Sentencia CIVIL Nº 23/202...ro de 2022

Última revisión
04/03/2022

Sentencia CIVIL Nº 23/2022, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 3, Rec 829/2021 de 14 de Enero de 2022

Relacionados:

Tiempo de lectura: 29 min

Orden: Civil

Fecha: 14 de Enero de 2022

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: DE FRIAS CONDE, IGNACIO

Nº de sentencia: 23/2022

Núm. Cendoj: 36038370032022100023

Núm. Ecli: ES:APPO:2022:52

Núm. Roj: SAP PO 52:2022

Resumen:

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 3

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00023/2022

Modelo: N10250

/ROSALÍA DE CASTRO NÚM. 5-2-IZQ. (PONTEVEDRA)

-

Teléfono:986805127/28/29/30 Fax:986805123

Correo electrónico:Seccion3.ap.pontevedra@xustiza.gal

Equipo/usuario: MC

N.I.G.36042 41 1 2021 0000107

ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000829 /2021

Juzgado de procedencia:XDO.1A.INST.E INSTRUCIÓN N.1 de PONTEAREAS

Procedimiento de origen:JVH JUICIO VERBAL (DESAHUCIO PRECARIO) 0000031 /2021

Recurrente: Jose María, María Cristina

Procurador: SILVIA FREIRE FERNANDEZ, SILVIA FREIRE FERNANDEZ

Abogado: PABLO LOIS CARRERA, PABLO LOIS CARRERA

Recurrido: NEUMATICOS JL SL

Procurador: MARTA ROBES CABALEIRO

Abogado: RICARDO MANUEL GOMEZ LOUREDA

SENTENZA NÚM. 23/2022

MAXISTRADOS DO TRIBUNAL

Presidente:

DON JAIME ESAÍN MANRESA

Maxistrados:

DON FRANCISCO-JAVIER ROMERO COSTAS

DON IGNACIO DE FRÍAS CONDE

Pontevedra, 14 de xaneiro de 2022

Vistos en grao de apelación, perante esta Sección Terceira da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos de xuízo verbal (desafiuzamento por precario) 0000031/2021, procedentes do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución núm. 1 de Ponteareas, aos cales correspondeu o rolo de RECURSO DE APELACIÓN (LAC) 829/2021.Nel aparece, como parte apelante, don Jose María e dona María Cristina, representados pola procuradora dos tribunais dona Silvia Freire Fernández e asistidos polo avogado don Pablo Lois Carrera, e, como parte apelada, Neumáticos J.L., SL, representada pola procuradora dos tribunais dona Marta Robes Cabaleiro e asistida polo avogado don Ricardo Manuel Gómez Loureda. É o maxistrado relator don IGNACIO DE FRÍAS CONDE.

Antecedentes

PRIMEIRO.- O Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ponteareas pronunciou unha sentenza con data do 22 de xuño de 2021, cuxa parte dispositiva di:

'ESTIMO ÍNTEGRAMENTE la demanda de juicio verbal promovida por NEUMÁTICOS J.L. SL, representada por la Procuradora Sra. Robes Cabaleiro y asistida por el Letrado Sr. Gómez Loureda, frente a D. Jose María y Dña. María Cristina, representados por la Procuradora Sra. Freire Fernández y asistidos por el Letrado Sr. Lois Carrera; y, en consecuencia, CONDENO a los demandados a dejar libre, vacuo y expedito la finca urbana sita en Lugar de DIRECCION000 NUM000, hoy C/ DIRECCION001 número NUM001 de Ponteareas, con referencia catastral NUM002, inscrita en el Registro de la Propiedad de Ponteareas con el número NUM003, y a disposición de la parte actora.

Se condena a las costas del presente procedimiento a la parte demandada.'

SEGUNDO.- Contra a mencionada resolución interpuxo a parte demandada o presente recurso de apelación, que foi substanciado na instancia de conformidade co establecido no artigo 457 e seguintes da Lei de axuizamento civil (LAC); eleváronse os autos e correspondeu a este Tribunal a súa resolución, o que deu lugar á formación do presente rolo, e, non celebrándose vista pública nin práctica de proba, quedou o procedemento para votación e decisión.

TERCEIRO.- Na tramitación do recurso observáronse e cumpríronse todas as prescricións de carácter legal.

Fundamentos

PRIMEIRO.-Recorre a parte demandada contra a sentenza acolledora pronunciada na instancia en xuízo de desafiuzamento por precario. Na sentenza acóllese a demanda e acórdase o desafiuzamento do inmoble ocupado polos demandados.

Na contestación á demandaos demandados recoñecen que ocupan o inmoble, pero alegan que vivían nel en virtude dun contrato de arrendamento subscrito o 1 de maio de 2019, cunha duración de 15 anos e unha renda mensual de 150 euros, indican que depositou a fianza unha apoderada da parte demandante, e manifestan que satisfixeron de forma regular as rendas, así como as subministracións de auga e luz. Alegan tamén que efectuaron obras e reparacións para finalizar a vivenda, para o cal solicitaron un préstamo hipotecario en xuño de 2015, cuxo pagamento están asumindo.

Así pois, o título que invocan na contestación é un contrato de arrendamento concertado o 1 de maio de 2019.

SEGUNDO.-Na sentenza de instancia razóase da seguinte forma para acoller a demanda:

'TERCERO.- De la prueba practicada resulta que concurren los dos elementos necesarios para que prospere la acción ejercitada en la demanda.

En efecto, no se cuestiona la propiedad de la entidad demandante, ni que la vivienda constituye el domicilio familiar de los codemandados desde el año 2015, tal y como resulta también de la escritura de préstamo con garantía hipotecaria aportada a este procedimiento, en virtud de la cual la entidad CAIXABANK SA concedió un préstamo a los codemandados por importe de 60.000 euros, cuya devolución fue garantizada por la entidad demandante mediante hipoteca constituida sobre el inmueble de autos de su propiedad, indicándose expresamente en la escritura pública otorgada al efecto que se encontraba libre de arrendatarios y ocupantes, y que 'la parte deudora manifiesta expresamente que la finca que se hipoteca constituye su vivienda y domicilio habitual'.

En cuanto al título que justificó la ocupación de la vivienda, se deriva claramente de las declaraciones de los codemandados que contaron con el beneplácito de los padres del Sr. Jose María, integrantes de la sociedad demandante; pensando aquéllos que adquirían ese bien por herencia. Así, mientras tanto, no hay duda de que nos encontramos con la figura del precario, aunque los ocupantes del inmueble vengan pagando los recibos de suministros y otros gastos derivados del uso, o incluso hubiesen ejecutado obras en él.

Esta conclusión no cambia ante el controvertido contrato de arrendamiento presentado por los codemandados, porque el propio Sr. Jose María, además de reconocer como suya la firma obrante en el recibo de pago de la fianza, explicó que suscribieron el contrato para evitar que el inmueble fuese embargado por acreedores de la empresa propietaria.

Además, no consta que el contrato surtiese efectos como tal, al reconocer los codemandados que nunca pagaron renta, por mucho que ello fuese en compensación de una deuda a su favor que tampoco se justifica; y acreditándose un único abono efectuado tras el requerimiento extrajudicial formulado por la demandante en el que solicitaba el reintegro de la vivienda.

Dispone elCódigo civil en el artículo 1275 que los contratos sin causa, o con causa ilícita, no producen efecto alguno; y en el artículo 1276 que la expresión de una causa falsa en los contratos dará lugar a la nulidad, si no se probase que estaban fundados en otra verdadera y lícita.

En cualquier caso, las circunstancias anteriores permiten considerar que nos encontraríamos ante un negocio jurídico aparente cuya eficacia no puede sostenerse, debiendo concluir que los codemandados no ostentan título que les legitime para continuar con la posesión del inmueble, procediendo su desalojo.'

TERCEIRO.-A parte demandada recorre contra a sentenza, alegando erro na valoración da proba e na aplicación do dereito substantivo. Comeza cunha alegación previa que titula 'Feitos probados', en cuxo primeiro parágrafo expón o seguinte:

'En el presente caso, ha quedado probado que mis mandantes fijaron su residencia familiar en el inmueble desde el año 2015, fecha en la que concertaron un préstamo hipotecario por importe de 60.000 euros, avalado por el demandante, para afrontar importantes reparaciones en la vivienda. En tal momento, ya operaba un contrato de arrendamiento consensual, no formalizado por escrito, consistente en afrontar el pago del préstamo hipotecario a 10 años para estas reparaciones en concepto de renta por el arrendamiento. No obstante, a raíz de las dificultades económicas afrontadas por la parte arrendadora, y para evitar un embargo que frustrase las pretensiones de ambas partes, en el año 2019, se decidió por el arrendador y el arrendatario, formalizar el contrato de arrendamiento por escrito, el cual fue firmado por las partes, depositándose la fianza en el IGVS a través de una gestoría, incluyéndose, en concepto de renta, además del pago de la hipoteca, una renta de 150 euros que compensase el plazo de duración de 15 años pactado.'

A alegación segunda, aínda que se titula 'Do erro na apreciación da proba e o erro na aplicación do dereito substantivo', o que denuncia, en realidade, é o primeiro, non o segundo. Tras analizar o concepto do precario e a doutrina xurisprudencial na materia, éntrase no fondo da alegación ao sinalar que a xulgadora se baseou en meras impresións e sospeitas que non se corresponden cunha dedución lóxica e que non tivo en conta as circunstancias concretas do procedemento, pois os demandados non se atopan en situación de precario, entendido este como unha tenza sen título ou por mera tolerancia do dono, xa que teñen un dereito arrendaticio por un contrato de arrendamento celebrado entre a demandante e don Jose María o 1 de maio de 2019. Iso comporta a existencia dunha contraprestación, a renda pactada, cantidades que foron compensadas con outras débedas existentes entre a demandante e o arrendatario, xunto cos gastos de reparacións e reformas realizadas polo arrendatario, en virtude do préstamo hipotecario concertado con coñecemento do arrendador, por importe de 60 000 euros, ao cal segue facendo fronte. Salienta que co escrito de contestación á demanda se achegaron o contrato de arrendamento, un xustificante de pagamento da renda de 150 euros, o resgardo do depósito da fianza no Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), o aboamento das subministracións de luz e auga, a escritura de préstamo hipotecario, o xustificante de aboamento do préstamo polo arrendatario, e, no acto da vista, as facturas xustificativas das obras na vivenda arrendada, efectuadas con consentimento do arrendador.

Na alegación terceira denúnciase de novo o erro na valoración da proba e sinálase que, malia o razoado na sentenza, o contrato de arrendamento asinado polas partes foi pactado para recoller por escrito a situación existente anteriormente, desde o ano 2015, co fin de se asegurar que o inmoble non sería arrebatado por ningún dos acredores'con motivo da situación económica en la que se encontraba la mercantil demandante, pues habían pactado que la merced a cambio de residir en la vivienda sería realizar reparaciones y mejoras en la vivienda, para lo que se había solicitado un préstamo de 60.000 euros a 10 años con garantía hipotecaria sobre el mismo inmueble. Todo ello, al margen de que en el futuro se transmitiese o no el inmueble o no por herencia. De esta forma, reiteramos, el contrato de arrendamiento se recogió por escrito para poder asegurar, por un lado, el enriquecimiento de la actora, consistente en mejoras y reparaciones de acondicionamiento en el inmueble de su titularidad y por otro, que los demandados se mantuviesen en la posesión del inmueble y continuasen residiendo en dicha vivienda durante un plazo determinado.'Engade que tampouco se valoraron as débedas existentes entre a mercantil e Jose María, o cal propiciou que non se fixese fronte a algunhas das rendas de 150 euros, e resultaron así compensadas as cantidades. Por iso entende que está acreditado que o contrato de arrendamento produciu efectos. Sinala que a xulgadora tampouco tivo en conta a mala relación existente entre as partes e que, tras a reforma da vivenda por máis de 60 000 euros, se produciría un evidente enriquecemento inxusto da arrendadora. Engade que os pais e sogros dos codemandados, pese a impugnar o contrato, non solicitaron unha pericial caligráfica das súas sinaturas e que recoñeceron as súas respectivas sinaturas no contrato, polo que debe ser valorado como veraz, lícito e con obxecto e causa. Sinala que a constitución da fianza confirma a existencia do arrendamento, e que, ao non se declarar nin probar a súa nulidade, ten plenos efectos entre as partes, sen que se trate dun negocio xurídico aparente. Engade que, en canto ás custas, de se acoller a demanda, existen dúbidas de feito e de dereito, polo que non procedería a condena en custas.

Na fundamentación xurídica do recurso cita o artigo 17.5 da Lei de arrendamentos urbanos (LAU), que prevé a posibilidade de que se pacte substituír a obriga de pagamento da renda polo compromiso de reformar ou rehabilitar o inmoble, e os artigos 1195 e 1196 do Código civil, con relación á súa alegación de compensación das rendas con débedas existentes entre as partes.

A parte demandante oponse ao recurso. Remítese, fundamentalmente, ao razoado na sentenza, se ben matiza que non se acreditou sequera a sinatura do contrato, pois foron impugnadas as sinaturas, e os demandados non achegaron o documento orixinal, e que o codemandado Sr. Jose María recoñeceu que asinou suplantando a súa nai no recibo da suposta fianza.

CUARTO.-O xuízo verbal polo cal se resolve a pretensión de desafiuzamento por precario segundo o artigo 250.2º da LAC perdeu o carácter sumario que tiña no réxime procesual anterior e configúrase na nova lei como un xuízo plenario, tal e como claramente deriva da súa exposición de motivos.

Así, a análise da cuestión litixiosa debe formularse e examinarse en toda a súa plenitude, pois, de conformidade co artigo 447 da LAC, carece da súa tradicional natureza sumaria o xuízo de desafiuzamento en precario. Polo tanto, a sentenza que se pronuncie non está incluída dentro dos supostos de ausencia de cousa xulgada, pois a actual LAC non contén un procedemento especial de desafiuzamento semellante ao da lei procesual anterior, xa que o artigo 250.1.2º dispón que se decidirán 'en xuízo verbal, calquera que sexa a súa contía, as demandas [...] que pretendan a recuperación da plena posesión dun predio rústico ou urbano, cedido en precario, polo dono, usufrutuario ou calquera outra persoa con dereito a posuír este predio', pertencendo o xuízo verbal, consonte o artigo 248.2.2º da dita lei, á clase dos procesos declarativos e, polo tanto, con carácter plenario.

Xa que logo, o obxecto do xuízo de desafiuzamento por precario constitúeo o feito de determinar se existe unha ' cesión en precario'nos termos literais do artigo 250.1.2º da LAC.

Á parte demandante incumbe probar a súa real posesión sobre o predio que reclama, a título de dono, arrendatario, usufrutuario ou calquera outro que lle dea dereito a gozalo, e corresponde á parte demandada acreditar que a súa ocupación obedece a algún título que a vincula ao demandante e ao obxecto litixioso ou que paga renda como contraprestación á dita ocupación.

A STS do 27 de novembro de 1968, citada pola SAP de Pontevedra do 20 de xullo de 2010, sinala que ' para que pueda seguirse con éxito el juicio de desahucio por precario se requiere que se acredite que el que lo promueva tenga la posesión real de la finca a título de dueño, usufructuario o cualquiera otro que le dé derecho a disfrutarla y que el demandado la tenga o disfrute en precario, figura jurídica que a falta de definición legal ha ido elaborando la jurisprudencia hasta dejarla cristalizada como la ocupación sin título, o en virtud de un título nulo o que haya perdido su validez, es decir, una mera ocupación tolerada y sin contraprestación; y en su virtud la materia misma del citado juicio obliga a contemplar no solamente la suficiencia del título que se esgrima por el demandante para acreditar la posesión real que le legitima para promoverlo, sino también si, en efecto, el demandado es un ocupante por mera tolerancia o por el contrario tiene algún título que le vincule con el objeto o con el demandante y que justifique su permanencia en la posesión'.

Como indica a mencionada SAP de Pontevedra do 20 de xullo de 2010, para que prospere a acción deben concorrer os seguintes requisitos: 1) lexitimación activa (título do cal derive a posesión real polo demandante a título de dono ou calquera outro dereito real que lle permita o seu gozo); 2) identificación do predio obxecto de desafiuzamento para que a recuperación posesoria que se solicite e, de ser o caso, se poida obter chegue a se facer efectiva, sen dificultade ningunha; 3) lexitimación pasiva, é dicir, que o demandado goce ou teña en precario, posesión material, un predio (desfrute dunha cousa allea sen pagamento de renda ou mercé).

QUINTO.-O único motivo do recurso constitúeo, a pesar da dicción dos seus motivos, o erro na valoración da proba que o recorrente atribúe ao xulgador de instancia.

Neste sentido, a STS do 4 de abril de 2015 establece: ' Es perfectamente lícito que el recurrente en apelación centre su recurso en criticar la valoración de la prueba hecha en la sentencia de primera instancia, e intente convencer al tribunal de segunda instancia de que su valoración de la prueba, aun parcial por responder a la defensa lícita de los intereses de parte, es más correcta que la sin duda imparcial, pero susceptible de crítica y de revisión, del Juez de Primera Instancia.'

Agora ben, débese partir de que a inmediación sitúa a xuíza a quonunha posición de maior proximidade ás probas, polo que ten elementos máis fundados para calibrar a súa entidade, eficacia e credibilidade, e, se ela, na valoración conxunta e obxectiva daquelas, chega a conclusións razoables e as motiva suficientemente, débense facer prevalecer sobre as interesadas das partes. Por iso, a impugnación por unha das partes da apreciación da proba realizada polo xulgador de instancia, ante o que se practicou, mediante a súa valoración no seu conxunto, non pode prosperar sen máis cunha interpretación diferente das probas xa examinadas e valoradas na sentenza, co fin de obter conclusións máis favorables aos intereses da parte recorrente. Só cabe a dita revisión da valoración probatoria da sentenza se existe un erro patente nela, unha apreciación da proba de forma ilóxica, arbitraria ou contraditoria, ou se se omite valorar algunha proba esencial que dá un resultado incontrovertible. Pola contra, non se pode producir tal revisión se se funda na mera discrepancia persoal coa valoración que da proba deu o órgano xudicial, intentando substituír o criterio obxectivo do xuíz polas interpretacións subxectivas e interesadas da parte.

Ao noso xuízo, este é o caso. A sentenza valora a proba practicada, e conclúe que non se acreditou a realidade do contrato de arrendamento invocado pola parte demandada, ao considerar que o documento contractual achegado é un contrato simulado.

Compartimos, na súa esencia, o razoado na sentenza de instancia, se ben con algúns matices, como expoñeremos a continuación.

O primeiro que debemos sinalar é que os apelantes están tratando de introducir unha cuestión nova, ao modificaren no recurso os feitos invocados na contestación á demanda, en concreto, o contido e as circunstancias do contrato de arrendamento invocado. Trátase de alegacións que se producen ex novono recurso de apelación, sen que fosen introducidas oportunamente no proceso en primeira instancia.

En efecto, na contestación á demandaalégase que os demandados vivían no inmoble en virtude dun contrato de arrendamento subscrito o 1 de maio de 2019, cunha duración de 15 anos e unha renda mensual de 150 euros, que depositou a fianza unha apoderada da parte demandante, e manifestan que satisfixeron de forma regular as rendas, así como as subministracións de auga e luz. Alégase tamén que efectuaron obras e reparacións para finalizar a vivenda, para o cal solicitaron un préstamo hipotecario en xuño de 2015, cuxo pagamento están asumindo. En ningún momento se alega que o contrato de arrendamento existise de forma verbal desde o ano 2015, aínda non formalizado por escrito,nin se explica que o pagamento do préstamo hipotecario para efectuar reparacións substituíse a renda, nin se cita o artigo 17.5 da LAU. Tampouco se alude a que, por mor das dificultades económicas da demandante, e para evitar un embargo, decidisen ambas as partes no ano 2019 formalizar o contrato de arrendamento por escrito, en que se incluíu, en concepto de renda, ademais do pagamento da hipoteca, unha renda de 150 euros que compensase o prazo de duración de 15 anos pactado. E tampouco se alude a esa presunta compensación de débedas, invocada no recurso, para xustificar a falta de pagamento material das rendas. Por certo, non é só que non se expoñan na contestación tales débedas, resulta que nin sequera no recurso de apelación se especifica cales eran esas débedas, nin os seus conceptos e causas, nin os seus importes.

Neste sentido, débese lembrar que a configuración do recurso de apelación, aínda que permite ao tribunal de segundo grao coñecer na súa integridade do proceso, impide a formulación na alzada de cuestións que non fosen oportunamente suscitadas na instancia. Así se infire do establecido no artigo 456 da LAC, que vincula claramente o recurso aos 'fundamentos de feito e de dereito das pretensións formuladas ante o tribunal de primeira instancia', de forma que o recurso non constitúe un novo xuízo nin autoriza a resolver problemas ou cuestións distintos dos formulados na primeira instancia, onde quedan inexorablemente fixados os feitos e a causa de pedir, pois o contrario supoñería unha violación do principio de preclusión procesual (artigo 400 da LAC), que provocaría na parte contraria unha verdadeira situación de indefensión, existindo innumerables pronunciamentos xurisprudenciais nese sentido ( SSTS do 3 de novembro de 2009, do 18 de xaneiro e do 27 de outubro de 2010, do 17 de febreiro e do 10 de maio de 2011, do 4 de outubro de 2012, do 23 de abril de 2014 e do 13 de abril e do 3 de outubro de 2016). Xa que logo, calquera introdución no litixio de feitos distintos aos narrados na demanda ou na contestación supón unha cuestión nova, procesualmente inadmisible por extemporánea, que por iso non pode ser tratada na segunda instancia. Así, non cabe variar no recurso de apelación os motivos de oposición á demanda, nin introducir cuestións novas que non foron alegadas en tempo e forma na primeira instancia, de xeito que en sede de apelación o tribunal debe limitar o seu xuízo, e polo tanto o contido da sentenza, ás pretensións formuladas oportunamente en primeira instancia.

Neste sentido, e como sinala a sentenza do Tribunal Supremo do 20 de decembro de 2002, recollendo a do 13 de maio de 2002:

'... los Tribunales deben atenerse a las cuestiones de hecho y de derecho que las partes le hayan sometido, las cuales acotan los problemas litigiosos y han de ser fijadas en los escritos de alegaciones, que son los rectores del proceso. Así lo exigen los principios de rogación ( sentencias de 15 de diciembre de 1984 , 4 de julio de 1986 , 14 de mayo de 1987 , 18 de mayo y 20 de septiembre de 1996 , 11 de junio de 1997 ); y de contradicción (sentencias de 30 de enero de 1990 y 15 de abril de 1991 ), por lo que el fallo ha de adecuarse a las pretensiones y planteamientos de las partes, conforme a la regla 'iudex iudicare debet secundum allegata et probata partium' ( sentencias 19 octubre 1981 y 28 abril 1990 ), sin que quepa modificar los términos de la demanda, contestación o reconvención (prohibición de la 'mutatio libelli', sentencia de 26 de diciembre de 1997 ), ni cambiar el objeto del pleito en la segunda instancia ('pendente apellatione nihil innovetur', sentencias de 19 julio 1989 , 21 abril 1992 y 9 junio 1997 )...'.

Por iso, quedan extra muros do proceso as alegacións efectuadas no recurso sobre a ocupación do inmoble anterior ao 1 de maio de 2019, e debe cinguirse o obxecto de debate a se existe ou non o título invocado polos demandados, isto é, o contrato de arrendamento do 1 de maio de 2019.

Para isto debemos partir de que a autenticidade do dito documento foi impugnada, xunto co resgardo de ingreso da fianza. En primeiro lugar, mediante un escrito do 20 de abril de 2021, tras a súa achega coa contestación. En segundo lugar, no acto da vista, aínda que as alegacións do letrado sobre a simulación puidesen xerar certa confusión. Alegouse que o documento non foi asinado, coñecido nin aceptado pola demandante, e requiriuse aos demandados a achega do documento orixinal; estes non o achegaron e argumentaron na vista que non se podía localizar por estar dixitalizado.

O representante legal da demandante e a testemuña Sra. Adela manifestaron na vista que as sinaturas que a cada un deles lle son atribuídas no documento son súas, pero que non o asinaron; o Sr. Raimundo indicou que esa sinatura era un 'corta e pega', que puido ser extraída doutro documento e pegada a ese, e a Sra. Adela manifestou que non coñecía o documento, que tiveron que extraer a sinatura doutro documento.

Pois ben, impugnada a autenticidade da sinatura pola parte apelada, non lle incumbe a ela a carga de probar a falsidade da sinatura, aínda que chegasen a propoñer unha pericial caligráfica, que non se chegou a practicar, senón aos demandados apelantes, que son os que achegaron o documento.

O artigo 326 da LAC, que regula a forza probatoria dos documentos privados, refírese ao suposto, como o litixioso, de impugnación da súa autenticidade no seu apartado segundo:

'2. Cando se impugne a autenticidade dun documento privado, quen o presentase poderá pedir o cotexo pericial de letras ou propor calquera outro medio de proba que resulte útil e pertinente para o efecto.

Se do cotexo ou doutro medio de proba se desprendese a autenticidade do documento, procederase conforme o previsto no punto terceiro do artigo 320. Cando non se poida deducir a súa autenticidade ou non se propoña ningunha proba, o tribunal valorarao conforme as regras da sa crítica.'

Do teor do precepto resulta que é quen presenta o documento, neste caso os apelantes, quen ten a carga de propoñer proba para acreditar a autenticidade do documento; e, se non se pode deducir a autenticidade do documento, debe valorarse o documento consonte as regras da sa crítica, e, especificamente, en relación coas demais probas practicadas no proceso. É á parte demandada, que sostén como feito constitutivo da súa pretensión a existencia do contrato de arrendamento plasmado no documento que achega, a quen incumbe acreditar a súa realidade, e a insuficiencia probatoria sobre ese aspecto prexudicaraa a ela, non á demandada apelada, que nega a existencia do arrendamento.

Pois ben, impugnada a autenticidade do documento, ningunha proba propuxeron os demandados para acreditala, polo que o dito documento non se pode ter por auténtico para efectos probatorios, de forma que cumprirá aterse ao resto da proba practicada para valorar se resulta acreditada ou non a realidade dese arrendamento, sen que abonden para isto as interesadas declaracións das partes nos seus interrogatorios e a testifical da Sra. Adela, tamén interesada no litixio pola súa relación coa entidade demandante.

En canto á realidade do contrato, nada puido achegar a outra testemuña, representante da inmobiliaria, a través da cal se tramitou a fianza, pois afirmou que non interveu na súa redacción.

En canto á fianza, aínda que consta o seu depósito, non se acreditou que se efectuase con intervención da demandante apelada, que negou a intervención da testemuña no seu nome para constituíla, sen que o representante da inmobiliaria recordase a intervención desta cando a xestionou. En todo caso, aínda que o recibo consta a nome da Sra. Adela, o codemandado Sr. Jose María recoñeceu, ao ser interrogado na vista, tras lle ser exhibido o recibo, que a sinatura é súa, polo que se conclúe que a fianza se constituíu e tramitou só con intervención dos demandados, non da parte demandante, e por iso non se pode valorar como indicio da realidade do contrato de arrendamento.

Se a isto unimos que non consta aboamento de renda ningunha polos demandados, supostos arrendatarios, entre o 1 de maio de 2019 e o mes de decembro de 2020, senón só o 20 de xaneiro de 2021, cando xa foran requiridos notarialmente de desaloxamento como precaristas para o 7 de xaneiro de 2021, data en que ingresaron 450 euros, debemos concluír que non existía tal arrendamento, sendo este pagamento un intento van de constituír proba días antes de que o asunto se xudicializase.

Que estamos ante un precario corrobórano as propias manifestacións dos demandados de que fixeron investimentos no inmoble coa expectativa de recibilo a título gratuíto, pero isto non implica que exista un contrato de arrendamento, que é o título de ocupación que invocan.

En canto ás alegacións de que aboaron os gastos de electricidade, auga, etc., e de que empregaron o importe do préstamo en reformas e reparacións do inmoble, débese sinalar que a xurisprudencia menor considera de forma unánime que o pagamento de impostos, gastos de luz, gas, auga, realización de obras de conservación ou mellora, etc. polo ocupante dun predio non equivalen á renda, salvo que así se pacte expresamente, sen que se invocase na contestación que os pagamentos polas reformas se efectuaron en concepto de renda, non así no recurso, no cal se introduciu tal alegación de forma extemporánea, e, por iso, inadmisible, como xa se razoou.

Así, por exemplo, na SAP de Ávila do 15 de xullo de 2021 sinálase:

'Por otro lado, según señala la sentencia de la audiencia provincial de Toledo de diez del mes de diciembre del año 1.999, la jurisprudencia es constante en el sentido de declarar que el hecho de pagar merced o renta, que excluye la condición de precarista, no está constituido por la mera entrega de una cantidad de dinero, sino que esa entrega ha de ser a título de renta y aceptada, expresa o tácitamente por tal concepto, no constituyendo renta los gastos, o pagos, que fueren realizados por el ocupante para su propia utilidad (agua, luz, calefacción, etc.), si no consta que fueron aceptados como contraprestación por el arrendamiento constituido. Tampoco debe considerarse renta o merced la realización de obras de acondicionamiento, mejora, o mantenimiento del inmueble, aun cuando fueran ejecutadas con el consentimiento del propietario, si no resulta acreditado que constituyeron una contraprestación por la cesión del uso o goce de la propia finca (sentencia del tribunal supremo de veintidós del mes de octubre del año 1.987).'

E na STS do 28 de febreiro de 2013 indícase:

' Esta Sala ha declarado, en las sentencias citadas por la parte recurrente y en otras, como las de 30 noviembre 1964 , 21 noviembre 1967 , 22 marzo y 8 mayo 1968 y 30 octubre 1986 , que no constituyen merced que desvirtúe el precario ciertos pagos o gastos que haga el ocupante de la finca si no fueron aceptados por el dueño en concepto de contraprestación y mucho menos si no son periódicos y equiparables al pago comúnmente usual del alquiler ( STS 29-6-2012, rec. 1226/2009 ).

La sentencia de 29 de junio del 2012, recurso: 1226/2009 , declaró como doctrina jurisprudencial que la posesión de un bien inmueble a título de arrendamiento exige la prueba por el poseedor de que existe una renta como precio del arriendo, sin que el mismo pueda quedar justificado por la mera acreditación de que se han producido algunos pagos, cuando se ignora la finalidad y periodicidad de los mismos.

También se define el precario como 'una situación de hecho que implica la utilización gratuita de un bien ajeno, cuya posesión jurídica no nos corresponde, aunque nos hallemos en la tenencia del mismo y por tanto la falta de título que justifique el goce de la posesión, ya porque no se haya tenido nunca, ya porque habiéndola tenido se pierda o también porque nos otorgue una situación de preferencia, respecto a un poseedor de peor derecho' y que 'el hecho de pagar merced que excluya la condición de precarista no está constituido por la mera entrega de una cantidad de dinero, sino que ha de ser esa entrega por cuenta propia y a título de merced o de alquiler por el arrendamiento constituido o presunto a nombre del que paga.' ( SSTS 30 de octubre 1986 ; 31 de enero 1995 ). ( STS 6-11-2008, rec. 2653 de 2002 )''

En definitiva, polas razóns expostas, debe desacollerse o recurso de apelación.

SEXTO.-Queda por analizar a última alegación do recurso respecto á imposición de custas que se efectúa na sentenza de instancia, por entender que o asunto presenta serias dúbidas de feito ou de dereito, suficientes para fundamentar unha non imposición de custas, sen maior explicación que a seguinte:

'Como hemos señalado, en el presente caso, a la vista de la prueba practicada y la documental aportada, tratándose de un procedimiento en el que, en el improbable caso de estimación de la demanda, en último caso, existirían serias dudas de hecho y de derecho, en ningún caso correspondería la condena en costas a mis mandantes.'

Non compartimos este lacónico razoamento. Non existen dúbidas de feito, senón insuficiencia probatoria, xa que puido a parte apelante propoñer outras probas para acreditar o título que invoca, en particular unha proba pericial para acreditar a autenticidade do documento contractual arrendaticio. En canto ás dúbidas de dereito, ignoramos cales son, pois non as especifica a parte recorrente, cuxo recurso se funda en discrepancias fácticas, non xurídicas.

En definitiva, debe desacollerse tamén este motivo de recurso.

SÉTIMO.-En materia de custas da apelación, o artigo 398 da LAC establece o seguinte:

'1. Cando sexan desestimadas todas as pretensións dun recurso de apelación, extraordinario por infracción procesual ou casación, aplicarase, en canto ás custas do recurso, o disposto no artigo 394.

2. En caso de estimación total ou parcial dun recurso de apelación, extraordinario por infracción procesual ou casación, non se condenará nas custas deste recurso a ningún dos litigantes.'

No caso litixioso, ao se desacoller o recurso, procede impoñer as custas do recurso á parte recorrente.

Tras seren vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Fallo

Desacollemoso recurso de apelación interposto pola procuradora Sra. Freire Fernández, en nome e representación de don Jose María e dona María Cristina, contra a sentenza pronunciada con data do 30 de abril de 2021, polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ponteareas no xuízo verbal de desafiuzamento por precario número 91/2021 (rolo núm. 829/2021), resolución que confirmamos, con imposición das custas da alzada á parte recorrente, e perda do depósito constituído.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que esta sentenza poderá ser susceptible de recurso extraordinario de infracción procesual e de casación se concorren os requisitos legais (artigos 469 e 477 e disposición derradeira décimo sexta da LAC) que se interpoñerán, se é o caso, perante o Tribunal no prazo de 20 días desde a notificación desta resolución.

Conforme a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial, para a admisión do recurso deberase acreditar que se constituíu, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que a parte recorrente sexa beneficiaria de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

Unha vez firme esta resolución, expídase un testemuño, que será remitido cos autos orixinais ao xulgado de procedencia para os efectos oportunos.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

A difusión do texto desta resolución a partes non interesadas no proceso en que foi pronunciada só poderá levarse a cabo logo da disociación dos datos de carácter persoal que conteña o documento e con pleno respecto do dereito á intimidade, dos dereitos das persoas que requiran un especial deber de tutela ou da garantía do anonimato das vítimas ou prexudicados, cando proceda.

Os datos persoais incluídos nesta resolución non poderán ser cedidos nin comunicados con fins contrarios ás leis.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.