Sentencia CIVIL Nº 360/20...io de 2020

Última revisión
17/09/2017

Sentencia CIVIL Nº 360/2020, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 227/2020 de 31 de Julio de 2020

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 9 min

Orden: Civil

Fecha: 31 de Julio de 2020

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 360/2020

Núm. Cendoj: 36057370062020100341

Núm. Ecli: ES:APPO:2020:1420

Núm. Roj: SAP PO 1420:2020

Resumen:
MATERIAS NO ESPECIFICADAS

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00360/2020

Modelo: N10250

C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO

Teléfono:986817388-986817389 Fax:986817387

Correo electrónico:seccion6.ap.pontevedra@xustiza.gal

Equipo/usuario: AP

N.I.G.36057 48 1 2013 0000125

ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000227 /2020

Juzgado de procedencia:XDO.VIOLENCIA SOBRE A MULLER N.1 de VIGO

Procedimiento de origen:MMC MODIFICACION DE MEDIDAS SUPUESTO CONTENCIOSO 0000058 /2017

Recurrente: Irene

Procurador: RAFAEL ANGEL FERNANDEZ FERNANDEZ

Abogado: EMILIA GONZALEZ MOCIÑO

Recurrido: Arturo

Procurador: ANDREA ESTEVEZ SANTORO

Abogado: JUAN CARLOS LIMIA FERREIRO

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistrados D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, Presidente, D. JAIME CARRERA IBARZÁBAL e Dª MAGDALENA FERNÁNDEZ SOTO,pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

S E N T E N Z A Nº360/20

Vigo, trinta e un de xullo de dous mil vinte.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Modificación Medidas 58/17 procedentes do Xulgado de Violencia sobre a Muller nº 1 de Vigo ós que correspondeu o rolo 227/20, nos que aparece como parte apelante e demandante D./D.ª Irene, representada polo/a procurador/a D./D.ª RAFAEL FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª EMILIA GONZÁLEZ MOCIÑO,e como parte contra da que se apela e demandada D./D.ª Arturo, representada polo/a procurador/a D./D.ª ANDREA ESTÉVEZ SANTORO e asistida do/da letrado/a D./D.ª JUAN C. LIMIA FERREIRO.

É o maxistrado relatorD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro:O Xulgado de Violencia sobre a Muller nº 1 de Vigo, con data do 13 de novembro de 2019, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

'Se desestimala demanda de Dª. Irene, representada por el procurador Sr. Fernández Fernández, contra D. Arturo, representado por la procuradora Sra. Estévez Santoro, y, en consecuencia, no ha lugar a modificar las medidas dispuestas por sentencia de 21 de julio de 2014 de este Juzgado recaída en los autos de Divorcio Contencioso 107/2013, revocada parcialmente por la sentencia de 13 de abril de 2015 de la Sección 6ª de la Audiencia Provincial de Pontevedra recaída en el Recurso de Apelación 648/2014, que devino firme al haber sido inadmitido recurso de casación contra la misma por auto de la Sala de lo Civil del Tribunal de 23 de noviembre de 2016 dictado en el Recurso 3799/2015.

Se desestimala reconvención presentada por D. Arturo, representado por la procuradora Sra. Estévez Santoro, contra Dª. Irene, representada por el procurador Sr. Fernández Fernández, y, en consecuencia, no no ha lugar a modificar las medidas dispuestas por sentencia de 21 de julio de 2014 de este Juzgado recaída en los autos de Divorcio Contencioso 107/2013, revocada parcialmente por la sentencia de 13 de abril de 2015 de la Sección 6ª de la Audiencia Provincial de Pontevedra recaída en el Recurso de Apelación 648/2014, que devino firme al haber sido inadmitido recurso de casación contra la misma por auto de la Sala de lo Civil del Tribunal de 23 de noviembre de 2016 dictado en el Recurso 3799/2015.

No ha lugar a efectuar especial pronunciamiento sobre las costas procesales causadas a resulta de la demanda y de la reconvención.'

Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª RAFAEL FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, en representación de D./D.ª Irene, presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 30 de xullo de 2020.


Fundamentos

Primeiro: En proceso de modificación de medidas prantexado o día 9 de maio de 2017 a demandante interesa, por unha banda, o incremento da pensión compensatoria ao seu favor, dos 500 euros inicialmente concedidos, a 1.000 euros, e por outra, que se lle atribúa o uso da que foi vivenda conxugal, e que é de propiedade exclusiva do seu exconsorte. No proceso de divorcio anterior e en sentenza ditada en grao de apelación o día 13 de abril de 2015 denegouse esta última pretensión, e verbo da pensión compensatoria concedeuse unha polo importe mensual de 500 euros, durante cinco anos. A sentenza ditada en primeira instancia no presente proceso de modificación desestima íntegramente a demanda, e recurre esta resolución a actora, reproducindo nesta alzada os dous pedimentos, que procedemos analizar coa debida separación.

Segundo.-O incremento da pensión compensatoria non pode concederse tanto por razóns formais, ou o que é o mesmo, porque resulta incompatible coa natureza e finalidade deste instituto, como por motivos de fondo, ou porque non aparecería probado o presuposto requerido inexcusablemente pola norma para a modificación da medida, como é que haxa hoxe unha alteración substancial das circunstancias concurrentes, comparativamente coas habidas ao tempo da adopción da primeira medida que se pretende alterar, neste caso á alza.

En efecto, e de conformidade coa doutrina científica maioritaria, e coa doutrina xurisprudencial recaida na interpretación e aplicación da normativa da pensión compensatoria ( artigos 97 do CC), en relación coa posibilidade legal de modificala (artigos 100 e 101), así como resulta xuridicamente viable a reducción ou extinción da pensión, non cabe, en cambio, incrementala pois a referencia temporal para determinar a procedencia e contía da mesma debemos atopala ao tempo da separación ou divorcio, ou máis exactamente, ao intre da ruptura convivencial, de tal maneira, xa que logo, que toda alteración sobrevida non pode tomarse en consideración para aumentar a pensión, dado que o prexuizo xa foi apreciado e contificado.

En proclamacións do Tribunal Supremo 'el desequilibrio que da lugar a la pensióndebe existir en el momento de la separación o del divorcio, y no basarse en sucesos posteriores, que no pueden dar lugar al nacimiento de una pensiónque no se acreditaba cuando ocurrió la crisis matrimonial'. Ou 'los sucesos que se producen con posterioridad a larupturade la convivencia son, en principio, completamente irrelevantes para determinar la existencia de lapensióncompensatoriao la procedencia de elevar su cuantía; sí operan, sin embargo, para su posible disminución o extinción'. ( sentenzas de 22 de xuño e 19 de outubro de 2011, 10 de xaneiro de 2012 e 18 de marzo e 27 de novembro de 2014).

Pero se o dito non for dabondo -que sí o é-, a parte demandante non acreditou, en todo caso, e como lle correspondía, ex artigo 217 da L. A. C., esa alteración de circunstancias que podería lexitimar a súa petición. Efectivamente, e contrariamente ao invocado pola parte apelante: A) A mesma segue ostentar a propiedade -compartida- de dous predios urbáns. B) As precepcións salariais do recurrido non inferiores ás que obtiña ao tempo do divorcio, como se colixe das nóminas. C) O apelado ten agora un fillo ao que ten que manter, feito este último que non se daba na relación anterior, pois do matrimonio inicial non houbo descendencia. C) A recurrente atopábase ao tempo da ruptura matrimonial en situación de desemprego, e resulta agora acredora dun subsidio por ese concepto que no ano 2019 se elevaba a 430,20 euros líquidos ao mes (folio 475). D) A apelante foi titular de fondos de inversión e dunha conta a prazo, cercana ao 30.000 euros, e hai movimentos nas contas bancarias de cifras da orde de 33.000 e 30.000 euros, que non temos constancia que se tiveren esgotado. D) Os seus padecimentos de saúde, que deron lugar a dúas intervencións cirúrxicas, existían xa ao tempo do divorcio.

Terceiro.-Non mellor sorte adversa faise merecente correr o outro motivo do recurso, referido ao uso da vivenda que foi conxugal. E é que ainda a risco de ser repetitivos e de remitirmos á relación de circunstancias anteriormente reseñadas: A) Non aparece an absoluto xustificado que o interese máis necesitado de protección sexa o da apelante, xa que a mesma comparte dúas vivendas en propiedade nas que pode morar, como faino a súa nai e un irmán. B) O apelado ten que facer fronte ao aluguer dunha vivenda, na que habita coa súa nova parella e o fillo. C) En fin, a apelante, pese serlle denegado no anterior proceso de divorcio o uso da vivenda, segue disfrutala dende hai alomenos cinco anos. A pretensión da demandante a gora apelante, e totalmente improcedente e ata temeraria.

Cuarto.-Non atopamos que concurra alguna circunstancia de excepción para deixar de aplicar o criterio xeral do vencimento obxectivo, que para as custas procesuais desta alzada sanciona o artigo 398 da L. A. C.

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Que rexeitamos o recurso de apelación formulado por el Procurador D. Rafael Fernández Fernández que actúa en nombre y representación de Irene contra a sentenza ditada polo Xulgado de Violencia nº 1 de Vigo o día 13/11/2019, con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á parte apelante.

Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC, debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC. Asímesmo cabe interpoñer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguintes a súa notificación na forma establecido no artº 479 da LAC.

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.