Sentencia CIVIL Nº 429/20...re de 2019

Última revisión
17/09/2017

Sentencia CIVIL Nº 429/2019, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 173/2019 de 09 de Septiembre de 2019

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 8 min

Orden: Civil

Fecha: 09 de Septiembre de 2019

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 429/2019

Núm. Cendoj: 36057370062019100506

Núm. Ecli: ES:APPO:2019:2379

Núm. Roj: SAP PO 2379:2019

Resumen:
MATERIAS NO ESPECIFICADAS

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00429/2019

N10250

C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO

Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387

BN

N.I.G.36057 42 1 2018 0006170

ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000173 /2019

Juzgado de procedencia:XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 13 de VIGO

Procedimiento de origen:PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0000378 /2018

Recurrente: WINZINK BANK SA

Procurador: JOAQUIN MARIA JAÑEZ RAMOS

Abogado: MARIA JOSE COSMEA RODRIGUEZ

Recurrido: Eutimio

Procurador: ALBERTO VIDAL RUIBAL

Abogado: DAVID ALFAYA MASSO

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistrados D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, Presidente, Dª MAGDALENA FERNÁNDEZ SOTO e D. EUGENIO FRANCISCO MÍGUEZ TABARÉS,pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

S E N T E N Z A Nº 429/19

Vigo, nove de setembro de dous mil dezanove.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 378/18 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 13 de Vigo ós que correspondeu o rolo 173/19, nos que aparece como parte apelante e demandado-impugnado EIZINK BANK S.A., representada polo/a procurador/a D./D.ª JOAQUIN MARÍA JAÑEZ RAMOS e asistida do/da letrado/a D./D.ª Mª JOSÉ COSMEA RODRÍGUEZ,e como parte contra da que se apela e demandante-impugnante D./D.ª Eutimio, representada polo/a procurador/a D./D.ª ALBERTO VIDAL RUIBAL e asistida do/da letrado/a D./D.ª DAVID ALFAYA MASSO.

É o maxistrado relatorD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 13 de Vigo, con data do 10 de decembro de 2018, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

'Se estima la demanda presentada por el Procurador D. Alberto Vidal Ruibal en nombre y representación de D. Eutimio contra la entidad WIZINKBANK representado por el Procurador D. Joaquín Jañez Ramos.

Se declara que las condiciones generales incluidas en el Anexo del Reglamento ( por remisión de la Cláusula 9 ) que regula los intereses y comisiones, no superan el control de transparencia, por lo que se tienen por no puestos, al no haberse incorporado válidamente al contrato.

Se condena a la demandada al abono de la suma de 6890,70 euros, más los gastos posteriores a la fecha de presentación de la demandada, por aplicación de dicha cláusula, todo ello con los intereses legales desde la fecha de presentación de la demanda (8-5-18) y los previstos en el artículo 576 de la LEC, desde la fecha de la presente resolución y hasta su completo pago.

Cada parte abonara las costas causadas a su instancia y las comunes por mitad.'

Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª JOAQUIN Mª JAÑEZ RAMOS, en representación de WIZINK BANK S.A., presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC). Así mesmo polo Procurador D. ALBERTO VIDAL RUIBAL en representación de D. Eutimio impugnou a sentenza.

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 24 de xullo de 2019.


Fundamentos

Primeiro: A sentenza ditada en primeira instancia estima a demanda, declarando que a cláusula que establece os xuros remuneratorios e comisións, no contexto substantivo dunha tarxeta de crédito, non supera o control de transparencia, téndoa, xa que logo, por non posta, ao non aparecer debidamente incorporada ao contrato, e condena, en fin, á entidade bancaria demandada á devolución da suma resultante da aplicación de devandita cláusula.

A demandada recurre a sentenza, interesando a desestimación da pretención da parte demandante.

Segundo: Partindo do anterior, e indiscutido, por outra banda, que atopámonos ante un contrato de adhesión, no que existe unha serie de cláusulas predispostas, que se incorporaron ao contrato por imposición da entidade bancaria, que as redactou cun designio de xeralidade, ou o que é o mesmo, coa finalidade de incorporalas a unha pluralidade indiscriminada de contratos da mesma natureza, o problema de lite céntrase real e exclusivamente en determinar se a demandada, e agora recurrente, acatou o mandato normativo referido ao control da transparencia. Pois ben, examinadas as probas que obran na lite, e moi especialmente a proba documental, debemos dar unha resposta negativa a esta interrogante, en coincidencia coa valoración probatoria realizada pola xulgadora a quo, e igualmente co seu discurso argumenal, extremos, un e outro, sobre os que simplemente abundamos.

Terceiro: O escrito solicitude de tarxeta de crédito resulta totalmente ilexible, tanto pola súa minúscula letra, como por ser moi borroso. Podería estimarse non obstante que, ao atoparmos ante unha pura fotocopia, o orixinal non adolecería desas deficiencias. Pero nada próbase sobre este extremo. Contrariamente: A) Non observamos que o tamaño da letra da fotocopia non se corresponda co tamaño real. Neste senso, cómpre lembrar quer o reverso comprende o folio enteiro. B) O folio fotocopia achegado pola demandada non abarca, en cambio, todo o texto do reverso (folio 169 v.). Ou por expresalo doutra maneira, o dimensionado dese último documento non recolle todo o texto, o que é inequivocamente expresivo de que a letra do documento orixinal era moia máis cativa. C) Ainda que a letra non estirver borrosa, resultaría igualmente non lexible, a menos que se empregara un instrumento de aumento, o que, ademáis de ser xuridicamente inaceptable, resultaría insólito, máxime no contexto do consumo, onde movémonos. D) A sentenza de instancia fai unhas proclamacións -non combatidas adecuadamente pola recurrente- verbo do custe real do uso da tarxeta de crédito, comprensivo dos xuros moratorios (TAE do 26,82%) e comisións. Así, dise que non hai a debida incorporación, a necesaria separación da cláusula respecto das outras similares, ou que aquela se oculta entre estas. E) Por se fora pouco - que non o é-, os vicios detectados se observan, igual e incomprensiblemente, na transcrición literal do clasulado que fai a parte apelante no mesmo escrito de recurso de apelación. F) Derradeiramente, a información que se poidera extraer desa documental, sobre as condicións da apertura da liña de crédito mediante tarxeta, non sería, pola data do documento, precontractual, ao igual que a que poidera subministrarse pola remisión ao cliente consumidor dos resumes períodicos de operacións. En definitiva, as graves carencias apuntadas conducen lóxica e irremisiblemente a unha incomprensibilidade sobre uns elementos esenciais do contrato, como os relativos aos xuros moratorios, comisións e gastos, ou se estase preferir, sobre a carga real, económica e xurídica, que comportaba a relación contractual, que a demandada traslada incorrecta ou insuficientemente a un documento, cunha redacción unilateral imponse ao adherente consumidor, sen posibilidade dunha negociación individualizada, que nin tan siquera se invoca.

Cuarto: O sentido do fallo leva a non examinar o motivo de impugnación do actor, sobre os xuros usurarios. Resulta procedente, en cambio, decidir sobre o segundo motivo, referido ás custas da primeira instancia, sobre as que a sentenza impugnada non fai unha pronuncia especial.

Pois ben, o motivo se estima pois, fronte ao afirmado pola sentenza recurrida: A) No discurso argumental desta resolución non apreciamos dúbidas de feito nin xurídicas. B) O argumento -único- da existencia de sentenzas que poidan estimarse contraditorias, non pode extrapolarse a aqueles supostos, como o presente, onde a falta de transparencia é patente.

Quinto: O rexeitamento do recurso da parte demandada conduce a imporlle as custas procesuais desta alzada, derivadas da apelación. E a estimación da impugnación do demandante conleva impor á demandada as custas procesuais da primeira instancia e non facer unha especial declaración sobre as desta segunda, orixinadas pola impugnación. (Artigos 394 e 398 da L. A. C.).

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Que desestimando o recurso de apelación promovido pola demandada WIZINK BANK S.A. representada polo Procurador Sr. Jañez Ramos e acollebndo a impugnación formulada polo actor D. Eutimio representado polo Procurador Sr. Vidal ruibal, contra a sentenza ditada polo Xulgado de 1ª Instancia nº 13 de Vigo o día 10 de decembro de 2018, impomos á demandada as custas procesuais da primeira instancia, así como as desta alzada, derivadas do seu recurso. E non facemos unha especial pronuncia sobre as custas desta segunda instancia, orixinadas pola impugnación.

Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC, debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC. Asímesmo cabe interpoñer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguintes a súa notificación na forma establecido no artº 479 da LAC.

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.