Última revisión
22/02/2000
Sentencia Civil Nº 60, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 2013 de 22 de Febrero de 2000
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 6 min
Orden: Civil
Fecha: 22 de Febrero de 2000
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 60
Fundamentos
AUDIENCIA PROVINCIAL
SECCION SEGUNDA
PONTEVEDRA
Rolo: X.VERBAL 2013 /2000
Ilmos. Sres. Magistrados:
Presidente:
D. JOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
Maxistrados:
Dª ANGELA-IRENE DOMINGUEZ-VIGUERA FERNANDEZ
D. JAIME ESAIN MANRESA
S E N T E N C I A Nº 60
Pontevedra o vintedous de febreiro de dous mil.
No recurso de apelación interposto fronte á sentencia dictada nos autos de Xuizo Verbal Civil número 440/98, vindo do XDO. 1. INST. E INSTR. PONTEVEDRA 2, movido entre as partes, dunha banda como apelante e demandante-demandado DONA ENCARNACION R , apelante e demandado D. ISIDORO C , e da outra como apelado e demandado-adherido á apelación M MUTUALIDAD DE SEGUROS Y REASEGUROS, apelado e demandante DONA VICTORIA T , e apelados e demandados MIGUEL ANGEL SOLLA TILVE e JORGE SOLLA TILVE, sobre reclamación de cantidade derivada de accidente de circulación.
ANTECEDENTES DE FEITO
PRIMEIRO: Nos actos a que este rolo atinxe na data 11 de outubro de 1999, o Xdo. 1. Inst e Instr. Pontevedra 2, pronunciou sentencia, a resolución da cal, rigorosamente di: "Que estimando la demanda interpuesta por el Procurador Don Pedro Antonio López López, en nombre y representación de Dña Victoria T y desestimando la demanda interpuesta por el Procurador Don Miguel Angel Martínez Cabrera, en nombre y representación de Dña Encarnación R , debo declarar y declaro que Doña Encarnación R y Don Isidoro C y la Compañía M , adeudan conjunta y solidariamente a Dña. Victoria T la cantidad de 132.636 peseta ( ciento treinta y dos mil seiscientas treinta y seis pesetas) y los debo condenar y condeno al pago de dicha cantidad, más los intereses a que hace referencia el art. 921 de la L.E.C., desde la fecha de la presente resolución y hasta su completo pago y de la Compañía M al pago del interés legal del dinero, incrementado en un 50% desde la fecha del accidente hasta su completo pago; imponiéndole a la demandada, las costas de este procedimiento."
Fronte á devandita sentencia, a parte demandante-demandada ENCARNACION R e demandada ISIDORO C se interpuxo recurso de apelación, solicitando a revogación da mesma, e tras o traslado do devandito recurso á parte contraria opúxose ó mesmo, formulando adhesión M MUTUALIDAD DE SEGUROS Y REASEGROS A PRIMA FIJA.
SEGUNDO.- Na tramitación desta instancia cumpríronse as precripcións e termos legais.
Foi relator o Ilmo. Sr. Maxistrado D. JOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO, quen expresa o criterio da Sala.
FUNDAMENTOS XURIDICOS
PRIMEIRO.- Certamente que tal e como se ten reflectido na sentencia que agora se apela, o material probatorio despregado dende logo que no foi moito; mais abonda o mesmo para poder chegármonos a unha válida conclusión, asemade que, en nada se completaría aquel de atenderse á petición que nesta segunda instancia se efectúa pola parte apelante no sentido de recadarse o orixinal da "declaración amigable de accidente de automóbil l, pois, abonda con ollar a fotocopia que do mesmo achegou coa súa demanda dona Encarnación Rosales Guimeráns para, de xeito ben doado, decatármonos da total inexpresividade do mesmo ós efectos da imputación da responsabilidade que se pretende por parte daquela amentada recorrente en apelación. Quizais xa por iso, nin tan sequera a parte que agora bota en falla a orixinal daquel referido documento en confesión xudicial lle preguntou ó conductor do vehículo contrario don Miguel Ángel se era súa unha das sinaturas que no mesmo se ollaban.
Así as cousas, as radicais contradictorias versións dos feitos axuizados ben resoltas foron polo Xulgador a quo no sentido de decantarse pola de dona Victoria T , a teor, da documental (taxación dos danos de ambos vehículos que entre si bateron), e da testemuñal (practicada nas persoas de don José Luís e don José Antonio).
Abondando, pois, na conclusión da instancia, compre referir que a testemuña presencial dos feitos (o Sr. Castro Outeda) manifestou que o conductor do vehículo de matrícula C-7084-AH (don Miguel Ángel Solla Tilve) se incorporara ó carril esquerdo da vía tras indica-la manobra cos intermitentes; e que xa circulaba tal automóbil polo carril esquerdo cando con el bateu o Peugeot (propiedade da agora apelante) por ir a velocidade elevada, non darlle tempo a frear, e non poder evitar alcanzar a aquel. E se a isto lle engadimos as zonas danadas dos vehículos que entre si bateron (folios 7 á 10, e 155 á 158), o referido pola anterior testemuña verbo do lugar no que se ollaban os desperfectos no Ford Orion matricula de A Coruña, e o testemuñado por don José Antonio como perito da compañía "M " que resultou se la aseguradora dos dous automóbiles, no sentido de que os danos o vehículo Ford Orion localizábanse na parte lateral traseira esquerda e traseira esquerda, abofé que non cabía outra conclusión que a de que cando o Peugeot 306, PO-3218-BC bate co Ford Orion, C-7084-AH, xa este último se atopaba incorporado ó carril da esquerda dos dous que conforman a chamada autovía de Marín-Pontevedra. Non foi quen o conductor do primeiro dos anteriormente referenciados automóbiles, don Isidoro C , de deter a marcha do seu vehículo sen antes por alcance ir a bater contra o turismo que, por diante del, ocupaba o seu mesmo carril. Rexéitase así o recurso de apelación formulado.
SEGUNDO.- Impóñense as custas da presente instancia a parte recorrente en apelación ó abeiro do así disposto no artigo 736 da Lei de Axuizamento Civil.
vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación.
FALLAMOS
Que debiamos desesestimar e desestimamos o recurso de apelación formulado por DONA ENCARNACIÓN R e D. ISIDORO C , fronte á sentencia dictada o 11 de outubro de 1999 polo Xulgado de 1. Inst e Instr. Pontevedra 2, nos autos de xuízo verbal civil, número 440/98, e debemos confirmar e confirmamos a devandita resolución xudicial, con expresa imposición das custas da presente instancia á parte recorrente en apelación.
Achéguese testemuño desta sentencia ó seu rolo de Sala, notifíquese de xeito legal ás partes e devólvanse as actuacións ó Xulgado de orixe con testemuño da resolución dictada, por quen se acusará recibo.
Deste xeito, por esta sentencia nosa, á fin xulgando, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.
