Sentencia CIVIL Nº 433/20...re de 2019

Última revisión
17/09/2017

Sentencia CIVIL Nº 433/2019, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 187/2019 de 12 de Septiembre de 2019

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 11 min

Orden: Civil

Fecha: 12 de Septiembre de 2019

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 433/2019

Núm. Cendoj: 36057370062019100514

Núm. Ecli: ES:APPO:2019:2393

Núm. Roj: SAP PO 2393:2019

Resumen:
DIVORCIO CONTENCIOSO

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00433/2019

N10250

C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO

Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387

BN

N.I.G.36045 41 1 2017 0001258

ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000187 /2019

Juzgado de procedencia:XDO.1A.INST.E INSTRUCIÓN N.1 de DIRECCION000

Procedimiento de origen:DIVORCIO CONTENCIOSO 0000481 /2017

Recurrente: Asunción

Procurador: JOSE LUIS GOMEZ FEIJOO

Abogado: MIGUEL PIÑEIRO SANCHEZ

Recurrido: MINISTERIO FISCAL, Adriano

Procurador: ERMINIA ALONSO SOLIÑO

Abogado: BEGOÑA GALLEGO LOPEZ

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistrados D. JAIME CARRERA IBARZÁBAL, Presidente, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e Dª MAGDALENA FERNÁNDEZ SOTO,pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

S E N T E N Z A Nº 433/19

Vigo, doce de setembro de dous mil dezanove.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Divorcio Contencioso 481/17 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 1 de DIRECCION000 ós que correspondeu o rolo 187/19, nos que aparece como parte apelante e demandada D./D.ª Asunción, representada polo/a procurador/a D./D.ª JOSE LUIS GÓMEZ FEIJOO e asistida do/da letrado/a D./D.ª MIGUEL PIÑEIRO SÁNCHEZ,e como parte contra da que se apela e demandante D./D.ª Adriano, representada polo/a procurador/a D./D.ª ERMINIA ALONSO SOLIÑO e asistida do/da letrado/a D./D.ª BEGOÑA GALLEGO LÓPEZ. Sendo parte nesta apelación ó MINISTERIO FISCAL.

É o maxistrado relatorD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 1 de DIRECCION000, con data do 7 de novembro de 2018, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

'-DISOLUCIÓ N del matrimonio formado por D. Adriano y Dª Asunción con todos los efectos legales.

-Guarda y custodia de la menor para la madre, y patria potestad compartida entre ambos progenitores.

-Régimen de visitas en favor del padre como se viene desarrollando en la actualidad:

*Los días o semanas que la madre trabaje de mañana, la menor dormirá la noche anterior en casa de sus abuelos maternos y la recogerá en torno a las 14.30-15 horas y permanecerá con la menor hasta las 21 horas en que nuevamente la reintegrará al domicilio de los abuelos.

*Los días o semanas que trabaje de tarde, la menor dormirá con la madre, recogiéndola del domicilio de los abuelos paternos en torno a las 22 horas, siendo la madre quien se encargará de llevarla al colegio a la mañana siguiente, siendo los abuelos paternos quienes se encargarán de recoger a la menor en el colegio por la tarde y permanecerá con ellos hasta que la madre vuelva a recogerla al salir de trabajar, en torno a las 22 horas.

*Este régimen se aplicará también a los viernes, en función de si la madre trabaja de mañana o de tarde.

*Los fines de semana la menor los pasará con la madre salvo el fin de semana que el padre se encuentre en DIRECCION000 en que lo disfrutará con el padre.

*El fin de semana que la madre esté con la menor si el lunes la madre trabaja de mañana, dejará a la menor con los abuelos paternos la noche anterior sobre las 21 horas y si trabajara de tarde será la madre quien se encargue de llevar a su hija al colegio.

*Las vacaciones de semana santa las pasará la menor con el

padre.

*En las vacaciones de verano la menor tiene derecho a pasar 15 días con el padre, en julio o en agosto, dependiendo de cuando tenga vacaciones laborales el padre.

*En Navidad la hija estará alternativamente con cada progenitor del modo siguiente:

+los días 24 y 25 de diciembre desde las 11 horas del día 24 hasta las 20.30 horas del 25.

+los días 31 de diciembre y 1 de enero desde las 11 horas del día 31 a las 20.30 horas del día 1.

+el día 5 de enero desde las 11 hasta las 11 del día siguiente.

+el día 6 de enero desde las 11 hasta las 20.30 horas. En caso de desacuerdo el padre elegirá en los años pares y la madre en los impares.

-D. Adriano abonará a la madre la cantidad de 250 euros mensuales en concepto de pensión de alimentos para su hija, que será abonada por meses anticipados dentro de los 5 primeros días de cada mes, en la cuenta bancaria que designe la madre, cantidad que será actualizable conforme al IPC. Los gastos extraordinarios de la niña serán abonados al 50% por ambos progenitores.

-No ha lugar a fijar pensión compensatoria alguna en favor de la madre.

-El domicilio que fue familiar pertenece al padre y continuará en su uso.

-La madre ha retirado el ajuar doméstico que le correspondía y continuará con el uso de los dos vehículos que venía utilizando.

No se imponen las costas del presente procedimiento a ninguna de las partes.'

Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª JOSE LUIS GÓMEZ FEIJOO, en representación de D./D.ª Asunción, presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en DIRECCION001. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 11 de setembro de 2019.


Fundamentos

Primeiro: Circunscrita esta alzada a decidir se procede ou non establecer pensión compensatoria a prol da muller, tal como esta solicita -e a sentenza de instancia rexeita-, cómpre lembrar a xurisprudencia sentada sobre este instituto, na interpretación e aplicación do artigo 97 do código civil, doutrina xurisprudencial que aséntase sobre dous pilares, un primeiro, de contido marcadamente económico, como é o desequilibrio, e o segundo, a ruptura matrimonial, como referencia temporal para a determinación daquel primeiro.

Segundo: Con referencia á natureza da pensión compensatoria, e en expresións da sentenza do Tribunal Supremo de 29 de xuño de 2018, con cita da de 17 de abril do mesmo ano, resolución esta última que a súa vez remítese as de 22 de xuño e 19 de outubro de 2011 e 18 de marzo de 2014 'el punto principal se refiere al concepto de desequilibrio y el momento en que este debe producirse y así dice que '(...) tal desequilibrio implica un empeoramiento económico en relación con la situación existente constante matrimonio; que debe resultar de la confrontación entre las condiciones económicas de cada uno, antes y después de la ruptura, por lo que no se trata de una pensión de alimentos y lo que sí ha de probarse es que se ha sufrido un empeoramiento en su situación económica en relación a la que disfrutaba en el matrimonio y respecto a la posición que disfruta el otro cónyuge'.

Ou como xa advertía a sentenza do Tribunal Supremo, do Pleno, de 19 de xaneiro de 2010 'la pensión compensatoria pretende evitar que el perjuicio que puede producir la convivencia recaiga exclusivamente sobre uno de los cónyuges y para ello habrá que tenerse en consideración lo que ha ocurrido durante la vida matrimonial y básicamente, la dedicación a la familia y la colaboración con las actividades del otro cónyuge; el régimen de bienes a que han estado sujetos los cónyuges en tanto que va a compensar determinados desequilibrios e incluso, su situación anterior al matrimonio para poder determinar si éste ha producido un desequilibrio que genere posibilidades de compensación'.

Devandita resolución ven reseñar igualmente que as circunstancias mencionadas no artigo 97 do código civil teñen unha dobre función. Por unha banda 'actúan como elementos integrantes do desequilibrio'. E por outra, e unha vez determinada a concorrencia do desequilibrio 'actuarán como elementos que permitirán fixar a contía da pensión e se debe ser definitiva ou temporal.

Dentro da enumeración, non pechada, de circunstancias a valorar (calquera outra circunstancia relevante puntualiza o nº 9 do precepto) estarían, fundamentalmente e polo que para nós ten agora interese, a duración do matrimonio e da convivencia, a dedicación pasada e futura á familia, a calificación profesional e probabilidades de acceso a un emprego, a idade e estado de saúde dos cónxuxes e, naturalmente, os seus respectivos ingresos e fortuna.

Como corolario das anteriores declaracións xurisprudencias, e en mencións igualmente do Tribunal Supremo, non procederá a pensión compensatoria 'se o matrimonio non impediu traballar a ningún dos cónxuxes', 'se o matrimonio non privoulles das expectativas laborais', ou 'se a diferenza de ingresos entre eles non trae causa directa, precisamente, do sacrificio asumido polo cónxuxe durante o matrimonio pola súa maior dedicación á familia'.

Derradeiramente e xa para rematar esta exposición, a pensión compensatoria non ten unha natureza alimenticia, é dicir, non responde a unha situación de necesidade, nin tampouco propia ou alomenos exclusivamente indemnizatoria -proba diso é que pode ser modificada-, senón que responde ao feito obxectivo do desequilibrio patrimonial que a ruptura causa a un dos cónxuxes en comparación co outro, sufrindo aquel un claro prexuizo, que debe ser ponderadamente compensado, pero non ata o extremo de rematar cun estado de igualdade entre os cónxuxes.

Terceiro: Partindo das anteriores coordenadas compartimos a postura da xulgadora a quo, rexeitando o establecemento dunha pensión compensatoria a prol da esposa xa que: A) A duración do matrimonio foi de pouco mais de catro anos, e da convivencia uns poucos meses menos. B) Ambos cónxuxes dispuxeron durante a relación matrimonial, e dispoñen ao día de hoxe, de traballo estable por conta allea. C) A esposa ten 35 anos de idade e un bo estado de saúde. D) A dedicación da mesma á familia (cunha única filla, hoxe de cinco anos), foi relativa, dado que a súa xornada laboral -ao igual que a do seu consorte-impedíalles loxicamente unha dedicación plena, o que en unión de que os proxenitores tiñan o domicilio familiar na casa propiedade do marido, na que vivía o núcleo familiar cos avós paternos, conducía que estes últimos gardaran á menor nesas ausencias. E) A situación de garda segue ser hoxe esencialmente a mesma, dado que como a nai ten xornada semanais de traballo alternas, de mañán e tarde, os avós seguen asumir o coidado da nena. F) Por último, e malia que as remuneracións do esposo son superiores ás da esposa (arredor de 1.500 e 850 euros líquidos ao mes, respectivamente), e de que esta última ten que facer fronte ao aluguer dunha vivenda pola que paga 300 euros mensuais, esa diferenza de ingresos non xustifica o establecemento dunha pensión, pois, dunha parte, a mesma non ten por finalidade equiparar, reiterámolo, situacións económicas, e doutra, o matrimonio, insistimos igualmente, cunha duración de pouco máis de catro anos, non causou ningún prexuízo significado para a hoxe recorrente, quen, en fin, vai desfrutar dunha situación moi semellante á que tiña antes de contraer matrimonio, dispondo -para ela a a súa filla- de arredor de 1.100 euros netos ao mes, no contexto, reiterámolo de novo, dunha garda de feito tamén dos avós da menor, que conleva un evidente aforro para aquela primeira.

Cuarto: Non apreciamos que concorra algunha circunstancia de excepción para deixar de aplicar o criterio xeral do vencemento obxectivo, que para as custas procesuais desta alzada proclama o artigo 398 da L. A. C..

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Que desestimamos o recurso de apelación promovido por Dª Asunción representada polo Procurador Sr. Gómez Feijoo contra a sentenza ditada polo Xulgado de 1ª Instancia nº 1 de DIRECCION000 o día 7 de novembro de 2018, con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á parte apelante.

Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC, debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC. Asímesmo cabe interpoñer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguintes a súa notificación na forma establecido no artº 479 da LAC.

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.