Sentencia CIVIL Nº 362/20...io de 2020

Última revisión
17/09/2017

Sentencia CIVIL Nº 362/2020, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 173/2020 de 31 de Julio de 2020

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 8 min

Orden: Civil

Fecha: 31 de Julio de 2020

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 362/2020

Núm. Cendoj: 36057370062020100346

Núm. Ecli: ES:APPO:2020:1425

Núm. Roj: SAP PO 1425:2020

Resumen:
MATRIMONIO

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00362/2020

Modelo: N10250

C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO

Teléfono:986817388-986817389 Fax:986817387

Correo electrónico:seccion6.ap.pontevedra@xustiza.gal

quipo/usuario: BN

N.I.G.36057 42 1 2018 0012676

ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000173 /2020

Juzgado de procedencia:XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 6 de VIGO

Procedimiento de origen:JVB JUICIO VERBAL 0000799 /2018

Recurrente: Gustavo

Procurador: LUIS RAMON VALDES ALBILLO

Abogado: EVA BARES CASTAÑO

Recurrido: Hilario

Procurador: PURIFICACION RODRIGUEZ GONZALEZ

Abogado: JOSE JULIO HEREDERO VILLALBA

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistrados D. JAIME CARRERA IBARZÁBALPresidente, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e Dª MAGDALENA FERNÁNDEZ SOTO,pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

S E N T E N Z A Nº 362/20

Vigo, trinta e un de xullo de dous mil vinte.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Verbal 799/18 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 6 de Vigo ós que correspondeu o rolo 173/20, nos que aparece como parte apelante e demandado D./D.ª Gustavo, representada polo/a procurador/a D./D.ª LUIS R. VALDES ALBILLO e asistida do/da letrado/a D./D.ª EVA BARES CASTAÑO,e como parte contra da que se apela e demandante D./D.ª Hilario, representada polo/a procurador/a D./D.ª PURIFICACIÓN RODRÍGUEZ GONZÁLEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª JULIO HEREDERO VILLALBA.

É o maxistrado relatorD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 6 de Vigo, con data do 18 de decembro de 2019, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

'ESTIMOíntegramente la demanda interpuesta por D. Hilario frente a D. Gustavo, y en consecuencia declaro resuelto el contrato de compraventa del vehículo Toyota Auris matrícula ....WNXR celebrado el 23/03/2017, debiendo las partes restituirse recíprocamente las prestaciones, en consecuencia D. Hilario deberá entregar a D. Gustavo el vehículo, y CONDENOa D. Gustavo a abonar a D. Hilario la cantidad de 5.118,03 euros, más los intereses legales devengados por dicha cantidad desde la interposición de la demanda, así como al pago de las costas.'

Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª LUIS R. VALDES ALBILLO, en representación de D./D.ª Trinidad, presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 30 de xullo de 2020.


Fundamentos

Primeiro: O problema esencial que se presenta nesta lite é de índole probatoria, e radica en determinar cal foi a causa da avaría padecida no vehículo de segunda man obxecto do contrato de compravenda, problemática que debemos resolver á luz das probas directas e datos indiciarios que obran na causa, acervo probatorio do que coleximos -xa adiantámolo- que a orixe da avaría atópase nun vicio oculto do coche que, como tal, resulta atribuible á parte demandada.

Segundo: O demandado apelante invoca que a orixe dos danos hai que atopala no comportamento neglixente do comprador, que ante a subida de temperatura do vehículo, lonxe de deterse inmediatamente, como era natural, prudente e ata obrigado, continuou circulando. Máis a alegación do demandada carece de consistencia, tanto xurídica como probatoria.

En efecto, e en primeiro lugar, non hai proba ningunha de que o demandante incurrirá na indilixencia denunciada, de circular cando a temperatura tivera subido de tal maneira que accionara o piloto de advertencia. Ou dito doutro xeito, ainda que este último admita que observaba cando ía circulando como o coche subía de temperatura nas costas e a unha velocidade exixente, engade e aclara tamén que ante esa desfavorable circunstancia reducía inmediatamente a velocidade, baixando entón a temperatura. O cambio, á alza e á baixa, é algo natural que se produce no manexo dun vehículo, pero tan só cando a temperatura suba chegando ao nivel de alerta, seríalle exixible ao conductor que parara, e esa circunstancia non aparece demostrada. Contrariamente, que o demandante circulara en varios días e ocasións, completanto sempre as viaxes programadas, é un elemento indiciario de que moveuse dentro dos parámetros de temperatura tolerados xa que, de non ser así, o vehículo non permitiría o remate das viaxes.

En segundo termo, da valoración, á par crítica e conxunta das dúas pericias de obran neste proceso -informe do actor, e segundo do demandado, pois o primeiro carece de todo substento técnico-, inferimos igualmente que os danos do vehículo non foron debidos a un defecto de conducción nin de mantemento. A este respecto cómpre deixar sentado: A) Que a avaría detectouse tan só dez días despois da compra. B) Que do exame das fotografías compróbase como existe unha fenda ou fisura na parte exterior do bloque do motor. C) Que o perito proposto pola parte actora ditamina, con ofecimento de explicacións atendibles, que ese defecto foi o causante dos danos. D) Por último, que o perito que informu a instancia do demandado admite en realidade que o vicio estaba 'nun dos elementos' do sistema de refrixeración do coche.

Existen, en terceiro e último lugar, dous datos indiciarios, deducibles dos correos electrónicos cruzados entre os litigantes que, fronte ao afirmado pola parte recurrente, veñen refrendar, precisamente, a tese da parte contraria. Estamos referirmos, por unha bada, en que nun dos correos a parte demandada pretende derivar a etioloxía dos danos hacia o fabricante, e por outra, e mois especialmente, a que se ofrece unha solución de recompra do vehículo polo prezo de 3.000 euros, nun ofrecimento tan só explicable cun recoñecemento de culpa propia.

En definitiva, demostrado o calentamento do vehículo nos termos expresados - o que foi comprobado pola testemuña, Sr. Luis Pedro, a cuxo taller levouse o coche-, así como a existencia da fisura e da malformación do bloque, a causa do sinistro tan só pode ser achacada ao vendedor pois, derradeiramete, a imputación de culpa ao comprador é unha pura conxetura.

O motivo do recurso rexéitase.

Terceiro: A decisión resolutoria do contrato de compravenda é consecuencia do vicio apreciado no vehículo, de caracter inhabilitante, xa que non permitía o seu uso normalizado.

Cuarto: Non procede estimar a impugnación que dos conceptos de gastos de taller e do informe do Sr. Pedro Antonio realiza o recurrente, pois ambas partidas aparecen como naturais nestes supostos.

Pola contra, debe acollerse a impugnación da sentenza de instancia, referida á reclamación dos honorarios do perito que informou a instancia do actor, polo importe de 421,32 euros. E é que en puridade de principios atopámonos ante un capítulo integrado dentro das custas procesuais.

Quinto: Non obstante a estimación en parte do recurso impomos ao demandado as custas procesuais das dúas instancias, conforme aos artigos 394 e 398 da L. A. C.. E é que ocurre que: A) A estimación da demanda foi substancial. B) Por esa razón deberá o demandado aboar as custas da primeira instancia, nas que se incluirán loxicamente as do perito. C) Ainda que non se solicitara ese capítulo como prexuizo, se encauzaría como unha partida das custas. D) En fin, e en fonda relación coas anteriores observacións, o resultado indemnizatorio final a cargo do demandado sería o mesmo, tanto se non se inclúe na demanda ese concepto como capítulo indemnizatorio, pois se satisfaría neste suposto como custa procesual, como se xa se formulara na demanda como pretensión indemnizatoria autónoma.

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Que con estimación en parte do recurso de apelación formulado por D. Gustavo representado polo Procurador Sr. Valdes Albillo contra a sentenza ditada polo Xulgado de 1ª Instancia nº 6 de Vigo o día 18 de decembro de 2019 reducimos a indemnización a favor do actor á suma de 4.696,71 euros. Impoñemos ao demandado as custas procesuais das dúas instancias.

Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC, debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC. Asímesmo cabe interpoñer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguintes a súa notificación na forma establecido no artº 479 da LAC.

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.