Última revisión
17/09/2017
Sentencia CIVIL Nº 400/2020, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 257/2020 de 02 de Octubre de 2020
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 12 min
Orden: Civil
Fecha: 02 de Octubre de 2020
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 400/2020
Núm. Cendoj: 36057370062020100401
Núm. Ecli: ES:APPO:2020:1724
Núm. Roj: SAP PO 1724:2020
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00400/2020
Modelo: N10250
C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - DIRECCION001
Teléfono:986817388-986817389 Fax:986817387
Correo electrónico:seccion6.ap.pontevedra@xustiza.gal
Equipo/usuario: BN
N.I.G.36045 41 1 2019 0000502
ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000257 /2020
Juzgado de procedencia:XDO.1A.INST.E INSTRUCIÓN N.1 de DIRECCION000
Procedimiento de origen:DCT DIVORCIO CONTENCIOSO 0000199 /2019
Recurrente: Lourdes
Procurador: ERMINIA ALONSO SOLIÑO
Abogado: MARIA PILAR MOLEDO SANTIAGO
Recurrido: MINISTERIO FISCAL, Arturo
Procurador: , ANTONIO FERNANDEZ GARCIA
Abogado: , MARCOS MOZO DACOSTA
A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en DIRECCION001, composta polos maxistrados D. JAIME CARRERA IBARZÁBAL, Presidente, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e D. JOSÉ FERRER GONZÁLEZ,pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
S E N T E N Z A Nº 400/20
Vigo, dous de outubro de dous mil vinte.
VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Divorcio Contencioso 199/19 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 1 de DIRECCION000 ós que correspondeu o rolo 257/20, nos que aparece como parte apelante e demandada D./D.ª Lourdes, representada polo/a procurador/a D./D.ª ERMINIA ALONSO SOLIÑO e asistida do/da letrado/a D./D.ª MARÍA MOLEDO SANTIAGO,e como parte contra da que se apela e demandante D./D.ª Arturo, representada polo/a procurador/a D./D.ª ANTONIO FERNÁNDEZ GARCÍA e asistida do/da letrado/a D./D.ª MARCOS MOZO DACOSTA. Sendo parte nesta apelación ó MINISTERIO FISCAL.
É o maxistrado relatorD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.
Antecedentes
Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 1 de DIRECCION000, con data do 18 de decembro de 2019, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:
'FALLO.Que estimando la demanda presentada por el Procurador D. Antonio Fernández García, en nombre y representación de D. Arturo frente a Dª. Lourdes debo acordar y acuerdo la disolución por causa de divorcio del matrimonio formado por ambos cónyuges, con todos los efectos legales inherentes a tal declaración. Quedan revocados todos los consentimientos y poderes otorgados entre ambos, acordando igualmente como medidas necesarias para regular las relaciones entre ellos las siguientes:1º.Atribución a la madre de la guarda y custodiade los dos hijos menores de edad, Ezequiel y Victoria, siendo la patria potestad compartida por ambos progenitores.Se establece un régimen de visitasa favor del padre consistente en que podrá tener a sus hijos menores en su compañía:-Fines de semana alternos, con pernocta, desde el viernes a la salida del colegio hasta las 20h. del domingo. El padre recogerá a los menores el viernes a la salida del colegio y los entregará el domingo en el domicilio de la abuela materna.Dos días a la semana, lunes y miércoles, desde las 18:00 horas hasta las 20:00 horas. En caso de que el padre no pueda estar alguno de esos días ( lunes ómiércoles ), podrá elegir otro día de la semana.Los menores deberán ser recogidos y entregados por el padre en el domicilio de la abuela materna.Los períodos vacacionales se establecerán de la siguiente manera:-Vacaciones de Navidad, se dividirán en dos períodos, el primero desde las 18:00 horas del día 21 de diciembre hasta las 18:00 horas del día 31 de diciembre y el segundo desde las 18:00 horas del día 31 de diciembre hasta las 18:00 horas del día 6 de enero. El día de Navidad los menores podrán estar con el progenitor no custodio desde las 18h. a las 21h. Eligiendo la madre los años pares y el padre los impares. Vacaciones de Semana Santacorresponderán por completo y en años alternativos a cada uno de los progenitores, correspondiéndole a la madre los años pares y al padre los impares. Vacaciones de verano, serán por quincenas de los meses de julio y agosto, eligiendo la madre los años pares y el padre los años impares.Los menores deberán ser recogidos y entregados por el padre en el domicilio de la abuela materna en los períodos que le correspondan.2º.Se fijauna pensión de alimentosa favor de los dos hijos menores y a cargo del padre de 220€ mensuales para cada hijo que deberán ser abonados dentro de los 5 primeros días de cada mes, en la cuenta corriente que indique la madre, actualizándose aquella conforme a las variaciones que experimente el IPC.
Igualmente cada progenitor deberá abonar el 50% de los gastos extraordinarios, que seráncomo mínimo los gastos médicos y farmacéuticos no cubiertos por la seguridad social y actividades extraescolares o académicas necesarias para el desarrollo académico de los hijos. Cualquier otro gasto extraordinario deberá ser consensuado por ambos progenitores. Procederá la disolución del régimen económico matrimonial. No se hace expresa imposición en materia de costas.'
Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª ERMINIA ALONSO SOLIÑO, en representación de D./D.ª Lourdes, presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).
Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en DIRECCION001. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 1 de outubro de 2020.
Fundamentos
Primeiro: Dentro dun proceso contencioso de divorcio, no que atribúese á nai a custodia dos dous fillos, hoxe de dez e sete anos de idade, o único problema que suscítase nesta alzada é o réxime de comunicación paterno-filial que a sentenza de primeira instancia confire á figura paterna, e que consiste en que esta pode estar cos menores fins de semana alternas de venres a domingo, con pernocta, e dúas horas entre semana, ademáis da mitade das vacacións escolares dos nenos -dito isto último de xeito resumido-. A nai recurre a pronuncia, interesando, tamén expresado en síntese, ademáis de que se manteñan as visitas intersemanais, que as das fins de semana sexan sen pernocta os sábados e domingos alternos dende as once ás dezanove horas. A razón de pedir da parte apelante radica en que, ao seu xuizo, realízase mellor o ben dos menores con este réxime de comunicación máis restrinxido, dado os perigos que para a prole comporta o réxime moito máis amplo disposto pola sentenza de instancia atendendo, en fin, á persoalidade da figura paterna.
Segundo: É indubidablemente certo que na coxuntura de adopción de medidas que afecten aos fillos menores de idade o Norte a seguir é sempre o benestar deles - resulta machacona a referencia que o noso código civil fai a este valor-, e invocando a recurrente este criterio, considera que o sistema de comunicación do pai coa prole debe ser máis restrinxido, alomenos inicialmente, e sen prexuizo de que, segundo evolucionen os acontecimentos, poida ampliarse o mesmo. A nai apelante ven afirmar que 'a dedicación do pai aos fillos foi moi limitada' e 'que non está capacitado para atendelos', xa que 'está diagnosticado dunhna enfermidade mental que non recoñece' (feito sétimo da demanda). E engade na demanda, e reproduce no escrito de recurso unha serie de acontecimentos (intentos de suicidio do recurrido, reaccións exaxeradas, ou outros comportamentos inapropiados coa súa dona e fillos, chegando maltratar a aquela e estes nalgúns casos, o que ven provocar un desequilibrio emocional dos menores e un temor hacia o pai. En fin, a parte recurrente reprocha á xulgadora un erro na valoración das probas que existen na lite e que, segundo ela, debidamente apreciadas, debe conducir ó réxime de visitas limitado que postula. Pois ben, e xa o adiantamos, revisadas novamente as probas por este tribunal de apelación, non observamos ese erro xudicial, nin o perigo que para os menores poida derivarse do réxime máis extenso , e realmente o mais estandarizado, que a resolución recurrida establece. Analizamos as probas.
Terceiro: Primeiramente, a apelante fai unha reseña, na demanda e no recurso, de múltiplos sucesos acaecidos entre o apelado e ela e os seus fillos, que carecen practicamente de todo apoio probatorio, como non sexan as súas propias e excluivas afirmacións, pois sendo certo os episodios de intentos de suicidio do seu exconsorte que relata (a proba documental médica é elocuente e o recurrido non négaos), os restantes reproches, de malos tratos verbais -e ata puntualmente físicos- non aparecen refrendados por ningún elemento obxectivo. Ainda máis, a parte apelante achega co escrito de recurso a copia dunha denuncia ante a Policía contra o seu exconsorte, na que alude a unhas patadas, 'collejas' e golpes que este último deu aos primeiros. Pero na propia denuncia recoñece: A) Que coñece eses feitos porque os fillos se llo comentaron. B) Que os nenos seguiron visitar ao pai sen que se reproduxera a situación. C) Que nin hai parte de lesións nin observou no corpo dos fillos hematomas nin rebuñaduras.
En segundo termo, as acusacións da recurrente, por unha banda, da escasa dedicación do pai á prole, e por outra, a súa falta de capacidade para asumir funcións de garda e educativas cos nenos, se contradicen con outras paraxes do seu discurso. En efecto: A) No feito prmeiro da contestación á demanda relata a asunción deses deberes polo pai cando ela pasaba fora da casa varios días por razón de traballo. B) Ante o Imelga admite que o pai participa 'activamente' na crianza dos nenos. C) No seu interrogatorio recoñece que os fillos van contentos coa pai -ainda que volven excitados puntualiza-, así como que os mesmos manifestáronlle que queren estar máis tempo con el.
A narración da apelante, por incoherente e contradictoria, non favorece precisamente a súa tese.
Realmente, e en terceiro lugar, o único instrumento de proba que apoiaría o posicionamento da recurrente estribaría no informe escrito, e á postre completado oralmente no acto do xuizo, rendido pola psicóloga, Sra. Carlota. Máis esta proba ten unha valor moi relativo e menor se temos en conta: A) Que o que ven dicir a testemuña-perito é que estamos ante unha persoalidade depresiva con ideacións e intentos autolíticos. B) Que non presenta en cambio unha sintomatoloxóa psicótica. C) Que en canto aos episodios ocurridos entre o pai e os fillos, non os coñece por manifestacións destes últimos, aos que nunca escoitou, senón por puras referencias da nai. D) Por último, que a psicóloga deixou de tratar ao pai no ano 2018 descoñecendo xa que logo a súa situación actual. Ante todas esas carencias a proba é irrelevante.
Pola contra, e en cuarto lugar, o psiquiatra que tratou ao recurrido ven facer ata tres aseveracións de interese. A primeira, que a partir do ano 2019 non observou ninguna patoloxía. A segunda, que retiroulle completamente toda medicación. E a terceira, que a estancia dos nenos co pai non é un factor estresante para este último.
Finalmente, a proba raiña está constituida loxicamente polo informe pericial prestado polo Equipo Psicosocial adscrito aos Xulgados de Familia desta cidade, que despois de ter celebrado as correspondentes sesións clínicas cos catro membros da familia veñen indicar: A) Que os menores evidencian similar vinculación con ambos proxenitores. B) Que os fillos declaran os seus desexos de estar máis tempo co pai. C) Que o proxenitor mantén estabilidade emocional sen que detéctense eventualidades que indiquen un réxime restrictivo de visitas cos seus fillos. D) Rematan conseguintemente os peritos con suxerir que as visitas paterno-filiais se amplíen e normalicen a fins de semana alternas con pernocta e dúas tardes á semana.
En definitiva, e a xeito de recapituación, estimamos que con independencia de que os padecimentos depresivos e de irritabilidade sufridos pola figura paterna non xustificarían xa un réxime de visitas restrictivo, o certo é, en todo caso, que aquela situación está hoxe totalmente superada, conforme aos ditames do psiquiatra e do Equipo Psicosocial (a psicóloga nada pode informar pois leva tempo sen ver ao apelado, insistimos), co que non apreciamos os perigos que para os menores implica a fixación dos sistema diposto pola sentenza de instancia, riscos improbados que a nai reseña como fundamento da súa formulación.
O recurso non pode ser estimado.
Cuarto: Non apreciamos que concurra algunha circunstancia de excepción para deixar de aplicar o criterio xeral do vencimento obxectivo, que para s custas procesuais desta alzada sanciona o artigo 398 da L. A. C.
Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,
Fallo
Que rexeitamos o recurso de apelación formulado por Dª Lourdes representada pola Procuradora Sra. Alonso Soliño contra a sentenza ditada polo Xulgado de 1ª Instancia nº 1 de DIRECCION000 o día 18 de decembro de 2019, con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á parte apelante.
Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.
Notifíqueselles ás partes a presente resolución.
MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC, debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC. Asímesmo cabe interpoñer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguintes a súa notificación na forma establecido no artº 479 da LAC.
Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.
NOTA INFORMATIVA:Conforme á D.A. Décimo quinta da L.O.P.J., para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.
O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no BANCO SANTANDER, sucursal r/ Coruña, na conta deste expediente 0915000012025720, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local e organismo autónomo dependente. Se o ingreso se efectúa a medio de transferencia o núm. de conta IBAN é o seguinte: ES55 3569 9200 0500 1274 facendo constar, no campo concepto e observacions no xustificante de ingreso e como concepto o número de conta expediente antes salientado

