Sentencia CIVIL Nº 467/20...re de 2018

Última revisión
17/09/2017

Sentencia CIVIL Nº 467/2018, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 797/2017 de 22 de Octubre de 2018

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 11 min

Orden: Civil

Fecha: 22 de Octubre de 2018

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 467/2018

Núm. Cendoj: 36057370062018100484

Núm. Ecli: ES:APPO:2018:1873

Núm. Roj: SAP PO 1873:2018

Resumen:
CUMPLIMIENTO OBLIGACIONES

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00467/2018

N10250

C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO

Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387

BN

N.I.G.36057 42 1 2017 0002779

ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000797 /2017

Juzgado de procedencia:XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 12 de DIRECCION000

Procedimiento de origen:FAML.GUARD,CUSTDO ALI.HIJ MENOR NO MATRI NO C 0000321 /2017

Recurrente: Amparo

Procurador: JOSE ANTONIO FANDIÑO CARNERO

Abogado: ERNESTO ARMADA FERNANDEZ

Recurrido: MINISTERIO FISCAL, Pedro Antonio

Procurador: MARIA VICTORIA SOÑORA ALVAREZ

Abogado: MARTA GRADIN DAGA

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistrados D. JAIME CARRERA IBARZÁBAL, Presidente, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e Dª MAGDALENA FERNÁNDEZ SOTO,pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

S E N T E N Z A Nº 467/18

Vigo, vinte e dous de outubro de dous mil dezaoito

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo MORE UXORIO 321/17 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 12 de DIRECCION000 ós que correspondeu o rolo 797/17, nos que aparece como parte apelante e demandada D./D.ª Amparo, representada polo/a procurador/a D./D.ª JOSE ANTONIO FANDIÑO CARNERO e asistida do/da letrado/a D./D.ª ERNESTO ARMADA FERNÁNDEZ,e como parte contra da que se apela e demandante D./D.ª Pedro Antonio, representada polo/a procurador/a D./D.ª VICTORIA SOÑPORA ÁLVAREZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª MARTA GRADÍN DAGA.Sendo parte nesta apelación ó MINISTERIO FISCAL.

É o maxistrado relatorD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 12 de DIRECCION000, con data do 8 de xuño de 2017, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

'Estimo parcialmente la demanda formulada, quedando reguladas las relaciones familiares en la forma establecida en el fundamento jurídico segundo de esta resolución que se da por reproducido para evitar reiteraciones. Todo ello sin hacer expresa imposición de costas a ninguna de las partes.'

Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª Jose Antonio Fandiño Carnero, en representación de D./D.ª Amparo, presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 18 de outubro de 2018.


Fundamentos

Primeiro: A sentenza ditada en primeira instancia establece a custodia materna e confire ao pai un réxime de visitas coa nena, hoxe de dous anos e dous meses de idade. A sentenza fixa un réxime de comunicación paternofilial en dúas faxes, unha primeira, ata o mes de outubro, inclusive, de 2017, e a segunda, a partir do mes de novembro. A primeira comprende fins de semana alternas, sábados e domingos, de 12 a 20 horas, sen pernocta, así como os martes e xoves, de 15 a 20 horas. E a segunda as mesmas visitas intersemanais, e fins de semana alternas, das 17 horas do venres ás 20 horas do domingo. A nai recurre unicamente ese sistema de comunicación, solicitando que se manteña a comunicación intersemanal pero opoñéndose ás visitas das fins de semana e ás pernoctas. Todo iso, para o caso de que se entrase na cerna propiamente dita do asunto dado que, con carácter preferente, e como sendos motivos da apelación, insta os institutos da litispendencia e de acumulación de autos. Pois ben, por obvias razóns metodolóxicas comezamos polo exame destas dúas últimas invocacións.

Segundo: A parte recurrente, con alegación dos artigos 43 e 421 da L. A. C. fundamenta as excepcións de litispendencia e acumulación de procesos na demanda de privación da patria potestade que formulou contra o pai, e que deu lugar ao proceso nº 154/17, seguido polo Xulgado de Primeira Instancia nº 5 desta cidade de DIRECCION000, proceso máis antigo que o presente. Pero existen varios atrancos insalvables que impiden acoller as excepcións: A) Primeiramente, e verbo da acumulación de procesos, porque este remedio procesual só opera se ambos procesos se encontran en primeira instancia, o que non é do caso (artigo 77.4 da L. A. C.). B) Porque a litispendencia, que precisa do mesmo obxecto litixioso, xa foi resolta polo xulgador a quo mediante auto firme por non impugnado. C) Porque, e en liña coa anterior consideración, conforme ao artigo 43, último inciso, da Lei Procesual, que a parte recurrente cita en apoio da súa pretensión, tan só cabe recurso de reposición contra o auto que denegue a petición, a diferenza da autorización do recurso de apelación contra o auto que acorde a suspensión.

Terceiro: Na adopción de medidas que afecten a fillo menor de idade -neste suposto, a adoptar dentro dun proceso matrimonial- rixe un Norte practicamente único, como é o ben ou interese do neno. Así colíxese da machacona referencia do lexislador a este valor, tal como dispoñen os artigos 90, parágrafo segundo, 92, parágrafo cuarto, e 93, en relación co artigo 158, todos do Código Civil, e o artigo 749 da Lei de Axuizamento Civil. En definitiva, e sen esquecer naturalmente os dereitos dos proxenitores, prima sempre o benestar dos fillos.

Por outra banda, cómpre realizar outra consideración, consistente en que a materia na que movémonos, afectante á prole, pola súa condición de orde pública, queda fora do postulado xeral dispositivo. A indispoñibilidade do obxecto do proceso aparece sancionada expresamente polo artigo 751 da Lei Procesual. Atopámonos ante unhas obrigas de carácter imperativo, a cabalo entre a obligación legal e moral. Ten que acordarse sempre o que a lei dispón, sempre que se dean, claro é, as circunstancias por ela exixidas. E, conseguintemente, o Xuiz pode decretar de oficio as medidas tendentes á protección dos fillos, calquera que sexa o posicionamento dos pais (esencialmente, artigo 93, parágrafo primeiro, do Código Civil).

Cuarto: Con invocación do postulado do ben da filla menor, a nai interesa que se circunscriba o réxime de comunicación paternofilial ás visitas intersemanias dos martes e xoves, descartando as visitas das fins de semana -con pernocta dado que xa entrou en vigor loxicamente a segunda faxe de comunicación, disposta pola sentenza de instancia-. A recurrente alicerza o pedimento -por decilo de xeito resumido- no comportamento do pai, a quen tilda nas distintas paraxes do escrito de recurso de apelación de persoa violenta (condenado, efectivamente, por delictos de violencia de xénero e continuado de quebrantamento de condena), descuidada coa menor da que nunca preocupouse, inestable e intolerante.

Quinto: A revisión, nesta alzada, das diversas probas que obran na lite lévanos facer as seguintes reflexións, de utilidade para a resolución da lite.

A primeira estriba en que así como aparece demostrada (sentenzas penais firmes) a conducta agresiva e amenazante do hoxe apelado hacia a apelada, está absolutamente orfo de proba, pola contra, que ese reprochable actuar se fixer extensivo á menor. As denuncias que neste senso fai a apelante carecen do necesario refrendo probatorio. As lesións que aparecen na menor, medicamente contrastadas (eritemas na área do pañal e hematoma no pavillón auricular) son puntuais e, en ningún caso, se poden vencellar cun improcedente actuar do pai apelado. Neste senso, os dous informes médicos rendidos os días 17 e 18 de decembro de 2017, con motivo de sendas asistencias interesadas pola nai, e unidas ao rolo, ditaminan que o hematoma non precisou tratamento médico ningún, así como, e baixo o rótulo do impreso de 'Xuizo de Compatibilidade', que a exploración é incompatible cos feitos alegados.

Tampouco comprobamos que exista unha conducta de abandono paterno na atención ás necesidades da filla. Examinada a correspondente documental non observamos máis que problemas de pura discrepancia acerca da alimentación da nena. Por outra banda, o pai satisface puntualmente a pensión alimenticia, de douscentos euros mensuais. As dificultades de fala da filla non está acreditado que teñan orixe no inadecuado actuar do pai, e non na propia persoalidade daquela. Sobre esta materia, e fronte ao ditame achegado pola parte recurrente, que advirte duna patoloxía grave, o informe traido a esta alzada polo recurrido non resulta tan alarmista. E non atopamos datos obxectivos para atribuir maior credibilidade a un ditame que ao outro.

Son certos -e ata frecuentes- os enfrontamentos e discordias entre os proxenitores, ainda despois do cesamento da convivencia, pero descoñecemos que os mesmos se exterioricen en presenza da nena, repercutindo conseguinte e negativamente nela. E o informe rendido polo punto de encontro no que estableceuse o lugar de entrega e recollida da filla non relata, respecto do pai (nin da nai) ningunha circunstancia significada, que refrende as acusacións desta última. Ainda máis, este último ditame reseña que despois da normalización do réxime de comunicación paterno-filial 'a nena busca os brazos do pai', e que 'nos intercambios de regreso acude sonrinte'.

Sexto: O anterior discurso deste tribunal de apelación non empece, sen embargo, a que poidamos establecer un réxime de visitas distinto do acordado na instancia porque o consideremos máis adecuado aos intereses da menor, e sen que a decisión vulnere o principio dispositivo dada a natureza de orde pública da cuestión ou materia. E é que, pensando sempre nela, consideramos amplo en demasía ese réxime. Pénsese que atopámonos ante unha nena polo de agora de moi curta idade, pouco máis de dous anos. Que ainda que non observamos ningunha conducta inapropiada de sigificación na figura paterna hacia a nena, tal como deixamos sentado, resulta probada a maior dedicación e aptitudes da nai para a filla, comparativamente co pai, o que fai que deba pasar o maior tempo posible con aquela. Que ao fixarse unha comunicación intersemanal de dous días -ademáis das visitas das fins de semana alternas está someténdose á nena a un maior trasego que se se fixa un só. E que igualmente semella desmedido e desacorde coa práctica do foro conceder cinco horas cadanseu dos dous días, e dende hora tan temprá, ás 15 horas. Por todo o dito, consideramos máis ponderado o sistema de comunicación que se reseñará na parte dispositiva da presente resolución.

Sétimo: A estimación en parte do recurso de apelación, en unión da natureza da cuestión prantexada condúcenos a non facermos unha especial declaración sobre as custas procesuais desta alzada (artigo 398 da L. A. C.).

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Que con acollida en parte do recurso de apelación promovido por Dª Amparo representada polo Procurador Sr. Fandiño Carnero contra a sentenza ditada polo Xulgado de 1ª Instancia nº 5 de DIRECCION000 o día 8 de xuño de 2017, reducimos o réxime de comunicación das fins de semana, que serán a partir de agora do sábado ás 17 horas ás 19 horas do domingo, así como unha visita intersemanal durante os martes das 17 ás 20 horas. Confirmamos a resolución apelada nos seus demáis extremos. E non facemos unha especial pronuncia sobre as custas procesuais desta alzada.

Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC, debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC. Asímesmo cabe interpoñer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguintes a súa notificación na forma establecido no artº 479 da LAC.

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.

NOTA INFORMATIVA:Conforme á D.A. Décimo quinta da L.O.P.J., para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no BANCO SANTANDER, sucursal r/ Coruña, na conta deste expediente 0915000012079717, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local e organismo autónomo dependente. Se o ingreso se efectúa a medio de transferencia o núm. de conta IBAN é o seguinte: ES55 3569 9200 0500 1274 facendo constar, no campo concepto e observacions no xustificante de ingreso e como concepto o número de conta expediente antes salientado


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.