Última revisión
17/09/2017
Sentencia CIVIL Nº 476/2018, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 83/2018 de 31 de Octubre de 2018
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 10 min
Orden: Civil
Fecha: 31 de Octubre de 2018
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 476/2018
Núm. Cendoj: 36057370062018100495
Núm. Ecli: ES:APPO:2018:1939
Núm. Roj: SAP PO 1939:2018
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00476/2018
N10250
C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO
Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387
BN
N.I.G.36057 42 1 2016 0011308
ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000083 /2018
Juzgado de procedencia:XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 7 de VIGO
Procedimiento de origen:PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0000745 /2016
Recurrente: Modesto
Procurador: MARIA MERCEDES PEREZ CRESPO
Abogado: MARCOS FARIÑAS VIEIRO
Recurrido: PREVENTIVA CIA SEGUROS Y REASEG.SA
Procurador: ANA MARIA PAZO IRAZU
Abogado: IGNACIO VELILLA FERNANDEZ
Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistrados D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, Presidente, D. JULIO PICATOSTE BOBILLO e Dª MAGDALENA FERNÁNDEZ SOTO,pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
S E N T E N Z A Nº 476/18
Vigo, a trinta e un de outubro de dous mil dezaoito.
VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 745/16 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 7 de Vigo ós que correspondeu o rolo 83/18, nos que aparece como parte apelante e demandado D./D.ª Modesto, representada polo/a procurador/a D./D.ª MERCEDES PÉREZ CRESPO e asistida do/da letrado/a D./D.ª MARCOS FARIÑAS VIEIRO,e como parte contra da que se apela e demandante PREVENTIVA CÍA DE SEGUROS, representada polo/a procurador/a D./D.ª ANA PAZO IRAZU e asistida do/da letrado/a D./D.ª IGNACIO VELILLA FERNÁNDEZ.
É o maxistrado relatorD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.
Antecedentes
Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 7 de Vigo, con data do 24 de xullo de 2017, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:
'Que estimando la demanda promovida por la procuradora Dña. Ana Pazo Irazu en nombre y representación de la entidad Preventiva, Cia de Seguros y Reaseguros frente a D. Modesto, debo condenar y condeno al mismo a abonarle la cantidad de 6.448,97 Euros más los intereses legales correspondientes desde la fecha de la presente resolución, con imposición de las costas causadas.'
Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª MERCEDES PÉREZ CRESPO, en representación de D./D.ª Modesto, presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).
Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 25 de outubro de 2018.
Fundamentos
Primeiro: No contexto substantivo, dun contrato de axente de seguros de decesos, celebrado verbalmente, a aseguradora demandante reclama do axente demandado a suma de 6.448,97 euros, en concepto de extornos de seguros. Pois ben, o problema que suscítase é de índole exclusivamente probatoria: Se houbo efectivamente ou non un pacto sobre ese extremo. Por conseguinte, temos que examinar as probas que se achegaron á lite, non sen antes puntualizar que debemos tomar o termo extorno como referido á devolución das cantidades que de xeito anticipado fixo a aseguradora ao axente en concepto de comisións e subvencións, é dicir, ao que se chama extorno de comisións. Expresado doutro xeito, a parte actora postula que como o pagamento das primas por parte dos tomadores do seguro fraccionábase por meses (aínda que a prima fora anual), e dado que a compañía de seguros anticipaba ao axente as comisións e subvencións na súa totalidade, ou sexa, de toda a prima anual e como, en fin, este últimos percibían máis do que realmente lles correspondería, ese beneficio anticipado ou prematuro concedíase baixo unha condición: que os asegurados estiveran asegurados un mínimo dun ano, e pagando a correspondente prima anual. Contrariamente, se non se cumpría a condición, procedía o extorno, ou sexa, o axente estaba obrigado a devolver os anticipos que en concepto de comisións e subvencións fixéralle a compañía de seguros, 'na parte proporcional' -engádese por parte de esta última- das comisións e subvencións recibidas por razón de cada póliza.
Segundo.-Revisadas por este tribunal de apelación as probas que figuran na lite, nova valoración probatoria derivada da natureza, de segunda instancia, do recurso de apelación, estimamos, en discrepancia coa xulgadora a quo, que a aseguradora demandante non salvou o escollo probatorio do artigo 217 da L. A. C., referido neste caso á proba da existencia do pacto de extorno de comisións, onus probandi que pesa, en fin, sobre este litigante, pois ademais de ser o pacto o que ampara precisamente o seu pedimento, estamos ante un feito de natureza positiva e, en fin, os postulados de dispoñibilidade e facilidade probatorias sancionados por esa norma converxen hacia a mesma banda.
Primeiramente, e aínda que a lei de contrato de axencia de 27 de maio de 1992 non obriga ás partes a pactar por escrito, non semella lóxico, polos equívocos e inseguridade que se pode crear, que non se acorde esta forma. En efecto, o artigo 22 da Lei dispón a facultade, simplemente, que se confire a cada parte de exixir da outra a forma escrita en calquer intre da vida do contrato. Pero a utilidade da forma escrita semella palmaria, especialmente para un contrato de tracto sucesivo, como o presente, con moitas operacións liquidatorias entre as partes dacordo, precisamente, con determinadas cláusulas (porcentaxes, momentos liquidatorios.......) e, en fin, que van producir efectos non só entre as partes contratantes senon tamén para con terceiros (asegurados, prexudicados.....). Non se acada comprender cómo a aseguradora non decide plasmar por escrito o contrato, e se conforma con informar ao axente cunha 'plantilla', tal como declarou a testemuña, empregado da demandante, D. Juan Ignacio. E non queremos esquecer, por outra banda, que a ausencia de forma escrita non é unha constante nos contratos de axencia celebrados pola hoxe demandante. En efecto, e se indagamos na xurisprudencia menor, non houbo efectivamente forma escrita nos supostos das sentenzas da A. P de Barcelona, Sección 4ª, de 5 de xuño de 2018, e da A. P. de Alicant, Sección 5ª, de 24 de xullo do mesmo ano; contrariamente, a forma escrita era a do contrato de axencia no suposto contemplado pola A. P. de Barcelona, Sección 17ª, de 26 de abril de igual ano.
Feita a anterior puntualización, e negando categoricamente o demandado a existencia do pacto de extorno de comisións (en esencia, feito terceiro da contestación á demanda) resulta insuficiente a proba testemuñal -unicamente- que a parte actora ofrece a favor da súa versión. E é que os vencellos laborais existentes entre aseguradora e as tres testemuñas (empregados dela), en unión de que ningunha delas pode asegurar con garantías que se tiver pactado co axente demandada tal estipulación, fai insatisfactoria este instrumento de proba. En efecto, a testemuña, D. Juan Ignacio exerce funcións comerciais na empresa, e as outras dúas, D. Andrés e D. Belarmino funcións de auditoría. As testemuñas non teñen indiferencia ante o resultado do preito. Pero ao carón desta limitación, é que ningunha delas coincidiu co axente ao tempo da celebrar o contrato. Así o recoñecen as tres.
En liña coa anterior reflexión, e ante a natureza, puramente referencial, das súas declaracións, bótase de menos que non se chame ao proceso ao que mantivo real e persoalmente as negociacións co axente, D. Celestino. E a parte actora non ofrece relato ningún sobre algún feito que impida ser chamado á lite. E tampouco se propoñen outros axentes, nin asegurados, que poideran ofrecer luz sobre a cláusula en discusión.
Tampouco atopamos comportamento ningún do demandado que, a xeito de acto propio, poidera levarmos á tese da demandante. Ou sexa, non se ofrece proba documental, por exemplo, de que se efectuaran liquidacións comprensivas de extornos, xa antes da presente reclamación, durante a relación negocial. Suposto contemplado pola sentenza da A.P. de Granada, Sección 4ª, de 15 de xullo de 2016.
Por último, non queremos pechar a círculo de argumento sen facer alusión ao comportamento irregular -ou delictual- que se ven imputar ao demandado pola parte actora, e que consistiría en que, aproveitándose da mecánica do contrato, de anticipos de comisións e subvencións, simulara contratos, para así percibir as mesmas, de moita maior contía que o importe das primas mensuais que estaríanse pagando. A formulación carece de todo apoio probatorio e de consistencia xurídica, se advertimos: A) Que ningunha denuncia formulouse contra o demandado, cando de seguirse a versión aventurada pola compañía de seguro, o ilícitos ou ilícitos (falsidade documental, estafa...) serían máis que patentes. B) Que non obstante as explicacións ofrecidas polas testemuñas, non resulta convincente nin lóxica a demora observada pola aseguradora que coñecedora deas anomalías, xa detectadas nos primeiros meses de 2013, non se procedera conseguintemente ata o ano 2014.
A xeito de conclusión, non temos constancia da existencia do pacto litixioso, o que impide inexcusablemente o acollimento da demanda.
Terceiro.-A estimación do recurso e a desestimación da demanda conlevan impor á actora as custas procesuais da primeira instancia e non facermos unha especial pronuncia sobre as desta alzada (artigos 394 e 398 da L. A. C.).
Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,
Fallo
Que con estimación do recurso de apelación formulado por DON Modesto contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 7 de esta cidade o día 24 de xullo de 2017, rexeitamos a demanda reitora de esta lite. Impoñemos á parte actora as custas procesuais da primeira instancia e non facemos unha especial declaración sobre as de esta alzada.
Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.
Notifíqueselles ás partes a presente resolución.
MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC, debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC. Asímesmo cabe interpoñer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguintes a súa notificación na forma establecido no artº 479 da LAC.
Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.
NOTA INFORMATIVA:Conforme á D.A. Décimo quinta da L.O.P.J., para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.
O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no BANCO SANTANDER, sucursal r/ Coruña, na conta deste expediente 0915000012008318, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local e organismo autónomo dependente. Se o ingreso se efectúa a medio de transferencia o núm. de conta IBAN é o seguinte: ES55 3569 9200 0500 1274 facendo constar, no campo concepto e observacions no xustificante de ingreso e como concepto o número de conta expediente antes salientado.
