Sentencia Civil Nº 398/20...io de 2016

Última revisión
06/01/2017

Sentencia Civil Nº 398/2016, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 687/2015 de 14 de Julio de 2016

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 22 min

Orden: Civil

Fecha: 14 de Julio de 2016

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 398/2016

Núm. Cendoj: 36057370062016100489

Núm. Ecli: ES:APPO:2016:1804

Resumen:
OTRAS MATERIAS OBLIGACIONES

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00398/2016

CIVIL

Rolo: 687/2015

Procedemento de orixe: Ordinario 361/2014

Órgano de procedencia: Instancia núm. 9 de Vigo

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistradosD. JAIME CARRERA IBARZABAL, Presidente,D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e D. JULIO PICATOSTE BOBILLO,pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA NUM. 398/2016

Vigo, a catorce de xullo de dous mil dezaseis.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do Xuízo Ordinario 361/14 procedentes do Xulgado de Primeira Instancia núm. 9 de Vigo, ós que correspondeu o rolo 687/2015 nos que aparece como parteapelante-demandadoBANCO BILBAO VIZCAYA ARGENTARIA, S.A.,representada polo/a procurador/a D./D.ª José Antonio Fandiño Carnero e asistida do/da letrado/a D./D. Alvaro Soriano Hinojosa e comoparte apelada e demandantes D. Segundo Y Daniela e Dña Herminia ,representados polo/a procurador/a D./D.ª Paula Lima Casas e asistida do/da letrado/a D./D.ª Eugenio Moure González.

É o maxistradorelatorD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala

Antecedentes

Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 9 de Vigo de Vigo, con data do 1/6/2015, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

'Estimo íntegramente la demanda formulada por Dª Herminia y D. Segundo , frente a BBVA y declaro la nulidad del contrato de aportaciones financieras subordinadas 'ASFE EROSKI'.

Condeno a la parte demandada a restituir el capital, 90025 euros contra la entrega de las participaciones.

Dicha suma se incrementará con el interés legal desde la fecha de entrega del capital, deduciendo el importe de la remuneración que se haya percibido por razón del contrato. Todo ello, con expresa condena en costas de la parte demandada.'

Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª José Antonio Fandiño Carnero, en representación de BANCO BILBAO VIZCAYA ARGENTARIA,S.A., presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 7/7/2016.


Fundamentos

Primeiro.-A sentenza ditada en primeira instancia declara a nulidade do contrato de aportacións financieiras ASFE EROSKI por erro no consentimento dos cónxuxes demandantes, ao non ser debidamente informados polo banco sobre as características complexas e de alto risco dos produtos contratados, condenando ó banco demandado a devolver á actora as sumas entregadas a cambio da entrega das participacións. E recurre esa resolución a entidade bancaria, invocando: A) A súa falta de lexitimación pasiva. B) A caducidade da acción. C) Que deu debido cumprimento a súa obriga de informar aos actores, quen, conseguintemente, non poden alegar aquel vicio consensual. Analizamos as distintas alegacións separadamente.

Segundo.- O demandado sostén a súa carencia de lexitimación para soportar a acción de nulidade da subscrición das aportacións financieiras subordinadas ASFE EROSKI. Na súa tese exculpatoria, estaríamos ante uns produtos financieiros totalmente alleos ao banco, en cuxa adquisición este último actuou simplemente como intermediario. E engádese a especie de abxurdo que ao seu xuizo suporía, por unha banda, ter que devolver o prezo dos produtos, que en realidade nunca estivo no seu poder, pois co importe dos cartos dos clientes adquiríronse inmeditamente os títulos, e por outra, que o cliente devolva ao banco uns valores que non foron emitidos por este último e que son dun terceiro totalmente alleo, a sociedade emisora das participacións, EROSKI.

A formulación do recurrente xa foi obxecto de resposta por parte das Audienciais Provinciais, e tamén pola doutrina xurisprudencial, que veñen rexeitar o argumento.

A argumentación esencial, en apoio da lexitimación pasiva da entidade bancaria, radica na necesidade de facer unha distinción conceptual entre os negocios -dous- que concurren nas operacións de subscrición dos produtos. Un deles, consistente na orde de compra dos valores, e o outro, na compra propiamente dita. Na compra interveñen como partes a vendedora, é dicir, a emisora dos valores, e a compradora ou cliente do banco. En cambio, as partes do primeiro negocio son unicamente estes dous últimos. Pois ben, como a actora pon en cuestión e impugna, non a compra, propiamente dita, dos produtos, senón a actuación do banco -en esencia, e por expresalo de xeito moi sintético, o incumprimento do seu deber de información-, que xerou a orde de compra, o único lexitimado na posta en cuestión desa actuación é a entidade bancaria, e non a sociedade emisora e vendedora das das aportacións subordinadas, que permaneceu totalmente allea a esas actuacións previas á compra.

A lexitimación pasiva, posta en tela de xuizo, aparece sancionada pola doutrina xurisprudencial. Así, o auto do Tribunal Supremo de 9 de setembro de 2015 proclama que 'respecto del motivo tercero, en el que se alega la falta de legitimación pasiva 'ad causam' de la entidad bancaria por ser mera intermediaria en la compra de las participaciones preferentes, tampoco se observa contradicción con la doctrina de esta Sala que considera responsable a la entidad bancaria comercializadora de productos de otra entidad, como es el caso del banco islandés Landsbanki ( STS de 30 de diciembre de 2014 ), de la entidad norteamericana Lehman Brothers y el banco islandés Kaupthing STS de 10 de septiembre de 2014 ) o de seguros de vida 'unit linked' concertados con entidad diferente al banco comercializador ( STS de 12 de enero de 2015 , antes citada), entre otras, disponiéndose en la segunda de las resoluciones citadas que «[l]a actuación de BES al proponer a sus clientes invertir en productos estructurados emitidos por Lehman Brothers o el banco Kaupthing mediante la suscripción de seguros de vida 'unit-linked', incumplió las exigencias derivadas de dicha normativa, al no informar adecuadamente sobre la naturaleza de los productos contratados y la naturaleza exacta de los riesgos asociados a tales productos. Como decíamos en la sentencia núm. 244/2013 , «este incumplimiento grave de los deberes exigibles al profesional que opera en el mercado de valores en su relación con clientes potenciales o actuales constituye el título jurídico de imputación de la responsabilidad por los daños sufridos por tales clientes como consecuencia de la pérdida... Ello supone que deba confirmarse la sentencia de primera instancia también en cuanto a la condena de BES, que no lo ha sido con base en las consecuencias restitutorias propias de la nulidad del contrato, sino con base en la obligación de indemnizar los daños y perjuicios (la pérdida de la inversión realizada en su día) causados por el incumplimiento contractual, sin perjuicio de que, al coincidir con las consecuencias restitutorias de la nulidad, proceda la condena solidaria de ambas demandadas, que por otra parte actuaron coordinadamente, como integrantes de un mismo holding en el que una de ellas, BES, promovía entre sus clientes los productos de la otra, BES Vida.». 'Además, y a modo de conclusión, ha de señalarse que la sentencia es plenamente coherente con la última doctrina de esta Sala relativa a la contratación de productos bancarios complejos (SSTS del Pleno de esta Sala de 17 de abril de 2013, de 17 de diciembre de 2013, de 18 de abril de 2013 y de 12 de enero de 2015, entre otras) que vienen exigiendo un elevado estándar de diligencia a las entidades bancarias, máxime cuando los clientes, como es el caso, tienen la consideración de minoristas y su formación financiera y experiencia inversora son escasas o nulas'.

En apoio da tese da lexitimación, a sentenza da Sección Cuarta da Audiencia Provincial de A Coruña, de 27 de abril de 2016 , cita os seguintes argumentos: A) Que é a demandada a que negociou cos actores a orde de subscrición das preferentes. B) Que é á entidade recurrente á que se lle atribúe ter inducido a erro aos demandantes na subscrición de ditos produtos complexos e de risco. C) Que foi o Banco o que tomando a iniciativa contractual ofertou as preferentes entre os seus clientes. D) Que atopámonos ante un contrato de asesoramento financieiro. E) Que a entidade emisora non intervíu na negociación contractual cos actores, que levouse a efecto en impresos oficiais do Banco. F) Que as sucesivas operacións de canxe conducen á adquisición de accións do propio Banco. G) Que non cabe imputar o erro vicio do consentimento, co que se pretende a anulabilidade da orde de subscrición, á entidade emisora, que non participou en tal contrato, e a quen non incumbían deberes contractuais de asesoramento e información suficientes para que os actores tomaran constancia da operación xurídica que se levaba a efecto. En definitiva, remata esa resolución, que non se lle pode negar á recurrente lexitimación pasiva para soportar a carga das accións exercitadas na demanda, como se dun terceiro alleo aos actos impugnados se tratara, dado o seu papel principal e determinante na subscrición da orde de adquisición das preferentes.

Igualmente, as sentenzas da mesma Audiencia de 10 de abril de 2014 e 16 de marzo de 2016 , e as sentenzas desta Audiencia Provincial de Pontevedra, de 4 de abril de 2013 e 4 de decembro de 2014 .

En definitiva, se a entidada bancaria, en virtude dos compromisos legais e contractuais asumidos, non informou precontractualmente aos clientes sobre os produtos financieros que ofertaba, advertíndolle de que estábamos ante valores complexos e de alto risco, levando así ao erro aos demandantes, resulta patente a lexitimación daquela primeira para ser demandada, no exercicio do lexítimo dereito dos actores a ser indemnizados polos prexuizos á postre padecidos por mor daquela conducta incumpridora que, de non existir, era presumible que non se adquiriran tales produtos dado, en fin, o claro perfil aforrador dos clientes, un camioneiro cunha minusvalía do 65%, e unha ama de casa, sen coñecementos financieiros nin experiencia investidora en valores de alto risco.

Terceiro.- Subscritas as aportacións financieiras subordinadas o día 9 de xullo de 2007, e non o día 8 de xuño dese ano, como erroneamente mantén o apelante (en esencia, folios 78 e 214), e formulada a demanda reitora desta lite o día 11 de abril de 2014, alega o recurrente a caducidade da acción, por ter transcurrido o prazo de catro anos disposto polo artigo 1301 do Código Civil .

A cuestión xa foi abordada por esta Sala -ao igual que a da lexitimación- nas sentenzas de 7 de xaneiro , 21 de setembro , 23 de novembro e 9 de decembro de 2015 , resolucións que reproducimos practicamente na sua literalidade, na parte que agora ten interese. E tamén aparece resolta pola doutrina xurisprudencial.

Respecto do prazo de caducidade decíamos que ' en las 'Conclusiones de los magistrados y magistradas de las Audiencias Provinciales de Galicia, en las jornadas sobre participaciones preferentes y deuda subordinada celebradas el Santiago de Compostela el 4 diciembre 2013', en relación con la cuestión de la caducidad de la acción de nulidad se acordó que 'el dies a quo del cómputo del plazo del ejercicio de la acción de anulabilidad no comienza desde la suscripción del contrato , pues el art. 1301 del CC habla de consumación y no de perfección, que son conceptos doctrinal y jurisprudencialmente distintos. Al hallarnos ante contratos de duración perpetua, existiendo de forma continuada en el tiempo obligaciones pendientes de cumplimiento, para la determinación del dies a quo d el comienzo del cómputo del plazo del ejercicio de la acción correspondiente, debe acudirse principalmente a lo dispuesto en el art. 1969 CC , y, por lo tanto, fijar el comienzo del plazo desde que se tiene conocimiento de la existencia del error.

E engadíamos que, en esencia, este criterio viene a ser corroborado por el que recientemente ha establecido la STS de 12 de enero de 2015 (Pleno).

O interese da doutrina aí sentada xustifica a cita que por extenso facemos desa resolución; se di nela:

'De acuerdo con lo dispuesto en el art. 1301 del Código Civil , « [l]a acción de nulidad sólo durará cuatro años. Este tiempo empezará a correr: [...] En los [casos] de error, o dolo, o falsedad de la causa, desde la consumación del contrato [...] ».

'Como primera cuestión, el día inicial del cómputo del plazo de ejercicio de la acción no es el de la perfección del contrato , como sostiene la sentencia del Juzgado de Primera Instancia (y no corrige adecuadamente la de la Audiencia) al afirmar que « la consumación del contrato vendrá determinada por el concurso de las voluntades de ambos contratantes ».

'No puede confundirse la consumación del contrato a que hace mención el art. 1301 del Código Civil , con la perfección del mismo. Así lo declara la sentencia de esta Sala núm. 569/2003, de 11 de junio , que mantiene la doctrina de sentencias anteriores, conforme a las cuales la consumación del contrato tiene lugar cuando se produce « la realización de todas las obligaciones » ( sentencias de la Sala 1ª del Tribunal Supremo de 24 de junio de 1897 , 20 de febrero de 1928 y 11 de julio de 1984 ), « cuando están completamente cumplidas las prestaciones de ambas partes » ( sentencia de la Sala 1ª del Tribunal Supremo de 27 de marzo de 1989 ) o cuando « se hayan consumado en la integridad de los vínculos obligacionales que generó » ( sentencia de la Sala 1ª del Tribunal Supremo de 5 de mayo de 1983 )'.

'Y respecto de los contratos de tracto sucesivo, declara la citada sentencia núm. 569/2003 :

Así en supuestos concretos de contratos de tracto sucesivo se ha manifestado la jurisprudencia de esta Sala; la sentencia de 24 de junio de 1897 afirmó que 'el término para impugnar el consentimiento prestado por error en liquidaciones parciales de un préstamo no empieza a correr hasta que aquél ha sido satisfecho por completo', y la sentencia de 20 de febrero de 1928 dijo que 'la acción para pedir la nulidad por dolo de un contrato de sociedad no comienza a contarse hasta la consumación del contrato , o sea hasta que transcurra el plazo durante el cual se concertó'.

'El diccionario de la Real Academia de la Lengua establece como una de las acepciones del término 'consumar' la de « ejecutar o dar cumplimiento a un contrato o a otro acto jurídico ». La noción de 'consumación del contrato ' que se utiliza en el precepto en cuestión ha de interpretarse buscando un equilibrio entre la seguridad jurídica que aconseja que la situación de eficacia claudicante que supone el vicio del consentimiento determinante de la nulidad no se prolongue indefinidamente, y la protección del contratante afectado por el vicio del consentimiento. No basta la perfección del contrato , es precisa la consumación para que se inicie el plazo de ejercicio de la acción'.

'Se exige con ello una situación en la que se haya alcanzado la definitiva configuración de la situación jurídica resultante del contrato , situación en la que cobran pleno sentido los efectos restitutorios de la declaración de nulidad . Y además, al haberse alcanzado esta definitiva configuración, se posibilita que el contratante legitimado, mostrando una diligencia razonable, pueda haber tenido conocimiento del vicio del consentimiento, lo que no ocurriría con la mera perfección del contrato que se produce por la concurrencia del consentimiento de ambos contratantes'.

'Al interpretar hoy el art. 1301 del Código Civil en relación a las acciones que persiguen la anulación de un contrato bancario o de inversión por concurrencia de vicio del consentimiento, no puede obviarse el criterio interpretativo relativo a « la realidad social del tiempo en que [las normas] han de ser aplicadas atendiendo fundamentalmente al espíritu y finalidad de aquéllas », tal como establece el art. 3 del Código Civil . (...)'.

'La diferencia de complejidad entre las relaciones contractuales en las que a finales del siglo XIX podía producirse con más facilidad el error en el consentimiento, y los contratos bancarios, financieros y de inversión actuales, es considerable. Por ello, en casos como el que es objeto del recurso no puede interpretarse la 'consumación del contrato ' como si de un negocio jurídico simple se tratara. En la fecha en que el art. 1301 del Código Civil fue redactado, la escasa complejidad que, por lo general, caracterizaba los contratos permitía que el contratante aquejado del vicio del consentimiento, con un mínimo de diligencia, pudiera conocer el error padecido en un momento más temprano del desarrollo de la relación contractual. Pero en el espíritu y la finalidad de la norma se encontraba el cumplimiento del tradicional requisito de la 'actio nata', conforme al cual el cómputo del plazo de ejercicio de la acción, salvo expresa disposición que establezca lo contrario, no puede empezar a computarse al menos hasta que se tiene o puede tenerse cabal y completo conocimiento de la causa que justifica el ejercicio de la acción. Tal principio se halla recogido actualmente en los principios de Derecho europeo de los contratos (art. 4:113)'.

'En definitiva, no puede privarse de la acción a quien no ha podido ejercitarla por causa que no le es imputable, como es el desconocimiento de los elementos determinantes de la existencia del error en el consentimiento'.

'Por ello, en relaciones contractuales complejas como son con frecuencia las derivadas de contratos bancarios, financieros o de inversión, la consumación del contrato , a efectos de determinar el momento inicial del plazo de ejercicio de la acción de anulación del contrato por error o dolo, no puede quedar fijada antes de que el cliente haya podido tener conocimiento de la existencia de dicho error o dolo. El día inicial del plazo de ejercicio de la acción será, por tanto, el de suspensión de las liquidaciones de beneficios o de devengo de intereses, el de aplicación de medidas de gestión de instrumentos híbridos acordadas por el FROB, o, en general, otro evento similar que permita la comprensión real de las características y riesgos del producto complejo adquirido por medio de un consentimiento viciado por el error.'

En igual sentido a Sentenza de 9 de setembro de 2015 .

No caso axuizado resulta patente que os demandantes exercitan a acción dentro de prazo, calesquera que sexan os parámetros anteriores, que sigamos para reseñar o dies a quo. E dende logo carece de consistencia o argumento esgrimido polo apelante no escrito de recurso, en apoio da apreciación da caducidade, de que como' os actores procederon traspasar os títulos a outra entidade financieira no ano 2008, teríase extingudo o vínculo contractual entre os litigantes', dado que non existe relación entre este feito e o xogo da caducidade. Ou por expresalo doutro xeito, o prazo da caducidade e o seu dies a quo son dos feitos absolutamente independentes da circunstancia do cambio de depositario dos títulos.

O motivo do recurso non pode prosperare.

Cuarto.-A mesma sorte adversa debe correr a outra alegación do apelante, de que os cónxuxes demandantes foran debidamente informadas sobre as características dos produtos financieiros subscritos. E é que o banco non superou a carga probatoria que sobre el pesa, ex artigo 217 da L. A. C..

Neste senso, e como xa indicábamos na sentenza de 29 de xaneiro de 2015 , a carga da proba da información recae sobre o Banco demandado, non só por aplicación dos postulados de facilidade e dispoñibilidade probatorias, senón tamén pola natureza positiva do feito a acreditar. En efecto, e como reseña a doutrina xurisprudencial, o banco dispón habitualmente de máis recursos humáns e materiais, e lle resultan, en fin, máis asequibles os diversos instrumentos de proba, como a testemuñal dos seus empreados que interviron na operación financieira, as comunicacións co cliente, ora feitas por escrito ora con outros soportes, ous os folletos informativos, senón tamén porque estamos ante un feito positivo, de tal xeito que convertiríase en proba diabólica o demostrar a ausencia de información -e de negociación- ( sentenzas do T.S. de 14 de novembro de 2005 e 15 de febreiro de 2012). En último termo , o TXUE en decisións de 14 de decembro ede 2014 proclama, no que para nós ten agora interese, que resulta contraria ás disposicións da Directiva 2008/48 toda norma nacional segundo a cal a carga da proba do incumprimento das obligacións prescritas nos artigos 5 e 8 de referida Directiva corresponde ao consumidor.

Quinto.- Doado lle sería ao banco acreditar a información nos termos de clara, personalizada, concreta, simple, previa, asequible e íntegra, comprensiva dos pros e contras da operación.

A tese da información defendida pola parte hoxe recurrente estaría apoiada, por unha banda, na proba documental achegada á lite, por outra, e nas declaracións da testemuña, empregada da entidade bancaria.

Pois ben, e en primeiro termo, resulta palmaria, e ata chamativa a ausencia de documentos de información asinados, alomenos algún deles, polos actores. E non se pode por obviamente de excusa a esa carencia documental practicamente total a imposibilidade da súa aportación pola supresión da correspoondente sucursal bancaria. En efecto, e sen prexuizo de remitirmos á liña argumental da sentenza recurrida sobre este punto chega agora con reseñar: A) Que o único documento asinado polos demandantes é no que plásmase o contrato de depósito e administración de valores. B) Pola contra, o folleto informativo sobre as características do produto e sobre a operación en xeral, e as fichas-resumo carecen de sinatura e ata de data. Ainda máis, a indicación nas fichas resumo da necesidade do test de conveniencia é un vehemente feito indiciario de que esas fichas non se entregaron aos actores, dado que a operación financieira concertada con eles era anterior é normativa MIFID. C) Ante estas ausencias, menos ainda podemos dar por acreditada unha información 'precontractual', sendo de advertir, por outra banda, que a compra dos produtos ten lugar o día 9 de xullo de 2007 (folios 78 e 214), co que a afirmación do banco, de que os clientes foran informados arredor dun mes antes non é de recibo, pois o único contrato asinado o 8 de xuño de 2007 foi o de depósito e administración de valores, documento este último que non contén máis cunha información xenérica, e totalmente allea ás características dos produtos litixiosos. Todo fai pensar que non houbo ningunha información documentada, máxime se o propio banco recoñece no escrito de contestación á demanda (feito terceiro, ao folio 156, parágrafo terceiro) que 'debido á boa relación comercial co actor, non se lle esixíu por parte da miña representada a sinatura de ningún documento explicativo'. A afirmación excusa de máis comentarios.

En segundo termo, o testemuño da empregada bancaria, Dona Encarnacion , non pode ser considerado, non só por esa relación de dependencia laboral coa parte, senón tamén polo seu interese, ainda que sexa indirecto ou reflexo, no asunto, pois foi o que intervíu activamente na operación. En todo caso, o seu discurso non é o categórico e esmiuzado que sería de esperar, ante a inexplicable ausencia documental, sobre o feito da información.

Derradeiramente, as carencias informativas non poden verse colmadas polos coñecementos financieiros dos demandantes, os que, contrariamente, son persoas legas na materia, sen experiencia investidora nin en iguais nin en semellantes produtos, complexos e de alto risco, e de claro perfil aforrador.

En definitiva, a evidente insuficiencia informativa moveu erroneamente aos demandantes a subscribir os produtos de lite, consentimento viciado por un erro que era loxicamente excusable, dados que estamos ante clientes de anos no banco, e a natural relación de confianza, xa que logo, depositada por aqueles nos empregados bancarios, ofertantes das aportacións financieiras subordinadas .

Sexto.-Non apreciamos circunstancia ningunha de excepción para prescindir do criterio xeral do vencimento obxectivo, diposto para as custas procesuais desta alzada polo artigo 398 da L. A. C..

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Que rexeitamos o recurso de apelación formulado por BANCO BILBAO VIZCAYA ARGENTARIA, S.A., representado polo procurador D. José Antonio Fandiño Carnero contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primiera Instancia núm. 9 de Vigo o día 1/6/2015, con expresa imposición das custas procesuais desta alzada ao recurrente.

Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1 , 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1 , 2 , 6.3 , e 7.2 e 3 da Lei 3/1983 , do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.

MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC , debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC . Asímesmo cabe interponer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguintes a súa notificación na forma establecido no artº 479 da LAC.

NOTA INFORMATIVA: Conforme á D.A. Décimo quinta da L.O.P.J ., para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no BANCO SANTANDER, Sucursal c/ Coruña, na conta deste expediente 0915000012057715, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuita, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local e organismo autónomo dependente. Se o ingreso se efectúa a medio de transferencia o núm. De conta IBAN é o seguinte: ES55 3569 9200 0500 1274 facendo constar no xustificante de ingreso e como concepto o número de conta expediente antes salientado.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.