Última revisión
17/09/2017
Sentencia CIVIL Nº 236/2020, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 843/2019 de 05 de Junio de 2020
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 11 min
Orden: Civil
Fecha: 05 de Junio de 2020
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 236/2020
Núm. Cendoj: 36057370062020100230
Núm. Ecli: ES:APPO:2020:960
Núm. Roj: SAP PO 960:2020
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00236/2020
Modelo: N10250
C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO
Teléfono:986817388-986817389 Fax:986817387
Correo electrónico:
Equipo/usuario: BN
N.I.G.36057 42 1 2018 0014500
ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000843 /2019
Juzgado de procedencia:XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 3 de VIGO
Procedimiento de origen:ORD PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0000913 /2018
Recurrente: BANCO DE SANTANDER, S.A.
Procurador: JESUS ANTONIO GONZALEZ-PUELLES CASAL
Abogado: FRANCISCO JAVIER RODRIGUEZ RAMOS
Recurrido: Maximiliano, Amalia
Procurador: ANDREA ESTEVEZ SANTORO, ANDREA ESTEVEZ SANTORO
Abogado: SUSANA MARIA CASTRO LOPEZ, SUSANA MARIA CASTRO LOPEZ
A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistrados D. JAIME CARRERA IBARZÁBAL Presidente, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e Dª MAGDALENA FERNÁNDEZ SOTO,pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
S E N T E N Z A Nº 236/20
Vigo, cinco de xuño de dous mil vinte.
VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 913/18 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 3 de Vigo ós que correspondeu o rolo 843/19, nos que aparece como parte apelante e demandado BANCO SANTANDER S.A., representada polo/a procurador/a D./D.ª JESUS GONZÁLEZ PUELLES CASAL e asistida do/da letrado/a D./D.ª FCO. JAVIER RODRÍGUEZ RAMOS,e como parte contra da que se apela e demandantes D. Maximiliano e D.ª Amalia, representada polo/a procurador/a D./D.ª ANDREA ESTÉVEZ SANTORO e asistida do/da letrado/a D./D.ª SUSANA Mª CASTRO LÓPEZ.
É o maxistrado relatorD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.
Antecedentes
Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 3 de Vigo, con data do 12 de xuño de 2019, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:
'Que ESTIMANDO ÍNTEGRAMENTE la demanda presentada por la representación procesal de D. Maximiliano y Dª Amalia frente a Banco Santander, SA declaro anuladoel contrato de suscripción de obligaciones subordinadas a que hace referencia la demanda; estableciendo la obligación de las partes de restituirse recíprocamentelas prestaciones efectuadas, en los términos precisados en el Fundamento Jurídico 5º, párrafo 2º, de las presentes.'
Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a, D./D.ª JESUS GONZÁLEZ-PUELLES CASAL en representación de BANCO SANTANDER S.A., presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).
Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día catro de xuño de dous mil vinte.
Fundamentos
Primeiro: A sentenza ditada en primeira instancia estima a demanda, apreciando a nulidade da compra de obligacións subordinadas Banco Popular VT 10-21, realizada o día 28 de setembro de 2011, por erro no consentimento, ante o incumprimento por parte da entidade bancaria demandada da obriga de informar ao cliente sobre a natureza, características e alcance da operación emprendida. A resolución se recurre polo demandado invocando, por una banda, a caducidade da acción, e por outra, que acatou o deber de información. Por razón metodolóxicas comezamos polo exame da primeira invocación.
Segundo: A excepción de caducidade non pode ter acollida se atendemos á doutrina xurisprudencial sentada a partir da sentenza do Tribunal Supremo -do Pleno- de 19 de febreiro de 2018, nun caso de swaps, no que ese tribunal acorda rexeitar a interpretación que a entidade bancaria recurrente en casación sostén sobre este extremo, consonte á cal o día inicial será aquel no que os clientes saian do erro, é dicir, cando empezaron percibir liquidacións negativas, pois ainda que se teña coñecemento destas liquidacións, moitas veces pouco significativas na economía do contrato, haberá que esperar a que a relación contractual chegue esgotarse, pois tan só neses intres finais producirase o fenómeno de cumprimento efectivo das prestacións entre os contratantes dado que, en fin, nos momentos anteriores atopábamos ante puras coxunturas puntuais, cambiantes, incertas no resultado final e impredecibles. E sendo certo que a anterior resolución de 19 de febreiro de 2018 contempla un suposto de swaps, non o é menos que a mesma expresa unha filosofía que se pode xeralizar, con máis ou menos matices, a todos os contratos bancarios de complexidade -e elevados riscos-, no senso de que tan só cando o consumidor teña un coñecemento claro, franco, íntegro e cabal do negocio, pode falarse propiamente de que acción de nulidade xa naceu. En definitiva, e en proclamación de devandira resolución, a concurrencia dos dous pesupostos, un, da superación do erro inicial, e o outro, da consumación do contrato, é de inexcusable concurrencia, se non se quere deixar baleiro de contido o artigo 1303 do Código Civil, que establece como dies a quo,expresa e precisamente, o da consumación contractual.
No caso axuizado non concurren eses dous presupostos dado que, en primeiro termo, o contrato non se extinguiría ata o seu vencimento, no ano 2021 ou, ao sumo, e producido o canxe, o día 12 de xuño de 2017, nese día. E, en segundo termo, non sería ata esta data cando se coñecería realmente o resultado final da operación, teríase conciencia da mesma e, por conseguinte, sairíase do erro inicialmente padecido.
Terceiro: Indiscutida a natureza complexa e de alto risco do producto, verbo da obliga de información por parte do Banco cómpre lembrar: A) Que as regras que sobre a carga da proba sanciona o artigo 217 da L. A. C. fan recaer sobre o Banco demandado a carga da proba da información. A natureza positiva deste feito, en unión dos postulados de facilidade e dispoñibilidade probatorias, pois é comúnmente o Banco o que dispón dos recursos humáns e materiais ou técnicos para demostralo, imponen a este último o onus probandi. B) Que o determinante para apreciar a nulidade por falta de información non radica propiamente na ausencia desta, pois pode darse o caso de que, a pesar desta carencia, o cliente teña coñecemento previo e completo da operación en cernes. C) Que, en todo caso, a falta de información debida acarrea unha presunción de erro no consentimento.
Pois ben, partindo deses postulados e despois de revisar as probas que figuran na lite, rematamos con afirmar, en coincidencia co xulgador a quo, que a parte demandada, e hoxe apelante, non acatou cumpridamente ese mandato probatorio.
Cuarto: O recurrente alicerza a súa liña argumental en dous pilares. Un primeiro, que dados os coñecementos e experiencia investidora da parte demandante, anteriores á adquisición litixiosa, a mesma non pode invocar loxicamente o erro. E o segundo e, en todo caso, que informou adecuadamente ao cliente, tanto verbalmente como por escrito.
Quinto: Descartada a trascendencia, por unhna banda, que a cualidade de empresario da parte actora (administrador dunha sociedade recreativa) faga presupor ter coñecementos sobre operacións inversoras complexas e de risco e, tamén e concretamente, sobre os valores contratados, e por otra, da posible adquisición destes valores con posterioridade aos de lite, o Banco apelante alude a que os demandantes xa tiñan subscrito antes productos iguais. Concretamente, refiren a tenza de obligacións subordinadas de Caixabank e de Caixa dÂEstalvis. Máis fonte a esta invocación debe reseñarse: A) Que este segundo produto foi ofrecido en novembro de 2011, como recoñece a parte apelante, polo que toda posible información -que ignoramos- acerca do mesmo carece de relevancia, xa o litixioso foi contratado con anterioridade (setembro dese ano). E o capitulo que se recolle nas declaración tributarias sobre patrimonio dos anos 2011 e seguintes (DSU Caixa dÂEstalvis) ven referido loxicamente a aquela operación postreira. B) Que sobre as obligacións subordinadas 'necesariamente convertibles en accións', de Caixabank, atopámonos co inconveniente de que descoñecemos a data da subscrición, así como se houbo información sobre elas. Ao que debemos engadir, dunha parte, que non estamos realmente ante operacións da mesma natureza (feito polo demáis admitido polo recurrente), e doutra, que na certificación expedida por Abanca non se menciona esa operación. E doado sería remitir semellante oficio a aquela primeira. C) Que a condición de minorista do demandante aparece plasmada na proba documental. En definitiva, a formulación da parte demandada non pode compartirse.
Sexto: A documentación e testemuñal ofrecidas polo recurrente para acreditar que acatou a obriga de informar resulta palmariamente insatisfactoria.
Así, e en primeiro termo, a testemuña, Apoderado do Banco, afirma que non lembra ter contratado o produto e que ten dúbidas de que fora el, e non o Director, o que comercializárao. Con esta carencia, ningún valor probatorio poden ter as súas posteriores e xenéricas declaracións, de que, despois de revisar a documentación ante a citación xudicial, engade, a circular do Banco era moi escrupulosa... ou que o actor era moi exixente verbo das remuneracións....
En segundo termo, a alegación do apelante, de ter tido diversas reunións co actor para informarlle do produto, carece de todo apoio probatorio. Tamén daquela testemuñal.
Por último, a proba documental é igualmente insuficiente.
En efecto, as ordes de compra non describen, nin tan siquera minimamente, o produto. Ainda máis, a expresión, apocopada, 'OB. SUB. BANCO POPULAR VT 10-21' é inútil. E a advertencia de que o ordenante coñece as condicións do produto é por igual inoperante, tanto pola invalidez xeral destas remisións, como pola xeralidade das mesmas dado que, tal como atinadamente proclama a sentenza recurrida, o importante é coñecer precisamente cales eran esas condicións, das que o Banco debía informar e coa necesaria anticipación, en fin, ao cliente para que formara adecuado criterio. En último termo, hai una coincidencia temporal entre as datas das ordes e da operación, co faltaría a precontractulidade informativa. E o mesmo pasa co contrato de depósito e administración de valores, da mesma data, do 28 de setembro de 2011.
Pola súa banda, os documentos relativos aos resumos infomativos, ás condicións finais das obligacións subordinadas, ou ao folleto ¿Cómo será la nueva fiscalidad y cotización de los vales de comida en 2018? -este remitido á CNMV-, carecen de data e da sinatura do actor, ignorándose ademáis se lle foron oportunamente entregados a este.
Por se for pouco, que non o é, o tríptico carece de data. E non temos constancia de dato obxectivo ningún de que fora entregado días antes do do peche da operación.
Derradeiramente, as informacións fiscais ninguna relevancia teñen para decidir a lite, pois son informacións naturalmente posteriores á compra das obligacións subordinadas.
En conclusión, a falta de información conleva a nulidade do contrato por erro consensual, en canto que, contrariamente ao postulado polo apelante, afecta a elementos esenciais do negocio, tales como que podía perderse parcial e ata totalmente o capital investido, ou que en situacións de insolvencia da entidade bancaria os actores quedaban postergados aos depositantes e acredores, privilexiados e comúns, ocupando unha posición de preferencia, exclusivamente, verbo dos accionistas.
Sétimo: Non apreciamos que concurra alguna circunstancia de excepción -que a parte recurrente non invoca para una decisión distinta-, para deixar de aplicar o criterio xeral do vencimento obxectivo, que para as custas procesuais desta alzada sanciona o artigo 398 da L. A. C..
Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,
Fallo
Que desestimamos o recurso de apelación formulado por BANCO SANTANDER S.A. representado polo Procurador Sr. González-Puelles Casal contra a sentenza ditada polo Xulgado de 1ª Instancia nº 3 de Vigo o día 12 de xuño de 2019, con expresa imposición das custas procesuais esta alzada á parte apelante.
Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.
Notifíqueselles ás partes a presente resolución.
MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC, debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC. Asímesmo cabe interpoñer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguintes a súa notificación na forma establecido no artº 479 da LAC.
Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.
