Sentencia CIVIL Nº 310/20...io de 2018

Última revisión
17/09/2017

Sentencia CIVIL Nº 310/2018, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 623/2017 de 09 de Julio de 2018

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 12 min

Orden: Civil

Fecha: 09 de Julio de 2018

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 310/2018

Núm. Cendoj: 36057370062018100313

Núm. Ecli: ES:APPO:2018:1195

Núm. Roj: SAP PO 1195:2018

Resumen:
ARRENDAMIENTOS-MUEBLES

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00310/2018

N10250

C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO

Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387

BN

N.I.G.36057 42 1 2015 0003268

ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000623 /2017

Juzgado de procedencia:XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 8 de VIGO

Procedimiento de origen:PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0000171 /2015

Recurrente: Juliana

Procurador: NATALIA TROITIÑO ABALO

Abogado: JOSE CARLOS CORREDOIRA OTERO

Recurrido: S-4 SOLUCIONES ASEGURADORAS, S.L. (S-4 GALICIA ASOCIADOS, SL.)

Procurador: MARIA AUXILIADORA RUIZ SANCHEZ

Abogado: JOSE MANUEL RODRIGUEZ ALVAREZ

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistrados D. JAIME CARRERA IBARZÁBAL, Presidente D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e D. JULIO PICATOSTE BOBILLO,pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

S E N T E N Z A Nº 310/18

Vigo, nove de xullo de dous mil dezaoito.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo ORDINARIO 171/15 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 8 de Vigo ós que correspondeu o rolo 623/17, nos que aparece como parte apelante e demandada D./D.ª Juliana, representada polo/a procurador/a D./D.ª NATALIA TROITIÑO ABALO e asistida do/da letrado/a D./D.ª JOSE CARLOS CORREDOIRA OTERO,e como parte contra da que se apela e demandante S-4 SOLUCIONES ASEGURADORA S.L., representada polo/a procurador/a D./D.ª AUXILIADORA RUIZ SÁNCHEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª JOSE MANUEL RODRÍGUEZ ÁLVAREZ.

É o maxistrado relatorD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 8 de Vigo, con data do 4 de maio de 2017, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

'Que estimando la demanda interpuesta en autos de juicio ordinario nº 171/2015 por la Procuradora doña Mª Auxiliadora Ruiz Sánchez, en nombre y representación de 'S-4 SOLUCIONES ASEGURADORAS, S.L.', contra doña Juliana, sobre incumplimiento contractual, debo condenar y condeno a la demandada a abonar a la demandante la cantidad de TREINTA MIL EUROS (30.000 €), así como las costas procesales causadas.'

Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª NATALIA TROITIÑO ABADO, en representación de D./D.ª Juliana, presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 6 de xullo de 2018


Fundamentos

Primeiro:A sentenza ditada en primeira instancia estima integramente a demanda formulada pola Correduría de Seguros, S-4 Soluciones Aseguradoras, S. L. contra a demandada, Dona Juliana, Auxiliar Externa daquela, condenando a este última a satisfacer á primeira a cifra reclamada, de 30.000 euros, en aplicación da cláusula cuarta do contrato mercantil de colaboración de data 1 de maio de 2010, de 'non competencia', a teor da cal a Auxiliar Externa comprometíase a non aportar operacións de seguros a ningún outro Corredor (persoa física ou xurídica, engade a cláusula), considerándose o comportamento como un acto de concurrencia desleal, que podería dar lugar á rescisión do contrato e ao pagamento daquela suma, en concepto de cláusula penal, e como indemnización, en fin, á Correduría polos danos e prexuizos causados.

Recurre a sentenza a parte demandada, recurso que funda nos seguintes pilares: A) Erro na apreciación da proba, ao non dar por acreditados a xuiza a quo os graves e reiterados incumprimentos da demandante -que lexitimarían xa que logo o acto de resolución contratual emprendido pola agora apelante-. B) Que os clientes se marcharon da Correduría actora a outra distinta, voluntariamente ou sen a intervención da demandada. C) Subsidiariamente, que procede a moderación da cláusula. Analizamos todas estas cuestións coa debida separación.

Segundo: Realmente, a cuestión nuclear da lite radica no feito denunciado pola demandada, do incumprimento grave e reiterado pola demandante das obligacións que lle incumbían como Corredor de Seguros en virtude do contrato concertado, pois de darse por xustificado ese significado incumprimento, a parte demandada tería via libre para resolver unilateralmente a relación contractual, non só por aplicación das regras xerales de resolución extraibles do artigo 1124 do CC, senón tamén pola previsión do propio contrato de colaboración, cando na súa cláusula decimosegunda dispón como unha das causas da extinción automática do contrato ' por resolución do contrato cando a outra - parte contratante- incumprira gravemente as súas obligacións ou infrinxido o deber de lealtade (cláusula cuarta)'. Pois ben, a postura encontrada entre os litigantes lévamos examinar detidamente as distintas probas que obran na causa sobre este extremo (interrogatorio, documental e testemuñal), non sen antes facer atra catro advertencias, fondamente vencelladas entre si, e que en nada favorecen, precisamente, a tese incumpridora do outro contratante, sostida pola demandada apelante: Primeiramente, a denuncia do incumprimento, xeralista en demasía. En segundo termo, que non se realiza unha contificación, ainda que for mínima, da débeda postulada. En terceiro lugar, que non temos a debida constancia de que a demandada deixara de cobrar definitivamente algunha suma atrasada. E en cuarto e último lugar, que non houber ningunha reclamación, extraxudicial - contificada- ou xudicial, da suposta débeda.

Terceiro: Do exame, polo miúdo, das conversas mantidas entre os litigantes a través dos correos electrónicos que entre eles cruzáronse, non acadamos a convicción de que houber o grave e insistente incumprimento denunciado, propugnado pola demandada, e atribuido á actora. Todo iso nun contexto contratual de tracto sucesivo, continuado no tempo, e de certa complexidade, onde ao longo da relación contractual van inevitablemente existir múltiplas e diferentes operacións de seguros, e con comisións igualmente plurales e diversas, o que fai enexcusable a realización das correspondentes contificacións, revisións das mesmas, no seu caso, e compensacións, ata acadar as liquidacións finais ou definitivas. En efecto, nuns correos reclámanse dentro da primeira quincena do mes as liquidacións -de comisións- do mes inmediatamente anterior. Noutros reséñanse erros nas liquidacións, que califícanse pola propia reclamante de 'cativos', e ata de 'posibles', simplemente. Existen diversas ordes de transferencia da actora que siguen ás reclamacións. Agás dun dos correos, non observamos que haxa reclamación dos honorarios, igualmente pactados. E, en fin, sendo certo que nos dous últimos correos electrónicos, de datas 23 e 27 de xaneiro de 2014 (folios 224 e seguintes), faise unha relación máis ampla de reclamacións, non o é menos que a agora apelante simplemente diríxese á actora para que comprobe as liquidacións ao seu xuizo pendentes, pero non faise ver ningún comportamento da demandante que podería dar lugar á resolución contractual, nunca anunciada previamente, e decidida, en cambio, moi poucos dias despois, concretamente o día 3 de febreiro. En resumo, e sen prexuizo de que os emails poidan reflictar un certo descontento da agora apelante co comportamento observado pola recurrida, e un certo retraso da demandante e unha certa premura -igualmente- naquela primeira na práctica das liquidacións, cando no contrato ningunha previsión faise sobre o momento a liquidar, en ningún intre a recurrente anuncia que vai resolver o contrato. Todo iso lávamos declarar esta proba como insatisfactoria para demostrar o incumprimento atribuido á Correduría de Seguros demandante, que ten que ser serio, importante e frustrante, ainda que sexa soamente en parte, da economía do negocio. A Sala ignora ata estes intres se a demandada resulta acredora da demandante e en que contía.

O interrogatorio da demandada nada útil reporta para a resolución da lite. Invoca esta os constantes incumprimentos da contraparte, pero nin achega probas nin tampouco asegura, en realidade, que resultara prexudicada, e por qué importe, nin tan siquera aproximado, por mor deses supostos incumprimentos. Por outra banda, as condutas desviadas que imputa á actora non tiveron o oportuno refrendo xudicial, dado que a causa penal seguida contra esta última foi sobreseida e arquivada. E o único que sería de resaltar do seu relato é a súa afirmación de que tomou a decisión de rescindir o contrato cando coñecéu que estábase seguir ese procedimento penal, nunha toma de decisión que semella responder entón, máis ao temor das consecuencias que para ela poidera ter esa causa, que ao comportamento incumpridor, que achaca agora á parte demandante.

Finalmente, a proba testemuñal resulta contraditoria, e ten que ser tomada con especial cautela a reserva polos vencellos laborais das testemuñas coas partes litigantes. A testemuña, Dona Amalia, empregada da demandante, afirma que as liquidacións coa demadada levábanse a cabo dentro dus parámetros de normalidade, ao longo de todo o mes, todos os meses, e ainda que admite nelas certos e puntuais retrasos, imputa os mesmos a que parte dos ingresos procedían das propias compañías de seguros, que non facían as correspondentes remesas. E remata por aseverar que había os lóxicos erros por ambas partes, que eran oportunamente correxidos. Pola súa banda, a testemuña, Dona Begoña, exempregada da parte actora, nada proveitoso pode aportar, xa que admite que cesou na empresa en marzo de 2009, non coincidindo coa demandada, e descoñecendo en consecuencia o que sucedeu con esta última. En último termo, as prácticas ilegais que imputa á parte actora (ocultación de comisións, non devolución de extornos...), nin aparecen xustificadas nin terían realmente trascendencia nesta lite. A testemuña, D. Candido, foi empregado da actora, é a parella da demandada, e foi denunciado, en fin, pola demandante por violación de segredos. Ante tales feitos as súas declaracións deben descartarse. Finalmente, tampouco lanza ningunha luz para a decisión da cuestión litixiosa a testemuña, representante legal da Correduría de Seguros Campos Rial, S. L..

En derradeiro lugar, non queremos pechar o círculo argumental sen facer alusión á causa penal seguida contra a demandante, que rematou con auto de sobreseimento ditado en grao de apelación pola Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra o día 10 de marzo de 2017, confirmatorio do auto do Xulgado de Instrucción. E é que estas resolucións xudiciais, con fundamento -entre outras probanzas- na pericia que obra nese proceso, non aprecian a comisión dos feitos obxectos de imputación, en esencia, de apropiación de extornos -insignificantes segundo a pericia- ou de fraudulentas liquidacións das comisións correspondentes aos Auxiliares Externos. Todo iso, reiterámolo, nun marco contractual de colaboración no eido aseguratorio, de execución continuada, complexo e precisado de constantes liquidacións, e con dúas dificultades específicas engadidas, no caso contemplado, a primeira, de que non estipulouse un intre determinado para practicar as liquidacións, e a segunda, coa previsión contractual de que as comisións e honorarios podían ser modificados, en máis ou en menos, en virtude das oportunas disposicións legais ou por circunstancias do mercado.

Por todo o dito o motivo do recurso non pode estimarse.

Cuarto: Estima a recurrente que non habería, en todo caso, pola súa parte unha vulneración do pacto de 'non competencia', plasmado na cláusula cuarta do contrato de colaboración de 1 de maio de 2010. A tese da apelante é que, unha vez anunciada a súa decisión de resolver o contrato mediante a carta dirixida á demandante o día 3 de febreiro de 2014, os clientes deixaron de contratar con esta Correduría pola súa propia e exclusiva vontade, sendo ela allea a esta soberana decisión. Pois ben, a formulación da parte carece de consistencia, e se contradí coa realidade do sucedido. E é que sen necesidade doutras e máis complexas consideracións, o feito de que déranse de baixa na Correduría demandante vinte e cinco clientes entre os día 5 e 10 de febreiro de 2014 -inmediatamente despois da resolución contractual-; o feito de que no mes seguinte déiranse igualmente de baixa un número aproximadamente igual de clientes, e outros moitos nos mese sucesivos; o feito de que as comunicacións escritas teñan idéntico formato; ou, en fin, o feito de que as altas se realicen a prol dunha mesma Correduría (Campos Rial, S. L.), son circunstancias clara e inequivocamente expresivas de que houbo un premeditado labor de captación da demandada, vulnerando deste xeito o pacto de non competencia durante o prazo de seis meses, estipulado na cláusula cuarta do contrato.

O motivo da apelación tampouco pode acollerse.

Quinto: Solicita a parte apelante, de xeito subsidiario, que se modere a cláusula penal, aos estimar que houbo incumprimentos, ainda que non foran esenciais, da parte contraria. Pois ben, a invocación non pode ser considerada por novidosa, ao non efectuarse temporaneamente, no escrito de contestación á demanda, que constitúe, coa propia demanda, o acto procesual de parte que determinan o obxecto da lite.

Sexto: Non atopamos que concurra algunha circunstancia de excepción para prescindir do criterio xeral do vencimento obxectivo, disposto para as custas procesuais desta alzada polo artigo 398 da L. A. C..

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Que rexeitamos o recurso de apelación formulado por Dª Juliana representada pola Procuradora Sra. Troitiño Abalo contra a sentenza ditada polo Xulgado de 1ª Instancia nº 8 de Vigo o día 4 de mio de 2017, con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á parte apelante.

Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC, debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC. Asímesmo cabe interpoñer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguintes a súa notificación na forma establecido no artº 479 da LAC.

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.