Sentencia CIVIL Nº 565/20...re de 2019

Última revisión
17/09/2017

Sentencia CIVIL Nº 565/2019, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 353/2019 de 28 de Noviembre de 2019

Relacionados:

Tiempo de lectura: 19 min

Orden: Civil

Fecha: 28 de Noviembre de 2019

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 565/2019

Núm. Cendoj: 36057370062019100576

Núm. Ecli: ES:APPO:2019:2736

Núm. Roj: SAP PO 2736:2019

Resumen:
INEXISTENCIA Y NULIDAD DE CONTRATOS

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00565/2019

N10250

C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO

Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387

BN

N.I.G.36057 42 1 2017 0003710

ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000353 /2019

Juzgado de procedencia:XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 6 de VIGO

Procedimiento de origen:PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0000260 /2017

Recurrente: Eleuterio

Procurador: MARIA DOLORES COBAS GONZALEZ

Abogado: J. A. SANCHEZ GOÑI

Recurrido: NOVO BANCO

Procurador: JAVIER SEGURA ZARIQUIEY

Abogado: JORGE MONCLUS SANCHO

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistrados D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, Presidente, Dª MAGDALENA FERNÁNDEZ SOTO e D. EUGENIO FRANCISCO MÍGUEZ TABARÉS,pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

S E N T E N Z A Nº 565/19

Vigo, vinte e oito de novembro de dous mil dezanove.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 560/17 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 6 de Vigo ós que correspondeu o rolo 353/19, nos que aparece como parte apelante e demandante D./D.ª Eleuterio, representada polo/a procurador/a D./D.ª DOLORES COBAS GONZÁLEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª J.A. SÁNCHEZ GOÑI,e como parte contra da que se apela e demandada NOVO BANCO S.A., representada polo/a procurador/a D./D.ª JAVIER SEGURA ZARIQUIEY e asistida do/da letrado/a D./D.ª JORGE MONCLUS SANCHO.

É o maxistrado relatorD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 6 de Vigo, con data do 21 de febreiro de 2019, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

'DESESTIMO íntegramente la demanda interpuesta por D. Mateo contra NOVO BANCO S.A. SUCURSAL EN ESPAÑA, y absuelvo a la demandada de los pedimentos de contrario, imponiendo las costas a la parte actora.'

Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª DOLORES COBAS GONZÁLEZ, en representación de D./D.ª Mateo (declarado en concurso de acredores, sendo nomeado administrador concursal don Eleuterio), presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 17 de outubro de 2019.


Fundamentos

Primeiro: O día 24 de marzo de 2017 o demandante, D. Mateo, formula demanda de xuizo ordinario contra Novo Banco, S. A., interesando: A) De xeito principal, a declaración de nulidade de pleno dereito- por falta de consentimento, causa e obxecto, engádese nos feitos da demanda- dos contratos de adquisición do 'Seguro de Vida Bes Link Inversión Estructurada XI', do seu produto financieiro vencellado nomeado '3 Auto-callable Certificate DJ Eurostoxx 50 Index', e do posterior produto estruturado substituto do anterior chamado 'Euro Medium Team Note EUR DJ Euro Stoxx 50 Notes DUE 23 February 2.010', celebrados entre actor e demandado os días 15 de febreiro de 2007 e 29 de xaneiro de 2009. B) Subsidiariamente, unha indemnización por danos e perdas por responsabilidade contractual.

O banco demandado contesta á demanda, e oponse á mesma alegando: A) Falta de lexitimación pasiva ad causam, por entender que nunca foi titular da relación xurídica de lite (senón o Banco Espirito Santo). B) Estimando que estase realmente promover unha acción, non de nulidade absoluta, senón de mera anulabilidade por erro no consentimento derivado da falta de información alegada polo demandante, esta última acción estaría caducada polo transcurso do prazo de catro anos sancionado polo artigo 1301 do código civil. C) Que a acción de nulidade relativa estaría extinguida pola súa confirmación, ex artigos 1309 a 1313 do código civil. D) Que en conxunción coa anterior invocación, a desestimación da demanda procedería igualmente por aplicación da doutrina dos actos propios e do instituto do exercicio serodio do dereito. E) En último termo, que como tería cumprido coa súa obriga de informar ao cliente sobre a natureza e alcance da operación emprendida, non procedería, nin a pretensión de nulidade, nin a indemnizatoria por incumprimento contractual.

A sentenza ditada en primeira instancia rexeita a demanda ao apreciar a excepción de falta de lexitimación pasiva.

Recurre a sentenza de instancia o actor. E dado que devandita sentenza estima esa excepción, o principal esforzo argumental do apelante vai dirixido loxicamente a demostrar a lexitimación, alegando, por unha banda, a inaplicabilidade e, en todo caso, a interpretación restrictiva que debe realizarse dos acordos do Banco de Portugal aos que deseguido faremos mención, e por outra, a doutrina dos actos propios. Máis non por iso deixa o apelante de entrar na cerna propiamemte dita do asunto, reproducindo as dúas formulacións iniciais, de nulidade e indemnizatoria por incumprimento do contrato. De xeito subsidiario solicita que non se faga unha especial pronuncia sobre as custas procesuais.

Por puras razóns metodolóxicas resolvemos en primeiro termo sobre a falta de lexitimación pasiva.

Segundo: O problema da lexitimación pasiva do Novo Banco, S. A. dista moi moito de recibir unha resposta unitaria por parte das Audiencias Provinciais. A título de puro exemplo, e a favor da lexitimacion citamos as sentenzas da AP de Santander, Sección 4ª, de 12 de decembro de 2018, AP de Oviedo, Sección 1ª, de 22 de novembro de 2018, AP de Madrid, Sección 8ª, de 15 de novembro de 2018, AP de Huelva, Sección 2ª, de 14 de novembro de 2018, AP de Valladolid, Sección 3ª, de 24 de outubro de 2018, AP de Oviedo, Sección 4ª, de 19 de xullo de 2018, AP de Badajoz, Sección 2ª, de 25 de maio de 2018 ou AP de Oviedo, Sección 7ª, de 18 de xaneiro de 2018. E como nosas, tamén a favor da lexitimación, as sentenzas de 29 de setembro e 13 de decembro de 2016. Sostemos, pola contra, a falta de lexitimación nas sentenzas de 20 de decembro de 2018 e 8 de abril e 6 de maio de 2019. Máis a contradición entre as nosas resolucións é máis aparente que real, ou se prefírese, non hai tal contradición, como logo veremos.

A diverxencia que se observa entre as distintas Audiencias Provinciais non pode verse superada pola xurisprudencia, na función unificadora encomendada ao Tribunal Supremo, pois polo de agora non hai propiamente esa doutrina xurisprudencial.

En efecto, e por unha banda, a sentenza do Tribunal Supremo de 29 de novembro de 2018, que proclama a lexitimación pasiva de Novo Banco, non resulta realmente de aplicación, pois parte dun contexto normativo diverso. Nesa resolución tómase como norma de referencia a decisión do Banco de Portugal de 11 de agosto de 2014, para afirmar seguidamente que o suposto crediticio de lite non está excluido da transmisión negocial operada dende o Banco Espírito Santo ao Novo Banco, S. A., ou o que o mesmo, a exclusión non tería acubillo nos casos de 'fraude ou violación de disposicións ou decisións reguladoras, penais ou administrativas, fronte a unha responsabilidade do banco que derivaría dun incumprimento contractual'.

Tampouco resúltanos definitivamente útil a decisión do Tribunal Supremo, con forma de auto, de 6 de xuño de 2019, rexeitadora da lexitimación pasiva de Novo Banco, dado que enfoca esa carencia dende outra prespectiva, a da falta de interese casacional, engadindo como argumento de mera abundacia -entendémolo así-, que a falta de lexitimacioón estaría fundada na decisión do Banco de Portugal de 29 de decembro de 2015. O interese casacional non estaba xustificado, pois as sentenzas das Audiencias Provinciais invocadas pola parte recurrente referíanse á lexitimación pasiva nos casos de transmisión do negocio bancario por contrato, e non por lei: '... distinguir distintos elementos patrimoniales, transmitir los más saneados al banco puente y mantener en el banco insolvente los menos saneados, no es sino una de las posibles medidas de resolución bancaria que permite la legislación portuguesa que traspone la Directiva 2001/24/CE del Parlamento Europeo y del Consejo, de 4 de abril de 2001, relativa al saneamiento y a la liquidación de las entidades de crédito, modificada por la Directiva 2014/59/UE del Parlamento Europeo y del Consejo, de 15 de mayo de 2014'.

Terceiro: Como xa adiantamos, non existe realmente contradición entre as distintas sentenzas deste tribunal de apelación, ás que anteriormente fixemos alusión. E é que nas sentenzas de de 29 de setembro e 13 de decembro de 2016 proclamábamos a lexitimación pasiva de Novo Banco, porque entendíamos que o marco normativo de saneamento aplicable, sancionado polo Banco de Portugal, era o anterior a súa decisión última, de 29 de decembro de 2015, mentres que nas outras resolucións, máis recentes, de 20 de decembro de 2018 e 8 de abril e 6 de maio de 2019, se aplica esa última decisión.

Por ser a máis próxima, citamos algunhas paraxes da sentenza de 6 de maio de 2019, denegatoria da lexitimación:

'1º). Entrando en el análisis de la falta de legitimación pasiva apreciada en la sentencia de instancia, pronunciamiento contra el que se alza la parte actora, hay que examinar si se ha producido una sucesión universal de la entidad Novo Banco S.A. Sucursal en España en las relaciones de Banco Espirito Santo S.A. o si únicamente se han transferido ciertos activos y pasivos, y en este último caso si se encuentran incluidos los que sirven de base a la reclamación planteada en este proceso'.

'Esta cuestión ha sido analizada en la reciente sentencia de esta sala de 8 de abril de 2019.'

'Así hay que señalar que la Directiva 2001/24/CE establece el sistema de reconocimiento mutuo automático de las decisiones administrativas o judiciales tomadas por un estado miembro respecto a sus entidades de crédito, de tal modo que las resoluciones en orden a la liquidación ordenada de las mismas sean inmediatamente ejecutivas en los restantes países en los que dicha entidad viene operando. La citada Directiva 2001/24/CE del Parlamento Europeo y del Consejo de 4 de abril de 2001 relativa al saneamiento y a la liquidación de las entidades de crédito dispone en su artículo 9.1 que 'Las autoridades administrativas o judiciales del Estado miembro de origen responsables de la liquidación serán las únicas competentes para decidir sobre la incoación de un procedimiento de liquidación relativo a una entidad de crédito, incluidas las sucursales establecidas en otros Estados miembros. La decisión de incoar un procedimiento de liquidación por parte de la autoridad administrativa o judicial del Estado miembro de origen se reconocerá sin más formalidades en el territorio de todos los demás Estados miembros y surtirá efectos en ellos al mismo tiempo que en el Estado miembro de incoación del procedimiento'. En similares términos se pronuncia el artículo 19.1 de la Ley 6/2005, de 22 de abril , sobre saneamiento y liquidación de las entidades de crédito, que incorpora a nuestro ordenamiento jurídico las disposiciones de la directiva'.

'2º). En Reunión del Consejo de Administración del ' Banco de Portugal' celebrada el 29 de diciembre de 2015, se acordó en el Anexo 2C: 'A) Aclarar que, de acuerdo con lo dispuesto en el apartado (b) del núm. 1 del Anexo 2 del acuerdo de 3 de agosto, no fue transferido del Banco Espirito Santo S. A. al Novo Banco S. A. ningún pasivo o elemento extrapatrimonial del Banco Espirito Santo S. A. que, a las 20 horas del día 3 de agosto de 2014, fuere contingente o desconocido (incluyendo responsabilidades litigiosas relativas a contenciosos pendientes y responsabilidades o contingencias resultantes de fraude o vulneración de disposiciones o determinaciones regulatorias penales o administrativas), con independencia de su naturaleza (fiscal, laboral, civil u otra) y de que se encontrasen o no registrados en la contabilidad del Banco Espirito Santo S. A.'

'B) En particular, desde ahora se aclara que no han sido transferidos del Banco Espirito Santo S. A. al Novo Banco S. A., los siguientes pasivos del Banco Espirito Santo S. A.:

iii) Todas las indemnizaciones relacionadas con el incumplimiento de contratos (compraventa de activos inmobiliarios y otros) firmados y celebrados antes de las 20 horas del día 3 de agosto de 2014.

vi) Todas las indemnizaciones y créditos resultantes de la anulación de operaciones realizadas por el Banco Espirito Santo S. A. como prestador de servicios financieros y de inversión.

(vii) Cualquier responsabilidad que sea objeto de cualquiera de los procedimientos descritos en el Anexo l'.

En el Anexo 1.b) del citado acuerdo se señala que 'Las responsabilidades del BES frente a terceros que constituyan pasivos o elementos extrapatrimoniales de este son transmitidos en su totalidad al Novo Banco, S.A., con excepción de los siguientes ('Pasivos Excluidos'): (vii) Cualesquiera obligaciones, garantías, responsabilidades o contingencias asumidas en la comercialización, intermediación financiera, proceso de contratación y distribución de instrumentos financieros emitidos por cualesquiera entidades , sin perjuicio de eventuales créditos no subordinados, cuya posición deudora no resulte excluida por alguna de los subapartados anteriores, especialmente los subapartados (iii) y (v), que ...resultasen de estipulaciones contractuales (negocios jurídicos bilaterales) anteriores al 30 de junio de 2014, que hayan cumplido las normas aplicables a la expresión de la voluntad y vinculación contractual del BES y cuya existencia se pueda acreditar documentalmente en los archivos del BES, en términos que permitan el control y fiscalización de las decisiones adoptadas'.

3º) Por último, decíamos nesa resolución que 'debemos así concluir que la acción ejercitada en este proceso debe encuadrarse en el supuesto previsto en el Anexo 1.b apartado (vii) en relación con el Anexo 2C de la Reunión del Consejo de Administración del Banco de Portugal celebrada el 29 de diciembre de 2015, lo que lleva a ratificar la declaración de falta de legitimación pasiva de la sociedad demandada Novo Banco S.A. Sucursal en España, y, sin entrar en el fondo de la misma, a desestimar la demanda presentada...'.

Pois ben, o criterio que deixamos sentado nesta última sentenza, ao igual que nas de 20 de decembro de 2018 e 8 de abril de 2019, resulta plenamente aplicable so suposto de lite, de adquisición dun produto financieiro, nun contexto contractual no que o que se denuncia polo actor, como fundamento das súas accións de pedir (nulidade absoluta e indemnización de danos e prexuizos), é o incumprimento por parte do Banco Espirito Santo das súas esenciais obrigas de informarlle e asesorarlle, inherentes aos procesos de contratación, intermediación e comercialización de ditos produtos, incumprimento, en fin, que o Banco de Portugal decidiu que non eran repercutibles no banco Novo Banco, S. A., mediante unha decisión soberana e excluinte, que competencialmente vai máis alá do territorio luso, para extenderse a todos os Estados da Unión Europea. E calquera que sexa a valoración extraxurídica que poidan merecer as decisións do Banco de Portugal, a realidade xurídica é que eses actos administrativos non son expresivos dunha sucesión universal ou dunha transmisión da totalidade do negocio dende o Banco Espírito Santo a Novo Banco, S. A., senón tan só dunha parte del, a parte máis saneada, e na que estaba expresamente descartado o caso de lite.

Cuarto: Alega a parte recurrente a doutrina dos actos propios. Na súa tese, a contestación do demandado á solicitude de dilixencias preliminares instada por ela, e que deron lugar ao procedimento nº 253, seguido no Xulgado de Primeira Instancia nº 11 de Vigo, implicaría que o Banco estaba aceptar a súa lexitimación no actual proceso. Pois ben, a formulación non pode estimarse pois faltaría o presuposto da inequivocidade que exixe este instituto.

A doutrina dos actos, que obedece a razóns de confianza, coherencia, boa fe e, en fin, seguridade xurídica, implica que adoptado un determinado comportamento, non poida logo retractarse del en clara e irreconciliable contradicción co primeiro, e en prexuizo do terceiro que con el negocia. Como din as sentenzas do Tribunal Supremo de 28 de xaneiro e 9 de maio de 2000 'el principio general de derecho que veda ir contra los propios actos ('nemo potest contra proprium actum venire'), como límite al ejercicio de un derecho subjetivo o de una facultad, cuyo apoyo legal se encuentra en el art. 7. 1 del Código Civil que acoge la exigencia de la buena fe en el comportamiento jurídico, y con base en el que se impone un deber de coherencia en el tráfico sin que sea dable defraudar la confianza que fundadamente se crea en los demás, precisa para su aplicación la observancia de un comportamiento (hechos, actos) con plena conciencia de crear, definir, fijar, modificar, extinguir o esclarecer una determinada situación jurídica, para lo cual es insoslayable el carácter concluyente e indubitado, con plena significación inequívoca, del mismo, de tal modo que entre la conducta anterior y la pretensión actual exista una incompatibilidad o contradicción, en el sentido que, de buena fe, hubiera de atribuirse a la conducta anterior; y esta doctrina (recogida en numerosas sentencias de la Sala, como las de 27 enero y 24 junio 1996 ; 16 febrero , 19 mayo y 23 julio 1998 ; 30 enero , 3 febrero , 30 marzo y 9 julio 1999 )'.

Ou en expresións da senternza de 24 de maio de 2001 '... hay que consignar que es principio general de Derecho, que afirma la inadmisibilidad de venir contra los actos propios, principio que tenía ya constancia en el añejo texto de Las Partidas, y que supone un límite del derecho subjetivo o de una facultad, como consecuencia de la buena fe y de la exigencia de la observancia de una coherencia en el ámbito del tráfico jurídico y siempre que concurran los presupuestos o requisitos exigidos por la doctrina para su aplicación y que son los siguientes: a) En primer lugar, que los actos propios sean inequívocos, en el sentido de crear, definir, fijar, modificar, extinguir o esclarecer sin duda alguna una determinada situación jurídicamente afectante a su autor y b) que exista una incompatibilidad o contradicción según el sentido que de buena fe hubiera de atribuirse a la conducta precedente ( sentencias, por citar entre las más recientes, de 18 de enero de 1990 , 5 de marzo de 1991 , 4 de junio y 30 de diciembre de 1992 , 12 y 13 de abril y 20 de mayo de 1993 , 17 de diciembre de 1994 , 31 de enero , 30 de mayo y 30 de octubre de 1995 , 21 de noviembre de 1996 , 4 de enero , 13 de julio , 1 de octubre y 16 de noviembre de 1999 , 23 de mayo , 25 de julio y 25 de octubre de 2000 , 27 de febrero y 16 de abril de 200)'.

Pois ben, non podemos falar de actos propios claros, unívocos e de condición categórica polo só feito de que a parte demandada contestara ás dilixencias preliminares interesadas polo seu cliente dado que: A) O que estaba solicitarse con esta medida de cautela era unha pura exhibición documental, que non pode presupor por sí soa a expresión dun recoñecemento de titularidade. B) A hipótese é ainda moito máis remota se, como aquí sucedeu, se interesaba a totalidade da documentación comprensiva non só da contratación do produto litixioso, senón tamén das restantes relacións contractuais, certamente numerosas, tal como as describe o solicitante. C) A ausencia de lexitimación estaba decidida pola Autoridade administrativa competente, ex ante e á marxe de toda toma de postura, coetánea ou postreira, de Novo Banco, S. A., quen non podía actuar ao seu libre arbitrio, senón con estricta e obrigada suxección ás decisións do Banco de Portugal. D) En último termo, non se achega ningunha outra proba, directa ou por indicios, que poideran completar e refrendar o posicionamento da parte apelante.

Polo dito, procede desestimar o recurso do actor, e confirmar a pronuncia de instancia, da carencia de lexitimación do demandado para soportar as accións contra del promovidas.

Quinto: As distintas orientacións seguidas polas Audiencias Provinciais, non clarexadas ainda pola doutrina xurisprudencial, en unión do certo confusionismo derivado, dunha parte, dos bandazos do Banco de Portugal, que van máis aló das meras aclaracións, con que eufemísticamente se rotulan as decisións do mesmo, cun claro contido ou finalidade ampliatoria dos casos de falta de transmisión de pasivos ao Novo Banco S. A., e doutra, do parello confusionismo creado igualmente por este último, con comportamentos (por exemplo, a contestación ás dilixencias preliminares do cliente), que podían facer pensar na asunción de responsabilidade propia, son circunstancias que deben conducirmos a non facer unha especial pronuncia sobre as custas procesuais de ningunha das dúas instancias, e ao estimarse, en fin, neste extremo o motivo do recurso (artigos 394 e 398 da L. A. C.).

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Que desestimamos o recurso de apelación formulado por D. Eleuterio (administrador concursal de Mateo) representado pola Procuradora Sra. Cobas González contra a sentenza ditada polo Xulgado de 1ª Instancia nº 6 de Vigo o día 21 de febrero de 2019, rexeitamos a demanda reitora deste preito. Non facemos unha especial pronuncia sobre as custas procesuais de ningunha das dúas instancias.

Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC, debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC. Asímesmo cabe interpoñer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguintes a súa notificación na forma establecido no artº 479 da LAC.

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.