Sentencia CIVIL Nº 463/20...re de 2017

Última revisión
17/09/2017

Sentencia CIVIL Nº 463/2017, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 453/2017 de 20 de Octubre de 2017

Relacionados:

Tiempo de lectura: 8 min

Orden: Civil

Fecha: 20 de Octubre de 2017

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 463/2017

Núm. Cendoj: 36057370062017100472

Núm. Ecli: ES:APPO:2017:2173

Núm. Roj: SAP PO 2173:2017

Resumen:
OTRAS MATERIAS MATRIMONIALES

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00463/2017

N10250

C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO

Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387

BN

N.I.G.36057 42 1 2012 0012980

ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000453 /2017

Juzgado de procedencia:XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 5 de VIGO

Procedimiento de origen:MODIFICACION DE MEDIDAS SUPUESTO CONTENCIOSO 0000438 /2016

Recurrente: Candido

Procurador: PATRICIA CABALEIRO BARCIELA

Abogado: MARIA RAQUEL GARCIA CHAVES

Recurrido: MINISTERIO FISCAL, Socorro

Procurador: MARIA AUXILIADORA RUIZ SANCHEZ

Abogado: MODESTO MARTINEZ ZUÑIGA

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistradosD. JAIME CARRERA IBARZÁBAL, Presidente, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e D. JULIO PICATOSTE BOBILLO,pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

S E N T E N Z A Nº 463/17

Vigo, vinte de outubro de dous mil dezasete.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Modificación Medidas 438/16 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 5 de Reforzo ós que correspondeu o rolo 453/17, nos que aparece como parteapelante e demandante D./D.ª Candido , representada polo/a procurador/a D./D.ª PATRICIA CABALEIRO BARCIELA e asistida do/da letrado/a D./D.ª RAQUEL GARCÍA CHAVES,e comoparte contra da que se apela e demandada D./D.ª Socorro , representada polo/a procurador/a D./D.ª AUXILIADORA RUIZ SÁNCHEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª MODESTO MARTÍNEZ SÁNCHEZ. Sendo parte nesta apelación óMINISTERIO FISCAL.

É o maxistradorelatorD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 5 de Reforzo de Vigo, con data do 23 de febreiro de 2017, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

'Que debo desestimar y desestimo la demanda presentada por la procuradora Dª Patricia Cabaleiro Barciela en nombre y representación de Dº Candido frente a Dª Socorro y por ello, no procede modificar las medidas establecidas en la sentencia dictada por el Juzgado de primera instancia nº 5 de Vigo en fecha 19 de noviembre de 2012 , en el procedimiento divorcio de mutuo acuerdo nº 1069/2012.

No se hace expresa condena en costas.'

Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª PATRICIA CABALEIRO BARCIELA, en representación de D./D.ª Candido , presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 19 de outubro de 2017.


Fundamentos

Primeiro:Non contexto, procesual e substantivo, dun proceso de modificación de medidas, e máis concretamente, da modificación da pensión alimenticia a favor dos dous fillos, establecida -800 euros ao mes para os dous- por mutuo acordo dos proxenitores no convenio regulador do divorcio, decretado pola sentenza de 19 de novembro de 2012 , resulta inexcusábel para o demandante acreditar a alteración das circunstancias actuais, en comparación coas concurrentes ao tempo do divorcio, no só porque a pretensión modificadora se asenta, precisamente, nos feitos que o actor alega, senón tamén por aplicación dos postulados de facilidade e dispoñibilidade probatorias, ex artigo 217 da L. A. C.. Demostración que ten que ir referida, en fin, a unha alteración circunstancial que ten que ser, por unha banda, esencial, significada ou excluinte de modificacións cativas o menores, pois estas últimas sempre se producen, por outra, estable, e non simplemente puntual ou coxuntural, así como non imputábel ao que interesadamente provoca esa mutación de circunstancias, e, en fin, imprevisíbel, dado que para as alteracións que poden ser perfectamente obxecto de predicción a propia lei establece a posibilidade de que os interesados poidan acordar as medidas correitoras procedentes, como sucede, a título de simple exemplo, cando, pronosticándose procesos inflaccionistas, se pactan cláusulas para contrarestar a carestía da vida.

Segundo: Partindo das anteriores pautas, formais e de fondo, concluimos, en coincidencia coa xulgadora a quo, que a parte actora, e hoxe recurrente, non superou aquel mandato probatorio, de acreditar unha alteración das circunstancias de tal calado que levaría reducir a pensión alimenticia para os fillos. Examinamos o acervo probatorio, certa e extraordinariamente escaso.

Primeiramente, este tribunal de apelación ten un descoñecemento practicamente total da situación económica do demandante ao tempo do divorcio, co que xa non poderíamos xa realizar a correspondente comparativa coa situación actual. E doado lle sería ao demandante xustificar os seus ingresos, fortuna e gastos, achegando ao proceso a oportuna proba documental como, por citar un só exemplo, as súas declaracións tributarias. A incuria probatoria é inexplicable, e ata chamativa.

Pero é que, en segundo termo, tampouco sabemos con certeza cales son as actuais fontes de ingresos do actor, Arquitecto de profesión, e traballador autónomo. Novamente, non trae ao proceso as súas declaracións tributarias referidas aos últimos exercicios a partir do ano 2012, no que disolveuse o vínculo conxugal por mor do divorcio. As carencias probatorias son patentes e imperdoables.

En terceiro lugar, os baleiros de proba que observamos non poden verse colmados pola proba documental achegada, de dous embargos puntuais, decretados polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, por un importe total de algo máis de 4.000 euros -descoñecéndose a orixe da débeda e o resultado final das trabas-, ou dunha mera carta dunha entidade bancaria, invitándolle a que regularice unha posición debedora, decoñecéndose igualmente a contía da débeda.

Por outra banda, a situación de penuria económica que se postula se compadece mal con certos feitos tales como: A) A percepción dun salario bruto de 950 euros ao mes -máis dúas pagas extras, debemos entender-, como traballador nunha empresa de arquitectura, da que descoñecemos todo tipo de datos. B) O pagamento dun aluguer de 400 euros mensuais. C) A posesión de dous vehículos -antigos-.

Finalmente, a baixa como traballador autónomo do actor, operada na recente data de 31 de xaneiro de 2017, dentro do proceso de modificación, e moi próxima a ditarse sentenza de primeira instancia, o 23 de febreiro do mesmo ano, non pode ter trascendencia ningunha na decisión desta contenda, pois ignoramos, tanto a causa -fundada ou non- desa decisión, tomada nos postreiros momentos da lite, insistimos, así como se estamos ante unha situación puramente puntual ou non.

A xeito de recapitulación, decoñecemos, polo escurantismo e inactividade probatoria do demandante apelante, a situación económica real do mesmo, tanto a que gozaba ao tempo do divorcio como actualmente, o que engadido a que non observamos ningunha alteración tampouco na súa exdona, nin nos fillos, os que solen ocasionar máis gastos a medida que teñen máis idade, condúcemos necesariamente a non acoller o recurso.

Terceiro: Non encontramos que concurra algunha circunstancia de excepción para prescindir do criterio xeral do vencimento obxectivo, disposto para as custas procesuais desta alzada polo artigo 398 da L. A. C..

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Que desestimamos o recurso de apelación formulado por D. Candido representado pola Procuradora Sra. Caaleiro Barciela contra a sentenza ditada polo Xulgado de 1ª Instancia nº 5 (reforzo) de Vigo o día 23 de febrero de 2017, con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á parte apelante.

Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1 , 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1 , 2 , 6.3 , e 7.2 e 3 da Lei 3/1983 , do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC , debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC . Asímesmo cabe interpoñer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguintes a súa notificación na forma establecido no artº 479 da LAC.

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.

NOTA INFORMATIVA:Conforme á D.A. Décimo quinta da L.O.P.J ., para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no BANCO SANTANDER, sucursal r/ Coruña, na conta deste expediente 0915000012045317, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local e organismo autónomo dependente. Se o ingreso se efectúa a medio de transferencia o núm. de conta IBAN é o seguinte: ES55 3569 9200 0500 1274 facendo constar, no campo concepto e observacions no xustificante de ingreso e como concepto o número de conta expediente antes salientado


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.