Última revisión
17/09/2017
Sentencia CIVIL Nº 406/2018, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 247/2018 de 20 de Septiembre de 2018
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 8 min
Orden: Civil
Fecha: 20 de Septiembre de 2018
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 406/2018
Núm. Cendoj: 36057370062018100393
Núm. Ecli: ES:APPO:2018:1450
Núm. Roj: SAP PO 1450:2018
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00406/2018
N10250
C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO
-
Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387
BN
N.I.G.36057 42 1 2014 0000077
ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000247 /2018
Juzgado de procedencia:XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 5 de VIGO
Procedimiento de origen:MODIFICACION DE MEDIDAS SUPUESTO CONTENCIOSO 0000963 /2017
Recurrente: Amparo
Procurador: MARIA JESUS NOGUEIRA FOS
Abogado: JORGE LUIS TRIGAS IGLESIAS
Recurrido: Segundo
Procurador: JOSE VICENTE GIL TRANCHEZ
Abogado: CELIA MARIA TIELAS AMIL
A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistrados D. JAIME CARRERA IBARZÁBAL, Presidente, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e Dª MAGDALENA FERNÁNDEZ SOTO,pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
S E N T E N Z A Nº 406/18
Vigo, vinte de setembro de dous mil dezaoito.
VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Modificación Medidas 963/17 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 5 de Vigo ós que correspondeu o rolo 247/18, nos que aparece como parte apelante-apelado e demandante D./D.ª Segundo, representada polo/a procurador/a D./D.ª JOSE VICENTE GIL TRÁNCHEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª CELIA Mª TIELAS AMIL,e como parte apelante-apelada e demandada D./D.ª Amparo, representada polo/a procurador/a D./D.ª Mª JESUS NOGUEIRA FOS e asistida do/da letrado/a D./D.ª JORGE TRIGÁS IGLESIAS.
É o maxistrado relatorD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.
Antecedentes
Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 5 de Vigo, con data do 7 de marzo de 2018, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:
'En la demanda interpuesta por la Procuradora de los Tribunales Sra. Gil Tránchez, en nombre y representación de D. Segundo, bajo la asistencia letrada de la Sra. Tielas Amil, contra Dña. Amparo, representada por la Procuradora de los Tribunales Sra. Nogueira Fos, ESTIMO PARCIALMENTE la misma, fijándose como pensión compensatoria a cargo de D. Segundo a favor de Dña. Amparo la suma mensual de 1.000 euros, que ingresará dentro de los cinco primeros días de cada mes en la cuenta que al efecto designe la Sra. Amparo y que se actualizará anualmente conforme la variación que experimente el Indice de Precios al Consumo.
No se hace especial pronunciamiento en cuanto a las costas.'
Segundo:Contra a dita sentenza os/as procuradores/as D. JOSE V. GIL TRÁNCHEZ e D.ª Mª JESUS NOGUEIRA FOS, en representación de D. Segundo e D.ª Amparo respectivamente, presentaron uns recursos de apelación, que foron admitidos en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).
Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 19 de setembro de 2018.
Fundamentos
Primeiro:A sentenza ditada en primeira instancia no presente proceso de modificación de medidas, promovido polo ex-esposo, rebaixa a pensión compensatoria, de 1.600 euros mensuais, establecida a favor da que foi o seu consorte pola sentenza de 8 de febreiro de 2016, pronunciada esta en grao de apelación por esta Audiencia Provincial en anterior proceso da mesma natureza, a 1.000 euros, recurrindo esta decisión ambos litigantes, interesando o actor que a pensión se reduza a 600 euros, e a demandada que se manteña a pensión na contia dos 1.600 euros ou, subsidiariamente, que se rebaixe a 1.265,46 euros. Pois ben, reducido o debate a este exclusivo extremo, a controversia queda circunscrita ao eido probatorio, é dicir, a comprobar se tense producido unha alteración substancial das circunstancias, comparativamente coas concurrentes ao tempo no que ditouse a anterior sentenza de modificación de medidas, alteración de circunstancias que, sabido é, debe reunir as notas de esencial, non cativa ou menor, permanante, non puramente transitoria ou coxuntural, e imprevisible, dado que para as modificións esperadas xa existen as correspondentes medidas correitoras. E neste contexto probatorio o demandante alega dous feitos que deberían levar a acoller a súa pretensión. Por unha banda, a disminución dos seus ingresos. E por outra, a súa situación de saúde, xa que segundo o seu parecer está padecer unha enfermidade irreversible e progresiva que exixe a axuda de terceiras persoas 'para algunhas actividades da vida', en expresión empregada na propia demanda. Analizamos ambos feitos coa debida separación.
Segundo: Certamente, no documento que obra aos folios 21 volto e 70 se reseña que o actor padece unha atrofia córtico/subcortical difusa moi significativa con afectación da porción anteromedial de ambos lóbulos temporais con probable enfermidade de Bisnwanger. Sen embargo: A) O informe procede dun médico de medicina interna soamente, e non duns especialista en sáude mental. B) Se acorda a remisión do paciente ao servizo de Neuroloxía, e non nos constan os resultados. C) O ditame non resulta ratificado nin completado polas declaracións do informante. D) A enfermidade anunciada se predica en termos probabilísticos exclusivamente. E) Non observamos ningún deterioro cognitivo significado no demandante ao ser interrogado quen, contrariamente, fai un discurso coherente, sólido, con expresión de cifras e sen lagóas de memoria. F) Derradeiramente, ningún reflexo hai na Seguridade Social, relativo ao suposto padecimento e as súas consecuencias incapacitantes. O feito invocado está orfo de proba.
Terceiro: Pola contra, variou a situación económica do agora apelante. En efecto, do análese dos certificados referidos ás remuneracións polo IRPF da parte nos exercicios 2013 a 2016 coleximos uns ingresos en torno aos 90.000 euros anuais brutos medios para cada exercicio. O que fai un salario bruto de arredor de 7.500 euros ao mes, prorrateadas as pagas. Pola súa banda, na sentenza recaida no procedente proceso de modificación de medidas, de 8 de febreiro de 2016, danse por acreditadas unhas percepcións salariais de 4.800 euros netos ao mes, prorrogadas igualmente as dúas pagas extraordinarias.
Hoxe, o demandante está xubilado dende decembro de 2016. E segundo a certificación de Facenda (folio 20)percibe na actualidade unha pensión mensual bruta de 3.371,71 euros, tendo en conta as contías adicionais e topes para as pensións que ese documento reseña (catorce pagas a razón de 2.890,01 euros cada unha máis 316,31 euros).
Por último, e ainda que de entidade menor, tomamos en consideración igualmente as circunstancia s seguintes, sempre posteriores, loxicamente, á anterior sentenza de modificación de medidas. A) O demandante percibíu no 2016 en torno a uns 75.000 euros por mor da liquidación da Mutualidade da que formaba parte. B) Non temos constancia da cantidade percibida polo actor procedente da herdanza da súa nai, que aquel fixa no seu interrogatorio en torno aos 20.000 euros.
Pois ben, todos os datos expresados, e especialmente, a diferenza significativa de ingresos do actor, condúcenos a declarar como ponderada a reducción a oitocentos euros da pensión compensatoria no seu día acordada.
Cuarto: A desestimación do recurso da parte demandada conleva imporlle as custas procesuais desta alzada, derivadas do seu recurso. E a estimación en parte da apelación da parte actora conduce a non facer unha especial pronuncia sobre as custas orixinadas polo seu recurso (artigo 398 da L. A. C.).
Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,
Fallo
Que rexeitando o recurso de apelación formulado por Dª Amparo representada pola Procuradora Sra. Nogueira Fos, e estimando en parte o recurso de apelación promovido polo actor D. Segundo representado polo Procurador Sr. Gil Tránchez, contra a sentenza ditada polo Xulgado de 1ª Instancia nº 5 de Vigo o día 7 de marzo de 2018, rebaixamos a pensión compensatoria no seu día acordada a oitocentos euros mensuais, anualmente actualizables de acordo co IPC sinalado polo Instituto Nacional de Estadística u Organismo similar, impomos a demandada as custas procesuais derivadas do seu recurso e non facemos unha especial pronuncia sobre as orixinadas polo recurso da parte actora.
Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.
Notifíqueselles ás partes a presente resolución.
MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC, debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC. Asímesmo cabe interpoñer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguintes a súa notificación na forma establecido no artº 479 da LAC.
Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.
NOTA INFORMATIVA:Conforme á D.A. Décimo quinta da L.O.P.J., para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.
O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no BANCO SANTANDER, sucursal r/ Coruña, na conta deste expediente 0915000012024718, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local e organismo autónomo dependente. Se o ingreso se efectúa a medio de transferencia o núm. de conta IBAN é o seguinte: ES55 3569 9200 0500 1274 facendo constar, no campo concepto e observacions no xustificante de ingreso e como concepto o número de conta expediente antes salientado
