Última revisión
17/09/2017
Sentencia CIVIL Nº 552/2018, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 230/2018 de 14 de Diciembre de 2018
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 21 min
Orden: Civil
Fecha: 14 de Diciembre de 2018
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 552/2018
Núm. Cendoj: 36057370062018100569
Núm. Ecli: ES:APPO:2018:2146
Núm. Roj: SAP PO 2146:2018
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00552/2018
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, SECCION SEXTA
N10250
C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO
-
Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387
SR
N.I.G.36057 42 1 2017 0004959
ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000230 /2018
Juzgado de procedencia:XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 4 de VIGO
Procedimiento de origen:PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0000374 /2017
Recurrente: ABANCA
Procurador: GISELA ALVAREZ VAZQUEZ
Abogado: MARIA DEL CARMEN CAMPOS BAZ
Recurrido: Amparo , Leandro
Procurador: ISABEL LILLO SERRANO
Abogado: JAVIER LOIS BASTIDA
A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistradosJAIME CARRERA IBARZABAL, JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e MAGDALENA FERNANDEZ SOTO.,pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
SENTENZA nº552
Vigo, catorce de decembro de dous mil dezaoito.
VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo ORDINARIO 374/2017, procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 4 de Vigo, nos que aparece como parteapelante D./D.ªABANCA, representada polo/a procurador/a D./D.ªGISELA ALVAREZ VAZQUEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ªMARIA DEL CARMEN CAMPOS BAZe comoparte contra da que se apela Amparo Leandro , representada polo/a procurador/a D./D.ª ISABEL LILLO SERRANO e asistida do/da letrado/a D./D.ªJAVIER LOIS BASTIDA.
É o maxistradorelatorD. MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.
Antecedentes
Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 4 de Vigo, con data do 28.02.18, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:
'ESTIMO TOTALMENTE A DEMANDA formulada por Amparo e Leandro contra de ABANCA CORPORACIÓN BANCARIA, SA, facendo, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos:
1º. Declaro a nulidade da cláusula que, incluída no contrato de préstamo hipotecario formalizado en escritura pública de 9 de xuño de 2005 entre a demandada, como prestamista, e os demandantes, como prestameiros, establecía un límite mínimo do 2,75% á variabilidade do tipo de xuro remuneratorio establecido naquela mesma cláusula, debendo terse a mesma por non posta. Debendo a entidade demandada, por tal motivo, prescindir da aplicación a devandita cláusula desde o comezo do contrato, reformulando o cadro de amortización e devolvendo aos demandantes as cantidades cobradas en exceso, co seu correspondente xuro legal.
2º. Declaro a nulidade da cláusula quinta dos contratos de préstamo hipotecario formalizados mediante escrituras públicas de 9 de xuño de 2005 e 15 de xaneiro de 2014 entre a demandada, como prestamista, e os demandantes, como prestameiros, en canto viñan facer de conta do debedor hipotecario o pagamento dos gastos de inscrición rexistral do gravame hipotecario, debendo por tal motivo aboar a entidade demandada á demandante a cantidade total de 340,53 euros, co seu correspondente xuro legal.
3º. Condeno a ABANCA CORPORACIÓN BANCARIA, SA a aboar as custas procesuais.'
Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª GISELA ALVAREZ VAZQUEZ, en representación de ABANCA , presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).
Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 13.12.18
Terceiro:Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.
Fundamentos
Primeiro.-A entidade bancaria recurrente impugna dous pronunciamentos da sentenza ditada en primeira instancia, dunha parte, a declaración de nulidade da cláusula solo, e doutra, a imposición que se lle fai das custas desa instancia. Procedemos examinar ambas pretensións coa necesaria separación.
Segundo.-O demandado asevera, en contraposición coa proclamación da sentenza que impugna, que informou adecuadamente aos demandantes sobre a existencia e consecuencias da cláusula chan, estimando, por outra banda, que a cláusula foi individualmente negociada. E en apoio da súa tese achega unha proba documental e unhas declaracións testemuñais que ao seu xuizo acreditarían os seus alegatos.
Pois ben, ante todo cómpre lembrar que a natureza positiva do feito -da información-, e os postulados de facilidade e dispoñibilidade probatorias -pois normalmente é o Banco o que dispón de máis medios humáns e materiais que o cliente para demostralo-, en unión do feito notorio, de que movémonos no eido da contratación en masa, son elementos que conlevan que sexa aquel o que carga coa proba dos dous presupostos, o informativo, e o da negociación individualizada ou non predisposta. Carga probatoria que ten acubillo non só nas regras xerais que sobre a carga da proba senta o artigo 217 da L. A. C, senón tamén, e máis especificamente, para o feito da negociación persoalizada, no artigo 82.2, último inciso, do Texto Refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/2007, de 16 de novembro, a teor do cal 'o empresario que afirme que unha determinada cláusula foi negociada individualmente asumirá a carga da proba'.
Por outra banda, a existencia dunha negociación individualizada presupón, como advirte a sentenza do Tribunal Supremo de 29 de abril de 2015 , duas cousas. A primeira, que o Banco expresara e xustificara as razóns do seu excepcional xeito de proceder, de negociar de maneira persoal, singular ou particular a cláusula con ese concreto consumidor, pois resulta sabido que nestas formas de contratación en masa sucede o contrario. E a segunda, que o Banco probe as contrapartidas que ese determinado consumidor obtivo a cambio da inserción de cláusulas que favorecen o posicionamento do profesional ou empresario.
Como expresa a sentenza do Tribunal Supremo de 29 de abril de 2015 'es un hecho notorio que en determinados sectores (bancario, seguros, suministros de energía, teléfono e internet, primera venta de vivienda, etc.) la contratación de las empresas y profesionales con los consumidores y usuarios se realiza mediante el uso de condiciones generales de la contratación predeterminadas e impuestas por la empresa o el profesional. Quien pretende obtener los productos o servicios en estos sectores deberá aceptar las condiciones generales impuestas por el oferente o renunciar a contratar con él. Tal circunstancia no solo resulta corroborada por la constatación empírica, sino que responde también a la propia lógica de la contratación en masa, que no sería posible si cada contrato hubiera de ser negociado individualmente. Por tanto, para que se acepte que las cláusulas de los contratos celebrados con los consumidores en estos sectores de la contratación no tienen el carácter de condiciones generales, o de cláusulas no negociadas, y se excluya el control de abusividad, no basta con incluir en el contrato predispuesto un epígrafe de ' condiciones particulares' o menciones estereotipadas y predispuestas que afirmen su carácter negociado (sobre la ineficacia de este tipo de menciones predispuestas por el predisponente, vacías de contenido real al resultar contradichas por los hechos, nos hemos pronunciado en las sentencias núm. 244/2013, de 18 abril , y 769/2014, de 12 de enero de 2015 ) ni con afirmar sin más en el litigio que la cláusula fue negociada individualmente. Para que se considere que la cláusula fue negociada es preciso que el profesional o empresario explique y justifique las razones excepcionales que llevaron a que la cláusula fuera negociada individualmente con ese concreto consumidor, en contra de lo que, de modo notorio, es habitual en estos sectores de la contratación y responde a la lógica de la contratación en masa, y que se pruebe cumplidamente la existencia de tal negociación y las contrapartidas que ese concreto consumidor obtuvo por la inserción de cláusulas que favorecen la posición del profesional o empresario.
Terceiro.-O demandado funda a súa versión, da negociación individualizada da cláusula solo, nos emails que achega á lite, en conxunción coas declaracións testemuñais. Máis estes instrumentos de proba son insatisfactorios no designio da proba dese feito, proba que ten que ser clara, franca, cumprida e sen atisbo de ningunha dúbida razoable.
Os dous emails que se traen ao proceso non serven para demostrar a negociaición singularizada -nin tampouco a información legalmente requerida-, se temos en conta as seguintes circunstancias: A) Que se examinamos os correos comprobamos que estamos ante comunicacións internas do Banco. E a mecánica é a mesma: Odirector da sucursal (D. Eduardo ) solicita 'prezos' para a operación litixiosa do Xefe de sucursais (D. Alexis ), quen a súa vez remítese á Delegación Territorial do Banco (D. Balbino ) para, finalmente, esta última dar conformidade á operación. B) Que as condicións da operación en ambos emails son exactamente coincidentes (capital, prazo, destino, comisións e xuros), agás que no último email se reseña 'Min.2,75%, Max. 10%', fronte ao primeiro, de 'Min. 3%, Max. 10%'. C) Que as dús precisións se recollen nos dous emails de xeito común ou indiferenciado, entremezcladas coas demáis condicións. D) Que loxicamente damos por probado que non se reenviou aos demandantes o contido dos correos, polo propio contido dos mesmos, con cálculos e referencias, entre outras, ás ventaxas da operación para a entidade bancaria, que é de supor que non se quería que foran coñecidas polos actores. E) Que no capítulo de 'comentarios', do email de principios de xuño, se expresa que 'ao informarlle do solo ao cliente, este é reticente a continuar coa operación, alegando da non información inicial desa condición'. O que leva pensar que tan só informaríase da cláusula -que non do cambio de mínimo- nos intres finais da operación, pois o último email é de 3 de xuño, mentres que o contrato celébrase o día 9 do mesmo mes e ano. F) Que estamos ante manifestacións puramente unilaterais, de parte. G) Que a disminución do mínimo foi tan só de 0,25 puntos. H) Que non temos constancia -nin se invocan pola entidade bancaria- das prestacións beneficiosas que estarían recibir os prestameiros como contrapartida á cláusula solo, comparativamente coas outras operacións de préstamo do mesmo Banco, que non contiveran tal tipo de cláusula. Ou por decilo doutro xeito, doado lle sería ao Banco demostrar a individualización do préstamo litixioso mediante unha proba indirecta ou indiciaria, como sería o achegamento á causa de formas de préstamos alternativas, que non contiveran a cláusula solo ou que, conténdoa, reseñaran uns mínimos expresivos dunha diferencia significativa co litixioso, o que faría presumible, insistimos, unha negociación ad hoc. I) Que o caracter estereotipado e contido da propia escritura notarial se compadecen mal coa tese da individualización defendida pola parte agora recurrente. En efecto, e sen un afán exhaustivo, a exixencia de ata catro tipos de seguros para o concerto da operación (multirisco fogar, impagados, xubilación, vida); o senfín de comisións a cargo dos prestameiros (apertura, subrogación, modificación de condicións financieiras, posicións debedoras, amortizacións parciais...); o facer recaer sobre estes últimos todos os gastos preparatorios, e os notariais e rexistrais -incluso os derivados da expedición da primeira copia a favor do Banco-, e ata os procesais; a facultade -en exclusiva do Banco- de resolver anticipadamente o contrato en todo suposto de incumprimento da contraparte, ainda que nos atopáramos ante incumprimentos cativos ou menores; o apartado da escritura referido 'as explicacións adecuadas', cuxo contido é todo menos unha explicación individualizada da concreta operación emprendida; as referencias aos fiadores ou á modificación da composición societaria, cando non houbo aqueles garantes e os prestameiros son persoas físicas; e por si for pouco -que non o é-, a indicación de que non existe cláuula solo (folio 192). Son previsións claramente expresivas, precisamente, dunha falta de negociación particularizada, que choca coa condición estandarizada do documento. K) Que, derradeiramente, e para pechar o círculo argumental, os emails represetan propia e exclusivamente un estudo interno do Banco sobre a viabilidade e condicións da operación.
A insuficiencia documental para acreditar a negociación persoalizada non aparece salvada en absoluto polas declaracións testemuñais dos dous empregados do Banco. Contrariamente, unha das tesetmuñas, D. Cornelio , nada útil pode aportar, pois non inetervíu na negociación de ningún dos dous préstamos, segundo a súa propia confesión. E a segunda delas, D. Eduardo (que enviou os emails), preguntado sobre ó mesmo extremo, fai un relato simplemente posibilístico e evasivo ('entendo que si', 'habería algunha negociación', 'non o podo lembrar'...).
A negociación individualizada non aparece probada.
Cuarto.-No eido do deber de información ao consumidor por parte do profesional, a doutrina xurisprudencial non tolera unha información que non sexa intelixible, diáfana, persoalizada, segundo a natureza da operación e as condicións dos clientes, directa ou sen remisións, precontractual, co tempo preciso para que o consumidor poida examinar detidamente o contido contractual, reflexionar e formar adecuado criterio, íntegra, ou sexa, comprensiva das vantexaas, e moi especialmente don inconvenientes da operación para o consumidor, nos que ten que facerse un especial fincapé, e, en fin, práctica, reseñando os diversos escenarios económicos posibles e as súas consecuencias para o cliente.
Como proclama a sentenza do Tribunal Supremo de 16 de novembro de 2017 , con cita da sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea de 30 de abril de 2014 (caso Kàsler ), 'la exigencia de transparencia de las cláusulas contractuales establecida por la Directiva 93/13 no puede reducirse sólo al carácter comprensible de éstas en un plano formal y gramatical' (ap. 71), sino que 'esa exigencia debe entenderse de manera extensiva' (ap 72). Debe haberse explicado de forma clara y comprensible el contenido de la cláusula y su alcance, en este caso que la cláusula suelo va a mediatizar el efecto del interés variable pactado y qué repercusiones concretas podría tener sobre el coste de la amortización del préstamo'.
E engádese que 'este deber de poner a disposición del consumidor la información relativa a la existencia de la cláusula suelo y su incidencia en la determinación del interés, en un contrato de préstamo hipotecario con interés variable, no puede quedar reducida a que los prestatarios puedan acceder a la minuta de la escritura en que se instrumenta el contrato, dentro de los tres días previos a su firma. No cabe cuestionar que la minuta o proyecto de escritura hubiera estado a disposición de los prestatarios tres días antes de la firma del contrato, sino si esto colma los deberes de trasparencia'.
'Como hemos explicado en otras ocasiones, estos deberes imponen algo más. En nuestra sentencia 593/2017, de 7 de noviembre , que cita la sentencia anterior 367/2017, de 8 de junio, explicamos el sentido y el alcance de esta exigencia de trasparencia cuando, como es el caso, se trata de una cláusula ( suelo) que afecta a un elemento esencial del contrato (el interés remuneratorio del préstamo):
'A las condiciones generales que versan sobre elementos esenciales del contrato se les exige un plus de información que permita que el consumidor pueda adoptar su decisión de contratar con pleno conocimiento de la carga económica y jurídica que le supondrá concertar el contrato, sin necesidad de realizar un análisis minucioso y pormenorizado del contrato. Esto excluye que pueda agravarse la carga económica que el contrato supone para el consumidor, tal y como este la había percibido, mediante la inclusión de una condición general que supere los requisitos de incorporación, pero cuya trascendencia jurídica o económica pasó inadvertida al consumidor porque se le dio un inapropiado tratamiento secundario y no se facilitó al consumidor la información clara y adecuada sobre las consecuencias jurídicas y económicas de dicha cláusula'.
Por outra banda, e como pauta xeral, a información que poida prestar o Notario autorizante do préstamo non colma a obriga de informar da entidada bancaria.
En efecto, e como advirte a sentenza de 16 de novembro de 2017 : 'Es cierto que en la sentencia 171/2017, de 9 de marzo , declaramos que 'en la contratación de préstamos hipotecarios, puede ser un elemento a valorar la labor del notario que autoriza la operación, en cuanto que puede cerciorarse de la transparencia de este tipo de cláusulas (con toda la exigencia de claridad en la información que lleva consigo) y acabar de cumplir con las exigencias de información que subyacen al deber de transparencia'. Pero, como también hemos puntualizado en las sentencias 367/2017, de 8 de junio , y 593/2017, de 7 de noviembre , lo anterior no excluye la necesidad de una información precontractual suficiente que incida en la transparencia de la cláusula inserta en el contrato que el consumidor ha decidido suscribir. En nuestro caso no consta que hubiera existido esta información que, como hemos visto, es algo más que poner a disposición de los prestatarios el borrador de la escritura pública de préstamo hipotecario'.
A xurisprudencia ven exixir un especial esforzo informativo sobre as cláusulas solo, dado, por unha banda, o contexto desfavorable para o coñecemento do consumidor, que se crea pola entidade prestamista, dunha operación de préstamo inicialmente de tipo de xuros variables, cando pronto poderá convertirse en outra de tipo de xuros fixos, e por outra, e conseguintemente, pola súa importancia capital para o patrimonio do consumidor. Non valen a este respecto posturas informativas expresivas do caracter puramente secundario da cláusula, nin minimizadoras do impacto económico para o prestameiro.
Nese senso, como advirte a sentenza do Tribunal Supremo de 23 de decembro de 2015 , con cita da de 9 de novembro de 2013 , 'debe existir una proporción entre la 'comunicación' que haya hecho el predisponente del contenido de la cláusula y 'su importancia en el desarrollo razonable del contrato'. Y constatamos, en ese y en los demás casos sometidos posteriormente a nuestra consideración, que se daba a la cláusula suelo una relevancia 'secundaria': ' (las) propias entidades les dan un tratamiento impropiamente secundario, habida cuenta de que las cláusulas 'no llegaban a afectar de manera directa a las preocupaciones inmediatas de los prestatarios', lo que incide en falta de claridad de la cláusula, al no ser percibida por el consumidor como relevante al objeto principal del contrato'. La razón de que la cláusula suelo deba ser objeto de una 'especial' comunicación al cliente es que su efecto -más o menos pronunciado según los tipos en vigor y según la 'altura' del suelo- es que 'convierte un préstamo a interés variable en un préstamo a interés mínimo fijo, que no podrá beneficiarse de todas las reducciones que sufra el tipo de referencia (el euribor)' . Es decir, la cláusula suelo puede inducir a error al cliente sobre un aspecto fundamental del contrato y llevarle a adoptar una decisión irracional, esto es, elegir una oferta cuyo tipo variable es inferior pero que, por efecto de la cláusula- suelo, en realidad lo es a un tipo superior durante la vida del contrato que otra oferta del mercado a tipo variable 'puro' con un diferencial superior, pero que se aprovecha de las bajadas en el tipo de referencia ilimitadamente'.
En definitiva, o Tribunal Supremo, nos supostos da existencia de cláusulas solo, ven exixindo un plus de información, cuxa carencia non aparece salvada polo Notario.
De conformidade coas sentenzas de 8 de setembro de 2013 e 8 de xuño de 2017 'la lectura de la escritura pública y, en su caso, el contraste de las condiciones financieras de la oferta vinculante con la del respectivo préstamo hipotecario, no suplen por sí solos el cumplimiento del deber de transparencia'.
E a sentenza de 24 de marzo de 2015 chama a atención sobre o momento en que se produce a intervención do Notario 'al final del proceso que lleva a la concertación del contrato, en el momento de la firma de la escritura de préstamo hipotecario, a menudo simultáneo a la compra de la vivienda (lo habitual en el caso de consumidores es que el préstamo hipotecario sirva para pagar el precio de la vivienda que acaba de comprarse en la escritura otorgada justo antes y ante el mismo notario), por lo que no parece que sea el momento más adecuado para que el consumidor revoque una decisión previamente adoptada con fundamento en una información inadecuada'.
Ou, en fin, e como destaca a sentenza de 24 de abril de 2018 '... en el presente caso, como resulta acreditado de la prueba documental practicada, la entidad bancaria, tanto en la fase precontractual, como en la perfección del contrato de préstamo con garantía hipotecaria, no realizó el plus de información exigible para que los consumidores pudieran adoptar su decisión de contratar con pleno conocimiento de la carga jurídica y económica que comportaba la inclusión de la cláusula suelo en dicho contrato. Déficit de información que no queda suplido por la mera lectura de la escritura por el notario, o por la claridad gramatical que puede resultar de la redacción de la cláusula suelo, que si bien sirve para la superación del control de incorporación no determina, por ella sola, en ausencia de ese plus de información, que dicha cláusula suelo supere, además, el control de transparencia'.
Quinto.-O volcado as pautas xurisprudenciais anteriores sobre o suposto axuizado debe levarmos (en coincidencia co xulgador a quo) a afirmar que o Banco demandado non superou o escollo probatorio da información, nos termos requeridos. Novamente, as probas documental e testemuñal non resultan dabondo.
Primeiramente, a información non podía provir dos emails pois xa deixamos sentado que non hai constancia -nin semella natural- que os mesmos se remitiran aos prestameiros. E todo iso, con independencia de que devantditos correos, polo escueto dos mesmos, e polas súas datas, non prestarían a información precisa e íntegra nos termos xa relatados, e dificilmante pasarían o filtro da información precontractual.
En segundo termo, a oferta vinculante adolece dunha serie de defectos que a fan inhabil na proba certa da información: A) A primeira das follas, na que figura a cláusula solo, no aparece asinada polos prestameiros. B) Leva data de 6 de xuño de 2005, ou sexa, tan só tres días antes do outorgamento da escritura pública de préstamo. C) Dentro dun contexto de redaccción totalmente uniforme ou plano, dunha diversidade de cláuulas,fala pura e escuetamente de 'int. nominal mínimo: 2,7500%). D) Dende logo, non contén ningunha referencia suplementaria reveladora de que deuse unha información que faría comprender aos prestameiros a carga xurídica e conómica da cláusula.
En terceiro lugar, a inutilidade da escritura notarial sobre o feito da información é palmaria se temos en conta: A) Que na mesma se expresa que os prestameiros renunciaron ao exame do borrador que existía na Notaría, nunha fórmula por certo estereotipada. B) Que a escritura chega indicar nunha das súas paraxes que non existe cláusula solo(¡). C) Que pola súa data non se acataría o mandato da información precontractual. D) Que non é expresiva en absoluto dunha información mínima, e menos ainda reforzada, como xurisprudencialmente se require. E) Que a paraxe rotulada 'explicacións adecuadas', da 'cláusula de peche' (folio 184), non contén en realidade máis que mencións xenéricas ('os comparenettes declaran ter recibido informeción completa e polo miúdo, así como as explicacións necesarias do persoal acerca da información dos prestameiros.....'), continuos reenvios, igualmenmte indeterminados e prohibidos, e para colmo, omite a cláusula chan.
Por último, as carencias informativas que apreciamos na proba documental non aparecen suplidas polas declaracións testemuñais. E é que, con independencia da especial cautela a reserva coa que terían que tomarse esas declaracións, dada a relación de dependencia laboral -vixente- das dúas testemuñas coa entidade bancaria, e a intervención dunha delas na operativa: A) A testemuña, D. Cornelio , non participou ningunha das operacións, reiterámolo. B) O relato da outra testemuña, D. Eduardo , é dubitativo, con evasivas e cheo de lagoas de memoria. C) En ningún intre do seu discurso fala de que explicou debidamente aos prestameiros o alcance real da cláusula, advirtindo e resaltando, non precisamente que estábamos ante unha cláusula secundaria ou menor, senón de posibles e graves inconvenientes para a economía deles, segundo escenarios económicos diversos, con cálculos, exemplos ou simulacións que fixeran ver aos actores a carga xurídica e económica que representaba, inexcusablemente, a aplicación da cláusula, que ía convertir uns xuros variables en xuros fivxos e, por conseguinte, deixarse de beneficiar os prestameiros dun escenario de xuros baixos.
Por todo o dito, o motivo do recurso non se pode estimar.
Sexto.-Non mellor sorte adversa faise merecente correr o outro motivo da apelación, referidos ás custas da primeira instancia. E é que, contrariamente ao aseverado pola aprte recurrente, ningunha dúbida de feito se nos presenta sobre a falta de negociación singularizada e as carencias informativas, patentes.
Septimo.-Non apreciamos que concurra algunha circunstancia de excepción para prescindir do criterio xeral do vencimento obxectivo, que para as custas procesuais desta alzada sanciona o artigo 398 da L. A. C..
Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,
Fallo
Que rexeitamos o recurso de apelación formulado por ABANCA contra a sentenza ditada polo Xulgado de 1ª Instancia nº 4 de Vigo o día 28 de febrero de 2018, con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á parte apelante.
Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1 , 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1 , 2 , 6.3 , e 7.2 e 3 da Lei 3/1983 , do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.
MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC , debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC . Asímesmo cabe interpoñer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguintes a súa notificación na forma establecido no artº 479 da LAC.
Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.
