Sentencia Civil Nº 298/20...yo de 2016

Última revisión
21/09/2016

Sentencia Civil Nº 298/2016, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 467/2015 de 31 de Mayo de 2016

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 18 min

Orden: Civil

Fecha: 31 de Mayo de 2016

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 298/2016

Núm. Cendoj: 36057370062016100302

Resumen:
INEXISTENCIA Y NULIDAD DE CONTRATOS

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00298/2016

CIVIL

Rolo: 467/2015

Procedemento de orixe: ordinario 894/2013

Órgano de procedencia: Xulgado de Reforzo de Vigo

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistrados D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, PRESIDENTE, DÑA MAGDALENA FERNANDEZ SOTO E D. EUGENIO FRANCISCO MIGUEZ TABARES,pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA NUM.298/2016

En Vigo, a un de xuño de dous mil dezaseis.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos de Xuizo Ordinario 894/2013 procedentes do Xulgado de Reforzo de Vigo, ós que correspondeu o rolo 467/2015 nos que aparece como parte apelante- demandado NCG BANCO, S.A,representada polo/a procurador/a D./D.ª Fátima Portabales Barros e asistida do/da letrado/a D./D. Adrian Dupuy López e como parte contra da que se apela e demandante Dª Amelia , representada polo/a procurador/a D./D.ª María Dolores Virulegio Figueroa e asistida do/da letrado/a D./D.ª Lourdes Vilaronga Arteaga.

É o maxistrado relatorD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro:O Xulgado de Reforzo de Vigo, con data do 16/3/2015, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

'Debo estimar y estimo sustancialmente la demanda presentada por la Procuradora de los Tribunales Dª Mª Dolores Virulegio Figueroa, actuando en nombre y representación de Dª Amelia contra la entidad NCG Banco, S.A. ( actualmente Abanca Corporación Bancaria, S.A.) y , en consecuencia:

1º) Declaro nula de pleno derecho la adquisición de participaciones preferentes o bonos de Unión Fenosa, S.A. 06-5, que se contrataron por la actora y en los que invirtió en fecha 30-6.2005, un nominal de 50.000 €.

2º) Declaro anulada la orden de suscripción compra/venta de valores, de 28.4.2003, por la que la actora adquirió 241 títulos de obligaciones subordinadas Caixanova NUM000 por nominal de 145.200 €.

2º) Condeno a NCG Banco S.A. ( actualmente Abanca Corporación Bancaria S.A.) a abonar a la demandante la cantidad principal total de 78.784,41 €.

3º) Condeno a Ncg Banco, s.a (actualmente Abanca Corporación Bancaria S.A), a abonar a la demandante:

1.- Por las obligaciones subordinadas NUM000 : el interés legal de 144.038,40 € desde su cargo en cuenta el 12.05.2003 hasta el 20.5.2004, que a la actora se le reembolsaron 65.458,35 €. El importe resultante- 78.580,5€ - generará el interés legal hasta la venta de 24.000€ producida el 15.06.2005 y por los rstantes 54.580,05 €m se generará el interés legal hasta el canje forzoso por acciones - 19.06.2013 - que a la actora se le reintegraron 43.753,99 €,

La cantidad de 10.684,05 € pendiente de pago generará el interés legal desde el 19.06.2013 hasta sentencia.

De este importe se deducirán 17.457,86 € de rendimientos brutos percibidos por la actora.

El importe resultante de la dedución generará el interés moratorio del art. 576 de la L.EC desde sentencia hasta su completo pago.

2º) Por las participaciones preferentes o bonos Unión Fenosa,s.a: el interés legal de 50.000€ desde la fecha de su cargo en cuenta el 30.6.2005 hasta la sentencia, devengándose desde esta hasta su completo pago los intereses moratorio del art. 576 de la LEC .

La actora habra de reintegran todos los rendimientos brutos que le hubiera generado el producto, lo que habrá de ser determinado en ejecución de sentencia.

Tdoo ello con condena en las costas procesales a la partes demandada'.

Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ªFatima Portabales Barros, en representación de NCG BANCO,. S.A, presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 26/5/2016.


Fundamentos

Primeiro:A sentenza ditada en primeira instancia declara a nulidade da adquisición de participacións preferentes e da orde de subscrición compra/venda de obligacións subordinadas, condenando ó Banco demandado a devolver á actora as sumas que reseña. E recurre esa resolución a entidade bancaria, invocando: A) Verbo da acción de nulidade da adquisición das participacións preferentes, a falta de lexitimación pasiva, e a caducidade da acción. B) Que a condena ao pagamento de 18.100,36 euros carece de xustificación, implicando unha dupliciadde de pagos. C) Que non deuse estricto e total cumprimento ao mandato legal de restitución recíproca, ex artigos 1303 e 1307 do Código Civil . D) Que non procede a condena en custas, ante a estimación parcial da demanda. Analizamos as distintas alegacións separadamente.

Segundo:O demandado sostén a súa carencia de lexitimación para soportar a acción de nulidade da subscrición de participacións preferentes ou bonos Unión Fenosa. Na súa tese exculpatoria, estaríamos ante uns produtos financieiros totalmente alleos ao Banco, en cuxa adquisición este último actuou simplemente como intermediario. E engádese o abxurdo que ao seu xuizo suporía, por unha banda, ter que devolver o prezo das participacións que, na súa expresión, 'non o ten porque non cobrouno el', e por outra, que o cliente devolva ao Banco uns valores que non foron emitidos por este último e que son dun terceiro totalmente alleo, a sociedade emisora das participacións, Unión Fenosa.

A formulación do recurrente xa foi obxecto de resposta por pare das Audienciais Provinciais, e tamén pola doutrina xurisprudencial, que veñen rexeitar o argumento.

A argumentación esencial, en apoio da lexitimación pasiva da entidade bancaria, radica na necesidade de facer unha distinción conceptual entre os negocios - dous- que concurren nas operacións de subscrición das participacións preferentes. Un deles, consistente na orde de compra dos valores, e o outro, na compra propiamente dita. Na compra interveñen como partes a vendedora, é dicir, a emisora dos valores, e a compradora ou cliente do Banco. En cambio, as partes do primeiro negocio son unicamente estes dous últimos. Pois ben, como a actora pon en cuestión e impugna, non a compra, propiamente dita, dos produtos, senón a actuación do Banco -en esencia, e por expresalo de xeito moi sintético, o incumprimento do seu deber de información-, que xerou a orde de compra, o único lexitimado na posta en cuestión desa actuación é a entidade bancaria, e non a sociedade emisora e vendedora das participación,s que permaneceu totalmente allea a esas actuacións previas á compra. E a lexitimación pasiva do Banco resulta máis patente se, como sucede neste caso, existía un contrato de depósito e administración de valores, ao carón doutro contrato de 'prestación pola entidade de servizos sobre produtos de investimento', que comprendía a obriga de asesoramento por parte do Banco sobre os produtos a investir, novas e complementarias categorías contractuais que afondaban ainda máis na esencial obriga de ilustrar ao cliente minorista e consumidor, totalmente inexperto no eido financieiro, incumprimento desa obriga que consistíu, en fin, a razón, realmente única, de pedir da demandante.

A lexitimación pasiva, posta en tela de xuizo, aparece sancionada pola doutrina xurisprudencial. Así, o auto do Tribunal Supremo de 9 de setembro de 2015 proclama que 'respecto del motivo tercero, en el que se alega la falta de legitimación pasiva 'ad causam' de la entidad bancaria por ser mera intermediaria en la compra de las participaciones preferentes, tampoco se observa contradicción con la doctrina de esta Sala que considera responsable a la entidad bancaria comercializadora de productos de otra entidad, como es el caso del banco islandés Landsbanki ( STS de 30 de diciembre de 2014 ), de la entidad norteamericana Lehman Brothers y el banco islandés Kaupthing STS de 10 de septiembre de 2014 ) o de seguros de vida 'unit linked' concertados con entidad diferente al banco comercializador ( STS de 12 de enero de 2015 , antes citada), entre otras, disponiéndose en la segunda de las resoluciones citadas que «[l]a actuación de BES al proponer a sus clientes invertir en productos estructurados emitidos por Lehman Brothers o el banco Kaupthing mediante la suscripción de seguros de vida 'unit-linked', incumplió las exigencias derivadas de dicha normativa, al no informar adecuadamente sobre la naturaleza de los productos contratados y la naturaleza exacta de los riesgos asociados a tales productos. Como decíamos en la sentencia núm. 244/2013 , «este incumplimiento grave de los deberes exigibles al profesional que opera en el mercado de valores en su relación con clientes potenciales o actuales constituye el título jurídico de imputación de la responsabilidad por los daños sufridos por tales clientes como consecuencia de la pérdida... Ello supone que deba confirmarse la sentencia de primera instancia también en cuanto a la condena de BES, que no lo ha sido con base en las consecuencias restitutorias propias de la nulidad del contrato, sino con base en la obligación de indemnizar los daños y perjuicios (la pérdida de la inversión realizada en su día) causados por el incumplimiento contractual, sin perjuicio de que, al coincidir con las consecuencias restitutorias de la nulidad, proceda la condena solidaria de ambas demandadas, que por otra parte actuaron coordinadamente, como integrantes de un mismo holding en el que una de ellas, BES, promovía entre sus clientes los productos de la otra, BES Vida.». 'Además, y a modo de conclusión, ha de señalarse que la sentencia es plenamente coherente con la última doctrina de esta Sala relativa a la contratación de productos bancarios complejos (SSTS del Pleno de esta Sala de 17 de abril de 2013, de 17 de diciembre de 2013, de 18 de abril de 2013 y de 12 de enero de 2015, entre otras) que vienen exigiendo un elevado estándar de diligencia a las entidades bancarias, máxime cuando los clientes, como es el caso, tienen la consideración de minoristas y su formación financiera y experiencia inversora son escasas o nulas'.

En apoio da tese da lexitimación, a recente sentenza da Sección Cuarta da Audiencia Provincial de A Coruña, de 27 de abril de 2016 , cita os seguintes argumentos: A) Que é a demandada a que negociou cos actores a orde de subscrición das preferentes. B) Que é á entidade recurrente á que se lle atribúe ter inducido a erro aos demandantes na subscrición de ditos produtos complexos e de risco. C) Que foi o Banco o que tomando a iniciativa contractual ofertou as preferentes entre os seus clientes. D) Que atopámonos ante un contrato de asesoramento financieiro. E) Que a entidade emisora non intervíu na negociación contractual cos actores, que levouse a efecto en impresos oficiais do Banco. F) Que as sucesivas operacións de canxe conducen á adquisición de accións do propio Banco. G) Que non cabe imputar o erro vicio do consentimento, co que se pretende a anulabilidade da orde de subscrición, á entidade emisora, que non participou en tal contrato, e a quen non incumbían deberes contractuais de asesoramento e información suficientes para que os actores tomaran constancia da operación xurídica que se levaba a efecto. En definitiva, remata esa resolución, que non se lle pode negar á recurrente lexitimación pasiva para soportar a carga das accións exercitadas na demanda, como se dun terceiro alleo aos actos impugnados se tratara, dado o seu papel principal e determinante na subscrición da orde de adquisición das preferentes.

Igualmente, as sentenzas da mesma Audiencia de 10 de abril de 2014 e 16 de marzo de 2016 , e as sentenzas desta Audiencia Provincial de Pontevedra, de 4 de abril de 2013 e 4 de decembro de 2014 .

En definitiva, se a entidade bancaria, en virtude dos compromisos legais e contractuais asumidos, non informou precontractualmente á cliente sobre os produtos financieros que ofertaba, advertíndolle de que estábamos ante valores complexos e de alto risco, levando así ao erro á demandante, resulta patente a lexitimación daquela primeira para ser demandada, no exercicio do lexítimo dereito da actora a ser indemnizada polos prexuizos á postre padecidos por mor daquela conduta incumpridora, que de non existir, era presumible que non se adquiriran tales produtos dado, en fin, o claro perfil aforrador da cliente, unha ama de casa, á sazón de setenta e sete anos de idade, sen estudos, e con padecementos graves, entre eles nuha minusvalía visual do 80%.

Terceiro:Adquiridas as participacións preferentes o día 28 de abril de 2003, e formulada a demanda reitora desta lite o día 16 de decembro de 2013, alega o recurrente a caducidade da acción, por ter transcorrido o prazo de catro anos disposto polo artigo 1301 do Código Civil .

O motivo do recurso non se estima pois, de conformidade con ese precepto, o prazo empeza correr dende a consumación do contrato, é dicir, dende que se teñan producido e esgotado todos os seus efectos. Ainda máis, e tal como deixa sentado o Tribunal Supremo, o dies a quo debe correr dende que se teña conciencia do erro padecido.

En efecto, e como declara o auto dese tribunal, de 9 de setembro de 2015 , con cita da sentenza do Pleno de 12 de xaneiro de 2015 «al interpretar hoy el art. 1301 del Código Civil en relación a las acciones que persiguen la anulación de un contrato bancario o de inversión por concurrencia de vicio del consentimiento, no puede obviarse el criterio interpretativo relativo a «la realidad social del tiempo en que [las normas] han de ser aplicadas atendiendo fundamentalmente al espíritu y finalidad de aquéllas», tal como establece el art. 3 del Código Civil . (...) La diferencia de complejidad entre las relaciones contractuales en las que a finales del siglo XIX podía producirse con más facilidad el error en el consentimiento, y los contratos bancarios, financieros y de inversión actuales, es considerable. Por ello, en casos como el que es objeto del recurso no puede interpretarse la 'consumación del contrato' como si de un negocio jurídico simple se tratara. En la fecha en que el art. 1301 del Código Civil fue redactado, la escasa complejidad que, por lo general, caracterizaba los contratos permitía que el contratante aquejado del vicio del consentimiento, con un mínimo de diligencia, pudiera conocer el error padecido en un momento más temprano del desarrollo de la relación contractual. Pero en el espíritu y la finalidad de la norma se encontraba el cumplimiento del tradicional requisito de la 'actio nata', conforme al cual el cómputo del plazo de ejercicio de la acción, salvo expresa disposición que establezca lo contrario, no puede empezar a computarse al menos hasta que se tiene o puede tenerse cabal y completo conocimiento de la causa que justifica el ejercicio de la acción. Tal principio se halla recogido actualmente en los principios de Derecho europeo de los contratos (art. 4:113). En definitiva, no puede privarse de la acción a quien no ha podido ejercitarla por causa que no le es imputable, como es el desconocimiento de los elementos determinantes de la existencia del error en el consentimiento. Por ello, en relaciones contractuales complejas como son con frecuencia las derivadas de contratos bancarios, financieros o de inversión, la consumación del contrato, a efectos de determinar el momento inicial del plazo de ejercicio de la acción de anulación del contrato por error o dolo, no puede quedar fijada antes de que el cliente haya podido tener conocimiento de la existencia de dicho error o dolo. El día inicial del plazo de ejercicio de la acción será, por tanto, el de suspensión de las liquidaciones de beneficios o de devengo de intereses, el de aplicación de medidas de gestión de instrumentos híbridos acordadas por el FROB, o, en general, otro evento similar que permita la comprensión real de las características y riesgos del producto complejo adquirido por medio de un consentimiento viciado por el error».

Cuarto:Se estima o motivo do recurso, referido á condena de 18.100,36 euros, que se deixa sen efecto porque a xuízo desta Sala esta pronuncia implicaría unha duplicidade de pagamentos. En efecto: A) A parte actora investíu en obligacións subordinadas, pagando na realidade 144.038,40 euros. B) Recuperou por dúas vendas parciais deses produtos 89.600,36 euros (65.458,35+24.142,01). C) A diferenza resultante ao se favor é de 54.438,04 euros, non faltando entón por recuperar outros 18.100,36 euros. En definitiva, non hai razón que xustifique o pagamento a máis, dos 18.100,36 euros en disputa, dado que co pagamento dos 54.438,04 euros, ordenados pola sentenza de primeira instancia, xa quedaría indemne a demandante, ao ter recuperado antes, insistimos, os 89,600,36 euros, procedentes daquelas dúas vendas, que dan con aquela primeira cifra o total investido, de 144.038,40 euros. A acollida do motivo debe levar obviamente as conseguintes correcccións verbo dos xuros, o que levarase a cabo en faxe de execución de sentenza partindo dos criterios dispostos pola sentenza de instancia, e que non foron impugnados.

Quinto:Deducidos eses 18.100,36 euros, a denuncia polo recurrente da sentenza ditada en primeira instancia, reprochándolle que non aplica os artigos 1303 e 1307 do Código Civil , fica agora lóxica e exclusivamente circunscrita á condena -ou restitución- a devolver á actora os 50.000 euros entregados ao Banco para a adquisición das participacións preferentes. Nótese, xa que logo, que non está impugnarse o tratamento e a solución dados pola sentenza de instancia ao aboamento de xuros. Pois ben, delimitado dese xeito o motivo do recurso, o mesmo non pode prosperare, dado que o que latexa na cerna desa formulación é unha negación da súa lexitimación pasiva, o que non acepta este tribunal, consonte ao anteriormente razoado. E é que como consecuencia da omisión do seu deber de informar á parte actora, esta padeceu un erro do consentimento, que levouno a adquirir as participacións preferentes, erro consensual que xera, en fin, a nulidade da complexa relación negocial habida entre cliente e Banco e, conseguintemente, o doble e obrigado corolario, de restitución por parte do Banco do diñeiro recibido, e de restitución pola demandante dos valores, para sí restablecer plenamente a situación desta última, anterior ás operacións emprendidas.

Sexto:A acollida parcial do recurso e, conseguintemente, da demanda, conduce a non facermos unha especial declaración das custas procesuais de ningunha das dúas instancias, a ser relevante a rebaixa contitativa que agora se acorda (artigos 394 e 398 da L. A. C.).

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Que con estimación parcial do recurso de apelación promovido por NCG BANCO, S.A contra a sentenza ditada polo Xulgado de Reforzo de Vigo o día 16/3/2015 condenamos ao recurrente a satisfacer á actora un principal de 60.684,05 euros, sen facermos unha especial declaración sobre as custas procesuais de ningunha das dúas instancias. E confirmamos a sentenza apelada nas súas demáis pronuncias.

Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1 , 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1 , 2 , 6.3 , e 7.2 e 3 da Lei 3/1983 , do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.

MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC , debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC . Asímesmo cabe interpoñer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes a súa notificación na forma establecido no artº 479 da LAC.

NOTA INFORMATIVA: Conforme á D.A. Décimo quinta da L.O.P.J ., para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no BANCO SANTANDER, Sucursal c/ Coruña, na conta deste expediente 0915000012046715, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local e organismo autónomo dependente. Se o ingreso se efectúa a medio de transferencia o núm. De conta IBAN é o seguinte: ES55 3569 9200 0500 1274 facendo constar no xustificante de ingreso e como concepto o número de conta expediente antes salientado.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.