Última revisión
05/07/2012
Sentencia Civil Nº 572/2012, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 3170/2011 de 05 de Julio de 2012
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 6 min
Orden: Civil
Fecha: 05 de Julio de 2012
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 572/2012
Núm. Cendoj: 36057370062012100593
Núm. Ecli: ES:APPO:2012:1975
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00572/2012
AUDIENCIA PROVINCIAL
SECCIÓN SEXTA
SEDE EN VIGO
CIVIL
Rolo: 3170/2011
Procedemento de orixe: 0rdinario 256/2010
Órgano de procedencia: Instancia núm. 3 de Vigo
A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D. Jaime Carrera Ibarzabal, Presidente, D. Juan Manuel Alfaya Ocampo e D. Francisco Eugenio Míguez Tabarés, pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
SENTENZA Nº 572/12
Vigo a cinco de xullo de dous mil doce
VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 256/2010 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 3 de Vigo ós que correspondeu o rolo 3170/2011, nos que aparece como parte apelante e demandada D./D.ª Florencia , representada polo/a procurador/a D./D.ª Maria José Toro RodrÍguez e asistida do/da letrado/a D./D.ª...Susana Retorta, e como parte contra da que se apela e demandante BANCO SANTANDER,S.A., representada polo/a procurador/a D./D.ª Gemma Alonso Fernández e asistida do/da letrado/a D./D.ª Alberto Viejo Puga .
É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.
Antecedentes
Primeiro: O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 3 de Vigo, con data do 18/1/2011, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:
" Que debo estimar integramente la demanda formulada por la Procuradora de los Tribunales Sra. Alonso Fernández en nombre y representación del Banco Santander,S.A. frente a Doña Florencia , y debo condenar y condeno a dicha demanda a abonar al actor la cantidad de 14.050,31 ? más los interese de mora pactados, y a las costas de esta juicio."
Segundo: Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª María José Toro Rodríguez, en representación de D./D.ª Florencia , presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).
Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 4/7/2011.
Terceiro: Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.
Fundamentos
Primeiro : As distintas invocacións defensivas da primeira instancia as reduce a demandada en esta alzada a dúas, a primeira, a excepción de litisconsorcio pasivo necesario, e a segunda, que debeu se realizar "un previo requerimento fidedigno a miña representada polo que se puxera no seu coñecemento a vontade de resolución unilateral da póliza pola entidade prestataria - debemos entender prestamista-". Pois ben, os dous motivos do recurso deben rexeitarse pola súa absoluta inconsistencia e carencia de apoio legal, que a parte apelante non remata, por outra banda, por reseñar nin concretar.
En efecto, a parte recorrente estima, primeiramente, que debeu traerse forzosamente á causa ao outro prestatario, e máis concretamente, e polo seu falecimento, as súas fillas heredeiras. Pois ben, para desbotar a situación litisconsorcial pasiva alegada resulta dabondo con lembrar: A) Que a parte demandada figura na póliza de préstamo como un dos dous prestatarios, co pacto expreso de ser prestatarios solidarios -cláusula primeira-. B) Que por disposición expresa, clara e inequívoca do artº. 1.144 do Código Civil , o acredor pódese dirixir "contra calquera dos debedores solidarios" ou contra todos eles simultaneamente.
Non mellor sorte adversa merece correr, en segundo lugar, a alegación da parte apelante, da necesidade do requerimento fidedigno como requisito previo para proceder á resolución do contrato de préstamo, requisito aquel que a recorrente estima preciso ante unha falta de información antecedente por parte do banco prestamista das condicións do préstamo. O motivo decae pois: A) Estamos ante un contrato de préstamo estrictu sensu, coa entrega inicial da suma total prestada, con data de vencimento concreto (aos cinco anos de celebrado), e con indicación explícita e exacta das amortizacións mensuais (ata sesenta), comprensivas de capital e xuros. B) A demandada deixou de pagar as mensualidades a partir da de abril de 2.008. C) A parte prestataria era entón perfectamente sabedora do seu incumprimento, polo demáis, non puntual ou illado, senón reiterado e sucesivamente observado a partir de aquel mes. Carecendo enton de soporte normativo, pois o artº 1.124 do Código Civil , non o esixe, e ata de sentido a necesidade do requerimento -ademáis fidedigno- pregonado pola prestataria accionada, requerimento que, derradeiramente, resultaría obviamente inútil, ante o comportamento da mesma, de seguir sen facer fronte á débeda, malia as dúas dilixencias xudiciais entendidas con ela nos dous procedimentos, o monitorio previo, e o actual declarativo.
Segundo : Non atopamos circunstancia ningunha de excepción para prescindir do criterio xeral do vencimento obxectivo, disposto para as custas procesuais de esta alzada polo artº. 398, en relación co artº. 394, ambos da L. A. C..
Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,
Fallo
Que rexeitamos o recurso de apelación promovido por Dª Florencia representada pola Procuradora Sra. Toro Rodríguez contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia nº 3 de Vigo o día 18 de xaneiro de 2011, con expresa imposición das custas procesuais de esta alzada á parte apelante.
Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1 , 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1 , 2 , 6.3 , e 7.2 e 3 da Lei 3/1983 , do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.
Notifíqueselles ás partes a presente resolución.
MODO DE IMPUGNACIÓN : Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC , debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC . Asímesmo cabe interponer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguirntes a súa notificación na forma establecido no artº 479 da LAC.
Conforme á D.A. Décimo quinta da L.O.P.J ., para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.
O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no BANESTO, na conta deste expediente 0915000012317011.
Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.
