Sentencia CIVIL Nº 314/20...io de 2020

Última revisión
17/09/2017

Sentencia CIVIL Nº 314/2020, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 107/2020 de 09 de Julio de 2020

Relacionados:

Tiempo de lectura: 9 min

Orden: Civil

Fecha: 09 de Julio de 2020

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 314/2020

Núm. Cendoj: 36057370062020100297

Núm. Ecli: ES:APPO:2020:1280

Núm. Roj: SAP PO 1280:2020

Resumen:
MATERIAS NO ESPECIFICADAS

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00314/2020

Modelo: N10250

C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO

Teléfono:986817388-986817389 Fax:986817387

Correo electrónico:seccion6.ap.pontevedra@xustiza.gal

Equipo/usuario: BN

N.I.G.36057 42 1 2018 0011645

ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000107 /2020

Juzgado de procedencia:XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 11 de VIGO

Procedimiento de origen:ORD PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0000953 /2018

Recurrente: Casilda

Procurador: MANUEL JUAN LAMOSO REY

Abogado: PABLO LORENZO CAMPOS

Recurrido: CENTRO ODONTOLOGICO ALBA SL, CP DIRECCION000 NUM000 DE VIGO

Procurador: ANDREA ESTEVEZ SANTORO, JOSE ANTONIO FANDIÑO CARNERO

Abogado: LORENA PEREZ GUISANDE, JOSE DANIEL CUADRADO RAMOS

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistrados D. JAIME CARRERA IBARZÁBAL, Presidente, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e D. JOSÉ FERRER GONZÁLEZ,pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

S E N T E N Z A Nº 314/20

Vigo, nove de xullo de dous mil vinte.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 953/18 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 11 de Vigo ós que correspondeu o rolo 107/20, nos que aparece como parte apelante e demandada D./D.ª Casilda, representada polo/a procurador/a D./D.ª MANUEL LAMOSO REY e asistida do/da letrado/a D./D.ª PABLO LORENZO CAMPOS,e como parte contra da que se apela e demandante COMUNIDADE PROPIETARIOS R/ DIRECCION000, NUM000 DE VIGO, representada polo/a procurador/a D./D.ª JOSE ANTONIO FANDIÑO CARNERO e asistida do/da letrado/a D./D.ª JOSE D. CUADRADO RAMOS. Como parte apelada-demandada non persoada nesta instancia CENTRO ODONTOLÓGICO ALBA, representada pola Procuradora na 1ª Instancia Dª ANDREA ESTÉVEZ SANTORO.

É o maxistrado relatorD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 11 de Vigo, con data do 28 de novembro de 2019, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

'Estimo la demanda interpuesta por el procurador José Antonio Fandiño Carnero, actuando en nombre y representación de la Comunidad de Propietarios DIRECCION000 nº NUM000,contra doña Casilda y Centro Odontológico Alba SL, condeno al Centro Odontológico Alba a que abone a la demandante la suma de 3.985,80 euros en concepto cuotas de la comunidad, así como la suma de 38,86 euros por gastos de burofax, más los intereses legales desde la interposición de la demanda, y condeno a doña Casilda a que abone a la actora la suma de 18.006,03 euros en concepto de cuotas de la comunidad, así como la suma de 77,72 euros por gastos de burofax, más los intereses legales desde la interposición de la demanda. Todo ello con imposición de las costas a las partes demandadas.'

Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª MANUEL LAMOSO REY, en representación de D./D.ª Casilda, presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 9 de xullo de 2020.


Fundamentos

Primeiro: A parte demandada, Dona Casilda, recurre a sentenza ditada en primeira instancia, e abandonando parte do discurso sostido no escrito de contestación á demanda alega agora ata cinco motivos de apelación: A) Falta de motivación dabondo da sentenza recurrida. B) Prescrición da acción contra ela promovida. C) Falta do necesario desglosamento da débeda reclamada na preceptiva certificación. D) Falta de inscrición da débeda no Rexistro da Propiedade. E) Finalmente, a pronuncia en materia de custas procesuais.

Segundo: Analizamos os motivos precedentes coa debida separación, pero non sen antes facer dúas puntualizacións.

A primeira é que a alegación da falta de inscrición da débeda, como posible motivo deslexitimador da pretensión da Comunidade de Propietarios demandante, non pode ser examinada pola extemporaneidade da súa formulación. En efecto, estamos ante unha cuestión novedosa que, como tal, non pode agora ser examinada nesta alzada, pois debeu ser prantexada no intre procesual oportuno, como é o da contestación á demanda.

E a segunda refírese ao reproche, de falta de motivación da sentenza apelada, que debemos igualmente rexeitar. E é que ao non anuarse ou interesarse co alegato unha posible nulidade de actuacións, a única decisión que pode tomar agora este tribunal de apelación é, de darse en efecto a insuficiente motivación, a de colmar esa ausencia. Pois ben, a denuncia da parte carece de consistencia. Fronte a ese reproche, a resolución recurrida da unha cumprida resposta a todos os extremos que a demandada recurrente -concidindo en grande medida coa outra demandada- foi desglosando no escrito de contestación, e que consistiron, en síntese, na invocación da excepción de cousa xulgada, da súa falta de lexitimación, tanto porque estaría exonerada do pagamento da débeda en virtude do acordo acadado entre as demandadas na escritura de compravenda, como porque non tería aceptado a herdanza, de prescición, e de nulidade das actas que serviron de base para a presentación da demanda. Todas esas invocacións foron analizadas e desestimadas pola sentenza de instancia, expresando a xulgadora a quo, polo miudo, as razóns que fundaron as súas respectivas decisións, sendo cuestión radicalmente distinta, e que non pode servir de apoio ao vicio postulado, que a parte recurrente discrepe desa liña argumental. En último termo, a descalificación da apelante é absolutamente xenérica, ou sen expresión dous puntos litixiosos concretos nos que aprecia o defecto.

Terceiro: A parte apelante mantén que a acción contra dela exercitada estaría prescrita, alomenos verbo das cotas reclamadas, anteriores a xuño de 2013, pois a demanda reitora desta lite prantexouse en decembro de 2018 e o burofax que podería interrumpir o prazo prescritivo é de data 7 de xuño do mesmo ano.

O motivo do recurso non se acepta pois existen actos interruptivos do prazo de prescrición de cinco anos. Efectivamente: 1) Constan na lite o burofaxes dirixidos ás dúas demandadas, en reclamación das débedas, de data 7 de xuño de 2018, entregados ás interesadas. B) Existe igualmenmte un burofax dirixido ao anterior propietario, D. Luis Pablo, de data 26 de xaneiro de 2016, exténdendose polo funcionario de Correos dilixencia de 'deixado aviso', sen que poida facerse recaer, xa que logo, sobre a parte actora, a incuria do destinatario, se nela efectivamente incurríu, ao non acudir á oficina de Correos a retirar o burofax que contiña a correspondente reclamación. C) Existen ata seis Xuntas de Propietarios (dúas no ano 2012 -e á celebrada o día 24 de xullo deste ano asiste a hoxe recurrente en representación de Sr. Luis Pablo, co que tiña unha relación de convivencia -, e as catro restantes nos anos sucesivos, 2014, 2015, 2016 e 2.017), nas que se toman, entre outros acordos, proceder contra este último, e posteriormente contra os seus sucesores, en reclamación da débeda que ía loxicamente en aumento, con expresións dos conceptos e sumas adebedadas, acordos dos que temos que partir, dada a súa executividade, ao non ser, en fin, nunca impugnados mediante a formulación da oportuna acción ante os tribunais. D) A reclamación xudicial encauzada a través dun proceso precedente, e ao fan referencia os litigantes, pecha o círculo argumental no doble sentido de que, por unha banda, a comunidade estaba reclamar insistentemente a débeda, e por outra, de que a agora recurrente tiña coñecemento da débeda.

Cuarto: Contrariamente ao sostido pola demandada apelante, a Comunidade de Propietarios actora deu debido cumprimento ao mandato do artigo 21. 2 da L. P. H., que require a previa certificación do acordo da Xunta aprobando a liquidación da débeda coa Comunidade de Popietarios por quen actúe como secretario da misma, e co visto e pracet do presidente. E igualmente en contra da denuncia da falta de desglosamento do adebedado, nas pertinentes actas das Xuntas de Propietarios celebradas, e nos anexos que ás mesmas se acompañan, existe o desglosamento de conceptos, importes, datas e suxeitos debedores, coas contías respectivamente adebedadas, e, en fin, os acordos de reclamación, acordos que por non ser tampouco impugnados gañaron firmeza.

Quinto: O rexeitamento do recurso leva impor as custas procesuais desta alzada á parte recurrente, e a manter por igual a pronuncia de condena en custas da primeira instancia en contra da demandada, realizada pola sentenza impugnada, pois a demanda foi substancialmente estimada. (artigos 398 e 394 da L. A.C.).

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Que desestimamos o recurso de apelación formulado por Dª Casilda representada polo Procurador Sr. Lamoso Rey contra a sentenza ditada polo Xulgado de 1ª Instancia nº 11 de Vigo o día 28 de novembro de 2019, con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á parte apelante.

Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC, debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC. Asímesmo cabe interpoñer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguintes a súa notificación na forma establecido no artº 479 da LAC.

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.