Última revisión
17/09/2017
Sentencia CIVIL Nº 453/2017, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 217/2017 de 13 de Octubre de 2017
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 11 min
Orden: Civil
Fecha: 13 de Octubre de 2017
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 453/2017
Núm. Cendoj: 36057370062017100441
Núm. Ecli: ES:APPO:2017:2059
Núm. Roj: SAP PO 2059:2017
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00453/2017
N10250
C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO-
Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387
BN
N.I.G.36057 42 1 2015 0007072
ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000217 /2017
Juzgado de procedencia:XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 5 de VIGO
Procedimiento de origen:MODIFICACION DE MEDIDAS SUPUESTO CONTENCIOSO 0000674 /2015
Recurrente: D. Jose Pablo
Procurador: JOSE VICENTE GIL TRANCHEZ
Abogado: MARIA DEL CARMEN FERNANDEZ SOTO
Recurrido: Dª Tatiana
Procurador: MARIA LUISA CARPINTERO FERNANDEZ
Abogado: MARIA DE LOS ANGELES SEOANE PRIETO
A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistradosD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, Presidente, Dª MAGDALENA FERNÁNDEZ SOTO e D. EUGENIO FRANCISCO MÍGUEZ TABARÉS,pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
S E N T E N Z A Nº 453/17
Vigo, trece de outubro de dous mil dezasete.
VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Modificación Medidas 674/15 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 5 de Vigo ós que correspondeu o rolo 217/17, nos que aparece como parteapelante e demandada D./D.ª Tatiana , representada polo/a procurador/a D./D.ª Mª LUISA CARPINTERO FERNÁNDEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª ANGELES SEOANE PRIETO,e comoparte contra da que se apela e demandante D./D.ª Jose Pablo , representada polo/a procurador/a D./D.ª JOSE V. GIL TRÁNCHEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª CARMEN FERNÁNDEZ SOTO.
É o maxistradorelatorD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.
Antecedentes
Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 5 de Vigo, con data do 1 de decembro de 2016, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:
'En la demanda interpuesta por el Procurador de los Tribunales Sr. Gil Tránchez, en nombre y representación de de D. Jose Pablo representado por el Procurador de los Tribunales Sr. Gil Tránchez, contra Dña. Tatiana , representada por la Procuradora de los Tribunales Sra. Santiago Arbones, ESTIMO LA MISMA, acordando la extinción de la pensión compensatoria que el actor debía abonar a la demandada con efectos a partir de la presente resolución.
No se hace una especial declaración en cuanto a las costas.'
Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª Mª LUISA CARPINTERO FERNÁNDEZ, en representación de D./D.ª Tatiana , presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).
Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 11 de outubro de 2017.
Fundamentos
Primeiro:A sentenza ditada en primeira instancia, estimando a demanda de modificación de medidas, declara extinguida a pensión a favor da exesposa e a cargo do seu exconsorte, recoñecida pola sentenza de divorcio de data 9 de febrero de 1996 , que aprobaba o pertinente convenio regulador. E recurre esta decisión a demandada, interesando que se manteña a pensión polas razóns que deseguido procedemos analizar.
Segundo: Como a sentenza de instancia declara extinguida a pensión, que conceptúa como compensatoria, combate esa calificación a recurrente, estimando que no convenio regulador pactuose unha pensión alimenticia. E a argumentación da apelante se pecha coa afirmación de que no acordo acadado non pactouse causa ningunha para a súa extinción. Dito doutro xeito, estaríamos ante uns alimentos voluntarios ou por pacto, que tan só cesarían entón polas causas expresamente acordadas. Pois ben, a doble formulación da parte recurente carece do preciso respaldo probatorio e da necesaria consistencia xurídica.
O exame do propio convenio, posto en relación co contexto de divorcio no que celebrouse, e os actos das partes lévannos a que nos inclinemos pola idea de que atopámonos ante unha pensión compensatoria.
Primeiramente, iso debía ser así porque resultaba evidente -e ninguén o puxo en tela da xuizo- que ao tempo do divorcio concurría o suposto de feito básico, reseñado no artigo 97 do Código Civil , para o sinalamento dunha pensión compensatoria a cargo do esposo e a favor da súa dona: O divorcio producía para esta última un significado desequilibrio económico, un empeoramento da situación da que gozaba antes do divorcio, en relación coa posición económica do seu marido, moito máis favorable que a daquela primeira. Conseguintemente, e ainda que a redacción da correspondente cláusula do convenio regulador non ten toda a claridade que sería de desexar (en síntese, nunca emprega a expresión alimentos nin pensión compensatoria), resulta lóxico estimar que estábase acordar unha pensión para contrarrestar, precisamente, o desequilibrio causado pola ruptura matrimonial.
Pero é que existen, en segundo lugar, manifestacións ou comportamentos da parte hoxe apelante, que a xeito de actos propios, refrendan a tese da pensión compensatoria. Pénsese a este respecto: A) Que no escrito de contestación á demanda reitora deste preito non fala en ningún momento de alimentos, senón que todo o seu esforzo argumental vai dirixido a afirmar ou soster, exclusivamente, que no convenio regulador non pactouse ningunha causa de extinción da pensión. B) Que no precedente proceso de modificación de medidas do ano 2001, no que o esposo insta a extinción da pensión compensatoria, a exesposa, demandada neste procedimento, non alicerza a súa estratexia defensiva no pilar que agora se aduce, de que atopámonos propiamente ante uns alimentos voluntarios. C) Final e definitivamente, na demanda executiva formulada pola agora recurrente contra o recurrido, de actualización e reclamación de pensión, formulada o día 28 de xullo de 2014, a apelante fala expresamente de que 'dita cláusula, tal como foi ratificada en diversos procedimentos, ven establecer unha pensión compensatoria' (feito primeiro, ao folio 40).
A xeito de recapitulación, pactada unha pensión compensatoria, a mesma queda suxeita á normativa atinente a este instituto, que seguidamente procedemos reseñar, e que autoriza, en definitiva, ora á modificación, ora á extinción da mesma, sempre que se dean os presupostos legalmente requeridos.
Terceiro: Rexeitada a precedente invocación da recurrente, toda a controversia xira agora sobre se concurren no caso axuizado as condicións que o artigo 101, en relación cos artigos 97 e 100, todos do Código Civil , dispoñen para dar por extinguida -ou reducida- a pensión compensatoria. A cuestión condúcenos ao exame do acervo probatorio para, á luz do mesmo, determinar se houbo unha modificación das circunstancias persoais e económicas dos interesados, de tal calado, que a pensión compensatoria no seu día estipulada carecería xa de razón de ser en se mesma considerada ou na súa contía.
O actor apelado invoca en apoio da súa pretensión, tanto a disminución dos seus ingresos, como o incremento dos gastos ao seu cargo como, finalmente, a melloría na situación económica da demandada.
Pois ben, resulta indubidable a importante baixada dos ingresos do demandante, en relación cos habidos ao tempo do divorcio, tal como atinadamente salienta a sentenza recurrida. En efecto, e ainda que non temos constancia certa das retribucións salariais do actor ao tempo do divorcio, a documental achegada á causa (esencialmente, sentenza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de data 31 de marzo de 2003 ) reflicta que no ano 1993 percibía en torno aos 4.300 euros mensuais, e dende xaneiro de 1999 ata xullo de 2000 arredor de 27.000.000 das antigas pesetas, ou en torno aos 145.000 euros. Pois ben, é palmario que hoxe as súas retribucións son moito máis reducidas, tanto partamos da situación de desemprego que o demandante postula, na que percibe algo máis de 700 euros ao mes (folio 471), máis 100 euros por cada un dos fillos, segundo declarou no seu interrogatorio, como ainda que consideremos que non se atopa nesta situación, e estea continuar traballando na empresa Pantalones de Vigo, S. A., onde as retribuncións sempre foron moi inferiores a aquelas primeiras. E sendo certo que a situación económica do demandante ten que ser examinada dentro do novo nucleo familiar, integrado pola súa nova dona e dous fillos, tampouco apreciamos nesta última a percepción de retribucións que en unión da percibidas polo demandante se acerquen ás tidas ao tempo do divorcio. Consta na lite que a súa dona no exercicio 2014 percibíu 18.307,82 euros, pero hoxe está desempregada, dende outubro de 2015, cunha pensión de 426 euros ao mes (folios 101 e 473). O actor, D. Jose Pablo é propietario dunha casa coa súa nova muller, Dona Valle , ao 50%, en Brión- Negreira, adquirida no ano 1997, cunha hipoteca inicial de 220.000 euros que vencerá no ano 2024. Asimesmo, Dona Valle , dende o ano 2008 é propietaria exclusiva doutra vivenda adosada, na mesma localidade, gravada cunha hipoteca inicial de 216.00 euros (folios 446, 446 volto e 450).
En síntese, os ingresos do agora recurrido disminuiron sensiblemente e, por outra banda, os gastos incrementáronse necesariamente pola existencia de dous novos fillos, ainda que ao mantemento destes teña que contribuir igual e naturalmente a súa nai.
A situación económica da apelante pode resumirse nos seguintes puntos: A) Durante o ano 2015 recibíu unha pensión non contributiva de 426 euros ao mes, non percibindo ningunha prestación no ano 2016 (folios 267 e 443). B) Reside en Alicante en réxime de aluguer, pagando 290 euros ao mes, e posúe unha vivenda en propiedade en Palma de Mallorca, de 93 metros cadrados, adquirida no ano 2001, cunha hipoteca inicial de 103.374 euros, sobre a que pesa un embargo de Facenda de 2.411,76 euros (folio 152).C) Ten contraida unha débeda coa Comunidade de Propietarios do edificio por importe de 9.903,74 euros (folio 456). D) A vivenda está arrendada ignorándose o que percibe polo aluguer.
Pois ben, a Sala, ponderando todas esas circunstancias, acorda reducir a pensión compensatoria, que hoxe sería lixeiramente superior a 500 euros mensuais, a 200 euros, igualmente ao mes, polo prazo de dous anos, estimándose en consecuencia en parte, tanto o recurso como a demanda.
Cuarto: A estimación en parte do recurso e da demanda conleva non facermos unha especial declaración sobre as custas procesuais de ningunha das dúas instancias (artigos 394 e 398 da L. A. C.).
Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,
Fallo
Que con estimación en parte do recurso de apelación formulado pola demandada Dª Tatiana representada pola Procuradora Sra. Carpintero Fernández contra a sentenza ditada polo Xulgado de 1ª Instancia nº 5 de Vigo o día 1 de decembro de 2016, e acollendo igualmente en parte e demanda promovida por D. Jose Pablo representado polo Procurador Sr. Gil Tránchez, establecemos como pensión compensatoria a cargo deste último e a favor da primeira a suma de 200 euros mensuais, polo prazo de dous anos a pagar dentro dos cinco primeiros días de cada mes, que será anualmente actualizables dacordo co IPC sinalado polo Instituto Nacional de Estadística ou organismo similar. Non facemos unha especial declaración sobre as custas procesuais de ningunha das dúas instancias.
Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1 , 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1 , 2 , 6.3 , e 7.2 e 3 da Lei 3/1983 , do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.
Notifíqueselles ás partes a presente resolución.
MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC , debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC . Asímesmo cabe interpoñer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguintes a súa notificación na forma establecido no artº 479 da LAC.
Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.
NOTA INFORMATIVA:Conforme á D.A. Décimo quinta da L.O.P.J ., para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.
O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no BANCO SANTANDER, sucursal r/ Coruña, na conta deste expediente 0915000012021717, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local e organismo autónomo dependente. Se o ingreso se efectúa a medio de transferencia o núm. de conta IBAN é o seguinte: ES55 3569 9200 0500 1274 facendo constar, no campo concepto e observacions no xustificante de ingreso e como concepto o número de conta expediente antes salientado.

