Sentencia Civil Nº 237, A...yo de 2000

Última revisión
18/05/2000

Sentencia Civil Nº 237, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 2127 de 18 de Mayo de 2000

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 6 min

Orden: Civil

Fecha: 18 de Mayo de 2000

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 237

Resumen:
    Fronte á devandita sentencia, a parte demandada interpuxo recurso de apelación que foi admitido en ámbolos dous efectos, polo que as actuacións foron elevadas a esta Sala, tras as partes seren emprazadas. Na tramitación desta instancia, cumpríronse as prescricións e termos legais. A primeira atinxe a cal é o momento no que o rendeiro ten que acreditar que os seus ingresos non rebordan os topes legalmente establecidos para que non proceda a actualización da renda: quer no trámite -e necesariamente nel- de oposición ao requirimento de actualización que lle fai o arrendador, trámite de oposición ao que fai alusión a Disposición transitoria segunda, letra D).11, regra sexta da LAU, de tal xeito que, se nese intre non o fai,  terase por precluido ese dereito; quer en momentos posteriores, abondando que no devandito trámite manifeste a súa oposición á actualización por non ser acredor de ingresos superiores a aqueles topes legais. A acollida do recurso leva a non facermos pronuncia especial ningunha verbo das custas procesuais desta alzada, así como tampouco verbo das da primeira instancia, pois, nembargantes rexeitármo-la demanda, non cabe descoñece-la actitude do demandado, quen non lle xustificou á arrendadora os seus ingresos, obrigando a esta última a ter que promove-la demanda a que se contrae este proceso. Devólvanselle os actos orixinais ao xulgado de procedencia, con testemuño desta resolución para a súa execución e cumprimento.    

Fundamentos

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 1

PONTEVEDRA

 

SENTENCIA: 00237/2000

 

Rolo civil: 2127/98

P. civil: 878/97

Orixe: XDO. 1ª INST. VIGO 6

Tipo asunto: VERBAL CIVIL

 

      A SECCIÓN PRIMEIRA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, composta por D. JAIME CARRERA IBARZÁBAL, presidente, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e DONA INMACULADA MARTIN VELÁZQUEZ, maxistrados, pronunciou

 

NO NOME DO REI

 

a seguinte

 

SENTENCIA NÚM.237

 

      Pontevedra, o 18 de maio do año 2000.

 

      O recurso de apelación interposto fronte á sentencia deitada nos actos do proceso civil núm. 878/97, vindo do Xulgado de 1ª Inst. Vigo 6, foi movido entre as partes: dunha beira, como apelante e demandada, DONA MARGARITA, representada nesta instancia polo procurador dos tribunais Sr. Pérez Gorís, baixo a dirección do letrado Sr. Alonso Sánchez; e da outra como apelado e demandante, dona MANUELA, a quen representa o procurador Sr. Alvarez Vázquez e dirixe o letrado Sr. Rivas García. Xuizo de verbal civil.

 

ANTECEDENTES DE FEITO

 

      Acéptanse os da sentencia de primeira instancia e, alén diso:

 

PRIMEIRO.- Nos actos a que este rolo atinxe, na data de 16 de febreiro de 1998, o Sr maxistrado-xuíz do Xulgado de 1ª Inst. Vigo 6 pronunciou sentencia, a resolución da cal, rigorosamente, di:

 

      DECISIÓN: "Que estimando la demanda presentada por doña MANUELA, contra D. CARLOS, debo declarar y declaro la procedencia de la actualización de la renta, debiendo satisfacer dicho demandado, el 30 por ciento de la renta actualizada (17 942 pta), esto es cinco mil trescientas ochenta y dos pesetas, desde el mes de octubre de 1997, hasta la próxima anualidad de vigencia del contrato, condenando al demandado a pasar por tal declaración, e imponiéndole las costas del presente procedimiento.".

      E fronte á devandita sentencia, a parte demandada interpuxo recurso de apelación que foi admitido en ámbolos dous efectos, polo que as actuacións foron elevadas a esta Sala, tras as partes seren emprazadas. Por estas se teren constituido parte perante ela no tempo e do xeito que acae, tívoselles por comparecidas, entregóuselles aquelas para instrucción por termo de dez días a cada unha e, despois de aviaren o devandito trámite, pasáronselle por igual termo e co mesmo obxecto ao maxistrado relator. A seguir, sinalouse día para a vista do recurso, que tivo lugar na data de 3 de maio do año que andamos, coa asistencia dos letrados das partes.

 

      SEGUNDO. Na tramitación desta instancia, cumpríronse as prescricións e termos legais.

      Foi relator o maxistrado don JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o criterio da Sala.

 

FUNDAMENTOS XURÍDICOS

 

      PRIMEIRO. A primeira pretensión da parte demandada, e hoxe recorrente, é que se declare a nulidade do actuado por non ter sido emprazada legalmente, pedimento que ten que ser desbotado sen paliativos nin necesidade de especiais e complicadas argumentacións, pois, se se examina a dilixencia de emprazamento, obsérvase que este reúne tódolos requisitos legais, tendo sido entregada a correspondente cédula de emprazamento a unha veciña inmediata, sen que exista dato ningún probado, aínda que fose indiciariamente, que demostre que esa veciña non lle fixo chegar o emprazamento ao rendeiro, o que, doutra beira, prestou ao longo do procedemento en confesión xudicial.

 

SEGUNDO. Salvado o anterior atranco, dúas son as cuestións que se formulan no caso axuizado: unha, de orde xurídica, e a outra, de natureza fáctica.

A primeira atinxe a cal é o momento no que o rendeiro ten que acreditar que os seus ingresos non rebordan os topes legalmente establecidos para que non proceda a actualización da renda: quer no trámite -e necesariamente nel- de oposición ao requirimento de actualización que lle fai o arrendador, trámite de oposición ao que fai alusión a Disposición transitoria segunda, letra D).11, regra sexta da LAU, de tal xeito que, se nese intre non o fai,  terase por precluido ese dereito; quer en momentos posteriores, abondando que no devandito trámite manifeste a súa oposición á actualización por non ser acredor de ingresos superiores a aqueles topes legais. Cuestión que a Sala entende que debe ser resolta neste segundo senso, pois a leí non lle impón ao rendeiro a carga de que no intre de se opor a aquela pretensión actualizadora do arrendador lle xustifique os seus ingresos totais, obriga que, se quixer esixila, así o establecería explícitamente, dada a súa transcendencia. O único que a leí establece, ante unha inicial falta de xustificación dos ingresos do rendeiro -e das persoas que con el convivan na vivenda alugada- é unha presunción da procedencia da actualización (regra sétima da norma amentada); presunción que, pola súa natureza de iuris tantum, pode ser destruida en calquera momento posterior, mesmo dentro do proceso no que se discuta se procede ou non procede a actualización, no que o rendeiro, xa in extremis, poderá acreditar que aqueles ingresos non exceden dos limites legais.

A segunda cuestión é de carácter fáctico, ou, se se preferir, de índole probatoria, e radica, á fin, en examinar se o rendeiro -que vivía coa súa muller, carecente de ingresos- percibía uns ingresos que non superaban en dúas veces e medio o salario mínimo interprofesional, cuestión á que se lle ten que dar forzosamente unha resposta afirmativa, pois, estando establecido ese salario en 66 630 pta ao mes, para o año 1996, polo Real decreto 2656/96, de 27 de decembro, o que faría a suma anual, por catorce mensualidades, de 932 820 pta, que, multiplicada por dúas veces e media, resulta a contfa definitiva de 2 332 050 pta, esta última cifra excede con moito dos ingresos anuais brutos do rendeiro, que se elevaron a 1 494 038 pta. A consencuencia de todo o dito non pode ser outra, entón, que a de rexeitármo-la pretensión actualizadora da arrendadora.

TERCEIRO. A acollida do recurso leva a non facermos pronuncia especial ningunha verbo das custas procesuais desta alzada, así como tampouco verbo das da primeira instancia, pois, nembargantes rexeitármo-la demanda, non cabe descoñece-la actitude do demandado, quen non lle xustificou á arrendadora os seus ingresos, obrigando a esta última a ter que promove-la demanda a que se contrae este proceso.

 

      Cómpre atérmonos a todo o que levamos dito e, desenvolvendo a potestade xurisdiccional que a Constitución española nos outorga,

 

DECIDIMOS

 

      Que, acollendo o recurso de apelación formulado por MARGARITA, contra da sentencia pronunciada polo Xulgado de 1ª Inst. Vigo 6, na data de 16 de febreiro de 1998, é mester nós rexeitármo-la demanda a que se contrae este preito, sen facermos pronuncia especial ningunha verbo das custas procesuais de ningunha de ámbalas dúas instancias.

 

Devólvanselle os actos orixinais ao xulgado de procedencia, con testemuño desta resolución para a súa execución e cumprimento.

 

      Deste xeito, por esta a nosa sentencia, cabeiramente xulgando, pronunciámolo, mandámolo e, asemade, asinámolo.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.