Sentencia CIVIL Nº 471/20...re de 2018

Última revisión
17/09/2017

Sentencia CIVIL Nº 471/2018, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 127/2018 de 26 de Octubre de 2018

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 15 min

Orden: Civil

Fecha: 26 de Octubre de 2018

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 471/2018

Núm. Cendoj: 36057370062018100492

Núm. Ecli: ES:APPO:2018:1936

Núm. Roj: SAP PO 1936:2018

Resumen:
MATERIAS NO ESPECIFICADAS

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00471/2018

N10250

C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO

Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387

BN

N.I.G.36057 42 1 2016 0011426

ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000127 /2018

Juzgado de procedencia:XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 11 de VIGO

Procedimiento de origen:PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0000749 /2016

Recurrente: Romualdo

Procurador: MARIA CRENDE RIVAS

Abogado: PILAR FERNANDEZ GONZALEZ

Recurrido: Salvador

Procurador: JOSE FRANCISCO VAQUERO ALONSO

Abogado: LINO ROMERO ALONSO

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistrados D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, Presidente, D. JULIO PICATOSTE BOBILLO e Dª MAGDALENA FERNÁNDEZ SOTO,pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

S E N T E N Z A Nº 471/18

Vigo, vinte e seis de outubro de dous mil dezaoito.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 749/16 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 11 de Vigo ós que correspondeu o rolo 127/18, nos que aparece como parte apelante e demandado D./D.ª Romualdo, representada polo/a procurador/a D./D.ª MARÍA CRENDE RIVAS e asistida do/da letrado/a D./D.ª PILAR FERNÁNDEZ GONZÁLEZ,e como parte contra da que se apela e demandante D./D.ª Salvador, representada polo/a procurador/a D./D.ª JOSE FRANCISCO VAQUERO ALONSO e asistida do/da letrado/a D./D.ª LINO ROMERO ALONSO.

É o maxistrado relatorD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 11 de Vigo, con data do 18 de xaneiro de 2018, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

'Que deboESTIMAR Y ESTIMO INTEGRAMENTE la demandapresentada por el Procurador de los Tribunales D. José Francisco Vaquero Alonso, actuando en nombre y representación de D. Salvador frente a D. Romualdo y, en consecuencia, SE CONDENAal demandado:

1.-A otorgar la correspondiente escritura pública de compraventa de participaciones a su favor, de las que es titular D. Salvador en la mercantil Novexcal Energías, s.l.

2.-A pagar al demandante, simultáneamente al otorgamiento de la escritura, por la compra de las participaciones sociales reseñadas en el apartado anterior, la cantidad de DIEZ MIL EUROS (10.000,00€),más los intereses legales correspondientes desde el día 30 de Septiembre de 2015 hasta el completo pago.

Todo ello con condena en costas a la parte demandada.'

Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª MARÍA CRENDE RIVAS, en representación de D./D.ª Romualdo, presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 25 de outubro de 2018.


Fundamentos

Primeiro:A sentenza ditada en primeira instancia estima integramente a demanda, condenando ao demandado a outorgar, como comprador, escritura pública de compravenda das participacións sociais da empresa Novexcal Energías, S. L., e a que aboe ao demandante vendedor a suma de 10.000 euros, reseñada do documento privado de compravenda de data 31 de xullo de 2015 como prezo da cesión das participacións. E recurre estas pronuncias o demandado, invocando unha serie de argumentos que tendo como punto común de encontro o erro na interpretación do contrato, procedemos analizar seguidamente.

Segundo: Seguindo a orde expositiva do recurso de apelación, a primeira das cuestións que suscita o apelante aparece referida ao prezo pactado pola venda das participacións. Estima o recurrente que sobre este extremo existe unha contradicción entre as cláusulas terceira e cuarta do contrato privado, contradicción que salvada polos criterios legais interpretativos do contrato, debe levar a dar preferencia á cláusula terceira sobre a cuarta.

A cláusula terceira do contrato di literalmente, no que agora ten interese, que 'se fixará como prezo de venda o que corresponda en función do valor que en dito momento teñan as participacións sociais'. E a cláusula cuarta que 'como contraprestación pola cesión das participacións sociais, por medio do presente escrito D. Romualdo se obriga persoal e universalmente a aboar a D. Salvador a suma de dez mil euros'.

A Sala, recurrindo ás pautas interpretativas dos contratos, sentadas polos artigos 1281 e seguintes do Código Civil, estima, en coincidencia coa xulgadora a quo, que o prezo pactado de común acordo entre os contratantes foi de 10.000 euros.

Primeiramente, unha interpretación lóxica conduce a esta conclusión pois, de seguirse a postura do apelante, de que o prezo estaba indeterminado ata o intre do outorgamento da escritura notarial, non tería sentido -e a parte non o explica- que se reseñe no documento o prezo fixo de 10.000 euros. Contrariamente, partindo dese prezo certo e fixo, sí atopamos, en cambio, xustificación á previsión da cláusula terceira, que estaría nunha eventual infravaloración -ou sobrevaloración- das participacións sociais, coas conseguintes dificultades de levar a cabo a operación con acatamento das obligacións tributarias.

En segundo lugar, e en fonda relación coa anterior reflexión, o criterio interpretativo sistemático avala o noso posicionamento, dado que a cláusula terceira fala do 'outorgamento do correspondente documento público ante Notario', como expreso intre referencial para a valoracións das participacións. Ou dito doutro xeito, e como o prezo querido de consumo era o de 10.000 euros, e ese prezo podía non corresponderse coa realidade económica, as posibles advertencias do Fedatario Público sobre esta anomalía, levaba aos contratantes a buscar a solución máis satisfactoria, que era a de plasmar na escritura notarial o prezo das participacións 'en función do valor que ao tempo do outorgamento da escritura pública tiñan as participacións sociais'. Con esta interpretación esta dualidade de cláusulas aparece xustificada, e a suposta contradicción salvada, ao contrario da postura defendida polo apelante, pois carece de lóxica ou sentido plasmar no contrato dúas cláusulas para, acto seguido, tomar en consideración unha delas soamente (a cláusula terceira), e silenciar a segunda (a cuarta).

O criterio sociolóxico, ou se estase preferir, o contexto económico, difícil e incerto, que rodeaba á empresa, cuxas participacións procedíanse ceder polo agora demandante ao demandado, reforza igualmente, e en terceiro termo, a interpretación que sostemos. Dito doutra maneira, a situación apurada da sociedade -que prontamente rematou por ser declarada en concurso-, e a pertenza da mesma aos dous socios, os litigantes, debeu facerlles meditar sobre as medidas a tomar, e nese clima de crise, negociar, e á postre acordar, tanto que a empresa pasara ser dun só deles, como sobre un prezo que sería produto, máis que dunha valoración exacta e xusta das participacións, dun acordo moito máis amplo (no que prevíase igualmente o facer fronte aos préstamos contraídos pola sociedade), e comprensivo dos 10.000 euros, como manifestación, en fin, dunha pura transacción.

A xeito de recapitulación, o prezo consensuado foi de 10.000 euros, a cambio dunha cesión total das participacións, que permitía ao comprador convertirse en dono único da sociedade, e todo iso sen prexuizo de que na escritura pública poidera indicarase outro valor, a efectos fiscais.

Terceiro: A parte recurrente realiza unha serie de reproches á sentenza ditada en primeira instancia, que se poden resumir en tres puntos, o primeiro, facer recaer sobre o demandado a obriga de requerir ao actor para acudir ante Notario a outorgar escritura pública; o segundo, que non tome en consideración o 30 de setembro de 2015 como data final para pagar o prezo e outorgar a escritura; e o terceiro, o comportamento do actor, de abuso e mala fe. Reproches que procedemos examinar conxuntamente pola fonda ligazón que existe entre eles.

Cuarto: Na versión do apelante, e como o requerimento de elevación do contrato ante Notario correspondería ao demandante, e este non fixo tal requerimento, ou mellor dito, o fixo fora do prazo pactado, o contrato resultaría ineficaz. Pois ben, a formulación da parte carece de consistencia xurídica.

En primeiro termo, cómpre lembrar que a falta de elevación do contrato privado a escritura pública non determina a inexistencia contractual pois, nin esa condición aparece referida no contrato privado de 31 de xullo de 2015, nin a lei exixe esa forma pública como presuposto de validez, dado o sistema puramente consensual que rixe en materia de contratación no noso dereito. Consentimento, obxecto e causa son os únicos elementos esenciais para a validez dos contratos, e non a forma, agás supostos de excepción que non son do caso (en esencia, artigos 1261 e 1278 do CC.). En ningunha paraxe do documento privado supedítase a validez e eficacia do acordo a respectar esa forma solemne.

En segundo termo, e por se o dito non for dabondo -que sí o é-, tampouco o contrato impón a un dos contratantes -de xeito exclusivo- requerir ao outro para a elevación a escritura pública do contrato de 31 de xullo de 2015. Nin a norma determina prioridade ningunha sobre este extremo. Pola contra, e conforme co artigo 1279 do Código Civil, as partes contratantes poden compelerse indistinta e reciprocamente a que se acate a forma legalmente requerida segundo cada caso.

En terceiro lugar, e a pesar de que o acordo de 31 de xullo de 1915 non impoña a un dos contratantes ese deber de requerimento, foi o demandante, e non o demandado o que tentou infructuosamente efectualo. En efecto, consta na lite a acta notarial de 26 de maio de 2016, na que se require ao demandado para que compareza ante Notario a outorgar a escritura publica o día 16 de xuño dese ano, así como a acta notarial desta última data, que da fe da incomparecencia do requerido.

Do exame polo miúdo do contrato tampouco coleximos, en cuarto lugar, que a expresión do día 30 de setembro de 2015 como data tope para o aboamento do prezo fora determinante da existencia eficacia contractual. O principio de conservación do negocio (artigos 1286 e 1289)debe levamos ao entendemento contrario. E o argumento aparece reforzado polo feito de que o contrato comprendía, ademáis da operación de venda das participacións, outras, das que non alega o demandado que non se teñan cumprido.

Finalmente, non apreciamos no demandante recurrido ningún actuar contrario á boa fe, ou con abuso de dereito. Téñase en conta a este respecto: A) Que o actor circunscríbese pura e simplemente a instar o cumprimento dun acordo que foi produto dunha vontade concorde dos contratantes, en virtude do cal un deles transmitía ao outro as participacións sociais, e este último, a pagar a aquel un prezo determinado, que nin se demostra ser inxusto, nin precísase para a validez do contrato a xustiza do prezo. B) Que a alegación do recurrente, de que o demandado coñecía a situación -de insolvencia- da empresa carece de todo apoio probatorio, pois se algo cabe colexir da Xunta Xeral Extraordinaria celebrada o día 3 de marzo de 2016 é precisamente o contario, ou sexa, o descoñecemento desa situación por parte do demandante, e a subministración de información do demandado, como coñecedor único dese delicado estado.

Quinto: Resta por examinar a derradeira argumentación do demandado apelante para postular que se revogue a sentenza de primeira instancia, e se desestimen as pretensións do demandante, argumento que estriba en que se orixinaría unha situación de imposibilidade sobrevida do cumprimento contractual, por perda do obxecto -as participacións-, a consecuencia da declaración de concurso da sociedade, operada polo auto firme ditado o día 6 de xuño de 2016 polo Xulgado do Mercantil nº 2 de Pontevedra en procedimento número 90/2016-M.

O argumento do recurrente non pode acollerse por ser incompatible o instituto invocado cos contextos contractuais de incerteza coñecida, previsibilidade e mora do debedor.

En efecto, e como lembra a sentenza do Tribunal Supremo de 20 de xullo de 2017 'los arts. 1182 a 1184 del Código Civil guardan una estrecha relación con el caso fortuito contemplado en el art. 1105 del Código Civil ( sentencia 820/2013, de 17 de enero ). De ahí que el art. 1184 del Código Civil exija una alteración de las circunstancias completamente extraordinaria y racionalmente imprevisible ( sentencia 190/2014, de 16 de abril ). Si tal alteración de las circunstancias que determinara la imposibilidad de la prestación hubiera sido previsible, no podría aplicarse la institución del art. 1184 del Código Civil' .

En expresión da sentenza de 6 de xuño de 2015 'para que la imposibilidad sobrevenida de la prestación opere el efecto liberatorio resulta imprescindible que dicha imposibilidad no resulte imputable al deudor, de acuerdo con los criterios generales de imputación de responsabilidad, y que además el deudor no esté constituido en mora'.

A título de simple exemplo e como manifestación do criterio restrictivo que debe seguirse na aplicación deste instituto, a sentenza de 19 de maio de 2015 proclama que 'no puede calificarse de imprevisible, pues las contingencias relacionadas con la salud, bien de la parte contratante o de su núcleo familiar, con afectación de su solvencia, son previsibles, según es notorio por máximas de experiencias'.

E no mesmo senso negativo, a sentenza de 17 de xaneiro de 2013, nun suposto moi próximo ao noso, de imposibilidade sobrevida por perda de obxecto, declara que 'de esta doctrina jurisprudencial se pude deducir que no se ha producido, en el presente caso, imposibilidad sobrevenida de la prestación ni pérdida delobjeto en su sentido jurídico, pues como dijimos los compradores sabían que adquirían unos inmuebles cuya calificación urbanística estaba en cuestión, pues estaba sometida a revisión, lo que había sido anunciado públicamente, y de lo que se le había informado en las sucesivas visitas informativas al Ayuntamiento. Que la parte compradora se representase subjetivamente que la calificación no iba a variar o que se iba a incrementar, no deja de ser una motivación personal que no forma parte de la causa del contrato ni mucho menos compartida por los vendedores, que transmitieron las fincas.El objeto del contrato fue transmitido o era transmisible en la forma que fue pactada y las alteraciones sobrevenidas eran más que previsibles y pese a ello, la compradora, que era profesional del ramo, no sometió el contrato a condición, y ese exceso de confianza no puede repercutirlo en la vendedora, pues solo la compradora debe soportar las consecuencias de su imprevisión'.

Os criterios precedentes, volcados sobre o presente caso, conducen a rexeitar a invocación do recurrente. E é que este litigante, comprador e debedor do prezo, tiña que ser coñecedor, reiterámolo, da situación económica delicada e enfermiza da empresa, dada a súa condición de administrador único da mesma, e como se colixe da acta da Xunta Xeral Extraordinaria de 2016, antes mencionada e, conseguintemente, do risco máis que previsible de que as participacións sociais que compraba podían diminuir e ata perder todo o seu valor, por insolvencia da sociedade, prontamente declarada nese mesmo ano.

Sexto: Non atopamos que concurra algunha circunstancia de excepción para prescindir do criterio xeral do vencimento obxectivo, que para as custas procesuais desta alzada dispón o artigo 398 da L. A. C..

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Que rexeitamos o recurso de apelación formulado por D. Romualdo representado pola Procuradora Sra. Crende Rivas contra a sentenza ditada polo Xulgado de 1ª Instancia nº 11 de Vigo o día 18 de xaneiro de 2018, con expresa imposición das custas procesuais desta alzada ao recurrente.

Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC, debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC. Asímesmo cabe interpoñer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguintes a súa notificación na forma establecido no artº 479 da LAC.

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.

NOTA INFORMATIVA:Conforme á D.A. Décimo quinta da L.O.P.J., para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no BANCO SANTANDER, sucursal r/ Coruña, na conta deste expediente 0915000012012718, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local e organismo autónomo dependente. Se o ingreso se efectúa a medio de transferencia o núm. de conta IBAN é o seguinte: ES55 3569 9200 0500 1274 facendo constar, no campo concepto e observacions no xustificante de ingreso e como concepto o número de conta expediente antes salientado


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.