Última revisión
17/09/2017
Sentencia CIVIL Nº 273/2020, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 857/2019 de 19 de Junio de 2020
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 9 min
Orden: Civil
Fecha: 19 de Junio de 2020
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 273/2020
Núm. Cendoj: 36057370062020100261
Núm. Ecli: ES:APPO:2020:1022
Núm. Roj: SAP PO 1022:2020
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00273/2020
Modelo: N10250
C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO
Teléfono:986817388-986817389 Fax:986817387
Correo electrónico:seccion6.ap.pontevedra@xustiza.gal
Equipo/usuario: BN
N.I.G.36057 42 1 2017 0011560
ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000857 /2019
Juzgado de procedencia:XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 2 de VIGO
Procedimiento de origen:ORD PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0000741 /2017
Recurrente: Herminia, Manuel
Procurador: JESUS ANTONIO GONZALEZ-PUELLES CASAL, JESUS ANTONIO GONZALEZ-PUELLES CASAL
Abogado: MARIA DEL PILAR GIL SANCHEZ, MARIA DEL PILAR GIL SANCHEZ
Recurrido: IMPERMEBA, S.L.
Procurador: PURIFICACION RODRIGUEZ GONZALEZ
Abogado: NURIA GONZALEZ LORES
A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistrados D. JAIME CARRERA IBARZÁBAL, Presidente, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e Dª MAGDALENA FERNÁNDEZ SOTO,pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
S E N T E N Z A Nº 273/20
Vigo, dezanove de xuño de dou s mil vinte.
VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 741/17 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 2 de Vigo ós que correspondeu o rolo 857/19, nos que aparece como parte apelante e demandante D. Manuel e D.ª Herminia, representada polo/a procurador/a D./D.ª JESUS GONZÁLEZ-PUELLES CASAL e asistida do/da letrado/a D./D.ª Mª PILAR GIL SÁNCHEZ,e como parte contra da que se apela e demandada IMPERMEBA SL., representada polo/a procurador/a D./D.ª PURIFICACIÓN RODRÍGUEZ GONZÁLEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª NURIA GONZÁLEZ LORES.
É o maxistrado relatorD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.
Antecedentes
Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 2 de Vigo, con data do 30 de setembro de 2019, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:
'QueDEBO DESESTIMAR Y DESESTIMO LA DEMANDApresentada por Dª Herminia y D. Manuel, ambos representados por el Procurador de los Tribunales D. Jesús González-Puelles Casal, contra IMPERMEBA S.L., representada por la Procuradora de los Tribunales Dª Purificación Rodríguez González y, en consecuencia,ABSUELVOa la citada demandada de todos los pedimentos efectuados en su contra, con imposición de las costas a la parte actora.
Que DEBO ESTIMAR Y ESTIMO PARCIALMENTE LA DEMANDA RECONVENCIONALpresentada por IMPERMEBA S.L., representada por la Procuradora de los Tribunales Dª Purificación Rodríguez González, contra Dª Herminia y D. Manuel, ambos representados por el Procurador de los Tribunales D. Jesús González-Puelles Casal y, en consecuencia, CONDENOa los citados demandados reconvencionales a abonar a la actora reconvencional la cantidad de DOS MIL QUINIENTOS EUROS (2.500 euros), más los intereses legales. No se efectúa expresa imposición de costas.'
Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª JESUS GONZÁLEZ-PUELLES CASAL, en representación de Dª Herminia e D. Manuel, presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).
Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 18 de xuño de 2020.
Fundamentos
Primeiro: A sentenza ditada en primeira instancia rexeita a demanda inicial na que os actores, propietarios da vivenda litixiosa -casa unifamiliar-, reclaman da construtora demandada os vicios constructivos e prexuizos sufridos pola defectuosa realización da obra contratada, e estima pola contra a demanda reconvencional, que esta última promove contra aqueles primeiros, en reclamación do IVE. E recurren esas dúas pronuncias os demandantes primeiros, quen reproducen nesta segunda instancia os pedimentos e argumentos da primeira.
Segundo: A sentenza de instancia non outorga o capítulo de tratamento das fachadas no 'treito en forma de L' co doble argumento, por unha banda, de que esa zona non forma parte do perímetro principal do inmoble, e por outra, que en ningún intre posterior ás obras, ata a formulación da presente demanda, os actores efectuaron ningunha reclamación sobre este extremo. Pois ben, a liña argumental non pode aceptarse dado que: A) No orzamento fálase de 'fachadas' e 'perímetro', sen ningunha limitación nin excepción. Ou o que é igual, o orzamento non discrimina entre fachadas (principal e non principais), senón que fala de perímetro, que deberá comprender en defintiva toda a contorna do edificio. B) Non ten sentido, nin se explica, o por qué desa salvidade, ou se estase preferir, non hai constancia da bondade dese treito. C) A tardanza, relativa, na reclamación, e arredor de dous anos, non pode constituir por sí soa traba para non outorgar ese capítulo, sempre que a acción exercítese dentro de prazo e, en fin, demóstrese a carencia, como sucede no caso contemplado.
O motivo do recurso estímase.
Terceiro: Igualmente procede acoller o capítulo indemnizatorio referido ao arranxamento da terraza, dados os defectos de impermeabilización nela observados.
A sentenza recurrida desestima esta pretensión, ao entender que a construtora demandada realizou estrictamente as obras contratadas, ou sexa, a segunda das solución propostas, e aceptada, a mais barata e puramente provisional, e que consistían na recubrición da terraza cunha doble capa de poliuretano.
Tampouco podemos ser partícipes dese argumentario dado que, malia que o orzamento fale de 'pintado' do solo da terraza, a reconvida non compremetíase soamente, por lóxica, a ese labor pois: A) Aparecía como superfluo e innecesario o puro pintado, dado que a terraza xa tiña o solo de lousas ou plaquetas. B) O material elexido e empregado, o poliuretado, cumpre precisa e específicamente una función impermeabilizante. C) Partindo de que a solución B do terceiro orzamento é a mesma que a reseñada no primeiro (dúas capas de poliuretano, indican expresa e coincidentemente os dous orzamentos)-, nesa solución outórgase igualmenmte unha garantía de dez anos (folio 20 volto). D) A referencia do documento, de que o construtor 'compometíase á reparación da impermeabilización' é expresiva desta segunda finalidade. E) A propia reconviniente e os dous peritos falan de impermeabilización. F) Os defectos no pavimento son visualizables a simple vista, como colíxese da proba documental fotográfica achegada, expresiva de levantamentos ou desconchóns. G) Por último, e ante a condición lega dos actores, a empresa demandada, como profesional, non pode aceptar a realización dunhas obras que prontamente serían insatisfactorias, máxime se, derradeiramente, no orzamento non se contén ningunha previsión nese sentido.
Cuarto: Non son necesarios especiais esforzos na valoración das probas para non conceder a indemnización por daños, que os demandantes postulan como habidos nas distintas dependencias dos dous andares da casa, pois non resulta acreditado que os mesmos traían a súa orixe, exactamente, na defetuosa realización da impermeabilización da terraza. Cómpre lembrar a este respecto: A) Que de todas as dependencias afectadas tan só duas estarían debaixo da terraza. B) Que outra das dependencia está ademáis no andar baixo. C) Que existe a alternativa de que eses danos procedan do valado existente e contiguo ao edificio. D) Que, en fin, ambos peritos coinciden en falar de que as humidades son por condensación. Ante tales incertezas, non superadas, o motivo do recurso non se pode aceptare.
Quinto: A parte recurrente solicita unha indeminización por lucro cesante, que estribaría en que por mor dos vicios ou da inhabilidade da vivenda, os inquilinos abandonárona o día 31 de xaneiro de 2017, reclamando, xa que logo, oito mensualidades, ata setembro dese ano.
O motivo non se acolle dado que, como xa deixamos sentado anteriormente, non está demostrado que as humidades procedan da terraza. E ademáis as pericias as sitúan en problemas de condensación. O pedimento non pode estimarse, sen que esta decisión entre en contradicción coa concesión do capítulo de reparación da terraza, xa que unha cousa é a existencia do vicio - probado- e outra moi distinta é a causalidade entre el e os danos -improbada-.
Sexto: O pagamento do IVE é algo imperativo. Xa que logo, terá que pagarse, lóxicamente previa entrega da factura xustificativa das obras.
Sétimo: A estimación parcial do recurso e da demanda inicial, así como a acollida, igualmene en parte, da demanda reconvencional, conleva que non fagamos una especial pronuncia sobre as custas procesuais de ningunha das dúas instancias (artigos 394 e 398 da L. A. C.).
Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,
Fallo
Que con estimación en parte do recurso de apelación formulado por Dª Herminia e D. Manuel repreentados polo Procurador Sr. González-Puelles Casal contra a sentenza ditada polo Xulgado de 1ª Instancia nº 2 de Vigo o día 30 de setembro de 2019, condenamos á demandada reconviniente a que pague aos actores inciais a suma de 3.669,50 euros, cos xuros legais dende a data da interpelación xudicial ata a data da sentenza de primeira instancia, xuros que serán os legais incrementados nun cincuenta por cento dende esta última data ata a do completo pagamento. Non facemos unha especial pronuncia sobre as custas procesuais de ningunha das dúas instancias.
Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.
Notifíqueselles ás partes a presente resolución.
MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC, debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC. Asímesmo cabe interpoñer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguintes a súa notificación na forma establecido no artº 479 da LAC.
Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.

