Sentencia Civil Nº 197, A...yo de 2001

Última revisión
14/05/2001

Sentencia Civil Nº 197, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 387 de 14 de Mayo de 2001

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 8 min

Orden: Civil

Fecha: 14 de Mayo de 2001

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 197


Fundamentos

 AUD. PROVINCIAL SECCION N: 1

PONTEVEDRA

 

SENTENCIA: 00197/2001

 

Rolo civil: 387/99

P. civil 365/98

Orix XDO. 1ª INST. VIGO 2

Tipo asunto MENOR CONTÍA

 

 A SECCIÓN PRIMEIRA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, composta por D. JAIME CARRERA IBARZÁBAL, residente, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e DONA BEGOÑA GARCÍA ANDOIN JORQUERA maxistrados, pronunciou

 

NO NOME DO REI

 

a seguinte

 

SENTENCIA NÚM. 197

 

Pontevedra, o 14 de maio do ano 2001.

 

 O recurso de apelación interposto fronte á sentencia deitada nos actos do proceso civil núm. 365/98, vindo do Xulgado de 1ª Inst. Vigo 2, foi movido entre as partes: dunha beira, como apelante e demandante, ENTIDADE GESTIONES Y DESARROLLOS PATRIMONIALES, SA, representado polo procurador Sr. Sanjuan Fernández e asistido do letrado Sr. Martínez-Olivares; doutra, como apelado e demandado, entidade A... GALICIA, SL, representada polo procurador Sr. Álvarez Vázquez, asistido do letrado Sr. Álvarez Graña; e amais diso, dunha outra, en situación procesual de rebeldía, D. MANUEL . Xuízo de menor contía.

 

ANTECEDENTES DE FEITO

 

Acéptanse os da sentencia de primeira instancia e, alén diso,

 

 PRIMEIRO.: Nos actos a que este rolo atinxe, na data de 14 de xullo de 1999, o Sr maxistrado-xuíz do Xulgado de 1ª Inst. Vigo 2 pronunciou sentencia, a resolución da cal, rigorosamente, di:

 

 DECISIÓN: "Que desestimando íntegramente la demanda interpuesta por la entidad mercantil GESTIONES Y DEARROLLOS PATRIMONIALES, SA, representada por el procurador don Andrés Gallego Martín-Esperanza, contra la entidad mercantil "A... GALICIA, SL-, representada por la procuradora doña Gisela Álvarez Vázquez y contra don Manuel, en situación procesal de rebeldía por su incomparececia, debo absolver como absuelvo a los expresados demandados de los pedimentos contra ellos deducidos en la antedicha demanda. Y ello, con imposición a la demandante de las costas causadas en esta primera instancia".

 

 E fronte á devandita sentencia, a parte demandante interpuxo recurso de apelación que foi admitido en ámbolos dous efectos, polo que as actuacións foron elevadas a esta Sala, tras as partes seren emprazadas. Por estas se teren constituido en parte e perante ela no tempo e do xeito que acae, tivoselles por comparecidas; axiña, entregáronselle aquelas para instrucción por termo de seis días ao maxistrado relator, e, tendo sido devoltas, sinalouse o día para a vista do recurso. A seguir, pasáronselle os actos aos litigantes, tamén para instrucción, polo prazo de catro días a cada un deles.

 

 SEGUNDO. Na tramitación desta instancia, cumpríronse as prescricións e termos legais.

 

 Foi relator o maxistrado don JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o criterio da Sala.

 

FUNDAMENTOS DE DEREITO

 

 PRIMEIRO O Tribunal, cando estaba a deliberar sobre o fondo do asunto atopouse cun obstáculo que lle impedía continuar nesa liña, e que de decidir sobre ese fondo podía afectar a terceiros non chamados ao proceso, sen oilos, e, conseguintemente, provoca-la súa indefensión.

 

 A parte actora, e hoxe recorrente, solicita na súa demanda, ademais da correspondente indemnización de danos e prexuízos, que se declare absolutamente nulo (por simulado e ter causa ilícita, segundo as súas propias expresións) o contrato de arrendamento de data 25 de decembro de 1.993, ou, de xeito subsidiario, se rescinda devandito contrato por fraude de acredores. E como consecuencia obrigada desa declaración de nulidade, ou rescisoria, insta que se deixe libre e a súa enteira disposición o obxecto alugado, baixo apercibimento de que se procederá ao lanzamento da sociedade demandada, ocupante do local.

 

 Dunha banda, a demandante relata e describe no feito primeiro da súa demanda os cinco locais, e que son os mesmos que os que aparecen descritos naquel documento privado de 25 de decembro de 1.993 ( locais n°s. 4, 5, 6, 8 e 10 da rúa Gregorio Espino, núm. 34, da cidade de Vigo ).

 

 Mais dos únicos locais dos que é dona esa parte son os números 5, 8 e 10, e elo a traverso do auto de adxudicación de bens, dictado o día 15 de xaneiro de 1.997 polo Xulgado de Primeira Instancia n° 10 de Vigo no xuízo executivo seguido ante o mesmo baixo o n° 728/95. Mentres que os outros dous locais foron propiedade da entidadeV... S.L. en virtude da mesma resolución xudicial, e a partires do día 4 de marzo de 1.997 é dicir, con data anterior á presentación da presente demanda, de data 2 de xuño de 1.998- son de propiedade dos irmáns, Manuel-Jesús e Ignacio, en virtude de escritura notarial de compravenda daquela data, outorgada por aquela entidade a prol destes irmáns compradores. Así infirese de xeito palmario e inequívoco desa escritura pública, inscrita no Rexistro da Propiedade ao día seguinte do seu outorgamento (folios 115 e seguintes), e aparece recoñecido pola actora no trámite procesual da comparecencia previnda no art. 691 da L.A.C. (folio 198).

 

Pois ben, ante esta coxuntura ron cabe outra alternativa que a chamada ao proceso dos devanditos irmán, donos dos locais números 4 e 6, fundos rexistrais números 33.645 e 33.649, respectivamente, dado que a decisión que se adopte, declarando ou non anulado, ou rescindindo, o contrato de aluguer, e o lanzamento da entidade arrendataria, é de obvio e directo interese para eles, máxime se se ten en conta, dunha parte, que a parte demandante insta aquela declaración de nulidade ou rescisoria do contrato de aluguer na súa integridade, ou o que é o mesmo, respecto de todo o obxecto arrendado, comprensivo tanto dos tres locais da súa propiedade, como daqueles outros dous, do dominio dos devanditos irmáns, ata o de agora alleos a este proceso; e doutra parte, que non parecería facil nin posibel, en todo caso, arrendar uno locais con independencia dos outros, ao vir constituir todos eles na realidade unha unidade física, ou un só local, tal como se colixe da proba pericial (folio 434), e recoñece en confesión a demandante, ao contestar á posición quinta (folio 382).

 

 En conclusión, non se pode insta-la nulidade ou rescisión do contrato do aluguer sen chamar aos autos ás partes intervintes nese contrato, arrendatarios e arrendadores, cualidade esta última da que participan os irmáns, Manuel-Jesús e Ignacio, en virtude da subrogación operada ao seu prol polo contrato de compraventa de data 4 de marzo de 1997.

 

 Por todo isto débese declarar que a relación xurídico procesual atópase constituida defectuosamente pola razón apuntada, estimándose a falta de litisconsorcio pasivo necesario, que é apreciable de oficio, tal como ten sinalado a doutrina xurisprudencial. Así, na s do T.S. de 5-12-2000 di que se trata dun presuposto procesual que como tal "debe vigilarse ex officio, provocando su falta la necesidad de su sanación, si posible fuera, sin que ello suponga alteración de los principios rectores del proceso, puesto que su observancia responde a la satisfacción de necesidades de orden público procesal. Tan importante considera el Tribunal Supremo la exigencia del litisconsorcio necesario o debida integración del contradictorio que ha proclamado, en numerosas sentencias, el deber de revelarlo de oficio por el órgano jurisdiccional. Como recuerda, entre otras, la sentencia del Tribunal Supremo de 29 de junio de 1992, ya la sentencia de 21 de julio del 1991, mantuvo -criterio seguido por otras muchas posteriores- que el remedio para salvar la omisión de litisconsortes necesarios en la demanda se corrige retrotrayendo las actuaciones al momento procesal de la comparecencia previa al efecto de que estos puedan ser emplazados para contestar a la demanda, posición análoga a la seguida por la nueva Ley de Enjuiciamiento Civil (todavía en "vacatio legis")".

 

 SEGUNDO. A natureza da decisión adoptada leva a non facer unha especial declaración sobre as cuotas procesuais de ningunha das dúas instancias (arts. 523 e 896 da L.A.C.).

 

 III. Por todo o exposto, e pola Autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o Pobo españois,

 

DECIDIMOS

 

 Que sen entrar no fondo do asunto, e apreciando a excepción de litisconsorcio pasivo necesario, retrotrae-las actuacións ata o intre procesual da comparecencia previa para o efecto de que poidan ser emprazados para contestar á demanda os irmán, Manuel-Jesús e Ignacio. Todo isto sen facer unha especial declaración sobre as custas procesuais de ningunha das dúas instancias.

 

Devólvanselle os actos orixinais ao xulgado de procedencia, con testemuño desta resolución para a súa execución e cumprimento.

 

 Esta é a nosa sentencia, que asinamos, que se ha traducir ao castelán se algunha das partes o solicita, ou que deba surtir efectos ante os órganos xudiciais non radicados nesta Comunidade e Autónoma.

 

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.