Última revisión
17/11/2000
Sentencia Civil Nº 476, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1017 de 17 de Noviembre de 2000
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 6 min
Orden: Civil
Fecha: 17 de Noviembre de 2000
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 476
Fundamentos
AUD. PROVINCIAL SECCION N. 1
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00476/2000
Rolo civil: 1017/00
P. civil: 96/98
Orixe: XDO. 1ª INST. TUI 2
Tipo asunto: COGNICIÓN
A SECCIÓN PRIMEIRA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, composta por D. JAIME CARRERA IBARZABAL, presidente, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e D. JULIO CÉSAR PICATOSTE BOBILLO, maxistrados, pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
SENTENCIA NÚM.476
Pontevedra, o 17 de novembro do año 2000.
O recurso de apelación interposto fronte á sentencia deitada nos actos do proceso civil núm. 9/98, vindo do Xulgado de 1ª Inst. Tui 2, foi movido entre as partes: dunha beira, como apelante e demandante-demandada-reconveniente, D. JOSÉ ANTONIO C; doutra, como apelado e demandado-demandante-reconvindos, JOAQUÍN MANUEL P e DONA ANA G; e, amais diso, dunha outra, como apelado-demandado, en situación procesual de rebeldía, DONA ESTRELLA G. Xuizo de cognición.
ANTECEDENTES DE FEITO
Acéptanse os da sentencia de primeira instancia e, alén diso,
PRIMEIRO. Nos actos a que este rolo atinxe, na data de 6 de setembro do año 1999, o Sr maxistrado-xuíz do Xulgado de 1ª Inst. Tui 1, pronunciou sentencia, a resolución da cal, rigorosamente, di:
DECISIÓN: "Que, con expresa imposición de costas a don José Antonio C derivadas de la demanda del procedimiento 96/98 y la reconvención del 144/98 interpuestas por el mismo, debo desestimar y desestimo íntegramente la acción negatoria de servidumbre y la reconvención con acción reivindicatoria interpuestas por el mismo contra don Joaquín Manuel P y doña Ana G en los procedimientos indicados. 2.-Y, sin imposición de las costas procesales derivadas de la demanda del proceso de cognición civil 144/98 interpuesta por don Joaquín Manuel P y doña Ana G, debo estimar y estimo parcialmente la misma, en el sentido de condenar a don José Antonio C y doña Estrella G a:
A. -Cerrar las ventanas abiertas en la pared de la barbacoa de don José Antonio C y doña Estrella G perpendicular al muro divisorio con la finca de sus contendientes en esta causa, descritas perfectamente por el perito judicial, don César Manuel I, o convertirlas en un elemento arquitectónico que no permita la visibilidad a través del mismo en los sesenta centímetros contados como señala el art. 583 del Código civil, tal como se explica en el fundamento jurídico cuarto de esta resolución, salvo que por la normativa urbanística aplicable haya de ser otra la distancia que sustituya a los mencionados sesenta centímetros, la cual será respetada en todo caso.
B.- Y a optar entre: a) retirar o inutilizar la chimenea de la citada barbacoa cerrando su tiro y sellándolo para que no pueda abrise sion consentimiento de los vecinos colindantes o de la autoridad judicial con causa justa para ello, sin perjuicio de que pueda mantenerse como elemento ornamental. b.- O, llevar a cabo las medidas que se fijan en ejecución de sentencia por un perito designado en la forma prevista en el artículo 616 de la Ley de enjuiciamiento civil, que sea arquitecto técnico, aparejador o arquitecto superior, destinadas a impedir que, salvo condiciones de viento absolutamente excepcionales para nuestro clima habitual, los humos y residuos de combustión arrojados por la chimenea de la barbacoa discutida vayan a parar a la casa o finca de don Joaquín Manuel P y doña Ana G (elevación de su salida, dispositivos de orientación del tiro, cambio de ubicación de la barbacoa sin mover ésta...) de existir prescripción administrativa o urbanística aplicable a la ubicación e instalación de esta chimenea será preferentemente aplicada."
E fronte á devandita sentencia, a parte demandante-demandada interpuxo recurso de apelación que foi admitido en ámbolos dous efectos. Tras térenselle elevadas as actuacións a este tribunal, sinalouse a data do 10 de novembro do año que andamos para deliberaren e deitaren sentencia no presente recurso.
SEGUNDO. Na tramitación desta instancia, cumpríronse as prescricións e termos legais.
Foi relator o maxistrado don JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o criterio da Sala.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
PRIMEIRO. A parte apelante limita o ámbito do seu recurso a dúas cuestións: dunha beira, a atinxente á pronuncia das custas procesuais; e doutra beira, a concernente ao silencio, que segundo o seu xuízo garda a sentencia respecto da acción declarativa de propiedade que sobre o terreo litixioso exercita por canle reconvencional. Motivos do recurso que procede analizarmos de xeito separado, comenzando por razóns sistemáticas co segundo, e deixando á marxe as outras decisións da resolución recorrida, dado o aquietamento das partes litigantes canto a elas.
A pretensión declarativa de dominio, que a parte formulou, aparece examinada e resolta na sentencia pronunciada na primeira instancia, na que, despois de analizadas convenientemente as probas practicadas, chégase á atinada conclusión de orde xurídica, de que non se acreditan pola parte agora recorrente os presupostos necesarios para o éxito daquela pretensión, como son, dunha beira, a propiedade da faixa de terreo, ou se se preferir, que o seu título de propiedade abrangue ese terreo, e doutra, e en intima e indisolúbel conexión co anterior elemento, que o seu fundo se atopa perfectamente identificado por estar deslindado do predio contiguo, pertecente aos outros contendentes. E ante esas ausencias, que esta Sala comparte plenamente, non caben outras alternativas que as de, no primeiro termo, rexeitármo-la acción declarativa de dominio desenvolvida, e, conseguintemente, e no segundo lugar, rexeitarmos tamén a acción negatoria de servidume de pasaxe, igualmente exercitada, por esta última acción da proba precisar da propiedade do terreo sobre o que se nega a existencia da servidume. Por todo isto, a sentencia apelada acerta ao rexeita-las pretensións das partes litigantes, entendendo que o remedio procesual adecuado é o do deslindar e demarcar.
O segundo dos pedimentos ten que ser igualmente desbotado por non concorrer ningún motivo de excepción que aconselle non aplicármo-lo criterio xeral do vencemento obxectivo, proclamado polo art. 523 da L.A.C., pois, no último termo, era facilmente comprobábel e deducíbel que a súa titulación era absolutamente insuficiente para acredita-lo presuposto básico das súas pretensións, como é, consonte co dito, que a súa propiedade comprendía o terreo discutido, sen que ao longo da actividade probatoria desenvolida nos actos lograse superar, ainda que fose de xeito mínimo, esa deficiencia de titulación.
SEGUNDO. O rexeitamento do recurso leva a impórmoslle as custas procesuais desta alzada á parte apelante por non concorrer ningún motivo de excepción, que aconselle non aplicármo-lo criterio xeral do vencemento obxectivo do art. 896, alínea terceira, da L.A.C.
Compre atérmonos a todo o que levamos dito e, desenvolvendo a potestade xurisdiccional que a Constitución española nos outorga,
DECIDIMOS
Rexeita-lo recurso formulado por D. JOSÉ ANTONIO C, contra da sentencia pronunciada polo Xulgado de 1ª Inst. Tui 2, na data de 6 de setembro de 1999, con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á parte recorrente.
