Última revisión
13/04/2012
Sentencia Civil Nº 282/2012, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 3450/2010 de 13 de Abril de 2012
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 9 min
Orden: Civil
Fecha: 13 de Abril de 2012
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 282/2012
Núm. Cendoj: 36057370062012100519
Núm. Ecli: ES:APPO:2012:1854
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00282/2012
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6 de PONTEVEDRA
N01250
C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO
-
Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387
N.I.G. 36038 37 1 2010 0601001
ROLLO: RECURSO DE APELACION (LECN) 0003450 /2010
Juzgado de procedencia: JDO. PRIMERA INSTANCIA N. 1 de VIGO
Procedimiento de origen: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0000327 /2010
Apelante: ALLIANZ S.A.
Procurador: MARIA DEL CARMEN LOPEZ DE CASTRO
Abogado: RAMON PENA FRAGA
Apelado: Eladio
Procurador: MANUEL RODRIGUEZ NIETO
Abogado: EDUARDO SILVA MARTINEZ
A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D. Julio Picatoste Bobillo, D. Juan Manuel Alfaya Ocampo e D. Eugenio Francisco Míguez Tabarés, pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
SENTENZA Nº 282/12
Vigo, trece de abril de dous mil doce.
VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 327/10 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 1 ós que correspondeu o rolo 3450/10, nos que aparece como parte apelante e demandado CIA. ASEGURADORA ALLIANZ S.A., representada polo/a procurador/a D./D.ª MARIA DEL CARMEN LÓPEZ DE CASTRO e asistida do/da letrado/a D./D.ª RAMÓN PENA FRAGA, e como parte contra da que se apela e demandante D./D.ª Eladio , representada polo/a procurador/a D./D.ª MANUEL RODRÍGUEZ NIETO e asistida do/da letrado/a D./D.ª EDUARDO SILVA MARTÍNEZ .
É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.
Antecedentes
Primeiro: O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 1 de Vigo, con data do 21 de setembro de 2010, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:
"Estimando totalmente la demanda promovida por la representación de Eladio contra Allianz, debo condenar y condeno a la demandada a abonar a la actora la cantidad de 3.178,02 euros, más intereses del art. 20 de la L.C.S .; y al pago de las costas procesales."
Segundo: Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª María del Carmen Lopez de Castro, en representación de ALLIANZ S.A., presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).
Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 12 de abril de 2012.
Terceiro: Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.
Fundamentos
Primeiro : Este tribunal de apelación procedeu revisar exhaustiva e críticamente as diversas probas achegadas aos autos, e despois de iso, chega á mesma apreciación das mesmas que a realizada pola xulgadora a quo, compartindo, igualmente, tanto os seus argumentos como, finalmente, a súa decisión estimatoria da demanda. Limitámonos entón a abundar simplemente sobre a valoración das probas e sobre esa liña argumental.
Posta, primeiramente, en cuestión pola parte demandada, e agora apelante, que formula a correspondente excepción, a lexitimación do demandante, debemos deixar sentado que esa lexitimidade lle ven dada: A) Pola súa calidade de propietario do vehículo asegurado, pois se ben é certo que no permiso de circulación figura como dono o seu fillo, non o é menos que ese documento ten un alcance puramente administrativo, e non xustificativo do dominio na súa vertente civil ou privada, que é a que aquí ten interese. E esta calidade se colixe, non só das manifestacións contextes de pai e e fillo, senón tamén de certos datos indiciarios como son, por unha banda, que sexa o pai a persoa que figura como tomador do seguro -para ese coche-, e, por outra, a que xestionou todo o relativo ao seu arranxamento, extendéndose ao seu nome o orzamento, así como a factura, que remata á postre por pagar. B) Esta última circunstancia, do pagamento da reparación, lle lexitimaría, en todo caso, para reclamar, para o suposto de que considerásemos que estaba pagar por conta do verdadeiro debedor, en virtude do mecanismo subrogatorio legalmente previsto.
Tampouco podemos aceptar, en segundo lugar, o motivo defensivo da aseguradora recorrente, no senso de que a póliza no abarcaba o sinistro, pois tan só se obrigaba "a por a disposición do asegurado a rede de asistencia", tal como determina o condicionado da póliza, pero non a poñer en marcha o vehículo dado, en fin, que a súa obriga era de medios e non de resultado. O argumento da parte non se pode compartir pois se contradí co clausulado, palmario e inequívoco, da propia póliza, a teor do cal "a axuda técnica comprende a prestación do servizo e da man de obra, malia que non o custe dos reccambios". Se obriga, en defintiva, a aseguradora a por en marcha vehículo -en expresión do contrato, "a posibilitar a continuidade da viaxe"-, ou mellor dito, a proporcionar o terceiro que o faga. (Artº 1º.7.2. a.1).
Entrando xa, en terceiro lugar, na cerna do asunto, a cuestión litixiosa estriba en determinar se a causa dos danos habidos no vehículo -en esencia, queimado da centraliña- é imputable á parte demandada, por culpa in eligendo, ao encomendar a posta en marcha do vehículo a unha empresa, por ela exclusivamente designada, a que, pola súa impericia, remataría por causar aquel dano. Pois ben, a Sala chega ponderadamente a estas dúas conclusións: A) A primeira, que a causa do queimado da centraliña litixiosa se atopou na manobra de alimentación externa da bataría do coche, ao se invertiren os polos. Así se colixe das diferentes testemuñais e informes, esencialmente contextes neste punto, elementos de proba dos que non cabe colexir, nin tan siquera indirectamente, outra alternativa causal, sendo razoable pensar, en último termo, que o bo estado xeral do coche excluise a hipótese de un cortocicuito. B) E a segunda, que ese obrar indilixente é atribuible á parte demandada -á empresa que nomeou-. Profundizamos sobre este último e crucial extremo.
Mentres que a parte actora imputa a inversión da polaridade á demandada, esta última considera que poido ser o actor o que a efectuase, coa axuda, lóxicamente, dun terceiro vehículo. Pois ben, decantámonos aberta e decididamente pola primeira versión dado que: A) Está totalmente orfa de proba a segunda hipótese, do intento de alimentación da batería polo demandante -o seu fillo-. B) Semella difícil, cando non imposible, que unha persoa lega, como o fillo do demandante, poda facer ese intento, dadas as características do vehículo, que ten a batería oculta baixo os asentos traseiros, e que o acceso a ela tan só pode facerse en dous puntos concretos do capot do motor, específicamente habilitados a tal efecto (pericia e declaracións testemuñais). C) O empregado chamado para intentar arrincar o vehículo sí utilizou as pinzas para alimentar a batería, tal como él mesmo admite ao declarar como testemuña. D) Se o queimado da centraliña se tivera producido anteriormente -polo improbado actuar do fillo do actor-, non semella ilóxico que ese empregado o advertise e o denunciara, o que non foi do caso. E) Non se demostra nin que se utilizase o arrincador de seguridade que se di, nin ningún outro, sendo a este respecto totalmente insuficieentes, por directamente interesadas, as declaracións prestadas por aquela testemuña.
Interesa, derradeiramente, a demandada apelante que non se lle impoñan os xuros sancionadores do artº 20 da L. C. S .. O motivo se acolle pois existía causa razoable para non asumir inicialmente a compañía de seguros a consecuencia -esta consecuencia, pois asumíu as outras- danosa reclamada. En efecto, existía unha incerteza obxectiva, ou se se prefire, sobre a causa orixinaria do queimado da centraliña, dadas as versións contradictorias existentes sobre este punto, contradicción que para ser superada necesitou, precisamente, da actividade probatoria de este preito.
Segundo : A estimación parcial do recurso e da demanda conduce a non facermos unha especial declaración sobre as custas procesuais de ningunha das dúas instancias.
Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,
Fallo
Que con estimación parcial do recurso de apelación e da demanda reitora de este preito, condenamos á demandada ALLIANZ S.A. a que satisfaga ó actor D. Eladio a suma de 3.178,02 euros, cos xuros legais dende a data da interpelación xudicial ata a data da sentenza ditada en primeira instancia, xuros que serán os legais incrementados en dous puntos dende esa última data ata a do completo pagamento. Non facemos unha especial declaración sobre as custas procesuais de ningunha das dúas instancias.
Notifíqueselles ás partes a presente resolución.
MODO DE IMPUGNACIÓN : Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC , debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC . Asímesmo cabe interponer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguirntes a súa notifiacción na forma establecido no artº 479 da LAC.
Conforme á D.A. Décimo quinta da L.O.P.J ., para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.
O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no BANESTO, na conta deste expediente 0915000012345010.
Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1 , 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1 , 2 , 6.3 , e 7.2 e 3 da Lei 3/1983 , do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.
Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.
