Última revisión
17/09/2017
Sentencia CIVIL Nº 399/2020, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 273/2020 de 01 de Octubre de 2020
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 10 min
Orden: Civil
Fecha: 01 de Octubre de 2020
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 399/2020
Núm. Cendoj: 36057370062020100392
Núm. Ecli: ES:APPO:2020:1693
Núm. Roj: SAP PO 1693:2020
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00399/2020
Modelo: N10250
C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO
Teléfono:986817388-986817389 Fax:986817387
Correo electrónico:seccion6.ap.pontevedra@xustiza.gal
Equipo/usuario: BN
N.I.G.36045 41 1 2018 0001300
ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000273 /2020
Juzgado de procedencia:XDO.1A.INST.E INSTRUCIÓN N.2 de REDONDELA
Procedimiento de origen:ORD PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0000559 /2018
Recurrente: Valle
Procurador: MARIA AUXILIADORA RUIZ SANCHEZ
Abogado: JUAN ENRIQUE MONTENEGRO MARTINEZ
Recurrido: CDAD. PROPIETARIOS CALLE000 NUM000 REDONDELA
Procurador: ERMINIA ALONSO SOLIÑO
Abogado: MARGARITA DIEGUEZ PEREZ
A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistrados D. JAIME CARRERA IBARZÁBAL, Presidente, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e Dª MAGDALENA FERNÁNDEZ SOTO,pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
S E N T E N Z A Nº 399/20
Vigo, un de outubro de dous mil vinte.
VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 59/18 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 2 de Redondela ós que correspondeu o rolo 273/20, nos que aparece como parte apelante e demandante D./D.ª Valle, representada polo/a procurador/a D./D.ª AUXILIADORA RUIZ SÁNCHEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª JUAN MONTENEGRO MARTÍNEZ,e como parte contra da que se apela e demandada COMUNIDADE DE PROPIETARIOS CALLE000, NUM000 DE REDONDELA, representada polo/a procurador/a D./D.ª ERMINIA ALONSO SOLIÑO e asistida do/da letrado/a D./D.ª MARGARITA DIEGUEZ PÉREZ.
É o maxistrado relatorD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.
Antecedentes
Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 2 de Redondela, con data do 11 de febreiro de 2020, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:
'Que, desestimando la demanda formulada por DOÑA Valle contra COUNIDAD EE PROPIETARIOS CALLE000 Nº NUM000 DE REDONDELA, debo absolver y absuelvo a la demandada de todas las pretensiones que se deducían contra ella en esta instancia. Con imposición de las costas a la parte actora.'
Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª Mª AUXILIADORA RUIZ SÁNCHEZ, en representación de D./D.ª Valle, presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).
Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 24 de setembro de 2020.
Fundamentos
Primeiro: Varias advertencias cómpre realizar previamente para enfocar adecuadamente a problemática desta lite: A) A primeira estriba en que a Comunidade de Propietarios demandada ven desdoblando dende sempre os dous cargos, por unha banda, de Presidente, e por outra, de Secretario-Administrador da comunidade. B) As funcións de Presidente veñen sendo exercitadas por un copropietario do inmoble como, polo demáis, resulta legalmente disposto e obrigado ( artigo 18. 2 da L. P. H. C) Os cargos de Secretario e Administrador veñen sendo desenvolvidos por unha mesma persoa, que debe ser igualmente copropietario do edificio. D) Tanto esa dualidade de cargos (Presidente e Secretario-Administrador), como a condición de que os mesmos teñan a condición de copropietarios trátanse de decisións da Xunta de Propietarios adoptadas o día 24 de xuño de 2009, por unanimidade dos asistentes á Xunta, entre os que se atopaba a agora demandante, propietaria da vivenda NUM001. E) Nesa Xunta acordouse igualmente un sistema de nomeamento sucesivo rotatorio, descendente para o cargo de Presidente e ascendente para o cargo de Secretario-Administrador. F) En cumprimento estricto deste acordo, nunca impugnado, se foron renovando os cargos conforme ao réxime pactado, constando neste senso na lite as actas das reunións da Xunta de Propietarios, de datas 14 de outubro de 2014 e 3 de agosto de 2015, das que efectivamente se colixe o nomeamento do Presidente e do Secretario-Administrador conforme aos turnos rotativos establecidos. G) Estes acordos de nomeamento tampouco foron impugnados. Ainda máis, o acordo de 14 de outubro de 2014 tomouse co voto favorable da demandante, que asistíu a esa Xunta. G) En acordo maioritario da Xunta Xeral Ordinaria de Propietarios de 1 de outubro de 2018, e aplicando o mesmo sistema rotatorio, foi designada Secretario-Administrador a actora, acordo ratificado pola Xunta de Propietarios de 26 de novembro dese mesmo ano. H) A demandante votou en contra destes dous últimos acordos, interesando agora, a través da presente demanda, a declaración de nulidade do primeiro deles. I) Invoca como fundamentos da súa pretensión, por unha banda, que ese acordo é contrario á Lei e ós Estatutos da comunidade, e por outra, que trátase dun acordo gravemente prexudicial para ela, podendo, engade, exercer o cargo de Administrador unha empresa especializada, precisamente, nos labores de administración de comunidades, achegando en xustificación da súa formulación a certificación dunha entidade administradora, conforme á cal os custes mensuais da administración elevaríanse a 120 euros soamente, que resultaría un desembolso cativo para todos os copropietarios do inmoble, de catro andares e con seis letras en cada andar. K) A sentenza ditada en primeira instancia desestima a demanda, e recurre esta decisión a parte demandante, quen reproduce en esencia nesta alzada a liña argumental orixinariamente mantida.
Segundo: Ainda que a demandante apelante proclama que co acordo da Xunta de Propietarios de 1 de outubro de 2018, polo que resulta nomeada Secretaria-Administradora, estábase vulnerar a Lei e os Estatutos da comunidade, con cita do artigo 13 da L. P. H., o certo é que non remata por concretar e perfilar onde está esa vulneración. Contrariamente, e sen necesidades de máis amplos e complexos comentarios: A) O artigo 13. 6, parágrafo primeiro, admite que os cargos de Secretario e Administrador poidan acumularse nunha mesma persoa. B) O parágrafo segundo do mesmo precepto autoriza igualmente a que o cargo de Administrador e, no seu caso, de Secretario-Administrador, poida exercerse por calquera propietario. C) O artigo 14 do Estatutos da comunidade admite tamén que o Administrador poida ser un copropietario, e engade que o mesmo actuará á vez como Secretario. D) Con fundamento nesa normativa, legal e estatutaria, a Xunta de Propietarios de 24 de xuño de 2009 adoptou, por unanimidade e coa asistencia da parte demandante, un sistema rotarorio para os cargos de Presidente e Secretario-Administrador, a exercer sucesivamente polos copropietarios. O acordo non foi impugnado. E) Nas Xuntas de Propietarios posteriores respectouse sempre o sistema de nomeamento, ata que no ano 2018 foi designada Administradora, quen impugna agora ese acordo. F) Pois ben, das reseñas que facemos se deriva entón e inexcusablemente a legalidade dese nomeamento. Ainda máis, a vulneración que agora, inconsistentemente, se denuncia, produciríase se nomeárase, precisamente, a outro propietario distinto da actora para desempeñar o cargo, pois a decisión iría en contra do acordo firme e por unanimidade da Xunta de Propietarios de 24 de xuño de 2009. G) A alegación postreira da demandante, de que con ese acordo de nomeamento estase atacar a súa liberdade individual, ademáis de xenérica, é completamente infundada, pois a mesma aceptou voluntariamente o sistema rotatorio acordado. H) En fin, e en correspondencia coas anteriores reflexións, o comportamente da agora recurrente, refusando desempeñar o cargo cando agora tócalle facelo, ademáis de presentar claros tintes de mala fe e deslealtade, implica ir contra do postulado pacta sunt servanda e da doutrina dos actos propios.
Rexéitase o motivo do recurso.
Terceiro: A demandante estima, en todo caso, que debe ser relevada do exercicio do cargo de Secretaria-Administradora polos graves prexuizos que se lle irrogan. Neste senso aduce que reside fora de Redondela (en Tomiño), onde ven exercendo a súa profesión de mestre infantil, e que non ten nin tempo, nin coñecementos -nin desexo engade- para asumir as responsabilidades derivadas do cargo de Administrador.
Pois ben, as invocacións da apelante non teñendo alcance dabondo para excusala do cargo se temos en conta as circunstancias seguintes: A) Que o nomeamento axústouse ao acordo da Xunta de Propietarios de 24 de xuño de 2009, ratificado polo de 14 de outubro de 2014, e para esta última data a actora xa non residía en Redondela, ao ter alugada a súa vivenda dende o mes de setembro deste último ano. B) Que malia que a apelante ten efectivamente dous nenos de curta idade, e reside en Tomiño, ignoramos absolutamente as restantes circunstancias familiares e persoais tales como, e a título de puro exemplo, cal é o seu horario laboral, así como o da súa parella, se posúe vehículo propio ou non, se teñen empregada do fogar ou apoio familiar extenso ou, en fin, todas aquelas outras necesarias para valorar a posible compatibilización ou non do exercicio do cargo refusado con aquelas tarefas laboráis, do fogar e como nai. C) Que a profesión de mestre da demandante fai presumibles uns coñecementos para o desenrolo das tarefas de administración, dunha Comunidade de Propietarios da que, derradeiramente, non temos constancia, nin se alega, de que prantexe especiais problemas convivenciais e de xestión, D) A xeito de conclusión, das probas -escasas- practicadas non se deduce en absoluto a grave problemática que se postula senón, simplemente, as consabidas molestias que solen padecer todos os copropietarios nese transo.
Cuarto: Non apreciamos que concurra algunha circunstancia de excepción para deixar de aplicar o postulado xeral do vencimento obxectivo, que para as custas procesuais da primeia e segunda instancia disponen os artigos 394 e 398 da L. A.C., dado que a pretensión da demandante carece de todo sostén xurídico.
Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,
Fallo
Que desestimamos íntegramente -tamén no pedimento referido ás custas procesuais- o recurso de apelación formulado por Dª Valle representada pola Procuradora Sra. Ruiz Sánchez contra a sentenza ditada polo Xulgado de 1ª Instancia nº 2 de Redondela o día 11 de febrero de 2020, con expresa imposición das custas desta alzada á parte apelante.
Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.
Notifíqueselles ás partes a presente resolución.
MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC, debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC. Asímesmo cabe interpoñer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguintes a súa notificación na forma establecido no artº 479 da LAC.
Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.
NOTA INFORMATIVA:Conforme á D.A. Décimo quinta da L.O.P.J., para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.
O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no BANCO SANTANDER, sucursal r/ Coruña, na conta deste expediente 0915000012027320, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local e organismo autónomo dependente. Se o ingreso se efectúa a medio de transferencia o núm. de conta IBAN é o seguinte: ES55 3569 9200 0500 1274 facendo constar, no campo concepto e observacions no xustificante de ingreso e como concepto o número de conta expediente antes salientado

