

Relacionados:

Tiempo de lectura: 6 min

Orden: Civil

Fecha: 27 de Junio de 2001

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: VIEITES LAYA, JOSE RAMON

Nº de sentencia: 195


Fundamentos

AUDIENCIA PROVINCIAL

SECCION SEGUNDA

PONTEVEDRA

 

Rolo: RECURSO DE APELACION 29 /2001

 

Ilmos. Sres. Maxistrados:

Presidente:

D. JOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO

Maxistrados:

Dª ANGELA-IRENE DOMINGUEZ-VIGUERA FERNANDEZ

D. JAIME ESAIN MANRESA

 

S E N T E N C I A N° 195

 

En Pontevedra, vintesete de xuño de dous mil un.

 

No recurso de apelación interposto fronte á sentencia dictada nos autos do proceso civil número 150/00, vindo do XDO. 1 INSTANCIA E INSTRUCCION NUM. 2 DE CAMBADOS, movido entre as partes, dunha banda como apelante e demandados D. ANTONIO , Dª GEMA , D. MIQUELE e Dª PASTORA , representados nesta instancia polo procurador dos Tribunais D. ANTONIO RIVAS GANDASEGUI, baixo a dirección do avogado D. FRANCISCO J. LOPEZ LAGO, e da outra como apelado e demandantes Dª MONICA  e D ELENA , representados nesta instancia polo procurador dos Tribunais D. JOSE PORTELA LEIROS, baixo a dirección do avogado D. JOSE RAMON VIEITES LAYA, no xuízo de interdicto de obra nova.

 

ANTECEDENTES DE FEITO

 

PRIMEIRO: Nos actos a que este rolo atinxe, na data 1 de decembro de 2000, o Xdo. 1 Inst e Instr núm. 2 de Cambados pronunciou sentencia, a resolución da cal literalmente di: "Que, estimando íntegramente la demanda, debo declarar y declaro haber lugar al interdicto de obra nueva ejercitado por doña MONICA  y DOÑA ELENA, contra don ANTONIO , DOÑA GEMA , DON MIQUELE Y DOÑA PASTORA , ratificando la suspensión de la obra ordenada por este Juzgado mediante providencia de once de abril de 2000 y acta de requerimiento del día 14 siguiente inmediato. Todo ello sin perjuicio de tercero y del derecho en sí de propiedad u otro que las partes puedan ostentar sobre estos extremos, el cual podrán ejercitar en el juicio declarativo correspondiente.

 

Se autoriza a los demandados a presentar un proyecto de las obras que acometerán inmediatamente para evitar perjuicios a la finca colindante propiedad de doña María Luisa, del cual se dará traslado a la parte actora para que alegue lo que considere oportuno en el plazo de tres días y, si este Juzgador lo considera necesario y no perjuidicial a los intereses de las partes, se autorizará. Sólo se admitirá algo que suponga aumento de obra si fuera estrictamente necesario para salvaguardar los bienes e intereses ajenos o evitar graves perjuicios a las partes, como permite el articulo 1.665 de la Ley de Enjuiciamiento civil. Y lo así edificado tendrá un carácter meramente provisional a resultas de lo que se resuelva en el juicio declarativo correspondiente acerca del fondo de los derechos en litigio. Esta autorización no es susceptible de recurso, conforme establece el artículo 1.665 de la Ley de Enjuiciamiento Civil."

 

Coa data 14 de decembro de 2000 pronunciou o mesmo xulgado auto de aclaración, a resolución da cal literalmente di: "Se aclara la sentencia de fecha uno de diciembre de dos mil, dictada por este Juzgado, en los presentes autos de Interdicto de Obra Nueva 150/00, suscitados por el Procurador, suscitados por el Procurador Dª MARIA DOLORES OTERO ABELLA, en nombre y representación de Dña. MONICA , ELENA , frente a D. ANTONIO , MARIA GEMA, en el sentido de  hacer constar que en la parte dispositiva, como se desprende del Fundamento jurídico sexto, se imponen las costas a la parte demandada. No procede aclarar el segundo punto, pues se ha optado por el cauce del artículo 1.665 LEC, que se menciona".

 

Fronte á devandita sentencia, a parte demandada interpuxo recurso de apelación, e personadas, previo emprazamento, en tempo e forma ámbalas dúas partes perante desta Audiencia e, logo de transcorrido o prazo de instrucción, sin que as mesmas formularan proposición de proba ningunha, e instruído dos autos o Maxistrado Relator do recurso, foi fixado día e hora para a celebración da vista.

A vista de apelación tivo lugar o día 25 de xuño de 2001, coa asistencia dos avogados defensores das partes .

 

SEGUNDO: Na tramitación desta instancia cumpríronse as prescripcións e termos legais. Foi relator o Ilmo. Sr. Maxistrado D. JOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO, quen expresa o criterio da Sala.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

 

PRIMEIRO: Fundamentalmente se baseaba o interdicto de obra nova formulado no derrubo dos muros divisorios do predio das actoras por parte dos demandados, e na invasión daquel fundo coa obra nova acometida e non rematada. A tal efecto coa demanda achegábase, entre outra documental, un informe dun enxeñeiro agrónomo que conta daba da invasión de parte do terreo das interdictantes, informe que polo seu autor (don Juan Carlos Cores Aragunde) foi ratificado no período probatorio.

 

Do mesmo xeito as testemuñas dona María Cruz e dona Coral, como veciñas do lugar onde se atopan as propiedades dos litigantes, ben claro deixaron expresado que os demandados, primeiro, derrubaron os muros e, logo, ocuparon o seu espacio para, incluso, adentrarse na propiedade daquelas por moi pequeña que se considere esta superficie por parte dos agora apelantes.

 

Pero é que, quizais, a proba de confesión xudicial dos demandados-apelantes escusaba xa de calquera outra consideración. Así, tódolos agora apelantes admitiron que lindaban cos muros das demandantes, que cando menos o muro oeste fixérono desaparecer e construíron eles unha parede, que derrubaron os muros colindantes da horta das actoras, etc (cf así as contestacións ás posicións cuarta, quinta e sétima). E tal explícito recoñecemento por parte dos demandados non logra quedar en entredito polas sinxelas alegacións dun deles (don Antonio) verbo de que a usufructuaria da propiedade das actoras (dona Manuela) se reservara o usufructo vitalicio daquela, pois, por ningures consta tal particular, e nin tan sequera como testemuña aquela sra foi proposta e, amais, como correctamente se reflicte na sentencia apelada, a mera usufructuaria non era quen para legalmente, e en contra das nuda propietarias, autorizar calquera inmisión no terreo por ela mesma vendido a estas últimas.

 

Por iso, e en resumo, debe rexeitarse o recurso de apelación interposto, sen prexuízo dos dereitos que ostenten as partes en litixio a dilucidar no correspondente xuizo ordinario.

 

SEGUNDO: Impóñense as custas da presente instancia á parte apelante ó abeiro do así sinalado no artigo 896 da LAC de 1881 e 394 e 398.1 da LAC de 20000.

 

vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación

 

FALLAMOS

 

Que debiamos desestimar e desestimamos o recurso de apelación formulado por la representación de D. ANTONIO , Dª GEMA , D. MIQUELE e Dª. PASTORA , fronte á sentencia dictada o 1 de decembro de 2000, polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción n° 2 de CAMBADOS, nos autos de interdicto de obra nova, número 150/00, e debemos confirmar e confirmamos a devandita resolución xudicial, con expresa imposición das custas da presente instancia á parte recorrente en apelación.

 

Achéguese testemuño desta sentencia ó seu rolo de Sala, e devólvanse as actuacións ó Xulgado de orixe con testemuño da resolución dictada, por quen se acusará recibo.

 

Deste xeito, por esta sentencia nosa, á fin xulgando, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

 

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.