Sentencia Civil Nº 615/20...re de 2014

Última revisión
02/03/2015

Sentencia Civil Nº 615/2014, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 277/2013 de 03 de Noviembre de 2014

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 13 min

Orden: Civil

Fecha: 03 de Noviembre de 2014

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 615/2014

Núm. Cendoj: 36057370062014100715

Resumen:
RESPONSABILIDAD EXTRACONTRACTUAL

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00615/2014

CIVIL

Rolo: 277/2013

Procedemento de orixe: Ordinario 329/2012

Órgano de procedencia: Instancia núm. 14 de Vigo

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistrados D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, PRESIDENTE, D. JULIO PICATOSTE BOBILLO e D. EUGENIO FRANCISCO MIGUEZ TABARES,pronunciou

NONOME DO REI

a seguinte

SENTENZA NUM. 615/2014

En Vigo, a tres de novembro de dous mil catorce.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 329/2012 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 14 de Vigo ós que correspondeu o rolo 277/2013, nos que aparece como parte apelante e demandado D./D.ª Tamara , representada polo/a procurador/a D./D.ª Gisela Alvarez Vázquez e asistida do/da letrado/a D./D. ªJaime Carrera Rafael ,e como parte contra da que se apela e demandante D./D.ª Dulce , representada polo/a procurador/a D./D.ª Pablo Acosta Padin e asistida do/da letrado/a D./D.ª Jordi Español Spuch.

É o maxistrado relatorD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 14 de Vigo, con data do 21/3/2013, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

'Estimar en parte la reclamación de cantidad formulada por doña Dulce frente a doña Tamara , condenando a la demandada a abonar a la demandante 16.609'56 euros, más los intereses legales desde el veintiséis de julio de dos mil doce.

Cada parte abonará las costas causadas a su instancia y la mitad de las comunes.

Se aplicarán los intereses previstos en el artículo 576 de la que Ley de la Enjuiciamiento Civil .

Contra la presente resolución podrá interponerse recurso de apelación en el plazo de 20 días desde que fuera notificada, del que conocerá la Audiencia Provincial (sección sexta).'

Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª Gisela Alvarez Vázquez, en representación de D./D.ª Tamara , presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 30/10/2014.

Terceiro:Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.


Fundamentos

Primeiro:A invocación esencial da parte demandada, e agora recurrente, que levaría a desestimar a demanda, estriba en que nós atopamos ante un contrato simulado. En efecto, e na tese da apelante, ainda que no contrato de prèstamo de data 13 de marzo de 2008 figurase como prestameira a demandada, en realidade, o préstamo fora solicitado e era para a súa irmá, a demandante. E como complemento desa operación abríase igualmente unha conta (na que ingresáronse os 150.000 euros prestados pola entidade bancaria) a nome da recurrente, e na que figuraba como autorizado o seu fillo. E pecha a parte apelante a súa liña argumental coa afirmación de que a finalidade do préstamo era a realización de negocios inmobiliarios por parte da actora e do fillo da demandada.

Segundo:Centrados nestes termos o debate desta alzada, sabido é, por unha banda, que o instituto da simulación, como manifestación dunha apariencia ou dunha cousa que en realidade non o é, sole manterse, fronte aos terceiros, oculto, tapado ou disfrazado polos outorgantes, de tal xeito, xa que logo, que a súa acreditación moitas veces non pode obterse senón recurrindo a probas indirectas, inferencias e datos indiciarios. Máis, por outra banda, esa amplitude e flexibilidade probatorias, non empece a que parte que alega a simulación deba facer unha clara, cumprida e cabal da mesma, destruindo a ficción e demostrando a verdade, dado que, en fin, o que se denuncia como apariencia goza dun soporte documental. Pois ben, a carencia probatoria observada na parte apelante sobre a invención que postula é patente, e o relato é inconsistente. Analizamos as probas.

En primeiro termo, na escritura notarial de préstamo con garantía hipotecaria figura a demandada como prestameira, e a súa irmá, a demandante, como fiadora solidaria. E a sedicente razón de ser desa maneira de actuar de, en distintas expresións da apelante, para ocultalo á fillastra da demandante, ou para burlar os dereitos hereditarios da mesma, está totalmente orfa de proba, que non a pode constituir, obviamente, a testemuña, Jose Ignacio , fillo da demandante, ao que deseguido aludiremos, tanto por esa próxima relación parental, como polo seu interese no resultado do preito (pénsese que figura como autorizado na conta bancaria, e que dispuxo da maior parte do capital prestado), como porque, en último termo, fai un discurso cheo de lagoas e contradiccións e en definitiva, non creible. E é que nin o Código Civil (en esencia, artigo 913), nin a Lei 10/2008, de 10 de xullo, reguladora do Libro IV do Codigo Civil de Cataluña , sobre sucesións (artigos 442-1 e seguintes), establecen ningún dereito hereditario a prol dos fillastros. O argumernto da parte é insostible. Ademáis de que entra en contradicción coas declaracións da segunda testemuña, Benedicto , tamén fillo da demandada, quen afirma que o xeito de proceder obedecía a motivos fiscais. En definitiva, o préstamo tentóu obterse na cidade de Vigo, domicilio da demandada e prole, e ao non poder conseguirse nesta localidade, xestiouse e logrouse definitivamente en Barcelona (declaracións testemuñais), grazas, en fin, á colaboración e solvencia económica da demandante, saindo esta última fiadora solidaria do préstamo concedido á primeira.

En segundo lugar, e como lóxica consecuencia desa operacións de préstamo, se abre unha conta, na que figura como única titular a prestameira demandada e, tamén coherentemente, faise constar como persoa autorizada o fillo, Jose Ignacio . E non ten sentido, finalmente, que non figure a actora como cotitular ou, alomenos, como igualmente autorizada, opción esta última que ningunha repercusión tería xa sobre os sedicentes designios de ocultación da demandante para coa súa fillastra.

Argumenta a recurrente, en terceiro lugar, como unha proba indiciaria máis de que o contrato de préstamo litixioso tiña por finalidade a realización de negocios inmobiliarios pola súa irmá e o seu fillo, Jose Ignacio , e de que, en definitiva, o préstamo era simulado, que os poderes que se achegan á causa pola demandada, e concedidos pola actora ao seu sobriño, eran para facilitar, precisamente, eses negocios. Pero eses poderes, polo seu propio contido e límites, non amparan a tese da recurrente senón que, moi contrariamente, a desdicen. En efecto, e de ser certa a versión da apelante, os poderes serían amplos e comprensivos de facultades de disposición, e abarcarían calquera tipo de bens inmobles. Pola contra, as dúas -e únicas- escrituras notariais de apoderamento que se traen á causa pola demandada, da mesma data de 4 de outubro de 2007, unha delas queda circunscrita aos actos que foran necesarios realizar relativos, exclusivamente, á vivenda da actora na RUA000 , número NUM000 , NUM001 piso, de Vigo, e a outra, se ben comprende nominal ou formalmente facultades dispositivas, reseña expresa e elocuentemente que para tales actos 'requerirase o consentimento, mediante comunicación escrita, da poderdante en canto ao prezo ou contraprestación e o seu obxecto', en clara e inequívoca advertencia da insuficiencia do poder para dispor de bens da demandante. En defintiiva, con ditos e tan reducidos poderes o sobriño apoderado non podía celebrar en nome e representación da demandante os contratos inmobiliarios que pregona -e referidos e concretados á adquisición de terreos no polígono industrial de Caldas de Reis e de empresas con actividades inversoras en Dubai, engádese pola apelante e a testemuña, o seu fillo Jose Ignacio ).

Efectivamente, e en cuarto lugar, achega igualmente a apelante catro documentos privados de compra de terreos en Caldas, e un quinto documento privado de adquisición de participacións sociais na sociedade Inmovita Inversiones de Vigo, S. L.. Porén: A) Nas cinco escrituras figura como único comprador Jose Ignacio . B) Ningunha alusión fáise nelas á actora, a pesar de que Jose Ignacio xa tiña á sazón os poderes da súa tía, antes mencionados. C) A falta da utilización dos poderes é unha proba máis de que os mesmos, ademáis de insuficientes, non eran para eses menesteres, é dicir, para adquirir para a demandante. D) Aquela sociedade, cuxas participacións se adquiren, tiña por obxecto social o eido inmobiliario, como faise constar no documento privado (e non a adquisión de empresas no distante pais de Dubai, como artificiosamente se afirma pola testemuña, Jose Ignacio . E) Por último, a cláusula cuarta dos catro contratos de compra de terreos establece o día 28 de agosto de 2008 como data común para a elevación dos documentos privados a escrítura pública, previsión que non resulta conciliable, unha vez máis, coa afirmación, da dermandada e do seu fillo, da utilización da forma privada co propósito de esconder as compras á fillastra.

En quinto lugar, en exacta correspondencia coa realidade do préstamo a favor da demandada, é o fillo da mesma, Jose Ignacio , como autorizado na conta bancaria, o que dispón da maior parte do capital prestado, e nos últimos intres é a propia prestameira a dispoñente. E a afirmación desta última, de que dispuña dos cartos para facer fronte aos gastos resultantes do negocio inmobiliario emprendidos pola actora carece de todo respaldo probatorio. E doado lle sería á demandada acreditar ese aserto, achegando os oportunos xustificantes de pagamento. En derradeiro lugar, non semella que for a demandada a persoa que debía retirar fondos, se era o seu fillo, Jose Ignacio , o que por dispor dos poderes da demandante, debía sufragar eses conceptos.

En sexto lugar, o posicionamento da recurrente levaba algo tan implícito como natural e ata obrigado: Unha rendición de contas e de resultrados, ainda que for mínima, por parte do apoderado sobre os negocios inmobiliarios que estaba a realizar para a actora, e esa falta de dación de contas é un inicio máis, demostrativo da inveracidade da invocación.

Se se analiza, en séptimo lugar, o extracto da conta bancaria relativo ao préstamo, e na que ingresáronse os 150.000 euros o día 13 de marzo de 2008, obsérvase como tan só pouco máis de dous meses despois retíranse case todos os fondos por parte da demandada e do seu fillo, Jose Ignacio , deixando un saldo que non chega a 15.000 euros no mes de maio, e que fica reducido a 421 euros tan só no mes de xullo, e iso a pesar das tres imposicións que veu facer á actora nese período. E, por outra banda, a dispocición de arredor de 135.000 euros ata o mes de maio compadécese mal co importe da adquisición dos terreos que se plasman nos catro documentos privados antes referidos, cuxo prezo total non chega aos 39.000 euros, o que fai como obrigada a pregunta de onde está investido o resto dos fondos retitrados da conta, pois tan só xustificaríase outra compra, as das participacións sociais, no mes de setembro, polo valor de 25.000 euros. En resumo, e ainda admitindo -que non admítese- que as adquisicións de todos eses bens foran para a demandante, fáltanos máis da mitade da suma prestada, cuxo destino non se xustifica en absoluto e inexplicablemente. A tesa da apelante fai augas por todas as bandas.

Mención aparte merecen, en oitavo e último lugar, as declaracións da testemuña, Jose Ignacio , fillo da demandada, plagadas de mentiras para apoiar a postura da súa nai, con afirmacións tales, a título puramente exemplificativo, como sobre supostos negocios de adquisición de empresas inversoras en Dubai -a favor da demandante, claro- (a orfandade probatoria sobre esas pretendidas compras e inversións para a actora é absoluta, e ata chamativa, pois sería un instrumento decisivo para acreditar a inversión non desviada dos cartos prestados), sobre que a súa nai 'nunca tocou a conta' (a mesma dispuxo de maís de 15.000 euros entre marzo e outubro de 2010, segundo certificación bancaria aos folios 192 e 193), verbo de que os terreos plasmados nos documentos privados achegados á lite adquiriunos para a demandante, ou, en fin, sobre a finalidade ocultacionista da operativa para a fillastra. Máis non pode o tribunal esqucer a afirmación que escapóuselle espontáneamente -logo intentada rectificar decindo, a preguntas do xuiz a quo, que non tiña conciencia de ter dito iso-, de que 'é un préstamo que deume a miña tia a min'. A magnitude e reiteración do seu falso relato obrígamos a deducir contra ela o correspondente testemuño, por se os feitos poidesen ser constitutivos de ilícito penal.

Todo o razoado leva inexorablemente ao rexeitamento do motivo da apelación.

Terceiro:Non mello rsorte adversa debe correr a segunda invocación da recurrente, referida aos pagamentos. É que, tal como expón o xulgador de primeiro grao, nunha afirmación que compartimos, os pagamentos que se proclaman na sentenza de primeira instancia gozan do refrendo documental

Cuarto:Non hai circunstancia ninguna de excepción para prescindir do criterio xeral do vencimento obxectivo, disposto para as custas procesuais deta alzada polo artigo 398, en relación co artigo 394 ambos da L.A.C.

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Que desestimamos o recurso de apelación promovido por Dña Tamara , representada polo Procurador Dña Gisela Alvarez Vázquez, contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia núm. 14 de Vigo, o día 21/3/2013, con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á parte apelante.

Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1 , 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1 , 2 , 6.3 , e 7.2 e 3 da Lei 3/1983 , do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.

MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC , debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC . Asímesmo cabe interponer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguirntes a súa notifiacción na forma establecido no artº 479 da LAC.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.