Sentencia CIVIL Nº 416/20...re de 2018

Última revisión
17/09/2017

Sentencia CIVIL Nº 416/2018, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 130/2018 de 27 de Septiembre de 2018

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 9 min

Orden: Civil

Fecha: 27 de Septiembre de 2018

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 416/2018

Núm. Cendoj: 36057370062018100413

Núm. Ecli: ES:APPO:2018:1531

Núm. Roj: SAP PO 1531:2018

Resumen:
OTRAS MATERIAS MATRIMONIALES

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00416/2018

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, SECCION SEXTA

N10250

C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO

-

Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387

SR

N.I.G.36057 48 1 2012 0000028

ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000130 /2018

Juzgado de procedencia:XDO.VIOLENCIA SOBRE A MULLER N.1 de DIRECCION000

Procedimiento de origen:MODIFICACION DE MEDIDAS SUPUESTO CONTENCIOSO 0000009 /2016

Recurrente: Jesús Luis

Procurador: MARIA PIÑEIRO PEÑA

Abogado: MARIA LUISA DACOSTA REY

Recurrido: Celestina

Procurador: KATIA FERNANDEZ MEIRIÑO

Abogado: ENRIQUE JOSE HIDALGO LUGO

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistrados D. Jaime carrera Ibarzabal, D. Juan Manuel Alfaya Ocampo e D. Magdalena Fernandez Soto,pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA Nº 416

Vigo, vinte e sete de setembro de dous mil dezaoito.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Modificacion de Medidas 9/2016 procedentes do Xulgado de Violencia sobre a Muller nº 1 de DIRECCION000, ós que correspondeu o rolo 130/2018, nos que aparece como parte apelante D./D.ª Jesús Luis, representada polo/a procurador/a D./D.ª MARIA PIÑEIRO PEÑA e asistida do/da letrado/a D./D.ªMARIA LUISA DACOSTA REY,e como parte contra da que se apela D./D. Celestina, representada polo/a procurador/a D./D.ª KATIA FERNANDEZ MEIRIÑO e asistida do/da letrado/a D./D.ª ENRIQUE JOSE HIDALGO LUGO.

É o maxistrado relatorD. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro:O Xulgado de Violencia sobre a Muller Núm. 1 de DIRECCION000, con data do 13.03.17, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

'...POR LO EXPUESTO, DEBO ESTIMAR Y ESTIMOparcialmente la demanda principal presentada sobre modificación de medidas por D. Jesús Luis contra la parte demandada

DONA. Celestina, conforme a lo dispuesto en los razonamientos jurídicos y decretando las siguientes medidas :

I.- se mantiene la sentencia dictada en procedimiento

Divorcio Contencioso nº 32 / 2012, dictada por el juzgado de Violencia de esta localidad, dictada con fecha de 20 de junio del 2012, entre las partes manteniendo sus pronunciamientos pero estimando que ambos menores deben estar bajo la guardia y custodia la madre con patria potestad compartida.

II.- que las visitas de los fines de semana se realicen con

entregas de ambos menores el sábado correspondiente a las 12 :00 horas a falta de acuerdo en establecer otro horario.

III.- los periodos de navidad se dividirán en dos tramos : uno desde el dia 22 de diciembre al dia 30 de diciembre y otro desde el dia 30 de diciembre al dia 6 de enero. A la madre el primer periodo en los años impares y el segundo en los pares y viceversa.

IV.- la contribución a las cargas derivada de la vivienda en común las cantidades que pesan sobre la misma deben ser

afrontadas por ambos progenitores al 50 % cada uno de ellos y esto hasta la efectiva venta de la vivienda común.

Manteniéndose en los restante todas los pronunciamientos de la sentencia dictada.

No se realiza pronunciamiento acerca de las costas....'

Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª MARIA PIÑEIRO PEÑA, en representación de D./D. Jesús Luis, presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en DIRECCION000. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 19.09.18.

Terceiro:Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.


Fundamentos

PRIMEIRO.-Ainda que tanto a demanda de modificación de medidas como agora, o recurso de apelación, adolecen dunha importante dose de confusionismo , contradicción e erraticidade, que dificulta sobremaneira coñecer exactamente as pretensións do actor apelante e as súas razóns de pedir, podemos estimar que o que agora se interesa exclusivamente nesta alzada é: A) Que se rebaixe a pensión dos dous fillos, dun total de catrocentos euros mensuais, establecidos no convenio regulador do divorcio, aprobado xudicialmente a través de sentenza de data 20 de xuño de 2012, a 300 euros, igualmente ao mes. B) Que se supriman as previsións do convenio -en esencia, acceso da nai ao mercado laboral e correspondente percepción de remuneracións-, pactadas a xeito de condicionantes para a reducción dos alimentos da prole. Quedando, pola contra, á marxe desta segunda instancia o extremo relativo ao réxime de comunicación paterno-filial, que a sentenza de instancia modifica mediante unha pronuncia sobre a que as partes litigantes non formulan ningunha discrepancia. En último extremo, o vicio de incongruenza omisiva, que o actor apelante achaca á sentenza de instancia, ademáis de non corresponderse coa realidade pois, fronte ao mantido por el, esa resolución veu decidir sobre os alimentos -en sentido desfavorable ao peticionado polo recurrente-, a cuestión carece en realidade de utilidade, dado que ainda que se dera esa omisión, aparecerá lóxica e inevitablemente colmada por este tribunal de apelación a través da sentenza que agora se dita.

Pola súa fonda conexión examinamos conxuntamente aquelas dúas primeiras pretensións.

SEGUNDO.-A supresión das condicionantes do convenio regulador do divorcio carece de todo apoio xurídico. Neste senso, atopámonos ante acordo en firme alcanzado polos proxenitores no proceso de divorcio, que tan só pode ser modificado polo canle procedimental da modificación de medidas se se demostra que houbo unha alteración substancial das circunstancias, e en absoluto aparece acreditada esa alteración. E a inseguridade para a determinación dos alimentos, que se alega como fundamento da formulación, nin se demostra nin é un feito novo, que non concurrira ao tempo do divorcio.

Efectivamente, o convenio regulador do divorcio prevé unha reduccción dos alimentos para os dous fillos en cen euros, para o caso de que a nai acceda ao mercado laboral e sempre que o seu salario exceda de 300 euros. Pero esta previsión non ampara o pedimento da parte apelante, de rebaixa da pensión alimenticia, de catrocentos a trescentos euros, e iso por ata oito razóns: A) A primeira, porque este proceso de modificación de medidas non constitúe a vía adecuada para tal tipo de solicitude, dado que aqueles condicionantes xa estaban previstos, precisamemte, no convenio regulador. Ou por expresalo doutro xeito, as circunstancias de acceso ao mercado de traballo e obtención da oportuna remuneración eran previsibles, e se previñeron expresamente, fronte á nota da imprevisibilidade das circunstancias, que preside todo proceso de modificación de medidas. B) Porque, en segundo termo, non existe proba dabondo de que a agora recurrida teña ingresos superiores aos 318,22 euros ao mes, que está percibir como subsidio de desemprego, segundo a certificación do Servizo Público de Emprego Estatal que obra nos autos . C) A terceira, porque esa cifra apenas supera a previsión do convenio. D) A cuarta, porque non se xustifican outras circunstancias -por exemplo, a disminución de ingresos do apelante- que en unión desa pensión contribúan a calificar a alteración como substancial. E) A quinta, porque, en fonda relación coas catro reflexións anteriores, a modestia dos ingresos da nai , en unión das necesidades dos fillos, non pode levarnos a unha decisión en claro prexuizo para estes últimos, ben dos fillos que constitúe o Norte fundamental a protexer, e que queda fora do poder dispositivo dos proxenitores. A cifra de douscentos euros ao mes segue ser ponderada. F) Sexto, porque é unha evidente contradicción o posicionamento da parte recurrente, interesando, por unha banda, que se suprima a condición (ingresos da nai superiores a trescentos euros ao mes), e se pretenda, en cambio, a súa aplicación para reducir a pensión dos fillos. G) En séptimo lugar, porque unha interpretación do convenio, acudindo á vontade realmente querida polas partes e ao criterio lóxico lévanos a ir máis aló da súa pura literalidade. En efecto, a interpretación literal da cláusula conduciría ao abxurdo (e a unha decisión inxusta) de rebaixar os alimentos dos fillos ao mesmo nivel, dos trescentos euros ao mes, e se a nai supera os trescentos euros de ingresos, tanto se estes ingresos son moito máis elevados, como se apenas superan ese límite, que foi o que sucedeu no presente caso. Ou expresado doutra maneira, se as necesidades dos fillos seguen ser as mesmas, o que ninguén discute, unha lectura puramente literal do acordo conduciría ao indesexado e antinormativo efecto de que os nenos non verían a partir de agora colmadas adecuadamente esas necesidades polo feito de que a nai gañara apenas os trescentos euros, cifra que non sería en absoluto e obviamente dabondo para completar ou compensar a pensión de alimentos pactada para a prole. H) Derradeiramente, o criterio interpretativo teleolóxico conduce á mesma conclusión, pois a tese que sostemos esta máis acorde co ben ou interese dos fillos, fin esencial a protexer en toda decisión xuduial que lles afecte, e especialmente cando de alimentos estase tratar.

TERCEIRO.-Por todo o reseñado procede desestimar o recurso e impor as custas procesuais desta alzada á parte apelante, de conformidade co artigo 398 da L. A. C..

Fallo

Que desestimamos o recurso de apelación promovido por Jesús Luis contra a sentenza ditada polo Xulgado de Violencia sobre a Muller nº 1 de DIRECCION000 o día 13.03.17, con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á parte apelante.

Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.

MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC, debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC. Asímesmo cabe interpoñer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguintes a súa notificación na forma establecido no artº 479 da LAC.

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.