Sentencia Civil Nº 392, A...io de 1999

Última revisión
24/06/1999

Sentencia Civil Nº 392, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1092 de 24 de Junio de 1999

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 7 min

Orden: Civil

Fecha: 24 de Junio de 1999

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 392

Resumen:
   Demostrado que as melloras a efectuar no local non debilitarían a natureza e resistencia dos materiais empregados na construcción do predio urbán, nin afectarían, en definitiva, a estructura e seguridade del, tal como se tira nidiamente do dictame pericial practicado con tódalas garantías de contradicción e defensa, dúas son, en síntese, as cuestións que se formulan nesta alzada polas partes recorrente e adherida: a primeira, que a sentencia, ao non sinalar prazo para a realización das obras, deixaria -segundo o xuízo da demandada recorrente- ao arbitrio dos rendeiros actores o momento de concluiren as devanditas obras, coa consecuente demora do incremento da renda, ao supeditarse ao remate destas; e a segunda, relativa á solución de incrementa-la renda fixada polo xulgador a quo na sentencia apelada.Parece ponderado con todos eses factores actualizármo la renda a aboar polos actores a partires da conclusión das obras, e no prazo máximo de un año a partires da notificación desta sentencia, incrementando nun trinta pgr cento a resultante en cada un dos treitos de actualización previstos pola vixente Lel arrendaticia, ata acada-la renda final de 128 602 pesetas.Todo iso sen facermos unha especial pronuncia sobre as custas procesuais desta alzada.    

Fundamentos

AUDIENCIA PROVINCIAL

SECCION PRIMEIRA

PONTEVEDRA

 

Rolo Civil: 1092/98

P. Civil:   0048/98

Orixe:            XDO. 1ª INST. e INSTR. VILAGARCIA 1

Tipo Asunto:      COGNICION

 

A SECCION PRIMEIRA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, composta por D. JAIME CARRERA IBARZABAL, presidente, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e D. JULIO-CESAR PICATOSTE BOBILLO, maxistrados, pronunciou

 

NO NOME DE EL-REI

 

a seguinte

 

 

SENTENCIA N. 392

 

Pontevedra, o vinteatro de xuño de mil novecentos noventa e nove.

 

O recurso de apelación interposto fronte á sentencia deitada nos Actos do proceso civil número 0048/98, víndo do XDO. 1ª INST. e INSTR. VILAGARCIA 1, foi movido entre as partes: dunha banda, como apelante e demandada, dona MARIA DOLORES, e da outra, como apelados, demandantes e adheridos, don JUAN-JOSE e don ALEJANDRO, en xuízo de cognición.

 

1.- ANTECEDENTES DE FEITO.

 

PRIMEIRO.: Nos actos a que este rolo atinxe, na data de dezaseis de maio de mil novecentos noventa e oito, o Sr. maxistrado-xuíz do XDO.1' INST. e INSTR. VILAGARCIA 1 pronunciou sentencia, a resolución da cal, rigorosamente, di:

DECISION: "Estimando parcialmente la demanda, autorizando a la actora a realizar las obras detalladas en el suplico de su demanda, debiendo respetar los elementos estructurales del edificio en la forma reflejada en el fundamento jurídico 2º de la sentencia, condenando a la demandada a estar y pasar por este pronunciamiento, actualizándose la renta a abonar por los actores a partir del día 1 del mes siguiente a la conclusión de las obras, mediante la reducción a 5 de los años de actualización de la renta, incrementándose en un 25 por ciento la renta resultante de cada uno de los tramos, hasta alcanzar la renta final de 123 656 ptas más IVA al final de la actualización, sin hacer expresa condena en las costas causadas".

Fronte á devandita sentencia, a parte MARIA DOLORES, JUAN-JOSE e ALEJANDRO (adheridos) interpuxo recurso de apelación que foi admitido en ámbolos dous efectos. Téndoselle elevadas as actuacións a este tribunal, sinalouse a data do doce de maio do año que andamos para deliberaren e deitaren sentencia no presente recurso.

 SEGUNDO.: Na tramitación desta instancia, cumpríronse as prescrici6ns e termos legais.

Foi relator o maxistrado don JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o criterio da Sala.

II.- FUNDAMENTOS XURIDICOS.

 

PRIMEIRO.: Demostrado que as melloras a efectuar no local non debilitarían a natureza e resistencia dos materiais empregados na construcción do predio urbán, nin afectarían, en definitiva, a estructura e seguridade del, tal como se tira nidiamente do dictame pericial practicado con tódalas garantías de contradicción e defensa, dúas son, en síntese, as cuestións que se formulan nesta alzada polas partes recorrente e adherida: a primeira, que a sentencia, ao non sinalar prazo para a realización das obras, deixaria -segundo o xuízo da demandada recorrente- ao arbitrio dos rendeiros actores o momento de concluiren as devanditas obras, coa consecuente demora do incremento da renda, ao supeditarse ao remate destas; e a segunda, relativa á solución de incrementa-la renda fixada polo xulgador a quo na sentencia apelada.

 

Respecto do primeiro punto, e aínda que non parece lóxico que os rendeiros demandantes teñan interese en demora-lo comezo das obras de mellora que a sentencia lles autoriza efectuar, estes poderían, pola contra, dilata-la súa conclusión total e definitiva, nunha estratexia beneficiosa dos seus intereses, de faceren as reformas esenciais, e dilataren no tempo outras menores ou de escasa ou nula trascendencia, tanto para a imaxe respecto do público, como cara ao bo funcionamento do negocio. Ante esa eventualidade, e por razóns de seguridade xurídica, parece ponderado sinalármoslles aos actores un prazo para a terminación das obras, que seria o máximo de un año a partires da notificación desta resolución.

 

A solución adoptada polo xulgador respecto do segundo punto, de incremento da renda, combinando a reducción dos prazos de actualización, co incremento porcentual Dropiamente dito aue sinala, aínda aue Doida non ser contraria a dereito, choca cos principios dispositivo e de congruencia da sentencia en grao tal que puido causa-la indefensión das partes litigantes, véndose sorprendidos por unha solución, non proposta por ningunha delas, e sorpresiva para estas, que non tiveron ningunha posibilidade -fóra do actual recurso, loxicamente- de desenvolver respecto dela a correspondente actividade dialéctica ou alegatoria, e probatoria.

O arto 114, nº 7, parágrafo terceiro, da L.A.U. de 24 de decembro de 1964, autoriza a autoridade xudícial, a falta de acordo entre arrendador e rendeiro, a eleva-la renda. Non parece que estivese na vontade dese lexislador -entre outras razóns, polas simples temporais- concederlle ao xuiz a posibilidade dese incremento máis aló do seu aumento en sentido estricto, ou se se preferir, dun incremento alzado e único, para estender esa facultade xudicial en buscar e aplicar outras fórmulas de aumento da renda da máis variada e diversa índole daquela, e menos aínda cunha solución totalmente descoñecida para 0 lexislador de 1964, como e a de reduci-los prazos de actualización da renda, establecidos pola nova Lel arrendaticia. En definitiva, os devanditos principios dispositivo e de congruencia, unido a razóns de seguridade xurídica, levan a desbotarmos esa solución da sentencia recorrida, e respectármo-los prazos de actualización fixados pola L.A.U de 1995.

O razoado ata o de agora non leva á Sala a rexeitar totalmente a decisión do xulgador a quo, senón que se acolle esa decisión no senso de establece-lo incremento da renda de xeito progresivo, mais respectando aqueles prazos legais de actualización.

 

Partindo diso, e tendo en conta: a) as circunstancias, do local (céntrico, de cento sesenta metros cadrados, que dá a tres rúas, de carácter peoníl ... ); b) a entidade das obras, cualificadas pericialmente de "obras menores", aínda que non hal que descoñecer que son importantes; c) que non pode estimarse acreditado, por a inidoneidade da proba, que o valor de aluguer dun local das mesmas condicións sexa de 240 000 pesetas mensuais, a traverso dunha declaración testemuñal; d ) que o incremento legal da renda, establecido polo artº 114, nº 7, parágrafo terceiro, da L.A.U de 24 de decembro de 1964, non está previsto para corrixir eventuais inxustizas de renda, senón como simple contrapartida á realización daquelas obras de mellora, por elas suporen unha lóxica mellora tamén dos beneficios do negocio e dos ingresos do rendeiro. Parece ponderado con todos eses factores actualizármo la renda a aboar polos actores a partires da conclusión das obras, e no prazo máximo de un año a partires da notificación desta sentencia, incrementando nun trinta pgr cento a resultante en cada un dos treitos de actualización previstos pola vixente Lel arrendaticia, ata acada-la renda final de 128 602 pesetas.

SEGUNDO.: Tendo en conta a natureza das cuestións debatidas nesta alzada, non se fal unha especial pronuncia sobre as custas procesuais dela.

Cómpre atérmonos a todo o que levamos dito, e desenvolvendo a potestade xurisdiccional que a Constitución española nos outorga,

DECIDIMOS.

Que é mester nés revogarmos, e de feito revogámola, a sentencia pronunciada polo Xulgado de 1ª instancia de Vilagarcía-1, no xuízo de cognicion Núm. 48/98, o día 26 de maio de 1998, nos particulares de sinalarmos como prazo máximo para que os actores rematen as obras o de un año a partires da notificación desta resolución, e na contía e prazos a que se fal referncia no fundamento de dereito primeiro desta sentencia. Todo iso sen facermos unha especial pronuncia sobre as custas procesuais desta alzada.

Devólvanselle os actos orixinais ao xulgado de procedencia con testemuño desta resolución para a súa execución e cumprimento.

Deste xeito, por esta a nosa sentencia, á fin xulgando, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.