Última revisión
17/09/2017
Sentencia CIVIL Nº 272/2020, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 853/2019 de 19 de Junio de 2020
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 9 min
Orden: Civil
Fecha: 19 de Junio de 2020
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 272/2020
Núm. Cendoj: 36057370062020100263
Núm. Ecli: ES:APPO:2020:1076
Núm. Roj: SAP PO 1076:2020
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00272/2020
Modelo: N10250
C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO
Teléfono:986817388-986817389 Fax:986817387
Correo electrónico:seccion6.ap.pontevedra@xustiza.gal
Equipo/usuario: BN
N.I.G.36057 42 1 2016 0009850
ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000853 /2019
Juzgado de procedencia:XDO.VIOLENCIA SOBRE A MULLER N.1 de VIGO
Procedimiento de origen:DCT DIVORCIO CONTENCIOSO 0000083 /2017
Recurrente: Eugenia
Procurador: MANUEL CASTELLS LOPEZ
Abogado: NOA OUTERELO DIAZ
Recurrido: Cosme
Procurador: JOSE FRANCISCO VAQUERO ALONSO
Abogado: JORGE JUAN MARTINEZ GONZALEZ
A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistrados D. JAIME CARRERA IBARZÁBAL, Presidente, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e Dª MAGDALENA FERNÁNDEZ SOTO,pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
S E N T E N Z A Nº 272/20
Vigo, dezanove de xuño de dous mil vinte.
VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Divorcio 83/17 procedentes do Xulgado de Violencia sobre a Muller nº 1 de Vigo ós que correspondeu o rolo 853/19, nos que aparece como parte apelante e demandada D./D.ª Gregoria, representada polo/a procurador/a D./D.ª MANUEL CASTELLS LÓPEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª NOA OUTERELO DÍAZ,e como parte contra da que se apela e demandante D./D.ª Cosme, representada polo/a procurador/a D./D.ª JOSÉ FRANCISCO VAQUERO ALONSO e asistida do/da letrado/a D./D.ª JORGE J. MARTÍNEZ GONZÁLEZ.
É o maxistrado relatorD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.
Antecedentes
Primeiro:O Xulgado de Violencia sobre a Muller nº 1 de Vigo, con data do 30 de setembro de 2019, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:
'Se estimala demanda de D. Cosme, representado por el procurador Sr. Vaquero Alonso, contra Dª. Eugenia, representada por la procuradora Sra. Lima Casas, y, en consecuencia, declaro la disolución por divorcio del matrimonio que ambos celebraron, el 25 de septiembre de 2009 en Baiona (Pontevedra), con todos los efectos legales inherentes a esa declaración y, en especial, los siguientes:
1.- Se acuerda la disolución del régimen económico matrimonial.
2.- No procede efectuar especial pronunciamiento sobre las costas procesales causadas.
3.- Firme el pronunciamiento por el que se disuelve el vínculo matrimonial, comuníquese al encargado del Registro Civil que corresponda a fin de que efectúe las anotaciones registrales oportunas.
Se desestimala reconvención de Dª. Eugenia, representada por la procuradora Sra. Lima Casas, contra D. Cosme, representado por el procurador Sr. Vaquero Alonso, y, en consecuencia, no ha lugar al establecimiento de las medidas definitivas interesadas, sin efectuar especial pronunciamiento sobre las costas procesales causadas.'
Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª MANUEL CASTELLS LÓPEZ, en representación de D./D.ª Gregoria, presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).
Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 18 de xuño de 2020.
Fundamentos
Primeiro:Estimada a demanda de divorcio promovida polo actor, e rexeitadas as dúas pretensións que polo canle reconvencional interesou a súa exdona, por unha banda, unha pensión compensatoria (de 700 euros mensuais, con carácter indefinido), ao abeiro do artigo 97 do código civil, e por outra, unha indemnización (de 61. 606, 80 euros), de conformidade co artigo 1438 do mesmo código -o matrimonio civil contraiuse baixo o réxime de separación de bens-, a demandada reconvinte reproduce nesta alzada ambas peticións, que debemos examinar e resolver á luz das probas que obran na lite, e que procedemos revisar, atendendo á natureza, de segunda intancia, do recurso de apelación.
Segundo: A doble formulación da recurrente, pensión compensatoria e indemnización ex artigo 1438, ainda que responden a conceptos distintos, teñen puntos de similitude, polo que, sen prexuizo das puntualizacións que vaiamos facer, procedemos examinar de xeito conxunto as circunstancias persoais, familiares e económicas da unidade familiar, para así decidir se resulta xuridicamente procedente acceder a algún dos pedimentos.
En primeiro termo, os litigantes, hoxe de sesenta e nove e sesenta anos de idade, contraxeron matrimonio civil o día 25 de setembro de 2009, e a demanda de divorcio formúlase o 29 de xullo de 2016. A duración do matrimonio podemos entón fixala en arredor de sete anos, e da convivencia en algo menos. O esposo fixa a ruptura no 2014 e a esposa no 2016 (4 de abril indica). Pois ben, calquera que for a data desta última, unhas relacións, matrimonial e convivencial, tan curtas constitúen un contexto pouco propicio á estimación das pretensións da parte hoxe apelante, tanto da pensión compensatoria como da outra compensación, pois neste segundo suposto 'o traballo para a casa' non poidería ser xa inicialmente moi significativo.
Máis é que, en segundo lugar, os restantes presupostos que para o establecimento dunha pensión compensatoria reseña o artigo 97 do código civil tampouco concurren no caso axuizado. E algo idéntico podemos afirmar verbo da segunda formulación.
Está absolutamente orfo de proba o feito da dedicación pasada e futura da apelante á familia. Resulta dabondo a este respecto con lembrar: A) Que o matrimonio non tivo descendencia. B) Que a dedicación da apelante aos tres fillos habidos do anterior matrimonio do seu exconsorte carece igualmente de todo respaldo probatorio. Ainda máis, a propia apelante recoñece no seu escrito de contestación á demanda que ata o ano 2013 pedía no verán un mes de licenza -soamente- no centro médico no que traballaba para ocuparese dos fillos da súa exparella, e tan só a partir de marzo de 2013, engade, tivo que abandonar o posto de traballo para ocuparse do coidado do fogar e do seu marido -nunhas aseveracións tampouco acreditadas, como deseguido vemos-. C) En efecto, e en liña coa anterior reflexión, se examinamos a vida laboral da apelante (folio 143) comprobamos que a mesma traballou no Hospital Povisa de xeito prácticamente ininterrumpido dende o ano 1986 ata o día 19 de marzo de 2013). D) Consta igualmente na lite que nesta última data se rescinde a relación laboral (por continuas ausencias ao seu posto de traballo segundo a certificación empresarial, ao folio 13), recibindo unha indemnización, nada despreciable, de 34.699,17 euros, en virtude de acordo acadado coa empresa en acto de conciliación de 20 de marzo de 2013). E) O día 1 de decembro de 2014 a apelante ten un ingreso na súa conta bancaria, pola importante suma de 105.000 euros (folio 124). F) É propietaria dunha vivenda en Tomiño (certificación rexistral ao folio 115). G) Recoñece a propia recurrente, tanto que ten outra vivenda doada pola súa nai, como que desenvolve algúns traballos como decoradora (documento ao folio 120). H) En fin, e verbo dos seus actuáis ingresos, figura unido á lite unha certificación da Seguridade Social, a teor da cal percibe unha pensión non contributiva por desemprego dende o día 1 de setembro de 2017, de 430,27 euos mensuais, por once pagas (folio 112).
A xeito de recapitulación, todas as circunstancias relatadas condúcennos, reiterámolo, tanto denegar a compensación económica sancionada polo artigo 1438 do código civil, dada a insalvada carencia probatoria observada, da súa dedicación ao traballo da casa, que o percepto inexcusablemente exixe, como a rexeitar igualmente a solicitude da pensión compensatoria, non observándose en canto a este último extremo que o divorcio agora concedido (dunha relación matrimonial e convivencial tan curta) implique un desequlibrio económico para a apelante, que signifique un empeoramento da súa situación económica durante o matrimonio, comparativamente coa situación do seu exmarido, ainda que os ingresos e patrimonio deste último sexan elevados (varias vivendas e unha pensión por incapacidade permanente absoluta, que varía segundo as distintas proba documentais que figuran na causa -entre os 34.644,82 euros (folio 95) e os 24.095,12 euros (folio 101)-, non debendo esquecerse, por unha banda, que o agora recurrido fai fronte, tanto ao aluguer dunha vivernda como á amortización dun crédito, e por outra, e derradeiramente, que o designio lexislativo do instituto da pensión compensatoria non é igualar a fortuna e economías dos excónxuxes.
Por todo o dito, os motivos do recurso non se estiman.
Terceiro: Non apreciamos que concurra algunha circunstancia de excepción para deixar de aplicar o criterio xeral do vencimento obxectivo, que para as custas procesuais desta alzada sanciona o artigo 398 da L. A. C..
Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,
Fallo
Que desestimamos o recurso de apelación formulado por Dª Eugenia representada polo Procurador Sr. Castells López contra a sentenza ditada polo Xulgado de Violencia sobre a Muller nº 1 de Vigo o día 30 de setembro de 2019, con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á parte apelante.
Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.
Notifíqueselles ás partes a presente resolución.
MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC, debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC. Asímesmo cabe interpoñer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguintes a súa notificación na forma establecido no artº 479 da LAC.
Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.
