Sentencia Civil Nº 258/20...yo de 2019

Última revisión
17/09/2017

Sentencia Civil Nº 258/2019, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 53/2019 de 24 de Mayo de 2019

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 9 min

Orden: Civil

Fecha: 24 de Mayo de 2019

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 258/2019

Núm. Cendoj: 36057370062019100271

Núm. Ecli: ES:APPO:2019:1286

Núm. Roj: SAP PO 1286:2019

Resumen:
DESAHUCIO

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00258/2019

N10250

C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO

Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387

BN

N.I.G.36045 41 1 2017 0001085

ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000053 /2019

Juzgado de procedencia:XDO.1A.INST.E INSTRUCIÓN N.2 de DIRECCION000

Procedimiento de origen:JUICIO VERBAL (DESAHUCIO PRECARIO) 0000452 /2017

Recurrente: Flora

Procurador: JOSE JAIME PEREZ ALFAYA

Abogado: CARLOS JORGE LUIS PALADINO PADIA

Recurrido: Gracia

Procurador: BERNARDO ALFAYA GONZALEZ

Abogado: MARGARITA DIEGUEZ PEREZ

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en DIRECCION001 , composta polos maxistradosD. JAIME CARRERA IBARZÁBAL, Presidente, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e D. JULIO PICATOSTE BOBILLO,pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

S E N T E N Z A Nº 258/19

Vigo, vinte e catro de maio de dous mil dezanove.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo VERBAL 452/17 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 2 de DIRECCION000 ós que correspondeu o rolo 53/19, nos que aparece como parteapelante e demandada D./D.ª Flora , representada polo/a procurador/a D./D.ª JOSE J. PÉREZ ALFAYA e asistida do/da letrado/a D./D.ª CARLOS JORGE L. PALADINA PADIA,e comoparte contra da que se apela e demandante D./D.ª Gracia , representada polo/a procurador/a D./D.ª BERNARDO ALFAYA GONZÁLEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª MARGARITA DIEGUEZ PÉREZ.

É o maxistradorelatorD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 2 de DIRECCION000 , con data do 5 de novembro de 2018, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

'Estimar la demanda de desahucio por precario interpuesta por el procurador Sr. Alfaya González, en nombre y representación de Dña. Gracia , y consecuencia CONDENAR a Dña. Flora a abandonar y dejar libre y expedita, y a plena disposición de la actora, la vivienda sita en la planta NUM000 , letra DIRECCION002 , del edificio ubicado en el número NUM001 de la CALLE000 de la localidad de DIRECCION003 , DIRECCION004 .

Condenar a Dña. Flora al pago de las costas causadas en esta instancia.'

Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª JOSÉ J. PÉREZ ALFAYA, en representación de D./D.ª Flora , presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en DIRECCION001 . Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 23 de maio de 2019.


Fundamentos

Primeiro:A sentenza ditada en primeira instancia estima a demanda de desafiuzamento por precario, e recurre esta pronuncia a parte demandada, estimando, por resumilo, que hai titulación dabondo que ampara a ocupación da vivenda litixiosa dado que, por unha banda, existiría un acordo en virtude do cal a demandante, usufrutuaria da vivenda, tería cedido o uso da mesma ao seus netos de xeito indefinido e ata que os mesmos 'foran maiores de idade e se emancipasen'; e por outra, ten recaido unha sentenza nun proceso contencioso de divorcio, na que conferíase devandito uso aos nenos e ao proxenitor custodio. Pois ben, o recurso non pode acollerse xa que, verbo do primeiro feito, do pacto, non aparece acreditado, e respecto do segundo, esa ocupación conferida en virtude de resolución xudicial a nai custodia e prole debe entenderse sempre sen prexuizo dos dereitos do terceiro, titular da vivenda, tal como reseña a doutrina xurisprudencial.

Segundo: En efecto, as meras declaracións dunha testemuña, amiga e comadre da nai, e madriña dun dos menores, segundo recoñece a propia testemuña, non poden constituir instrumento de proba dabondo na desmostración da concesión dun uso en comodato, se non se completa ese instrumento de proba con outros, directos e indiciarios, que refrenden a afirmación testemuñal. Ainda máis, esas manifestacións non son todo o coherentes e categóricas que serían precisas e de desexar, pois a testemuña relata que esa cesión consentida diseronlla a demandada e o seu cónxuxe, pero non a actora, e noutro intre do seu relato asevera que iso 'fora dito ou comentado por alí', en referencia á ceremonia do bautizo dun fillo, expresión esta última o suficiente ambigua e inconcreta como para tampouco estimar acreditado a concesión do uso en comodato que estase postular pola parte demandada, e agora apelante.

Terceiro: A xurisprudencia estima que estamos ante unha situación de precario -agás de acordos probados demostrativos dun título posesorio a prol do demandado posuidor-, no contexto de uso dunha vivenda, cuxo gozo se outorga polos pais ao fillo e ao seu consorte como consecuencia do matrimonio por estes contraido, cando estes poñen fin a esta relación matrimonial.

O caso sometido á deliberación deste tribunal de apelación xa foi examinado polo Tribunal Supremo, quen pondo couto aos distintos posicionamentos do tribunais, ven estimar a lexitimación da parte actora. Ou o que o mesmo, o Tribunal Supremo ven deixar sentado que as decisións dunha resolución xudicial sobre a atribución da vivenda familiar a un dos proxenitores -e a súa prole-, se entende sen prexuizo dos lexítimos dereitos que os terceiros teñan sobre tal vivenda, que non poden verse suprimidos nin mermados, máxime se trátase dunha decisión tomada dentro dun procedimento no que a agora demandante de desafiuzamento por precario non foi parte.

En efecto, o Tribunal Supremo 'partiendo de la doctrina jurisprudencial fijada por las Sentencias del Pleno de esta Sala 859/2009, de 14 de enero de 2010 y la ya mencionada de 18 de enero de 2010 , con precedente, entre otras, en la también mencionada Sentencia de 26 de diciembre, y que ha reiterado, por ejemplo, la más reciente Sentencia de 14 de octubre', proclama na sentenza de 28 de abril de 2016 a seguinte doutrina:

'En tema de atribución de la vivienda familiar a uno de los cónyuges, deben tenerse en cuenta dos tipos de situaciones que se pueden producir, al margen de las previstas en el párrafo primero del artículo 96 CC :

1º Cuando el cónyuge es propietario único de la vivienda familiar o lo son ambos, ya sea porque exista una copropiedad ordinaria entre ellos, ya sea porque se trate de una vivienda que tenga naturaleza ganancial, no se produce el problema, porque el título que legitima la transformación de la coposesión en posesión única es la sentencia de divorcio/separación. Se debe mantener al cónyuge en la posesión única acordada bien en convenio regulador, bien en la sentencia.

2º Cuando se trate de terceros propietarios que han cedido el inmueble por razón del matrimonio, salvo que exista un contrato que legitime el uso de la vivienda, la relación entre los cónyuges y el propietario es la de un precario. Debe enfocarse el tema desde el punto de vista del derecho de propiedad y no del derecho de familia, porque las consecuencias del divorcio/separación no tienen que ver con los terceros propietarios. Esta solución ha sido mantenida por la jurisprudencia desde la sentencia de 26 de diciembre de 2005 . [...]

'Cuando el tercero propietario haya cedido el uso de forma totalmente gratuita y de favor al usuario de la vivienda, producida la crisis matrimonial y atribuido dicho uso al otro cónyuge, el propietario ostenta la acción de desahucio porque existe un precario. La posesión deja de ser tolerada y se pone en evidencia su característica de simple tenencia de cosa sin título, por lo que puede ejercerse la acción de desahucio ( SSTS de 26 de diciembre de 2005 , 30 de octubre y 13 y 14 de noviembre de 2008 y 30 de junio de 2009 ).

' La regla será, por tanto, que los derechos del propietario para recuperar el local cedido como vivienda dependen de la existencia o no de un contrato con el cónyuge que la ocupa; si se prueba la existencia de contrato, se seguirán sus reglas, mientras que si la posesión constituye una mera tenencia tolerada por el propietario, se trata de un precario y el propietario puede recuperarla en cualquier momento'.

En igual sentido a recente sentenza de 6 de febreiro de 2018 .

Polo dito, o recurso non pode estimarse, se a todo iso engadimos que as razóns de necesidade que invoca a recurrente, ademáis de adolecer de xustificación, non poden prevalecer fronte aos lexítimos dereitos dos titulares dunha vivenda, ocupada por terceiro sen titulación habilitante.

Cuarto: Non apreciamos que concurra algunha circunstancia de excepción para prescindir do criterio xeral do vencimento obxectivo, que para as custas procesuais desta alzada sanciona o artigo 398 da L. A. C..

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Que rexeitamos o recurso der apelación promovido por Dª Flora representada polo Procurador Sr. Pérez Alfaya contra a sentenza ditada polo Xulgado de 1ª Instancia nº 2 de DIRECCION000 o día 5 de novembro de 2018, con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á parte apelante.

Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1 , 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1 , 2 , 6.3 , e 7.2 e 3 da Lei 3/1983 , do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC , debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC . Asímesmo cabe interpoñer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguintes a súa notificación na forma establecido no artº 479 da LAC.

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.