Última revisión
01/02/2016
Sentencia Civil Nº 564/2015, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 827/2014 de 23 de Noviembre de 2015
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 12 min
Orden: Civil
Fecha: 23 de Noviembre de 2015
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 564/2015
Núm. Cendoj: 36057370062015100560
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00564/2015
CIVIL
Rolo: 827/2014
Procedemento de orixe: Ordinario 138/2012
Órgano de procedencia:Instancia núm. 2 de Redondela
A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistrados D. JAIME CARRERA IBARZABAL, PRESIDENTE, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e D. JULIO PICATOSTE BOBILLO,pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
SENTENZA NUM.564/2015
En Vigo, a vinte e tres de novembro de dous mil quince.
VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 138/2012 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 2 de Redondela ós que correspondeu o rolo 827/2014, nos que aparece como parte apelante e demandados D./D.ª Federico e D. Mario , representada polo/a procurador/a D./D.ª Elena Salgado Tejido e asistida do/da letrado/a D./D.ª Tomás del Rio del Rio , e comoparte apelado- impugnante D. Jose Pedro , representada polo/a procurador/a D./D.ª Elena Salgado Tejido e asistida do/da letrado/a D./D.ªAlfonso Grande Perez e como apelado e demandante CIRCULO CULTURAL Y RECREATIVO DE CHAPELA,representado polo procurador D. José Ramón Curbera Fernández e asistido do letrado D. Alberto varela Grandal.
É o maxistrado relatorD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.
Antecedentes
Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 1 de Redondela, con data do 31/7/2014, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:
'ESTIMO PARCIALMENTE la demanda interpuesta por el Procurador Sr. Curbera Fernández, en nombre y representación del Círculo Cultural y _Recreativo de Chapela, y condeno a D. Federico , D. Jose Pedro y D. Mario a entregar al Círculo Cultural y Recreativo de Chapela, las facturas, recibos y otros documentos de ídentica naturaleza, justificativos y acreditares de la realidad de los gastos de la Asociación entre los años 27 y 211, en los términos indicados en el fundamento de derecho tercero de esta resolución.
No procede la condena en costa de ninguna de las partes, por lo que deberá abonar cada uno las causadas a su instancia y las comunes por mitad.'
Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª Elena Salgado Tejido, en representación de D./D.ª Federico Y D. Mario , presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).
Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 19/11/2015.
Fundamentos
Primeiro:O discurso argumental dos tres demandados recurrentes - dous directamente apelantes e o outro adherente- xira sobre dos eixos fundamentais. Un primeiro, de orde formal, ao imputar á sentenza ditada en primeira instancia un vicio de incongruencia extrapetita, ou por dar cousa distinta do pedido. E o segundo, afectante ao eido probatorio, pois na tese dos apelantes se tería producido a entrega da documentación requerida -e á postre ordenada naquela resolución- no intre do traspaso de poderes da Xunta Directiva anterior á nova Xunta, celebrado o día 13 de febreiro de 2012. Cuestións que cómpre analizar e decidir separadamente.
Segundo:O vicio de incongruencia achacado á sentenza de primeira instancia carece de toda consistencia, resultando dabondo para chegar a esta conclusión cunha exposición do pedido no suplico da demanda reitora deste preito e da pronuncia daquela resolución. En efecto, no suplico da demanda se solicita, no que agora ten interese, e citamos literalmente para evitar equívocos que 'se condene aos demandados a entregar os libros de contabilidade e documentos económicos a que se refiren os artigos 36, 37 e 61 dos Estatutos (libro de caixa, comprobantes, balances trimestrais e xeral, memoria, etc.'. E a sentenza condena aos demandados a entregar á sociedade demandante 'as facturas, recibos e outros documentos de idéntica natureza, xustificativos e acreditativos dos gastos da Asociación...'. Pois ben, se realizamos agora a correspondente comparativa resulta palmario a coincidencia entre o interesado e o dado sempre, claro é, partindo do postulado xurisprudencial, flexible, non rigorista e aberto, verbo do instituto da congruencia das sentenzas.
A sentenza do Tribunal Supremo de data 5 de maio de 2004 proclama que 'además de las sentencias de esta Sala de 11 de abril de 2000 , 13 de mayo de 2002 , 8 de noviembre de 2002 entre otras muchas , dice literalmente la del Tribunal Constitucional 182/2000 , de 10 de julio: «La incongruencia por exceso o 'extra petitum' es un vicio procesal que se produce cuando el órgano judicial concede algo no pedido o se pronuncia sobre una pretensión que no fue oportunamente deducida por los litigantes, e implica un desajuste o inadecuación entre el fallo o la parte dispositiva de la resolución judicial y los términos en que las partes formularon sus pretensiones en el proceso. En tal aspecto constituye siempre una infracción del principio dispositivo y de aportación de las partes que impide al juzgador, en el proceso civil, donde ahora nos movemos, pronunciarse sobre aquellas peticiones que no fueron esgrimidas por las partes, a quienes se atribuye legalmente la calidad de verdaderos 'domini litis' y conformar el objeto del debate o 'thema decidendi' y el alcance del pronunciamiento judicial».
Pola súa banda, a sentenza de 1 de octubro de 2012, verbo do alcance da incongruencia advirte que 'la congruencia no exige una correspondencia exacta con las peticiones de las demandas, proyectadas en sus suplicos, sino que la sentencia, adecuadamente cohonestada con la exposición fáctica y la fundamentación jurídica, ponga de relieve que se resuelve sobre lo que en definitiva se reclama( sentencias 834/2009, de 22 de diciembre , y 533/2011, de 8 de julio ), de tal forma que la incongruencia, en la modalidad extra petita, solo se produce cuando la sentencia resuelve sobre pretensiones o excepciones no formuladas por las partes de forma explícita o implícita, fuera de lo que permite el principio iura novit curia '.
E no mesmos senso, a sentenza de 16 de xaneiro de 2013 reseña que 'a congruencia no se mide en relación con los razonamientos o la argumentación, sino poniendo en relación lo pretendido en la demanda con la parte dispositiva de la sentencia ( SSTS de 30 marzo 1988 y 20 diciembre 1989 ). En parecidos términos, cabe señalar que esta labor de contraste o comparación no requiere que se realice de un modo estricto, esto es, que se constate una exactitud literal o rígida en la relación establecida, sino que se faculta para que se realice con cierto grado de flexibilidad bastando que se de la racionalidad y la lógica jurídica necesarias, así como una adecuación sustancial y no absoluta ante lo pedido y lo concedido; de tal modo que se decide sobre el mismo objeto, concediéndolo o denegándolo en todo o en parte. ( STS del 4 octubre 1993 )'.
Pois ben, se volcamos esas pautas xurisprudenciais sobre o caso axuizado resulta a correspondencia entre a petición de condena de facer e a condena xudicial nese senso: A) A demandante interesa a entrega, entre outros 'documentos económicos', 'dos comprobantes'. B) Por comprobantes temos que entender aqueles documentos que serven para verificar unha cousa, dacordo co Diccionario da Real Academia da Lingua Española, neste caso, a economía ou as contas da sociedade actora. C) Por se algunha dúbida restase -que non queda- a remisión que o suplico da demanda fai aos artigos 36, 37 e 61 dos Estatutos sociais queda despexada. En efecto, e como obrigas do Tesoureiro e do Contador da sociedade segundo as normas estatutarias se establece a formulación de contas 'en unión dos documentos e comprobantes correspondentes', así como a 'sinatura de todos os documentos económicos' co visto e pracet do Presidente. D) A petición -e esixencia- da demandante atopa a súa razón de ser e obvia lóxica no contexto dun cambio de Xunta Directiva, co corolario naturalmente fiscalizador da segunda con respecto da primeira. E) En último termo, a pretensión da demandante foi perfectamente entendida polos demandados, tal como colíxese dos seus respectivos escritos de contestación á demanda, onde fan precisamente alusión, e a título de simple exemplo, á entrega de facturas e documentos, grapados cos xustificantes bancarios, ou a que as facturas foron entregadas dentro dunha carpeta.
O motivo do recurso non se acepta.
Terceiro: Atopándonos ante un feito positivo, e ademáis por mor dos postulados de dispoñibilidade e facilidade probatorias, a demostración da entrega da documentación incumbe aos demandados, ex artigo 217 da Lei Procesual . Pois ben, os demandados non deron debido cumprimento a esa carga probatoria. E todo iso partindo dun feito certo, e admitido igualmente polos litigantes: A levanza, por outra banda lóxica e ata obrigada, por parte da Xunta Directiva sainte das facturas e demáis documentos xustificativos dos gastos da sociedade.
En efecto, no documento de traspaso de poderes, de 13 de febreiro de 2012, ningunha alusión, directa nin indirecta, se fai á entrega das facturas e outros documentos que servirían de soporte ou xustificación aos correspondentes gastos sociais, contrariamente á mención específica doutra documentación (inventario da sociedade, listado de socios, talonarios de cheques, facturas pendentes, saldos das contas bancarias, subvencións pendentes de cobrar, programas informáticos...). E a omisión non pode xustificarse, como pretenden os demandados recurrentes, mediante a invocación de que estábamos ante unha lista aberta e non exhaustiva, pois se ben resulta concebible o esquecimento de documentación menor ou de escasa relevancia social, non ten sentido que a carencia afecte, precisamente, a algo tan esencial, no transo dun traspaso de poderes, como é a entrega de toda a documentación acreditativa dos pagamentos da sociedade, para así servir, por unha banda, de amparo á correcta xestión dos membros da Xunta Directiva sainte, e por outra, de soporte á Xunta Directiva entrante, para realizar os oportunos e consabidos labores de comprobación e fiscalización. E a necesidade de entrega dos xustificantes de gastos e da mención explícita desa entrega resulta máis patente se cabe, nun caso como o litixioso, onde xa na Asemblea Xeral Ordinaria de 29 de xaneiro de 2012, pola que procedeuse á renovación da Xunta Directiva, algún dos socios se interesaban polos xustificantes dalgún dos gastos (gastos de pantalán e de pagamento á Autoridade Portuaria). O documento analizado -que carece da intervención do Contador, a pesar dos seus deberes de controlar as entradas e saídas de fondos, conforme ao artigo 37 dos Estatutos da sociedade- amósase como absolutamente insatisfactorio para probar a afirmación dos demandados, da dación dos documentos xustificativos dos gastos sociais, que se atopaban dunha carpeta -ou varias- segundo recoñecen os contendentes, a diferenza, por certo, da mención explícita da entrega doutras carpetas (dos barcos e as prazas correspondentes, ao folio 43 dos autos). Derradeiramente, e como expresión indiciaria da carencia apuntada -e doutras-, o propio documento, asinado polas dúas Xuntas Directivas, recolle, in fine, a explícita previsión de non asunción de responsabilidade por parte da Xunta entrante, ante a posible falta de documentación 'que non estiver relacionada neste inventario'.
Pois ben, como o baleiro probatorio observado non se colma por outros instrumentos de proba, por exemplo unha testemuñal (a testemuña, D. Hugo , Tesoureiro da sociedade entre os anos 2004 e 2006, que declarou nesta lite, nada achega de utilidade), o recurso ten que ser rexeitado.
Cuarto:Non hai circunstancia ningunha de excepción para prescindir do criterio xeral do vencimento obxectivo, disposto para as custas procesuais desta alzada polo artigo 398, en relación co artigo 394, ambos da L. A. C..
Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,
Fallo
Que desestimamos o recurso de apelación formulado por D. Federico e D. Mario , representados polo procurador Dña Elena Salgado Tejido, así como a adhesión ao mesmo do demandado D. Jose Pedro , contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia núm. 2 de Redondela o día 31/7/2014, con expresa imposición das custas procesuais desta alzada ós demandados, derivadas dos seus respectivos recursos.
Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1 , 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1 , 2 , 6.3 , e 7.2 e 3 da Lei 3/1983 , do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.
MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC , debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC . Asimesmo cabe interpoñer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes a súa notificación na forma establecido no artº 479 da LAC.
