Última revisión
17/09/2017
Sentencia CIVIL Nº 287/2019, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 613/2018 de 06 de Junio de 2019
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 15 min
Orden: Civil
Fecha: 06 de Junio de 2019
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 287/2019
Núm. Cendoj: 36057370062019100293
Núm. Ecli: ES:APPO:2019:1349
Núm. Roj: SAP PO 1349:2019
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00287/2019
N10250
C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO
Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387
BN
N.I.G.36045 41 1 2015 0001332
ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000613 /2018
Juzgado de procedencia:XDO.1A.INST.E INSTRUCIÓN N.1 de REDONDELA
Procedimiento de origen:PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0000521 /2015
Recurrente: Iván , Tania , Verónica , Violeta , Leon , Zaira , María Cristina
Procurador: ERMINIA ALONSO SOLIÑO
Abogado: NIEVES FERNANDEZ VERGARA
Recurrido: Adela , Adoracion , Nicolas , Alejandra
Procurador: MARIA JESUS NOGUEIRA FOS
Abogado: MARTA MARTINEZ ALVAREZ
A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistrados, D. JAIME CARRERA IBARZÁBAL Presidente, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e D. JULIO PICATOSTE BOBILLO,pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
S E N T E N Z A Nº 287/19
Vigo, seis de xuño de dous mil dezanove.
VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 521/15 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 1 de Redondela ós que correspondeu o rolo 613/18, nos que aparece como parteapelantes e demandantes Dª María Cristina , D. Iván , Dª Tania , Dª Verónica , Dª Violeta , Dª Zaira e D. Leon , representada polo/a procurador/a D./D.ª ERMINIA ALONSO SOLIÑO e asistida do/da letrado/a D./D.ª NIEVES FERNÁNDEZ VERGARA,e comoparte contra da que se apela e demandada Dª Alejandra , Dª Adoracion e D. Nicolas , representada polo/a procurador/a D./D.ª Mª JESUS NOGUEIRA FOS e asistida do/da letrado/a D./D.ª MARTA MARTÍNEZ ÁLVAREZ. Como parte apelada-demandada declarada en rebeldía procesual Dª Adela .
É o maxistradorelatorD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.
Antecedentes
Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 1 de Redondela, con data do 12 de xullo de 2017, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:
'Que debo DESESTMAR Y DESESETIMO la demanda interpuesta por la Procuradora Dña. ERMINIA ALONSO SOLIÑO en nombre y representación de Dª María Cristina , D. Iván , Dª Tania , Dª Verónica , Dª Violeta , Dª Zaira e D. Leon , frente a Dña. Adela (declarada en rebeldía procesal, Dña. Alejandra , Dña. Adoracion y D. Nicolas , representados por la Procuradora Dña. MARÍA JESUS NOGUEIRA FOS.
Se imponen las COSTAS conforme a lo dispuesto en el fundamento jurídico cuarto.'
Con data 14 de setembro de 2017, ditou un auto aclaratorio coa seguinte parte dispositiva:
'Que debo COMPLETAR la sentencia dictada en el prsente procedimiento añadiendo:
'Se fija la cuantía d ela demanda en 87.856,94 euros.''
Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª ERMINIA ALONSO SOLIÑO, en representación de Dª María Cristina , D. Iván , Dª Tania , Dª Verónica , Dª Violeta , Dª Zaira e D. Leon , presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).
Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinalouse para a celebración da Vista do presente recurso o día 9 de maio de 2019 as 9:30 da mañá, co resultado que obra no rolo.
Fundamentos
Primeiro: O artigo 399. 1 da L. A. C. exixe como un dos inexcusables requisitos de toda demanda a 'claridade e precisión' do que se pida. Autoriza, non obstante, o precepto a formulación de varias pretensións, que deben ser expresadas 'coa debida separación'. E neste segundo suposto, de pretensións plurais, as mesmas poden formularse sen un preciso orde ou acumuladamente, se son independentes e compatibles entre elas, ou ben resulta obrigado facelo 'pola súa orde', se o que se realizan son pedimentos de xeito subsidiario, para que os segundos ou sucesivos sexan examinados, e eventualmente estimados, chegado o caso de que a petición ou peticións principais foran rexeitadas (apartado 5º de devandito artigo). O precepto non necesita de especiais explicacións, ao responder a obvios valores constitucionais e procesuais, tales como os postulados de igualdade de armas, contradición e en fin, de interdición da indefensión. Para que todo litigante poida tomar fundada postura, e para que o órgano xudicial poida decidir en dereito, requírese natural e forzosamente dun contexto procesual de alegacións e peticións, no que debe quedar proscrita a inconcreción e a escuridade.
Segundo: O instituto da simulación contractual ten no noso dereito dúas manifestacións claramente diferenciadas, dunha parte, a simulación absoluta, por absoluta falta de causa, ex artigos 1261 , 1275 e 1276 do código civil ; e doutra, a simulación relativa, para cando baixo a apariencia formal ou nominal dun contrato quérese encubrir en realidade outro distinto. A primeira acarrea a inexistencia contractual e, conseguintemente, a carencia de toda eficacia. A segunda non conleva necesariamente este traumático resultado, sempre que se demostre a concurrencia doutra causa e que a mesma é lícita, conforme a aquel último artigo (o caso máis paradigmático podería ser unha doazón disfrazada de compravenda).
Pois ben, atopándonos ante dúas figuras diversas, tanto conceptualmente como en canto a súa validez e efectos, non acadábamos comprender, por moito que temos escudriñado na demanda, cal é realmente a pretensión dos demandantes verbo do contrato de compravenda plasmado na escritura notarial de 11 de abril de 1986, ou que é o mesmo, qué clase de simulación estábase postular, ora a simulación absoluta (a inexistencia de ningunha relación contractual), ora a simulación relativa (contrato disimulado), por aparentar baixo a roupaxe da compravenda outro contrato, e máis específicamente unha doazón.
As incertezas creadas pola erraticidade da demanda non foron salvadas, por outra banda, no acto sanador da Audiencia Previa, na que, dentro dos feitos controvertidos, non suscitouse realmente qué modalidade de simulación estaba impetrarse, a absoluta ou a relativa.
A sentenza ditada en primeira instancia, naturalmente contaxiada pola inconcrecion da simulación que se denuncia, non entraba en realidade nesta cuestión, realiza entón unhas reflexións -xerais e acertadas- sobre ambas categorías de simulación, pero sen optar no fondo por ningunha delas, e limitábase finalmente a desestimar a demanda por considerar que das probas achegadas aos autos resultaba a existencia e validez do contrato de compravenda cuestionado. A sentenza de instancia fixo un recorrido conceptual sobre os dous institutos pero non tomaba finalmente posición sobre ningún deles.
Finalmente, e con independencia de que un recurso de apelación non serviría para salvar as carencias da demanda, o mesmo, en todo caso, viña adolecer realmente das mesmas anomalías, pois nel se interesaba, pura a simplemente, a estimación íntegra da demanda e unha nulidade que, en fin, non remataba tampouco por especificarse.
Terceiro: As imprecisións, lagoas e vaivéns da parte actora, e á postre recurrente, motivaron que este tribunal de apelación acordara a celebración de vista para intentar por couto ás mesmas e centrar definitiva e adecuadamente o debate. E a pesar de que neste acto solemne non deixaran inicialmente de observarse de xeito semellante, ainda que en menor grao, certas inconcrecións, finalmente podemos reseñar sen temor a erro que as pretensións significadas e razóns de pedir dos actores son: A) Principalmente, a declaración de nulidade absoluta ou inexistencia contractual. Formulación que faixe xirar á vez sobre tres eixos. Un primeiro, que a suposta vendedora non era propietaria. O segundo, que non habería consentimento por parte desta última á venda, dado que o apoderamento ao que logo referirémonos era insuficiente. E o terceiro, a falta absoluta de causa pola inexistencia de prezo. B) Subsidiariamente se interesa unha declaración de nulidade por simulación relativa, ante o irrisorio do prezo declarado, de tal maneira que atoparíamos na realidade ante unha doazón coa apariencia de compravenda. Examinamos coa debida separación ese elenco de pretensións, con cuxa concreción e enumeración amosou o seu acordo, por outra banda, a parte demandada.
Cuarto: A invocación da parte demandante, da nulidade radical ou de inexistencia do contrato, porque a vendedora non era dona, pola inexistencia de prezo -ningún- ou causa, e porque o poder outorgado por ela non era dabondo para realizar o acto dispositivo, non só non encontra amparo probatorio senón que, pola contra, a proba documental achegada á lite xustifica, tanto a titularidade dominical da vendedora, que os demandantes poñen inconsistentemente en entredito, como a bondade ou suficiencia do apoderamento, como, en fin, a realidade dun prezo. En efecto: A) O dominio a favor de Dona Angustia sobre os bens discutidos (en esencia, e polo seu moito máis relevante valor citamos especialmente o predio no que atópase a casa) aparece amparado pola proba documental representada, ademáis de por sendos testamentos dos seus pais, D. Gines e Dona Amalia (documentos números 25 e 26 da contestación), polas operacións particionais realizadas, e comprensivas da adxudicación dos respectivos cupos entre os nove irmáns, de data 20 de xuño de 1952 (documentos números 28 e 29, tamén da contestación). B) Devandita documental aparece completada pola comprensiva da declaración xurada de bens a efectos liquidatorios dos correspondentes impostos, de data loxicamente anterior, pero próxima a aquela primeira, de 16 de abril do mesmo ano, realizada por un dos irmáns, D. Jon , declaración na que comprendíase naturalmente a casa de lite (documento número 27). C) Ningún deses actos foron impugnados por ningún dos interesados directa e inicialmente nin, producidos os seus pasamentos, polos seus heredeiros, nin, por último, da partición relativa ao seu irmán, Pedro Enrique (documento número 32). D) Tampouco os actores interesan esa nulidade coa presente demanda. E) Para as operacións particionais comparecen os cinco irmáns, D. Jon , Dona Elvira , D. Pedro Enrique , Dona Angustia e Dona Estibaliz , os que amosan a súa conformidade coas mesmas. F) Sendo certo que os outros catro irmás, D. Roman , D. Romulo , D. Narciso e D. Rubén non están, en cambio, presentes no acto particional, non o é menos que nel dise expresamente que os mesmos están representados polo seu irmán, D. Jon , e ainda que non se reseña nin se dean datos identificadores dese apoderamento, debemos presumir a súa existencia, e iso por dúas razóns, a primeira, porque na minuta dos Letrados que interviron profesionalmente nas operacións particionais se indica como unha das partidas a sufragar a do apoderamento (documento número 31); e a segunda, porque resulta impensable, dado o lónguísimo transcurrido dende ese ano 1952, tanto que os irmáns ausentes ignorasen esas operacións como que non fixeran nunca efectivos os seus dereitos hereditarios. G) En todo caso, e dado que Dona Angustia posuíu os bens dende 1952 ata que emigrou ao Brasil no ano 1976 (feito este admitido polos litigantes), o xogo do instituto da prescrición adquisitiva faríaa dona. H) Por outra banda, a existencia do prezo é presumible, en virtude da presunción de existencia e licitude da causa (causa é, para cada parte contratante, a prestación, precisamente, da outra, en definición auténtica do artigo 1274 do CC, o que comporta que no contrato de compravenda sexan a cousa vendida e o prezo), presunción da existencia do prezo que adquire un maior predicamento naqueles supostos, como o presente, no que entre a celebración do contrato e a formulación da demanda teñen transcurrido máis de vinte anos, contexto temporal no que a exixencia probatoria a cargo das partes convertiríase practicamente nunha proba diabólica. I) Fronte ao mantido polos apelantes, o apoderamento consular, amplísimo, que Dona Angustia , outorgou en Brasil a favor de D. Pedro Enrique o día 13 de agosto de 1985, concedía a este último, entre outras facultades, a de dispor dos bens daquela por calesquera título (documento número 34). K) Dado por demostrado o apoderamento, non se formula unha proposta alternativa a súa finalidade, de servir de instrumento para a realización da compravenda. L) En derradeiro lugar, a proba testemuñal ofrecida, e non contradita, refrendaría a tese que estamos soster, da existencia do contrato de compravenda.
Conseguintemente, o motivo do recurso rexéitase.
Quinto: Non mellor sorte adversa faise merecente correr a segunda alegación, da simulación relativa por ser irrisorio o prezo.
Lembrando, a xeito de puntualizacións, e por unha banda, que o concepto de prezo irrisorio non resulta exactamente coincidente co do prezo xusto; por outra, que nosas normas non exixen a xustiza do prezo para o contrato de compravenda; e por outra, que damos por xustificado o pagamento das 150.000 das antigas pesetas, que fanse constar na escritura pública, tal como deixamos sentado. A formulación da parte recurrente, para ser estimada, pasaría por unha proba clara, cumprida e cabal, da aseveración, do insignificante do prezo. Pois ben, non nós consta esa realidade.
Primeiramente, botamos de menos unha proba pericial que, coas debidas garantías de contradicción e defensa, ditaminara sobre o valor do obxecto vendido ao tempo do contrato de compravenda no ano 1986. A falta de proposición deste instrumento de proba resulta dificil de entender, cando non de todo punto inexplicable.
En segundo termo, a fixación do valor real da casa -obxecto principal da operación- pasaba obviamente, e entre outros parámetros, ademáis de polos de a súa situación, superficie ou antigüidade, por exemplo, pola determinación do seu estado e habitabilidade. Pois ben, sobre estes extremos cómpre realizar as seguintes reflexións: A) O predio está ubicado en Traspielas, unha das sete parroquias que compoñen o Municipio de Fornelos de Montes, localidade situada no interior da provincia de Pontevedra. B) A casa, de pedra, tiña oa tempo da venda unha idade non moi alonxada dos cen anos. C) Ainda que a parte demandante achega unhas fotos da casa das que cabería colexir ab initio o bó estado da mesma, esta observación choca con varios impedimentos, o primero, que son fotografías do exterior, soamente, do inmobe; en segundo termo, que as fotografías se corresponden co ano 1995 e e venda tivo lugar nove anos antes; en terceiro lugar, que as fotos aportadas pola parte demandada reflictan un xeralizado e calamitoso estado do interior da vivenda; e finalmente, que entre os anos 2000 e 2002 emprendéronse moi importantes obras de rehabilitación da casa, custeadas pola parte demandada (e por certo, á vista de Dona Angustia ), como de acometida de auga, ou as efectantes aos paramentos, cuberta, baixantes de augas pluviais, carpintería, calefacción ou electricidade, por exemplo, que acadaron un importe non inferior aos 80.000 euros (cifra que obtemos ponderadamente do exame das facturas), obras de calado que non se compadecen precisamente ben co estado bo ou simplemente aceptable do inmoble que a parte demandante postula, e que dende logo tampouco son encuadrables dentro do concepto de puro luxo ou recreo, como igualmente se afirma.
Non cabe esquecer, e en terceiro lugar, que o prezo -declarado- de 150.000 pesetas foi produto dun pacto entre comprador e vendedora cando esta residía en Brasil, e a moeda reinante, o hoxe obsoleto cruzeiro, tiña un valor moi inferior á peseta, nunha manifestación da parte demandada que os demandantes non contradín.
Non procede tampouco ignorar, en cuarto termo, a situación económica, nada favorable, na que á sazón se encontraba a vendedora, tal como inferimos da baixa pensión da que era acredora. Segundo a certificación da Seguridade Social, que obra ao folio 273, Dona Angustia percibía no ano 2005, no que faleceu, dous pensións, por España e Brasil, que entre ambas non alcanzaban os 300 euros ao mes. E as precepcións debían ser loxicamente bastante inferiores no ano da venda.
Por último, e en quinto termo, non temos constancia de liquidacións alternativas por parte da Administración Tributaria, ao prezo expresado na escritura pública, co que resulta presumible o beneplácito desta última.
Sexto: Nembargantes o rexeitamento do recurso e da demanda, as serias dúbidas de feito que se nos presentaron lévanmos a non facer unha especial pronuncia sobre as custas procesuais de ningunha das dúas instancias (artigos 394 e n398 da L. A. C.).
Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,
Fallo
Que desestimamos o recurso de apelación promovido polos demandantes Dª María Cristina , D. Iván , Dª Tania , Dª Verónica , Dª Violeta , Dª Zaira e D. Leon , representada polo/a procurador/a D./D.ª ERMINIA ALONSO SOLIÑO contra a sentenza ditada polo Xulgado de 1ª Instancia nº 1 de Redondela o día 12 de xullo de 2017, sen facermos unha especial declaración sobre as custas procesuais de ningunha das dúas instancias.
Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1 , 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1 , 2 , 6.3 , e 7.2 e 3 da Lei 3/1983 , do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.
Notifíqueselles ás partes a presente resolución.
MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC , debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC . Asímesmo cabe interpoñer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguintes a súa notificación na forma establecido no artº 479 da LAC.
Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.
NOTA INFORMATIVA:Conforme á D.A. Décimo quinta da L.O.P.J ., para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.
O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no BANCO SANTANDER, sucursal r/ Coruña, na conta deste expediente 0915000012061318, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local e organismo autónomo dependente. Se o ingreso se efectúa a medio de transferencia o núm. de conta IBAN é o seguinte: ES55 3569 9200 0500 1274 facendo constar, no campo concepto e observacions no xustificante de ingreso e como concepto o número de conta expediente antes salientado
