Última revisión
17/09/2017
Sentencia CIVIL Nº 371/2017, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 110/2017 de 26 de Julio de 2017
Relacionados:
Tiempo de lectura: 27 min
Orden: Civil
Fecha: 26 de Julio de 2017
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 371/2017
Núm. Cendoj: 36057370062017100363
Núm. Ecli: ES:APPO:2017:1669
Núm. Roj: SAP PO 1669:2017
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00371/2017
AUDIENCIA PROVINCIAL SECCIÓN SEXTA SEDE EN VIGO
N10250
C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO
-
Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387
SR
N.I.G.36057 42 1 2015 0007997
ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000110 /2017
Juzgado de procedencia:XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 12 de DIRECCION000
Procedimiento de origen:DIVORCIO CONTENCIOSO 0000747 /2015
Recurrente: Angustia , Gumersindo
Procurador: PEDRO ANTONIO LOPEZ LOPEZ, JOSE VICENTE GIL TRANCHEZ
Abogado: MARGARITA REY FEIJOO, CELIA MARIA TIELAS AMIL
Recurrido: MINISTERIO FISCAL
Procurador:
Abogado:
A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistradosD. Jaime Carrera Ibarzabal, D. Julio Picatoste Bobillo, D. Juan Manuel Alfaya Ocampo,pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
SENTENZA Nº 371
Vigo, Vinte e seis de xullo de dous mil dezasete.
VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo DIVORCIO CONTENCIOSO procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 12 ós que correspondeu o rolo 110/2017, nos que aparece como parteapelante/apelada D./D.ª Angustia , Gumersindo , representada polo/a procurador/a D./D.ª PEDRO ANTONIO LOPEZ LOPEZ, JOSE VICENTE GIL TRANCHEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ªMARGARITA REY FEIJOO, CELIA MARIA TIELAS AMIL,sendo parte oMINISTERIO FISCAL.
É o maxistradorelatorD. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.
Antecedentes
Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 12 de DIRECCION000 , con data do 1.04.16, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:
'En la demanda interpuesta por el Procurador Sr. López López, en nombre y representación de Dª Angustia frente a D. Gumersindo representado por el Procurador Sr. Gil Tránchez, ESTIMO la misma y DECLARO DISUELTO pordivorcio,el matrimonio formado por los referidos cónyuges, celebrado en DIRECCION002 el día 31.10.1995 , con todos los efectos legales inherentes a dicha declaración.
Como MEDIDAS DEFINITIVAS se adoptan las siguientes:
1.- Se atribuyela guarda y custodia de la hija menor de edaddel matrimonio a la madre, siendo la patria potestad compartida por ambos progenitores.
2.- El uso del que fuedomicilio familiarsito en la CALLE000 nº NUM000 - NUM001 se atribuye a la madre e hijas.
3.- En concepto depensión alimenticiaa favor de sus hijas, el Sr. Gumersindo abonará la cantidad de 450 euros a favor de su hija Benita en la cuenta que a tal efecto designe la madre y la cantidad de 850 a favor de su hija Elisabeth ,(425 euros en una cuenta que habrá de ser abierta a nombre de dicha hija y 425 en la cuenta destinada a cubrir el gasto del Colegio Mayor). Los meses de julio, agosto y septiembre en que dicha hija no esta en el Colegio Mayor, la pensión y en la cantidad de 450 euros será abonada por el padre en la cuenta bancaria designada por la madre. Ambas pensiones de alimentos lo serán con efectos a partir de la fecha de interposición de la demanda y serán abonadas dentro de los 7 primeros días de cada mes y actualizadas con arreglo a las variaciones que experimente el IPC fijado por el INE u organismo que lo sustituya.
Los gastos extraordinarios que causen las hijas habrán de ser afrontados por ambos por mitad, entre ellos se incluyen los gastos de matrícula universitaria, cursos de posgrado, másters, viajes académicos, clases de inglés y natación de ambas hijas( porque así los han venido considerando desde siempre)), clases de apoyo justificada su necesidad, lentillas, gafas, ortodoncias, material ortopédico y cualquier otro gasto médico o farmacéutico no cubierto por la seguridad social o los seguros privados de los progenitores, así como cualquier otro no ordinario o excepcional de devenguen las niñas previo acuerdo entre los progenitores.
4.- En cuanto al régimen de comunicación, relación y estancias de la hija menor con el padre y sin perjuicio de lo que libremente puedan convenir ambos, se establece:
a) visitas intersemanales.- lunes, miércoles y viernes desde la salida del colegio hasta las 22 horas.
b) estancias vacacionales.- Semana Santa y Navidad, por mitad, vacaciones de verano 15 días en el mes de agosto, decidiendo el padre e hija de común acuerdo los períodos de disfrute.
Todo ello, sin hacer especial pronunciamiento en cuanto a las costas de este juicio.
'
Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ªPEDRO ANTONIO LOPEZ LOPEZ, JOSE VICENTE GIL TRANCHEZ, en representación de D./D. Angustia , Gumersindo , presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).
Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 6.07.17.
Terceiro:Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.
Fundamentos
1) A sentenza ditada en primeira instancia contén, entre outras, as seguintes pronuncias, sobre as que as partes discrepan:
A) Unha pensión alimenticia para filla menor de idade, e a cargo do pai, de 450 euros mensuais, a ingresar na conta que designe a nai.
B) Unha pensión alimenticia para a filla maior, de 850 euros ao mes, para os meses de de outubro a xuño de cada ano, dos que 425 euros ingresaranse nunha conta a abrir a nome da filla, e os outros 425 euros a depositar na conta especial destinada a cubrir os gastos no Colexio Maior no que se aloxa.
C) A pensión alimenticia para esta última limítase a 450 euros para os meses de xullo, agosto e setembro, a ingresar na conta bancaria designada pola nai.
D) Unha estancia do pai non custodio coa filla durante quince días no mes de agosto.
E) Declara como gasto extraordinario, a pagar por mitade entre os proxenitores, os de postgrao e/ou masters.
Fronte a tales pronunciamentos a nai interesa:
A) Principalmente, que a pensión alimenticia para as fillas, a devengar dende a data da interposición da demanda, se ingrese toda ela na conta titularidade da recurrente.
B) De xeito subsidiario, que a pensión de 450 euros para a filla menor se deposite na conta da nai, e a outra pensión, para a maior, se ingrese nunha conta aberta a nome desta última.
Pola súa banda, o pai solicita polo canle do recurso de apelación:
A) Que a pensión alimenticia para a filla menor sexa de 300 euros ao mes, a ingresar na conta designada pola nai.
B) Que a pensión para a maior, a depositar na conta designada por ela, sexa de 425 euros polos gastos do Colexio Maior, máis 100 euros, así como a mitade do importe da matrícula.
C) Que as vacacións veraniegas a disfrutar coa filla menor sexan de quince días no mes de xullo e quince días no mes de agosto.
D) Finalmente, pide o apelante que se elimine da relación de gastos extraordinarios feita pola sentenza de instancia, o concepto de 'estudos de postgrao e/ou masters'.
2) Centrada a controversia desta alzada nos termos anteriormente reseñados, cómpre realizar as seguintes reflexións de orde xurídica, de utilidade para a resolución daquela.
A primeira -pola súa importancia- é que todas as medidas que se adopten con respecto aos fillos deben ter como Norte esencial o ben dos mesmos. Así colíxese da machacona referencia do lexislador a este valor, tal como dispoñen os artigos 90, parágrafo segundo , 92, parágrafo cuarto , e 93, en relación co artigo 158, todos do Código Civil , e o artigo 749 da Lei de Axuizamento Civil . En definitiva, e sen esquecer naturalmente os dereitos dos proxenitores, prima o benestar dos fillos.
A segunda consideración estriba en que a materia na que movémonos, afectante á prole, pola súa condición de orde pública, queda fora do postulado xeral dispositivo. A indispoñibilidade do obxecto do proceso aparece sancionada expresamente polo artigo 751 da Lei Procesual . Atopámonos ante unhas obrigas de carácter imperativo, a cabalo entre a obligación legal e moral. Ten que acordarse sempre o que a lei dispón, sempre que se dean, claro é, as circunstancias por ela exixidas. E, conseguintemente, o Xuiz pode decretar de oficio as medidas tendentes á protección dos fillos, calquera que sexa o posicionamento dos pais (esencialmente, artigo 93, parágrafo primeiro, do Código Civil ).
O terceiro dos comentarios refírese ao concepto, natureza e alcance da pensión alimenticia para os fillos -en especial no contexto procesual dun proceso matrimonial-, que analizamos separadamente.
3) Nas sentenzas desta Sala, de datas 9 de xullo de 2014 e 13 de xuño de 2016, aplicando os artigos 142 e seguintes do Código Civil , e a doutrina xurisprudencial sentada sobre estes preceptos, fixemos as seguintes formulacións.
No instituto dos alimentos entre parentes latexa sempre e fundamentalmente, dende a vertente do alimentista, o concepto de necesidade. Non noutro senso pode entenderse a expresión 'indispensable', empregada polo artigo 142 do Código Civil , co engadido, non menos elocuente, de 'para o substento, habitación, vestido e asistencia médica', e comprensivo igualmente da 'educación e instrucción do alimentista' e, finalmente, dos 'gastos de embarazo e parto'. O artigo 154 refrenda a definición.
Pero o concepto de necesidade, a pesar desa interpretación auténtica e delimitación legal, lonxe de ser un concepto universal e sempre igual, resulta relativo e circunstancial, non so dende a vertente subxectiva en sentido estricto, de alimentante e alimentista -por exemplificar a formulación, son distintos os requerimentos alimentarios dun alimentista enfermo que os doutro que non o está, así como diferentes por igual as contribucións do alimentante segundo as súas capacidades económicas-, senón tamén atendendo a un contexto máis obxectivo e sociolóxico.
En efecto, e ainda que o lexislador actual eliminou do concepto de alimentos a expresión 'segundo a posición social da familia', que podía dar lugar a solucións discriminatorias e groseiramente alonxadas da noción de necesidade, meollo dos alimentos, a natureza circunstancial dos mesmos segue ser patente. En definitiva, a necesidade debe ponderarse tomando en consideración, igualmente, os usos do lugar e as circunstancias da familia, como explicitamente advirten os artigos 1319, parágrafo primeiro , e 1362, causa 2ª, do Código Civil .
Sobre estes extremos proclamábamos nas resolucións antes citadas que a exéxese dos artigos 146 e 147 do Código Civil 'permite afirmar que el concepto de necesidad es relativo y se vincula distributiva y armoniosamente con la situación económica del alimentante. De no estimarse así, sería suficienteestablecer una especie de mínimo vital de subsistencia (con factores de corrección aplicables a situaciones o gastos excepcionales) y atender cuantitativamente al mismo, prescindiendo de la mayor o menor fortuna del obligado. La aplicación del criterio normativo de proporcionalidad significa, por tanto, que aquella necesidad ha de modularse tomando en consideración el nivel económico de los padres, no otra cosa cabe entender de la previsión de aumento o reducción de la pensión para los casos de variación de la fortuna del obligado, que establece el art. 147. Y a ello ha de añadirse que la obligación de prestar alimentos no resulta divisible por partes iguales, sino que debe repartirse entre ellos en cantidad proporcional a su caudal respectivo, tal y como dispone el art. 145 del Código Civil '.
Igualmente reseñábamos nesas resolucións que os alimentos son 'una obligación legal -y moral-, basada en un principio de solidaridad familiar y que tiene su fundamento constitucional en el art. 39-1 y 3 de la CE , que proclama que los poderes públicos han de asegurar la protección social, económica y jurídica de la familia ( STS 1-3-2001 ). Se trata de una de las obligaciones de 'mayor contenido ético del ordenamiento jurídico' ( SSTS de 5-10-1993 y 8-11-2012 )'.
E engadíamos que 'advierte la STC 57/2005 de 14 Mar. 2005 , que 'los alimentos a los hijos, en la medida en que tienen su origen exclusivamente en la filiación ( art. 39.3 CE ), ni precisan demanda alguna para que se origine el derecho a su percepción, ni la ley prevé excepciones al deber constitucional de satisfacerlos.' A la hora de diferenciarlos de los alimentos entre parientes destaca la citada resolución que la obligación de alimentos a los hijos 'no se reduce a la mera subsistencia, al consistir en un deber de contenido más amplio, que se extiende a todo lo necesario para su mantenimiento, estén o no en situación de necesidad.' Y además, 'los alimentos a los hijos menores deben acomodarse a «las circunstancias económicas y necesidades de los hijos en cada momento» ( art. 93 CC ) hasta el punto de financiar no sólo los gastos ordinarios de su mantenimiento sino también los de carácter extraordinario (tales como actividades extraescolares, etc.)'.
'Cuando de hijos menores de edad se trata, se dice por la doctrina que, en rigor, no hay obligación de alimentos, sino cumplimiento de los deberes inherentes a la filiación que legalmente se reviste de la forma de pensión de alimentos que regula el art. 93.1 del CC , que, a la postre, no es sino consecuencia de los deberes vinculados a la patria potestad ( art. 154.1º CC ). Al mismo tiempo, en opinión de algún sector doctrinal, estos alimentos debidos a los hijos menores de edad, a los que se refiere el ya citado art. 93.1 del CC , deben identificarse o reconducirse a lo que la doctrina italiana denomina 'mantenimiento', concepto más amplio que el de alimentos en sentido estricto, en cuanto que 'comprende no solo lo que es necesario para la vivir, sino también la satisfacción de cualquier exigencia vital; por lo que la obligación no se agota con la simple entrega de una suma de dinero, sino que abarca cualquier otra actividad dirigida a procurar la asistencia completa, y desarrollo físico de los hijos'.
E rematábamos afirmando que 'tratándose de hijos menores de edad, no es preciso acreditar la necesidad; esta se presume; de ahí que la fijación de una pensión en los casos de crisis matrimoniales se impone por el ordenamiento jurídico como resulta de los términos del art. 93.1 del CC : 'el juez, en todo caso, determinará la contribución de cada progenitor para satisfacer los alimentos....'. Este carácter prioritario y esencial de la obligación de alimentos para los hijos menores de edad se revela en la excepción contemplada en el art. 608 de la LEC respecto de las limitaciones del art. 607 al embargo de sueldos y pensiones. También como reconocimiento de ese deber esencial, inherente a los deberes de patria potestad, los tribunales, aun en casos de minoración de recursos económicos, mantienen el deber de alimentos, aun a costa del sacrificio del progenitor, a fin de asegurar lo que se ha dado en llamar un 'mínimo vital' o 'de subsistencia'.
4) A obligación de prestar alimentos corresponde a ambos proxenitores, como claramente se desprende dos artigos 110 , 143 , 144 e 154 do Código Civil , debendo contribuir cadanseu deles en cantidade proporcional aos seus respectivos recursos económicos, como resulta do artigo 145. Estamos ante unha obligación mancomunada, proporcionada ao caudal de cada obrigado.
E dentro dese xuizo de proporcionalidade, na contribución correspondente ao proxenitor que ostente a garda e custodia do menor haberá de computarse o traballo que deba dedicar á atención e cuidado deste último, segundo cabe inferir do establecido polos artigos 103, medida terceira, e 1438 do Código Civil . En definitiva, habererá que valorar o que a doutrina deu por chamar 'aportación virtual', é dicir, 'o traballo que un dos cónxuxes dedicará á atención dos fillos comúns suxeitos á patria potestade', en frase daquel primeiro artigo, ou 'o traballo para a casa', en proclamación do segundo dos preceptos.
Como reseña a sentenza do Tribunal Supremo de 14 de outubro de 2014 'la atención y el cuidado que el progenitor custodio dispensa a los hijos comunes deben ser valorados, por cuanto así lo dispone el artículo 103 del CódigoCivil'.
Ou por citar a sentenza deste tribunal de apelación, de data 20 de xullo de 2015 'en la contribución correspondiente al progenitor que ostente la guarda y custodia del menor habrá de computarse el trabajo que deba dedicar a su atención y cuidado, según cabe inferir de lo establecido por los artículos 103 y 1438 del Código Civil '.
5) Seguindo o criterio xurisprudencial sentado polas sentenzas do Tribunal Supremo de 14 de xuño e 26 de outubro de 2011 , 4 de decembro de 2013 , 26 de marzo de 2014 , 23 de xuño de 2015 e 6 de outubro de 2016 , os alimentos devengaranse como norma xeral dende a data da formulación da demanda, de conformidade co artigo 148 do Código Civil , e no contexto procedimental da primeira reclamación, na que a pensión instáurase por primeira vez.
Pero este postulado xeral ten dúas excepcións ou limitacións.
A primeira, cando se acredita que o obligado ao pagamento fixo xa fronte ás cargas que comporta o matrimonio, incluidos os alimentos, ata un determinado momento, co que, sen alterar a anterior doutrina, os efectos terían que retrotraerse a un tempo distinto, xa que doutro xeito se estarían pagar dúas veces.
E a segunda, para o suposto de que exista unha pensión xa declarada e o que se pretende agora é modificar a súa contía. Nestes casos, e como proclaman as sentenzas do Tribunal Supremo antes mencionadas, 'cada resolución despregará a súa eficacia dende a data en que se dite e será só a primeira resolución que fixe a pensión de alimentos a que poderá impor o pago dende a data da interposición da demanda, porque ata esa data non estaba determinada a obligación, e as restantes resolucións serán eficaces dende que se diten, momento en que substitúen ás citadas anteriormente'.
Por conseguinte, e ainda que a sentenza de instancia establece expresamente na súa fundamentación xurídica que as pensións alimenticias surtirán efecto dende a formulación da demanda, a omisión desta decisión na parte dispositiva dela aconsella, en evitación de futuros equívocos, que se traslade a pronuncia a esta última parte.
6) Conformándose a demandante coa pensión alimenticia fixada pola sentenza de instancia para as duas fillas, e a cargo do pai, de 850 euros ao mes para a maior -nos nove meses ao ano-, e de 450 euros para a menor, o proxenitor non custodio impugna ditas pensións, interesenado, en canto á primeira delas, que se reduza a 425 euros, máis outros 100 euros (e a mitade dos gastos de matrícula), e verbo da segunda, que igualemente se proceda a súa reducción, co sinalamento doutra polo importe de 300 euros.
Pois ben, as pretensións do demandado condúcennos necesariamente a determinar as circunstancias persoais, familiares e económicas deste nucleo familiar, integrado polos proxenitores e as dúas fillas.
7) A menor das fillas, Benita ,está a piques de acadar a maioría de idade -cumpre 18 anos o día 19 de outubro deste ano-. Viña estudar nun colexio concertado, polo que se pagaba a suma de 34 euros mensuais, e agora estuda nun Instituto. Ten ademáis actividades extraescolares, e máis concretamente, clases de inglés e natación, polos importes respectivos ao mes, de 44 e 21 euros.
A filla maior, Elisabeth , ten hoxe 21 anos cumpridos, e fai estudos universitarios de DIRECCION001 en DIRECCION002 , estando aloxada no Colexio DIRECCION003 , polo que os pais satisfacen a suma mensual de 850 euros, que comprende o aloxamento, e tamén a alimentación, agás, neste último extremo, os domingos.
Loxicamente, as necesidades das fillas non se circunscriben a eses únicos puntos, máxime se atopámonos ante un contexto familiar de ingresos dos proxenitores, importantes e estables. Outros desembolsos, tales como os relativos a vestido, calzado e similares entran na consideración de alimentos conforme á definición auténtica dos mesmos. E tamén outros gastos como por viaxes, teléfono, restaurantes, diversións e ata caprichos -estes dentro de certos límites, claro- deben englobarse na pensión alimenticia. E ainda que todos eles son de moi dificil contificación, dado o terreo relativo e continxente no que movémonos, circunstancialidade que levou precisa e naturalmente á nai a non conseguir concretalos e contificalos no seu interrogatorio, pese a insistencia da Letrada do demandado, non semella que os mesmos sexan extraordinarios nin desacordes cunha situación económica, certamente desafogada, reiteramos.
8) Os emolumentos dos proxenitores son de doada contificación, dada a semellante condición de funcionarios públicos dos dous, e a carencia doutras fontes de ingresos habituais e a maiores, con excepción -menor- respecto da actora, como seguidamente reseñaremos..
Atendendo aos últimos datos de que dispomos, procurando buscar períodos de tempo o máis coincidentes, e polo que fai á demandante, esta percibiu 3. 949,60 euros líquidos no mes de xaneiro de 2016 (folio 210), e en canto ao demandado, o seu salario no mes de febreiro do mesmo ano foi de 3 .929,67 euros (folio 372). E sendo certo que este último tivo no ano 2015 maiores ingresos polas gardas que desempeñaba, non o é menos que cesou nesta actividade complementaria no mes de xullo dese ano, tal como infírese da correspondente certificación oficial que obra ao folio 350 dos autos. En suma, as percepcións salariais dun e doutro litigante son practicamente coincidentes, e que se elevan, prorrateando as dúas pagas extraordinarias, a unha cifra moi, moi próxima aos 4.600 euros.
Non consta que o demandado teña algún ben inmoble en propiedade. Pola contra, a actora ademáis de ser propietaria exclusiva da vivenda que foi familiar, en virtude das capitulacións matrimoniais plasmadas na escritura pública de separación de bens, de data 30 de decembro de 2003, na que adxudícase á vivenda -e a praza de garaxe e trasteiro- á demandante, coa correspondente compensación económica ao seu exmarido, é titular, a un 50%, doutra vivenda na localidade de Sanxenxo (folio 193).
Finalmente, o demandado convive establemente coa súa nova parella, ignorando este tribunal todo o relativo a este novo nucleo familiar.
9) En canto aos gastos propiamente ditos dos proxenitores -é dicir, deixando á marxe os outros, por razón da prole e da situación familiar antes relacionada-, son os propios e habituais destes casos (sen ningún afán esgotador, gastos de comunidade, gas, teléfono, para o seu propio substento...). Sen embargo, e ao carón destas cargas ordinarias, a demandante fai fronte á hipoteca que recae sobre a vivenda, pagando por este concepto pouco máis de 900 euros ao mes, ainda que este préstamo quedará cancelado o día 31 de decembro de 2018, ou sexa, dentro de dezasete meses. Pola súa banda, o demandado paga cerca de 560 euros ao mes por outro préstamo hipotecario, que vence o día 30 de abril de 2028 (folio 130). Pola contra, estimamos xa completamente satisfeito -á data do 2 de marzo de 2015, segundo o folio 132- o outro préstamo contraido por este último pola compra dun vehículo.
10) Noutra orde de cousas, e como xa adiantamos, a dedicación de cada proxenitor ó traballo da casa e á atención dos fillos é un factor a considerar na determinación dos alimentos para a prole, e a cargo dos pais, custodio e non custodio.
Pois ben, chegados a este punto do discurso cómpre lembrar que con respecto á filla maior non existe unha diferenza moi significada entre os proxenitores sobre o particular. A filla vive sobre nove meses ao ano separada dos pais, en DIRECCION002 , por razón dos seus estudos universitarios, e durante ese prazo non hai loxicamente dedicación especial diferenciada dun proxenitor comparativamente co outro. E, por outra banda, existe entre pai e filla unha comunicación normalizada e extensa tanto nas épocas das vacacións escolares como durante as semanas. En definitiva, e sen despreciar loxicamente unha certa maior dedicación da proxenitora á filla, en comparación co demandado, a diferenza non é oi salientable.
En cambio, a filla menor convive diariamente coa nai no antigo domicilio familiar. As atencións da figura materna á menor son obviamente maiores que verbo da outra filla. Sen embargo, non cabe esquecer ata tres circunstancias: A) A primeira, que a filla menor está moi próxima aos dezaito anos, e nestas idades -agás de padecimentos especiais, o que non é do caso- a dedicación á prole non é tan constante e apremiante, evidentemente, que naqueles outros supostos de nenos de moi curta idade, máis dependentes e necesitados de protección . B) A segunda, que o amplo sistema de comunicación paterno filial decretado dispensa á nai da atención da filla neses períodos, que de facto resulta asumida polo pai. C) Derradeiramente, e en fonda relación coas anteriores reflexións, non pode omitirse que non hai propiamente unha dedicación 'en exclusiva' dun ou doutro proxenitor á prole, pois os dous compaxinan esta tarefa - a nai en maior medida insistimos- co desempeño dos seus respectivos traballos fora do fogar familiar.
11) Un dos argumentos nos que a parte demandante alicerzaba a petición das pensións alimenticia para as fillas, na contía que reseñaba, estaría no comportamento observado polo propio demandado, de vir aboar 1325 euros ao mes. Atoparíamos, a xuizo da actora, ante un acto propio de recoñecemento, tanto das necesidades alimenticias da prole, como da capacidade económica do demandado para facer fronte e esa cantidade. Sen embargo, e contrariamente ao alegado pola demandante, non encontramos que ese actuar do demandado fágase merecente de ser incardinado nese instituto, que require dun comportamento inequívoco, concluinte, seguro, causante de estado e, en fin, definitivo, en distintas e concurrentes expresións da doutrina xurisprudencial.
Di a sentenza do Tribunal Supremo, de 12 de febreiro de 2016 , que 'para que se produzca dicha vinculación se requiere que los actos propios sean inequívocos y definitivos al respecto'.
'Un breve pago contrario a lo pactado no es acto inequívoco y concluyente y seguro de quedar vinculado durante toda la vigencia del contrato', advirte a sentenza de 15 de decembro de 2015 .
E non poden considerarse como actos propios 'los de mera tolerancia' ( sentenzas de 31 de xaneiro de 1995 , 3 de febreiro de 1998 e 20 de setembro de 2007 ).
As pautas anteriores conlevan que a doutrina dos actos propios non sexa aplicable ao suposto de lite.
Estimamos que trátase dun comportamente manifestado por período relativamente curto de tempo, e que se contradí cos outros, observados inmediatamente antes e despois dese período intermedio. En efecto: A) De marzo a outubro de 2014 o pai ingresaba como alimentos 900 euros ao mes. B) Nos seis meses seguintes eleva a suma a 1.325 euros, é dicir, case un cincuenta por cento máis. C) Transcurridos eses seis meses, o pai reduce drásticamente a pensión. E todo iso ainda sen terse iniciado ningún procedimento xudicial. Pois ben, a secuencia relatada condúcemos a estimar que non se dan as condicións, de inequívoca e definitiva, características de todo acto propio. E, en conclusión, estaríamos ante un acto puramente voluntarista, non suficientemente meditado, e á postre rectificado, que non pode conducir á doutrina dos actos propios, sen prexuizo de que este tribunal de apelación tome en consideración a decisión do pai, como un dato máis a valorar na determinación dos alimentos para a prole, nos que os presupostos esenciais son as necesidades do alimentista e a fortuna e medios do alimentante.
12) A xeito de recapitulación e en resumo, sentamos os seguintes presupostos: Primeiro, os ingresos dos proxenitores son parellos, en torno aos 4.600 euros líquidos ao mes. Segundo, as necesidades alimenticias das fillas -no sentido amplo e abarcante que postulamos-, estarían cubertas con 750 e 1.200 euros ao mes - Benita e Elisabeth , respectivamente-, o que fai o montante total de 1950 euros. Terceiro, a dedicación da nai á atención da casa e da prole, nos termos e extensión anteriormente referenciados. E cuarto, os gastos polas clases de inglés e natación das fillas se conceptuaron pola sentenza de primeira instancia como extraordinarios, nunha pronuncia incólume en canto non impugnada.
Partindo as anteriores premisas, fixamos a pensión alimenticia a cargo do pai non custodio, e para a filla menor, Benita , nos 450 euros establecidos pola sentenza de primeira instancia, e aceptados pola nai, e para a maior, Elisabeth , en 720 euros, o que fai un total de 1170 euros, que representa, en fin, a contribución alimenticia do pai na porcentaxe do 60% das necesidades, contificadas en 750 e 1200, insistimos, e da nai no 40% restante, proporción menor esta, en consideración a súa dedicación á familia e fogar familiar. Por último, mantemos a pensión para María nos meses de xullo, agosto e setembro, nos 450 euros dispostos pola sentenza de primeiro grao.
O motivo do recurso se estima, xa que logo, en parte.
13) Non se aprecian motivos de peso para establecer a favor do pai un réxime tan limitado de comunicación paternofilial, como fai a sentenza de instancia, reducindoo a quince días nas vacacións do verán. A sempre necesaria e desexada comunicación da prole co proxenitor non custodio, especialmente se esa comunicación se desenrola a plena satisfacción, aconsella ampliala noutros quince días, pedimento ao que a nai custodia non formula, en último termo, especial oposición.
14) O pai recurrente postula que da sentenza de instancia se exclúan como gastos extraordinarios os de 'postgrao e/ou masters'. A súa razón de pedir estribaría en que estamos ante un concepto moi futurible, e de moi dificil, cando non de imposible concreción, tanto na súa duración como na súa contía (ponse o exemplo de que 'non é o mesmo un master na Universidade de DIRECCION000 que en Harvard ou Bolonia').
Sen descoñecer o fundamento do motivo de oposición, iso non obsta para que manteñamos a decisión xudicial de instancia, pero co engadido de que para eses gastos será preciso o consentimento de ambos proxenitores, ou no seu defecto, a autorización xudicial.
15) Ningún impedimento observamos para non acceder á pretensión da demandante, de que a pensión para a filla menor se ingrese na conta da nai custodia, tal como, polo demáis, é costume xeralizada na práctica do foro. Pola contra, semella máis apropiado que a pensión da filla maior se ingrese nunha conta aberta a nome dela -o que interesa a actora de xeito subsidiario-. E é que, ao carón de ser esta a forma de proceder dos interesados ata o dagora, existe unha certificación do Colexio DIRECCION003 , no que se aloxa a filla, que dispón que a conta ten que estar aberta a nome desta última.
16 ) A acollida en parte dos recursos de apelación conleva non facermos unha especial declaración sobre as custas procesuais desta alzada (artigo 398 da L. A. C.).
Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,
Fallo
Que con estimación parcial dos recursos de apelación formulados por Angustia e Gumersindo contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia nº 12 o día 1.04.16: A) Fixamos a pensión alimenticia para a filla maior, Elisabeth , e a cargo do pai, na suma de 720 euros mensuais, durante os meses de outubro a xuño, suma que será anualmente actualizable dacordo co IPC disposto polo Instituto Nacional de Estadística ou organismo similar. B) Dita suma será ingresada mensualmente na conta aberta a nome da filla. C) A pensión alimenticia da filla menor, Benita , depositarase na conta designada pola nai. D) Os alimentos aboaranse dende da data da interposición da demanda. E) A comunicación do pai e a filla, Benita , durante as vacacións do verán, será de quince días no mes de xullo e quince días no mes de agosto, que se disfrutarán, a falta de acordo entre os interesados, as primeiras quincenas dos anos pares e a segunda quincena dos anos impares. F) Os gastos de postgrao e/ou masters das fillas requerirán do mutuo acordo dos proxenitores ou, no seu defecto, de autorización xudicial. Non facemos unha especial pronuncia sobre as custas procesuais desta alzada.
Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1 , 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1 , 2 , 6.3 , e 7.2 e 3 da Lei 3/1983 , do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.
Notifíqueselles ás partes a presente resolución, facéndolles saber Recursos, no seu caso, de casación e extraordinario por infracción procesual.
Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.

