Sentencia Civil Nº 484/20...re de 2015

Última revisión
01/02/2016

Sentencia Civil Nº 484/2015, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 837/2014 de 19 de Octubre de 2015

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 14 min

Orden: Civil

Fecha: 19 de Octubre de 2015

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 484/2015

Núm. Cendoj: 36057370062015100454

Resumen:
OTRAS MATERIAS OBLIGACIONES

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00484/2015

CIVIL

Rolo: 837/2014

Procedemento de orixe: Ordinario 68/2004

Órgano de procedencia: Instancia núm. 8 de Vigo

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistrados D. JAIME CARRERA IBARZABAL, PRESIDENTE, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, e D. JULIO PICATOSTE BOBILLO,pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA NUM. 484/2015

En Vigo, a dezanove de outubro de dous mil quince

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 68/2014 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 8 de Vigo, ós que correspondeu o rolo 837/2014, nos que aparece como parte apelante e demandante D./D.ª Lorenzo , representada polo/a procurador/a D./D.ª Veronica Lago Domínguez e asistida do/da letrado/a D./D.ª Patricia Parada Lourido ,e como parte contra da que se apela e demandada MAPFRE CAJA MADRID VIDA, S.A. DE SEGUROS Y REASEGUROS,representada polo/a procurador/a D./D.ª Andrés Gallego Martín- Esperanza e asistida do/da letrado/a D./D. ªJosé Freire Amador .

É o maxistrado relatorD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 8 de Vigo, con data do 26/9/2014, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

'Que desestimando la demanda interpuesta por la Procuradora Dña Verónica Lago Domínguez, en nombre y representación de don Lorenzo , contra 'MAPFRE CAJA MADRID VIDA, S.a. de Seguros y Reaseguros' sobre cumplimiento de contrato de seguro, debo absolver y absuelvo a la entidad demandada de las pretensiones contenidas en el suplico de la demanda, con imnposición a la parte demandante de las costas procesales causadas.'

Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª Verónica Lago Domínguez, en representación de D./D.ª... Lorenzo , presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 15/10/2015.


Fundamentos

Primeiro:Na mesma data, de 3 de marzo de 2008, o actor asina un contrato de préstamo -coa entidade Caja Madrid-, e un contrato de 'seguro de vida amortización de préstamos personales a prima periódica Caja Madrid' coa compañía de seguros, hoxe demandada, Mapfre Caja Madrid Vida, S. A. de Seguros y Reaseguros sobre la Vida Humana. O seguro concertado cubría, entre outros, o risco de incapacidade absoluta permanente do asegurado. Este último sufre unha caida o día 17 de decembro de 2011, por mor da cal padece unha fractura vertebral e unha efectación medular que derivan, pola gravidade e irreversebilidade das lesións e secuelas, en que lle sexa recoñecido pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia un grao de discapacidade do 82%, precisando de silla de rodas e do auxilio de terceiras persoas para realizar os cometidos da vida diaria, e percibndo da Seguridade Social unha pensión en concepto de gran inválido. Fronte á indemnización reclamada polo demandante, a aseguradora demandada oponse alegando que aquel primeiro, á hora de contestar ao cuestionario ao que foi sometido, ocultou o padecimento -que agora examinaremos-, que previamente tiña. Figura na lite o documento-cuestionario 'Declaración de saúde', asinado polo actor, do que salientamos, no que agora ten interese, a contestación negativa que o mesmo da á pregunta: ¿Existe calesquera outra enfermidade, minusvalía ou alteración non mencionada anteriormente?. O demandante viña padecendo dende antes dos contratos de lite unha espondelite anquilosante ou anquilopoiética -enfermidade reumática crónica que causa inflamación das articulacións da columna vertebral e das sacroilíacas- que lle fixo acredor unha declaración de minusvalía do 43%, en virtude da resolución da Consellería de Traballo e Benestar de data 11 de outubro de 2007.

Segundo:Segundo o artigo 10 da L.C.S . o tomador do seguro ' ten o deber antes da conclusión do contrato, de declarar á aseguradora, dacordo co cuestionario que este lle someta, todas as circunstancias coñecidas que poidan influir na valoración do risco'.

Como declaracións xurisprudenciass sobre este precepto, que poden ser de utilidade para a resolución do caso, destacamos as que seguen.

O deber de información asumido pola asegurado cúmprese 'contestandose al cuestionario que le presenta el asegurador, el cual asume el riesgo en caso de no presentarlo o hacerlo de manera incompleta ( SSTS de 25 de outubro de 1995 ; 21 de febreiro de 2003 ; 27 de febreiro de 2005 ; 29 de marzo de 2006 ; e 17 de xullo de 2007 ). Precisando a sentenza de 15 de novembro de 2007 que 'la constatación de que fue el agente de seguros el que rellenó el cuestionario, limitándose el asegurado a firmar, equivale a la falta de presentación, criterio seguido tanto por la Sentencia de 31 de mayo de 1997 , citada, como por otras posteriores (de 6 de abril de 2001 , 31 de diciembre de 2003 y 4 de abril de 2007 )'.

Por outra banda, e como lembra a sentenza do mesmo tribunal, de 1 de decembro de 2014 , «Las consecuencias del incumplimiento de este deber son las establecidas en el artículo 10 II LCS y consisten en:

a) La facultad del asegurador de rescindir el contrato mediante declaración dirigida al tomador del seguro en el plazo de un mes, a contar del conocimiento de la reserva o inexactitudes del tomador del seguro.

b) La reducción de la prestación del asegurador proporcionalmente a la diferencia entre la prima convenida y la que se hubiese aplicado de haberse conocido la verdadera entidad del riesgo. Esta reducción se produce únicamente si el siniestro sobreviene antes de que el asegurador haga la declaración de rescisión.

c) La liberación del asegurador del pago de la prestación. Este efecto solo se produce, según el artículo 10 II, último inciso, LCS , si medió dolo o culpa grave del tomador del seguro ( SSTS de 31 de mayo de 2004 ; 17 de julio de 2007 ).

»La reducción de la prestación del asegurador no exige que concurran circunstancias de dolo o culpa grave del tomador del seguro, sino sólo la existencia de reticencias o inexactitudes en la declaración, pero requiere, en virtud del principio de rogación procesal, según la jurisprudencia consolidada de esta Sala (en contra, STS de 12 de abril de 2004 ) que el asegurador ejercite la pretensión en el momento procesal oportuno y no puede aplicarse si esta pretensión no se ha ejercitado ( SSTS de 7 de junio de 2004 ; 15 de julio de 2005, rec. 612/1999 ).

»La facultad del asegurador de rechazar el siniestro y de liberarse de la obligación de indemnizar solamente puede ejercitarse en caso de que en la declaración previa de riesgos haya mediado dolo o culpa grave por parte del tomador del seguro, a diferencia de lo que ocurre para el ejercicio de la facultad de rescisión o de reducir la prestación.

»Concurre dolo o culpa grave en las declaraciones que tienen como finalidad el engaño del asegurador, aunque no se tenga la voluntad de dañar a la otra parte ( arts. 1260 y 1261 CC ), y en las declaraciones efectuadas con una falta de diligencia inexcusable en la contestación del cuestionario . La determinación de si un determinado supuesto es meramente culposo por parte del tomador, o bien se debe a culpa grave , es de libre apreciación del tribunal sentenciador, por cuanto, versando sobre la aplicación de conceptos jurídicos, estos han de resultar de los hechos, conductas y circunstancias que el órgano judicial fija y valora ( SSTS 12 de agosto de 1993 ; 24 de junio de 1999 ; 14 de junio de 2006, rec. 4080/1999 )». E esta relatividade e causuismo verbo da concurrencia de dolo ou culpa grave no asegurado, como razóns excusantes do deber de indemnizar da compañía de seguros, son postas de manifesto pola sentenza de 29 de abril de 2008 , ao reseñar esta resolución que 'la precisión de si un determinado supuesto es meramente culposo por parte del tomador, o bien se ha debido a culpa grave no es tarea fácil, en que la línea divisoria entre la culpa leve y la grave es sutil. Sólo a la vista de cada caso concreto podrá determinarse si nos encontramos ante un supuesto de culpa grave o no. Todo ello es de libre apreciación del Tribunal sentenciador en cuanto, siendo conceptos jurídicos, han de resultar de lo actuado como hechos, conductas y circunstancias que el órgano judicial interpreta y valora, para decretar su concurrencia. ( Sentencias del Tribunal Supremo de 12 de agosto de 1.993 y 24 de junio de 1.999 )'.

Por último, citamos a sentenza de 2 de febreiro de 2007 , a teor da cal 'el riesgo, como posibilidad de que acontezca un evento dañoso, se compone de dos elementos, que las recurrentes no distinguen en este motivo: el acontecimiento temido (el fallecimiento del asegurado por cualquier causa) y la posibilidad mayor o menor de que se produzca, la cual por lógica aumenta si el asegurado para caso de muerte padece una enfermedad que pueda causarla'. E engade esa resolución que 'l artículo 10 de la Ley 50/1.980 sólo proyecta el régimen del deber de declaración sobre las circunstancias que puedan influir en la valoración del riesgo por el asegurador, con lo que excluye de las sanciones que establece aquellas reticencias o inexactitudes que resulten irrelevantes a tales efectos. Sin embargo no exige la prueba de que, de haber conocido la realidad del riesgo, la aseguradora no habría contratado. Y tampoco lo ha interpretado así la Audiencia Provincial, como ha quedado dicho. Basta, en efecto, con que la inexactitud o reticencia pueda influir en la valoración del riesgo para que se cumpla la condición de relevancia. El que la aseguradora no hubiera contratado o lo hubiera hecho en otras condiciones económicas, de haber conocido la realidad, es algo que se da por supuesto, pero como un reflejo de la trascendencia de la infracción'.

Terceiro:Partindo das anteriores premisas, resulta indiscutíbel, a teor do documento cuestionario, que no caso axuizado o actor contestou negativamente á pregunta de se estaba padecer 'calesquera outra enfermidade, minusvalía ou alteración non mencionada anteriormente' (en síntese, afeccións dos sistemas respiratoio, circulatorio, nervioso, diixestivo, urinario e reprodutor), pois é un feito probado -e ata admitido- que xa tiña recoñecida con anterioridade á celebración do contrato unha minusvalía física do 43% por unha espondilitee anquilosante ou anquilopoiética, padecimento que, de conformidade coa única pericia que obra na lite, ocasiona dores nas articulacións vertebrais, periféricas e sacroilíacas, rixidez vertebral ou perda de mobilidade, sendo, en definitiva, e segundo ao perito, unha enfermidade incapacitante crónica e progresiva e, por conseguinte, que debía influir na valoración do risco asegurado, da incapacidade absoluta permanente.

Fronte a esa realidade documental, ven invocar o recurrente que non se lle formulou o cuestionario ou, ao sumo, que limitouse a asinalo de xeito indiscriminado e entre os moitos outros documentos que se lle presentaron ao tempo da realización do préstamo, de tal xeito, entón, engade, que estaría descoñecer en realidade as preguntas do cuestionario. Pois ben, a alegación da parte, ademáis de chocar co documento mesmo e a súa sinatura, carece do necesario respalto probatorio, que se podería obter, verbigraza, mediante as declaracións do correspondente axente de seguros ou dos empregados da entidade bancaria que interviron en toda a operativa, e se contradí, finalmente, con certos datos do asegurado que se mencionan no cuestionario, tales como a súa estatura, peso ou tensión arterial, e ata o número de cigarros que fuma ao día, mención de circunstancias, que a falta doutros instrumentos de proba e doutras versións alternativas, tan só resulta explicable nun contexto de coñecemento e de intervención do demandante apelante na confección do documento.

O motivo do recruso non se acepta.

Cuarto:Non mellor sorte adversa debe correr o segundo dos motivos do recurso referido ás custas procesuais. Ningunda dúbida xurídica atopamos na resolución da lite. E tampouco hai dúbidas de feito dado que, por unha banda, era obviamente coñecido polo asegurado o seu padecimento anterior, importante, e por outra, non existe probanza ningunha -conforme ao dito- demostrativa da ignorancia por parte deste litigante da formulación do cuestionario de saúde, proporcionando incluso á aseguradora aquelas circunstancias que, como exclusivamente persoais, non podían ser coñecidas por esta última. En último termo, e ainda admitindo, aos efectos puramente polémicos, o descoñecemento da existencia do cuestionario, esa ignorancia non pode defenderse, definitivamente, co achegamento do mesmo por parte da demandada ao contestar á demanda, intre no que o demandante poido poñer fin a súa pretensión e non o fixo.

Quinto:Non hai circunstancia ningunha de excepción para prescindir do criterio xeral do vencimento obxectivo, disposto para as custas procesuais desta alzada polo artigo 398, en relación co artigo 394, ambos da L. A. C..

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Que desestimamos o recurso de apelación promovido por D. Lorenzo , representado polo procurdor D./Dª Veronica Lago Domínguez, contra asentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia núm. 8 de Vigo, o día 26/9/2014., con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á parte apelante.

Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1 , 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1 , 2 , 6.3 , e 7.2 e 3 da Lei 3/1983 , do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.

MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC , debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC . Asímesmo cabe interponer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguirntes a súa notifiacción na forma establecido no artº 479 da LAC.

NOTA INFORMATIVA: Conforme á D.A. Décimo quinta da L.O.P.J ., para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no BANCO SANTANDER, Sucursal c/ Coruña, na conta deste expediente 0915000012083714, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuita, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local e organismo autónomo dependente. Se o ingreso se efectúa a medio de transferencia o núm. De conta IBAN é o seguinte: ES55 3569 9200 0500 1274 facendo constar no xustificante de ingreso e como concepto o número de conta expediente antes salientado.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.